“O mellor de Ortiga é que lles podo dicir as miñas tías que veñan a un concerto e disfruten”

Ortiga, antigo integrante de Esteban&Manuel, acaba de lanzar Chicho y sus chichas. Con este proxecto, busca achegarse máis a un estilo máis festivo e bailable.

Cantante Ortiga
Elena Martín Ortiga durante a entrevista

Chicho do Funk en Boyanka Kostova, Manuel no xa rematado Esteban&Manuel e “Chicho” para os amigos, busca novas metas co seu novo proxecto: Ortiga. Abandonou parte dos ritmos rockeiros para incorporar os latinos e “mambeiros” co acompañamento dun autotune pouco usado neses estilos.

Autodeclarado “apropiador cultural”, o compostelán —orixinario do concello de Carvalledo— aos seus 25 anos asegura que non pode deixar a música. “Pode ser que non sexa rico con isto, pero ninguén me di a que hora debo espertar” comenta cando lle preguntamos como vive de músico. De todos xeitos, o seu obxectivo é claro: “pasalo de puta nai e divertirme coa música que fago”.

Cómo nace o proxecto de Ortiga e por que este nome?
O proxecto nace a raíz doutra banda, Esteban&Manuel. Decidiramos paralo e eu só estaba interesado en seguir coa música e dixen: “a rey muerto rey puesto”. Tiñamos unha posición máis ou menos guai, tocando a nivel nacional e era unha mágoa perdela. O noso caché era humilde pero dábanos para ir tirando.

Con Ortiga tampouco quero que sexa algo hiperpersoalizado e o nome de Ortiga actúa como lentes de sol. O nome é totalmente galego e dame para facer brincadeiras. Case todo o que fago é a base de se me fai rir ou non.

Englóbaseche nunha mestura de estilos de salsa, electrónica e cumbia. Poderías definir o teu estilo?
Os ritmos que utilizo sobre todo son merengues e mambos. Teño algo de cumbia tamén, mais non é nin de lonxe o estilo xeral. Son un apropiador cultural tocando movidas que non me pertencen. Pero penso que isto me vén ben, xa que me introduce no “rollo” da “peña” que fai a cumbia de verdade. Son xente que fai cousas distintas a min, mais cunha base igual e con argumentos musicais en común. De todas formas, creo que onde máis cómodo me sinto é nos rollos indies ou trapeiros. Busco xogar tamén coa ambigüidade do que é en serio e o que é de coña e sobre todo pasalo de puta nai tocando.

Estas cancións compóñoas en castelán a modo de brincadeira

Falaches bastantes veces de que levas contigo a esencia de bailar como nas clásicas orquestras das festas galegas. Como che influencian á hora de facer música?
Como nomes non me influencia ningunha, xa que son grupos de versións. Influénciame o ambiente. Ese rollo de que haxa festa dos 0 aos 65 anos. É algo que, por exemplo, non me gusta do rock ou do punk, que se non es un varón xoven semella que non pintas nada neses concertos. Prefiro que a música sexa para que toda a xente a disfrute. O mellor de Ortiga é que lles podo dicir as miñas tías que veñan a un concerto meu e que o pasen ben. Non é por unha ampliación de mercado, senón por satisfacción persoal.

Tamén dixeches que se con Esteban & Manuel buscabades os estilos dos 60s e 70s, con Ortiga buscas recuperar o dos 90 e os do 2000. Hai morriña do pasado?
Non morriña como tal. Toda a música que a miña xeración escoitou foi deses anos, Omega El Fuerte e ese rollo. Con Esteban&Manuel tiñamos unha concepción máis rockera da música. Tamén tiñamos un formato máis definido e en común a seguir. Agora eu non teño un formato tan definido. Os ritmos latinos do 90 e dos 2000 non tiñan que ser precisamente con instrumentos físicos e eu quero facer algo así, máis bailable.

A polivalencia de estilos sempre foi contigo. Con Boyanka Kostova fuchedes os pioneiros en facer trap en galego. Que importancia lle das ao galego á hora de compor?
Boyanka Kostova é un proxecto do que estou moi orgulloso. Con Cibrán eu falo sempre en galego, entón sáenos dun xeito automático compor así. O feito de que en Ortiga o faga en castelán ao mellor non o entende moita xente. Eu cos meus amigos falei sempre en galego, pero se temos que facer brincadeiras estúpidas falamos en castelán. Asocio o castelán a cousas pouco serias, para rirme.

Nótase que eu son galego e a idiosincrasia que hai detrás de todo isto

Aínda que sempre mantes esa esencia galega. Só “Acostumbrao” é en galego.
Sí, que o faga en castelán a modo de brincadeira ás veces non quere dicir que se se me ocorre unha letra en galego non a faga. Algo que tamén creo é que se nota que eu son galego e a idiosincrasia que hai detrás de todo isto. De todas formas, son elementos que vou acentuando da man da miña propia evolución e que quizá antes pasaba máis por alto.

Como valoras a cantidade de artistas novos que hai agora mesmo na Galiza?
Novedades Carmiña, por exemplo, debe ser un dos máis coñecidos a nivel nacional. Pasa igual co trap con Banana Bahía: Royce Rolo é un dos produtores máis grandes que hai no Estado Español. Baiuca tamén está facendo movidas que están trascendendo a un nivel moi grande. Todo estes exemplos fanche crer no que ti mesmo queiras facer a nivel musical.

“Gustaríame que alguén me explicase por qué Los Ramones son mellores musicalmente que Anuel ou Ozuna” 

Cres que despois de tantos anos se superaron xa os prexuízos co autotune?
Que va, segue arraigadísimo na sociedade! Mais a min dáme igual. Sigo esperando a algún argumento que tumbe o uso do autotune na música. A xente di: “No, es que no sabe cantar”. E que pasa? Acaso Bob Dylan canta ben? Gustaríame que alguén me explicase por qué Los Ramones teñen máis calidade musical que Anuel ou Ozuna. 

Falaches da superioridade moral na música. Por que cres que aínda en 2019 hai quen rexeita o reggaetón e a música latina en xeral? Cres que hai unha compoñente de clase social?
Si, paréceme tamén algo racista. Non entendo ese odio. A min Melendi non me mola e non estou todo o día en foros seus dicindo que é unha merda. Cando un artista occidental fai un tema en inglés alabando o corpo dunha muller non é o mesmo que cando o fai un latino. No caso do latino, sempre é criticado pola obxectualización do corpo da muller e no do branco occidental non. Ademais, vexo a máis mulleres nos concertos de reggaeton que nos de rock. A peña esqueceu grupos como Guns ‘n’ Roses ou Rolling Stones, que segundo a miña forma de ver as cousas, son o cancro do heteropatriarcado. Facían temas aludindo explícitamente á violencia contra as mulleres.

Como dis en “La Ortiga”, esta pranta ten propiedades curativas. Cres que a túa música libera de prexuizos?
Gustaríame, pero se non dáme un pouco igual. A xente pregúntase: “Ortiga? Merengues cumbias… Seguro que é unha merda” e despois chego e fago punteos de guitarra cos que esa xente flipa. A xente moitas veces coa súa mentalidade, é ela mesmas a que se coarta e se autoimpide chegar a novas experiencias.


O vocabulario das cancións de amor adaptouse á nosa época, como se ve en “O Solar”. Agora falamos e estamos atentos a Whatsapps e a Stories de Instagram. Cres que tamén mudou a forma de sobrelevar o amor en si?

Si, pero é a época que nos tocou vivir. Cando tes unha ferramenta que che permite controlar o que está facendo a outra persoa en cada momento condiciona certas actitudes. Mais non creo que sexa mellor nin peor, senón que é diferente en cada época, e aporta os seus respectivos puntos positivos e negativos.

“Paranoia” é un remix dunha canción de Pedro LaDroga. Tes boa relación con el como para facer unha colaboración?
É un chaval de puta nai. Houbo unha tempada que coincidín bastante con el e fixemos boas migas. O tema de Paranoia sempre me “molou” e lle pedin meter man nel. El pasoume o “a capella” ao pouco e quedamos contentos ambos. En canto á colaboración, el é unha persoa moi aberta a nivel estilístico. Sei que el me diría algo como: “illo, si tú quiereh hasemoh una copla” e non un: “dame una base que te la escacho”.

Cales son os teus futuros proxectos?
A priori seguir con Boyanka Kostova e, con Ortiga, seguir coa xira de presentación. Como adianto seguramente saque tamén un EP cun artista galego que ninguén se espera. Haberá tamén un tema cun artista a nivel nacional que é a hostia e unhas colaboracións cun grupo de Londres, que se chaman Intergalatic Republic of Congo.

Arte
“As miñas viñetas xorden como un xeito de desafogo persoal por un emprego precario”
Os debuxos de Nada Dabuti, nos que se palpa a ansiedade, o estrés, aspiracións baleiras ou a baixa autoestima, identifican a unha gran parte da xuventude.
Cargando valoraciones...
Comentar
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Cargando relacionadas...

CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.
El Salto n.79
A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
O xoves 17 de xullo esperámosvos no CS 'A Nubeira' de Vigo para presentar o último número da revista El Salto xunto a algunhas das súas principais protagonistas: as que loitan contra o macroproxecto de celulosa liderado por Altri e avalado pola Xunta.
AGANTRO
O desprazamento forzoso en Chiapas: metáfora da vida núa
Conversamos coa investigadora América Navarro sobre o desprazamento forzoso en Chiapas.
Altri
Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.

Últimas

O Salto medra contigo
O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.
Orgullo
O Orgullo Crítico enche de diversidade e de humanismo Galiza: “Transfeministas con Palestina”
Crónica visual de como unha enorme multitude encheu de diversidade o centro da cidade de Vigo.
O Teleclube
'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria
O Teleclube
'O Teleclube' pecha a temporada cos supervivintes de '28 anos despois'
Danny Boyle e Alex Garland volven ao mundo dos infectados que inspirou o renacemento dos 'zombis'.

Recomendadas

Medio rural
A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Feminismos
Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Migración
A veciñanza mobilízase para acoller migrantes tras o peche de centros de Rescate Internacional en Galiza
Tras o progresivo desmantelamento de varios dispositivos de acollida, moitos refuxiados foron trasladados a outros puntos do Estado sen aviso previo. Outros son simplemente desaloxados trala denegación da súa solicitude de asilo.
Ourense
Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
Comentarios

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...