Arte
Nada Dabuti: “As miñas viñetas xorden como un xeito de desafogo persoal por un emprego precario”

A conta de Instagram na que Rafael Cristal —Nada Dabuti— sube as súas viñetas aumentou seguidores dun xeito vertixinoso. Os seus debuxos, nos que se palpa a ansiedade, o estrés, aspiracións baleiras ou a baixa autoestima, identifican a unha gran parte da xuventude.

Nada.dabuti (1)
Rafael Cristal, de nome artístico Nada Dabuti. Cecilia Vázquez

Nas publicacións de Instagram todo parece idílico, instantáneo e repetitivo, mais hai certas publicacións que convidan ao detemento e á reflexión persoal —por pouco tempo que sexa—. É o caso de Rafael Cristal, un estudante de Belas Artes coñecido artisticamente como Nada Dabuti. Ante a imposibilidade de vivir dos seus estudos no mundo da tatuaxe tivo que buscar un emprego para poder independizarse. Dito posto era —e é— precario, mais el sempre o tivo claro: “Nunca quixen deixar de debuxar”.

A través dunha aplicación do seu smartphone comenzou a debuxar para se evadir da súa situación laboral. Nos seus debuxos “feitos en 5 minutos” adóitase representar a si mesmo nos que semellan os problemas crónicos dunha xeración: ansiedade, situación de agonía, baixa autoestima, individualismo ou precariedade laboral. Con todo, faino cun estilo que el denomina “feísmo”, no que importa máis a idea a transmitir que as propias técnicas de representación.

A fórmula das súas viñetas —representadas dun xeito sincero, explícito e visceral— fai que, como espectadores, queiramos ver sempre unha publicación máis. Conseguiu que a mocidade se identificase con el a través da rede, únicamente co primeiro impulso de ser compartido polos seus amigos. Aos seus 27 anos conseguiu preto de 50k de seguidores en apenas 5 meses. Despois de exposicións en cidades como Madrid ou Vigo, o seu obxectivo agora é poder vivir económicamente das súas obras.

Fuches estudante de Belas Artes. Axudáronche os teus estudos?
Si. Axúdanche a saber o que che gusta e o que non. Eu debuxei toda a miña vida, mais aprendín sobre todo o que non quero facer. Esas pautas que che poñen na carreira fixéronme ver o que non me gustaba. Tes unhas liñas definidas de como se deben facer as cousas, “o bo” da arte, e a min servíronme para “desaprender” ou para aprender outras vías fóra do máis convencional.

Como che xorde a inspiración para crear Nada Dabuti?
A miña primeira saída foi a tatuaxe, tiraba bastante ao estilo tradicional. Cheguei a ter bastante clientela, mais non me daba para vivir. Tiven que buscarme un traballo. Traballaba 12 horas ao día e acabou absorbéndome todo o tempo do que dispoñía. Cando vin que non podía tatuar nin debuxar frustreime moitísimo. Empecei a debuxar a xeito de desafogo persoal debido á situación de precariedade que estaba vivindo. Descubrín unha aplicación que me viña por defecto no móvil coa que podía debuxar e facer capas. Os cinco minutos na miña casa nos que podía debuxar servíanme para desafogar a raiba que tiña coa miña vida. Empecei a subir os debuxos a unha conta creada desde cero. Os meus colegas compartiron as publicación e ao final conseguiron que se me coñecese un pouco.

En canto á inspiración, igual ten que ver algo co tema do estilo tradicional das tatuaxes, que é o estilo principal do que viña. Hai quen di que ten un ‘rollo’ similar ao das ilustracións xaponesas, pero tampoco é algo que buscase no seu día.

Entón, algo crucial para que estoupase a túa arte foi ter traballado nun posto precario. É algo que vive a xuventude hoxe en día.
O traballo viu ante a imposibilidade de sobrevivir só coa tatuaxe. En principio busquei un traballo decente de luns a venres. Traballaba de mozo de almacén en transportes, montando festivais… Esas cousas. Eran moitas horas e supoñíame un desgaste físico. Máis tarde deixei o traballo intentando buscar algo mellor, mais non o atopei e tiven que volver ao mesmo sitio. Agora mesmo non existen traballos cos que poidas compaxinar os teus proxectos se buscas estar independizado. Hai que ter un traballo no que se boten horas e no que cobres medianamente ben, pero iso quítache moito tempo de vida.

“Internet da a capacidade de que alguén diga as cousas importantes por ti, sen ter que convertirte ti mesmo no autor da mensaxe”

Expertos, falan de que a nosa xeración é moito más individualista do que a anterior. Ademáis, afirman que temos moitos máis problemas de ansiedade, impaciencia, inestabilidade emocional e a necesidade de estímulos constantes. Cres que o contido das túas obras reflexa isto?
Se chegou a tanta xente é porque todos temos ese “modus operandi” nas nosas vidas. As barreiras de Internet oirixinan que á xente lle custe máis dicir as cousas en persoa, cara a cara. Internet dá a capacidade de que alguén o diga por ti: compartilo e que non sexas ti o autor da mensaxe. Eu tampouco tento dicir que a vida sexa una merda, pero si reflexo un pouco eses momentos malos de ansiedade e estrés que temos todos. Son pensamentos que creo que ten todo o mundo nesta sociedade.

Nada.dabuti (4)_Ilustración
La generación del "¿y ahora qué?". Captura de Instagram de Nada Dabuti
Consideras que na nosa xeración hai problemas de solidariedade, empatía ou confianza no resto?
Si, desconfianza creo que hai bastante. Mesmamente eu sonche un desconfiado. Estamos sumidos nun individualismo no que cada un mira por si mesmo que até sospeitamos cando alguén tenta axudarnos. Creo que deberiamos abrirnos máis emocionalmente uns cos outros, aínda que despois leves o golpe.

Nas túas obras, recórrese bastante a un “eu do pasado”, que cambia ou deixa pequenos resquicios do que era. Esta alusión é a algo en concreto?
Moitas veces séntome a debuxar e á vez fago un balance sobre min mesmo. Aí lémbrome de cousas do meu pasado, como pensaba antes e plásmoo graficamente. Recorro ao pasado porque a nosa personalidade actual está totalmente ligada a el. Tento que as viñetas sexan autoensinanzas e análises sobre un mesmo.

Nada.dabuti (3)_Ilustración
Todos los meses llevo flores a lo que fui. Captura Instagram de Nada Dabuti

“Son conscente de que os meus debuxos en sí mesmos son feos”

Na túa propia biografía de Instagram defíneste como “o contrario ao síndrome Stendhal”. Tamén se comenta que usas o “feísmo”. En que se basearía este estilo?
No meu caso é máis a idea que o estilo. En multitude de ocasións guiámonos por uns patróns de beleza establecidos coma idóneos. A ti pódeche gustar máis un BMW e a min un Fiat panda. Atráeme máis ese ‘rollo’ implantado como ‘cutre’ e sei que non son o único. Son consciente de que os meus debuxos en si mesmos son feos. A valoración da arte ao final está máis no receptor que no emisor, é dicir, podo debuxar ben ou mal, mais se gusta, ¿qué máis dá?

Como te sentes ao ver que a xente se identifica coas túas obras?
Ao comezo dábame raiba. É dicir, ‘currábame’ deseños con outras temáticas, máis grandes e con moito máis tempo detrás, cando vin que chegaban máis as viñetas feitas co móbil deume coraxe. O concepto moitas veces é superior á técnica empregada. Todo iso foi o que me levou á conclusión que comentaba antes: quen son eu para dicir que está ben e que mal?

Nada.dabuti (2)
Un momento da entrevista con Nada Dabuti. Cecilia Vázquez

En Instagram conseguiches moitos seguidores en pouco tempo.
A conta leva cinco meses activa. Ese impacto, que pode ser efémero, ao principio fíxoseme grande pola cantidade de xente que me falaba. Flipei coa cantidade de xente que viu a primeira vez que expuxen en Madrid. Aínda así, hai un problema en que a xente idealice aos artistas e no momento no que soltan un comentario ou fan algo que non gusta fálase de que “cae un mito”, cando nin sequera se coñecía á persoa detrás da obra. Quero dicir, pódese valorar a arte sen poñer á xente nun pedestal.

Separas o artista da súa obra?
Non. Nas viñetas represéntome a min mesmo. Paréceme máis doado expresar o que penso debuxándome a min máis que a outra persona. Ademais, son eu quen fai os debuxos.

Agora estás deseñando camisetas, tes algunha que outra colaboración… Cal é a túa proxección de futuro?
Falabamos de facer bonecos da personaxe ou algún cómic. Quero explotar máis posibilidades fóra das viñetas, aproveitarme e facelo producto. A proxección ideal sería vivir disto, pero os seguidores por sí sós non che dan cartos. O Instagram é un escaparate. Agora mesmo gaño algo co merchandising, mais non como para poder deixar de ser escravo de alguén.

Arte urbano
Entre o graffiti e a 'street art'

A street art está collendo gran forza sobre as fachadas dos edificios das rúas de Vigo. A cidade sempre estivo chea de grafiteiras e grafiteiros mais cunha concepción do mural que se movía, e aínda se move, entre o vandálico e o artístico.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Poesía
Culturas Joan Brossa, el mago que jugó con la poesía para reinventar el poder de la palabra
Casi inabarcable, la producción creativa de Joan Brossa se expandió a lo largo —durante medio siglo XX— y a lo ancho —de sonetos a piezas teatrales, pasando por carteles o poemas objeto— para tender puentes entre el arte, la política y el humor.
Cine
Constanze Ruhm “Tenemos que conocer el canon para saber enfrentarnos a él”
Preguntada por cómo define su propio cine, la artista y directora Constanze Ruhm responde con firmeza: “Yo soy una directora de cine feminista, mis películas son feministas”.
Sphera
Palestina: El Arte de la Resistencia (3) “La mayoría de mi trabajo tiene que ver con ser un palestino viviendo bajo la ocupación israelí”
Motasem Siam, joven artista palestino procedente de Jerusalén, expresa a través de su obra su experiencia cotidiana del odio y la opresión. Conversamos con él en esta tercera y última entrega de Palestina: El Arte de la Resistencia.
#42237
30/10/2019 14:52

O mellor!

0
0
Xunta de Galicia
Política A Xunta recibe ao embaixador de Israel en funcións mentres Gaza agoniza ao bordo da fame
O Goberno de Alfonso Rueda escenifica a súa boa sintonía coa Administración de Benjamín Netanyahu apenas unhas horas despois de que Israel bombardease unha escola que servía de refuxio e ordenase unha evacuación masiva en Gaza.
Palestina
Genocidio La ONG anti-UNRWA lanzada por exespías y marines de EEUU siembra el caos en el reparto de alimentos en Gaza
La Fundación Humanitaria de Gaza (GHF) creada a comienzos de este año y vinculada a agentes del ejército y la inteligencia estadounidense ha sido acusada de desaparecer a una persona y disparar a quienes estaban esperando ayuda.
Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.
Universidad
Genocidio Las universidades españolas han firmado 44 proyectos con Israel desde septiembre de 2024
Los acuerdos dentro del programa Horizon Europe se han sucedido a pesar de las declaraciones de decenas de universidades de suspensión de relaciones con Israel.
Asturias
Asturias El Parlamento asturiano reclama que las corridas de toros se consideren maltrato animal
PSOE e IU aprueban una PNL de la diputada Covadonga Tomé (Somos Asturies) instando al Gobierno de España a modificar las leyes que excluyen a las corridas de toros de esta categoría.

Últimas

Mallorca
Investigación Cadáveres, ratas y suciedad extrema en una granja avícola que abastece a Mercadona, Eroski y Alcampo
Grupos activistas han denunciado a la explotación avícola de Llucmajor (Mallorca) ante la Fiscalía por delitos de abandono de animales, estafa y contra la salud pública. La granja cuenta con el sello de bienestar animal Welfair.
Laboral
Laboral “Se buscan figurantes para una película a cambio de la merienda”
El sindicato CGT denuncia ante Inspección de Trabajo a una productora cinematográfica por ofrecer trabajo de figurante en la película ‘Corredora’ a cambio de una merienda.
Más noticias
Opinión
Opinión Prohibir no es liberar: una reflexión feminista sobre el uso del hiyab
La idea de que prohibir el hiyab nos abrirá la puerta a una vida más libre no solo parte de un prejuicio, sino que se convierte en otra forma de imposición. Y ninguna liberación real puede construirse desde la fuerza o la exclusión.
Granada
Represión La policía desaloja el centro social La Madriguera en Granada
El dispositivo policial ha echado a decenas de activistas del edificio, el pasado enero la empresa AMA Desokupa intentó cerrar el centro social con el apoyo policial en una operación que se saldó con cuatro personas heridas y una persona detenida
Euskera
Lourdes Oñederra “La comprensión tiene valor por sí misma, no es un mero paso intermedio”
Lourdes Oñederra destaca la comprensión lingüística como clave para abrir oportunidades y beneficios que merecen atención y cultivo.

Recomendadas

Pensamiento
Paulo Tavares “La imaginación es el primer acto político”
El arquitecto e investigador brasileño Paulo Tavares cuestiona las ideas fundacionales del pensamiento, el diseño y la ciudad occidentales en el marco de la crisis ecosocial.