Sés: “Se entendes a música como un fin, non hai motivo para facela nunha lingua que non sexa a túa”

Sés saca a súa Rabia ao silencio en forma de disco, e faino en compañía dos versos de Benedetti, Sosa, Fuxan os Ventos e Atahualpa entre outros.

SES cantante gallega 1
David F. Sabadell A esta cantareira moléstalle que lle pregunten por que canta en galego.
17 may 2019 05:30

Tras temóns como “Tempestades de sal” ou “Milonga de aquí”, que xirou a un ritmo frenético por salas e festivais, María Xosé Silvar (A Coruña, 1982), máis coñecida como Sés, aparca o seu lado máis roqueiro para tornarse ao folqui.

A esta cantareira moléstalle que lle pregunten por que canta en galego—“son galega, alguén lle preguntaría a Fermín Muguruza por que canta en euskara? Ou a quen come leitón coa súa avoa por que canta en inglés?”—, pero o certo é que dos vinte artistas galegos máis escoitados no Spotify, tan só ela e Dakidarría cantan en galego.

No ano das linguas indíxenas, segundo a ONU, falamos con Sés un pouco de música e moito de lingua.

Publicas o teu sexto disco, Rabia ao silencio, unha recompilación de cancións de cultura popular revolucionaria...en galego. Como encaixa isto no panorama político e social que vivimos?

Creo que se conseguiu confundir a desideoloxización da música coa profesionalidade: houbo un discurso de que a música era mellor canto máis aséptica, a falacia de que non se pode facer música que non sexa política. A realidade é que Maluma é tan político como Carlos Puebla, só que defenden patróns políticos e sociais—e económicos—distintos. Pero iso de que as persoas que defenden o patriarcado e o neoliberalismo non fan música política e, en cambio, quen defendemos unha posicións de esquerdas feminista si é unha falacia, que nós seguimos perpetuando ao empregar o léxico dos vencedores.

Eu denuncio, non se pode confundir un cronista cun protestón

O da canción protesta...eu non consinto que me digan iso, eu protesto moi pouco, o que fago é denunciar, contar cousas...Denominábase, moi acertadamente, canción testemuñal nos anos 70. Non se pode confundir un cronista cun protestón, é simple e tendencioso.

Apostas polo galego como lingua na que cantas, e vemos que hai compañeiras que aprenden galego coas túas cancións. Que efectos ves ti?

Non son moi optimista, porque o que vexo é que non podes loitar contra un sistema político tan grande, contra un Estado que segue sendo imperial, en América Latina, na Galiza, en Euskal Herria, en Catalunya...Estamos vendo como se criminalizan as urnas, pero non as violacións. Ademais vémolo gravado, ambas cousas. En galego faise como en calquera outra lingua, agás en inglés, cuxa hexemonía estase comendo moitas outras linguas.

Estamos vendo como se criminalizan as urnas, pero non as violacións

Na música non atopo un porque para empregar un código complexo que non controlas. Xa crear un tema é complicado; unha canción é intentar materializar en sons e palabras un sentimento, se ademais o intentas nun código que non dominas perfectamente—dado o nivel de inglés do estado español—, é completamente imposible. O porque é que hai dous tipos de persoas: as que entenden a música como fin ou como medio. Se a entendes como fin, non hai motivo para facelo nunha lingua que non sexa a túa, independentemente de que teña 3, 300 ou 30 millóns de falantes. Se a entendes como medio—de recoñecemento social, cartos, fama, foder... —, entón si, ten sentido.

Aínda así, consegues salas en Madrid, Valencia ou Barcelona.

Pero son pequenas, nunca vas acadar grandes cousas. Consegues, que xa é moito, encher un teatro de 300, 400 localidades, pero ata onde...Non creo que sexan nin límites humanos, porque mira a Miriam Makeba con “Pata Pata”. Son institucionais, porque os medios son xeradores de opinión, non de información, e se non te adaptas á marca prefabricada vas conseguir chegar a un público máis reducido, pero que é real.

Hai dous tipos de persoas: as que entenden a música como fin ou como medio
Sempre digo que a min non me coñece nin dios, pero quen me coñecen é porque a maioría escoitáronme, escóitanme, mercan os meus discos. Porque como explicas que eu, que non son ninguén, que canto nunha lingua de ninguéns, que valen menos que a bala que os mata, como dicía Galegano, que eu encha máis que unha persoa que é vinte veces máis coñecida ca min, na Coruña. Por que? Porque esa persoa sae na tele, pero a xente non escoita a súa música.No disco traes a Fuxan os Ventos e a Atahualpa, de dúas puntas do mundo, e non desentoan.

Porque todos eran pobres. Ao final a postura ante este disco ten máis que ver co que rodea a música, co contexto socioeconómico e político, que coa música en si. Toda esa xente tiña en común a rabia ao silencio, existía unha denuncia, creo que ese sintagma é perfecto porque non é protestar, trátase de non calar. E todo o que abarca non calar, dende “Strange Fruit”, que cantou Billie Holliday, que o vivira nas súas propias carnes, até “Yo soy de un pueblo sencillo”, de Mejía Godoy, porque ao final todo iso é darlle voz ao pobo, porque o pobo existe. Que estea convertido en masa, que se anestesie dende arriba, que se deixe simplificar e reducir....iso non significa que non exista. Iso velo nos concertos, hai algo que non sabes delimitar, pero que está aí porque ferve.

SES cantante gallega 3
La cantante SES en las oficinas de la discográfica. David F. Sabadell
A quen homenaxeas neste disco?

Ás persoas que me ensinaron a pensar, que me deron o mellor que se lle pode dar a unha persoa: liberdade. Eu non podo dar a ninguén máis ca iso. Que tamén ten un lado fastidiado, porque cando din: “Estalles abrindo a cabeza a algunhas chavalas”, non sabes se sentirte culpable, porque sabes que non as vas facer máis felices, senón moito máis infelices. O coñecemento xera permeabilidade, empatía, humildade, saberte un ser humano máis. Hai unha frase dunha milonga que di: “Todos traemos ao nacer a obriga de ser bos”, a min gústame moito. A min ensináronme a saber ser unha persoa.

A min ensináronme a saber ser unha persoa
Se te introduciches na música sería para abrir cabezas.

É curioso, porque sempre me lembro cantando e bailando, non recordo o que era non saber cantar. Cantar e bailar é algo humano, non é para tanto, e pode facerse dende distintas posturas. Por iso a min apaixonáronme sempre os traballos do campo, porque eran voces que non cantaban para un auditorio, que non vendían nada, simplemente estaban cantando. Este disco era unha débeda contraída. A min o que me gusta é facer cancións, a cuestión era engrosar tamén o corpus galego, que parece que non importan, como vai morrer a lingua, sen dúbida...Pero iso non coarta o meu traballo, sería como non coidar un fillo porque estea enfermo.

As características sociopolíticas do galego son peculiares, distintas ás do catalán ou o vasco.

Son máis parecidas ás do catalá en Valencia: hai moito autoodio, non hai unha clásica política nin eclesiástica dominante que sexa galegofalante, hai unha política franquista dende 1936 até hoxe—non esquezamos que foi un ministro franquista quen gobernou Galiza e que hoxe temos ao seu discípulo—, pasamos dun índice de falantes de case o 90% nos anos 80 a que, segundo o último estudo do Instituto Galego de Estatística, só un 18% das crianzas coñece a lingua. Como filóloga, nos estudos lingüísticos calcúlase que morren unhas 14 linguas ao ano. As linguas que non teñen unha política estatal que as defenda están condenadas a extinguirse. No século XX xa o vimos co gaélico e o bretón, e coas políticas lingüísticas que temos agora... —non vai ser necesario falar galego para traballar como funcionario na Galiza, segundo o presidente da Xunta—. Unha lingua sen falantes é unha lingua morta.

Hai pouco estaba prohibido falar galego, euskara ou catalá

Para min, o peor é intentar explicar o autoodio, cando falas cunha catalana ou cunha vasca...é moi complicado. É como cando noutros lados preguntan se é certo que as mulleres europeas deixan de comer para estar máis delgadas. Cando ves a señoras maiores que din a pena que lles da ver a un neno de dous anos falando galego. Hai pouco estaba prohibido falar galego, euskara ou catalá...e agora vemos a xente que se considera progre e que chama aos presos políticos políticos presos. Por iso é necesario este traballo e miles como este.

Música
Falamos con Maria Xosé Silvar, Sés
A cantante e compositora bergantiñana prosegue coa exitosa xira do seu último traballo Opoñerse á extinción
Cargando valoraciones...
Comentar
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Cargando relacionadas...

CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.
El Salto n.79
A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
O xoves 17 de xullo esperámosvos no CS 'A Nubeira' de Vigo para presentar o último número da revista El Salto xunto a algunhas das súas principais protagonistas: as que loitan contra o macroproxecto de celulosa liderado por Altri e avalado pola Xunta.
AGANTRO
O desprazamento forzoso en Chiapas: metáfora da vida núa
Conversamos coa investigadora América Navarro sobre o desprazamento forzoso en Chiapas.
Altri
Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.

Últimas

El Salto n.79
el salto
Galicia dice 'no' al capitalismo verde y en el último número de la Revista El Salto te lo contamos
Ya está disponible el número 79 de nuestra revista, en el que destacamos la investigación y el rechazo social que encuentra el proyecto de macrocelulosa de la multinacional Altri.
Orgullo
O Orgullo Crítico enche de diversidade e de humanismo Galiza: “Transfeministas con Palestina”
Crónica visual de como unha enorme multitude encheu de diversidade o centro da cidade de Vigo.
O Teleclube
'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria
O Teleclube
'O Teleclube' pecha a temporada cos supervivintes de '28 anos despois'
Danny Boyle e Alex Garland volven ao mundo dos infectados que inspirou o renacemento dos 'zombis'.

Recomendadas

Medio rural
A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Feminismos
Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Migración
A veciñanza mobilízase para acoller migrantes tras o peche de centros de Rescate Internacional en Galiza
Tras o progresivo desmantelamento de varios dispositivos de acollida, moitos refuxiados foron trasladados a outros puntos do Estado sen aviso previo. Outros son simplemente desaloxados trala denegación da súa solicitude de asilo.
Ourense
Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
Comentarios

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...