Nacionalismo galego
A incómoda liberdade de pensamento de Castelao

Este ano cúmprese o 75º aniversario do pasamento do artista e intelectual Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, unha das figuras máis reivindicadas en xornadas como a que esta semana se celebra do Día das Letras Galegas. O profesor Xoán Carlos Garrido investigou sobre a obra desta figura clave da historia de Galiza.
Castelao Bos Aires
Castelao, ante o micrófono, no salón Prince George´s Hall de Bos Aires, o 18 de agosto de 1940.
18 may 2025 05:30

No ano 1936 o Partido Galeguista atopábase no mellor momento da súa historia. Os seus candidatos obtiveran 287.000 votos nas eleccións de febreiro e marzo dese ano, dentro das listaxes da Fronte Popular da que formaban parte; e o Estatuto de Autonomía de Galiza fora aprobado o 28 de xuño de 1936 con 991.476 votos a favor, 6.085 en contra e 1.378 en branco.

Un dos artífices dese Estatuto fora Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, a quen o golpe de estado fascista, que fracasa o 18 de xullo de 1936 e da comezo á Guerra Civil Española, o colle en Madrid, traballando na súa condición de deputado das Cortes da Segunda República, e xa non voltará nunca vivo a Galiza.

Rodríguez Castelao faleceu no 1950 en Bos Aires, e naquel momento o ditador Francisco Franco dou orde expresa de como tería que ser anunciada a nova da súa morte. Os xornais da época só a poderían reflectir en páxinas interiores, cunha columna de extensión como máximo. No caso de levar insertada algunha fotografía, esta non podería ser de ningún acto político, e únicamente se mencionarían as súas facetas de caricaturista, humorista ou literario. Só se podería facer referencia á súa personalidade política sempre que se destacara ista como errada, e que, polo tanto, se agardaba da misericordia de Deus o perdón dos seus pecados.

Hai quen aínda lle segue negar a Castelao a súa condición de pensador a pesar de que, incluso a súa obra artística ten unha forte carga teórica e está chea dunha ironía mobilizadora

Os restos de Castelao chegaron a Compostela en 1984, baixo unha forte polémica e oposición dun importante sector do nacionalismo galego, nun momento no que o tamén multifácetico Xerardo Fernández Albor- ademais de recoñecido médico e político, tamén combatira como alférez provisional no bando franquista, se formara como aviador na Luftwaffe de Adolf Hitler ou fixera mostra das súas habilidades como negociador reuníndose cos máis destacados capos do narcotráfico galego- ocupaba a presidencia da Xunta. A iniciativa fora presentada polo deputado de Esquerda Galega Camilo Nogueira, e aprobada por unanimidade polo Parlamento de Galicia, tendo en conta que da cámara foran expulsados en decembro de 1982, a través dunha modificación de dubidosa constitucionalidade e aplicación retroactiva do seu regulamento, os deputados da coalición Bloque Nacional Popular Galego - Partido Socialista Galego Bautista Álvarez, Claudio López Garrido y Lois Diéguez, por non ter xurado ou prometido a Constitución Española.

O “home das cruces”, como fora alcumado por Ramón Otero Pedrayo pola súa teima co estudo dos cruceiros, é un personaxe tan excesivamente citado como ignorado, e hai quen aínda lle segue negar a Castelao a súa condición de pensador a pesar de que, incluso a súa obra artística ten unha forte carga teórica e está chea dunha ironía mobilizadora.

Para achegarnos á súa figura, no 75 cabodano da súa morte, o Salto conversou con Xoán Carlos Garrido, unha das persoas que máis ten profundizado no pensamento político de Castelao. Garrido é profesor de filosofía e director no IES Chano Piñeiro de Forcarei (Pontevedra) e, entre outros ensaios, no ano 2000, no 50 cabodano da morte de Castelao publicou O pensamento de Castelao (A Nosa Terra), onde abriu novas liñas de reflexión sobre o ideario do político rianxeiro, sentando as bases para evitar a fraude na difusión da súa personalidade.

Agora, no 2025, ven de escribir para a Fundación Galiza Sempre, 75 anos de legado de Castelao, publicada dentro da colección de Grandes Efemérides de Galiza desta institución.

O feito de tratar de unidimensionalizar a Castelao impoñéndolle un único calificativo, ¿cres que supón unha infravaloración da súa figura? ¿Hai algunha das súas facetas que se tenda a descualificar dunha maneira máis acusada?
Castelao vaise a tratar de diseccionar dende o poder para que non se teña unha visión de conxunto del. Sempre se dixo que se poñía o acento na parte artística porque era menos conflitiva para a clase dirixente, pero realmente a parte artística da que él está máis orgulloso son creacións moi eficientes de cara á mobilización das emocións da maneira de pensar crítica ao respecto do poder. Desde un relato como A Marquesiña ata calquera dos debuxos do álbum Nós son denuncias das inxustizas, é un intento de que os que teñen menos recursos se sintan máis visibles e con forza para cuestionar aos que os dominan.

Se aínda así houbera que elixir unha entre todas, ¿cal podería ser a que lle correspondería máis lexitimamente?
Realmente, como dicía, a faceta artística de Castelao estaba moi politizada. Máis isto non quere dicir, que os que reivindicamos un Castelao completo o teñamos que ver só a través da súa faceta como o militante dunha organización política. El entendía a militancia política como un instrumento para a defensa dunhas ideas, esas mesmas ideas que reflectiu a través das artes. O fundamental foron as súas ideas, e iso é o que non se quere entender, por iso se collen en ocasión algún debuxo ou parágrafo illado para tratar de traizoalas, porque a súa maneira de pensar era totalmente inasimilable polas clases dominantes.

“O seu pensamento puxo o foco nos excluídos, nos invisibles, máis a partir das inxustizas reais para tratar de superalas e liberarse desas opresións”

No teu libro O Pensamento de Castelao lembras que o noso protagonista recolle só os elementos que lle son útiles de diversas correntes teóricas chegando á mesma conclusión que outros pensadores nacionais e universais, podemos ver isto como unha especie de oportunismo teórico ou máis ben como unha conciliación entre teoría e praxe a través destes elementos antagónicos?
En termos ideolóxicos, Castelao foi fundamentalmente un antifascista, que analizou o fascismo dunha maneira moi profunda, como a existencia dentro da humanidade de persoas oportunistas utilizando os recursos que teñen ao seu alcance e as teorías producidas por outros para conseguir os seus fins.

O seu pensamento puxo o foco nos excluídos, nos invisibles, máis a de partir das inxustizas reais para tratar de superalas e liberarse desas opresións, dende persoas de carne e óso, non de conceptos abstractos.

Castelao mantivo a coherencia durante a súa vida, cando lle foi mal ao país, tamén lle foi mal a el, a diferencia de outros aos que sempre lle foi ben porque souberon situarse cando lle conviña como o faro da República, e cando non eran os lexitimadores ou os avais do franquismo.

A pesares de que Castelao non caeu na teima de renunciar ao diálogo coas grandes correntes ideolóxicas mundiais, o feito de que non se adherira expresamente a ningunha delas, cres que lastrou o seu recoñecemento coma pensador?
Claro, porque aquí descalificábase coma pensador ao que non estivera adscrito a unha corrente. Castelao non lle valía ás correntes de pensamento que había no seu momento, nin a unha corrente de tipo racionalista kantiana que respondía ao proxecto progresista da Ilustración que defendía a uniformidade da humanidade coa desaparición das distintas fronteiras, culturas, linguas ou da pluralidade que poñía por diante a razón aos sentimentos, nin tampouco á corrente irracionalista que partía dos sentimentos ou das emocións pero dunha maneira individualista e incapaz de saírse do eu de cada quen, que non permitía construír comunidade ou sociedade, todo aquelo que el pretendía a nivel de igualdade e xustiza. Correntes de pensamento que, por certo, acabaron precisamente lexitimando precisamente ao nazismo.

Castelao sinalou que o internacionalismo se ten usado para encubrir os intereses dos dominantes en exercer súa tutela. Como afrontaba el o conflito entre clases sociais tendo en conta a realidade galega, onde se daba a excepcionalidade de que a maioría dos explotados son tamén propietarios?
Castelao defende que temos que ter un pensamento propio, e partir da nosa realidade para construír un discurso emancipador, non de conceptos ou ideas abstractas. Ideas que, por certo, non se pode dicir que os que se adscribiron a elas as asumiran. Castelao tratou no Sempre en Galiza poñer en evidencia a un republicanismo que, cando chegou ao poder, abandonaba a súa defensa dun modelo de Estado federal. Máis non só o republicanismo, senón tamén co resto de forzas progresistas, dende a socialdemocracia, aos anarquistas e comunistas. El detectou no seu diálogo con todos eles que non eran coherentes nin coa súa propia ideoloxía.

Aínda así, Castelao sabía que os máis oprimidos eran os que menos o coñecían e menos estaban en contacto coa súa arte, mesmo se Castelao tratou de empregar a arte da maneira que fora máis eficaz para chegar a eles, unha arte que ía dirixida a cuestionar e sinalar á “intelixencia” do país, que vivía de costas aos problemas da sociedade.

Castelao entrou en marzo do 1946 como Ministro de Galicia no goberno republicano no exilio de José Giral, probablemente moi ao pesar de compañeiros do Partido Galeguista coma Ramón Piñeiro ou Xoan Xosé Plá. Noutro dos teus libros, Castelao contra Piñeiro. Piñeiro contra Castelao (A Nosa Terra), revelas que Piñeiro chegou a dicir del que carecía de sentido político e que tiña un xenio violento e arbitrario; e Plá que non era a persoa indicada para ocupar dito cargo, aínda que despois o propio Piñeiro tentou maquiavélicamente de anotarse o tanto de que fora el quen propuxera ao propio Castelao. Que destacarías desta relación entre  estes “galeguistas do interior” ou “os mozos intransixentes do 36” -como se autodenominaban- e Castelao?

Eu creo que dentro dos partidos políticos existe normalmente unha vangarda, unhas persoas que están máis formadas ideoloxicamente, e outras persoas que están menos formadas e que non teñen unha ideoloxía tan firme. Normalmente nas direccións están as persoas máis formadas. O 36 significou unha ruptura diso. Os cadros máis significativos do nacionalismo galego foron apartados, ben porque foron asasinados polo fascismo como Alexandre Bóveda, ou ben porque se tiveron que exiliar coma Castelao. Entón, algúns que quedaron no Partido Galeguista non tiñan esa firmeza ideolóxica, nin esa formación política.

Castelao veuse nunha posición difícil, el tiña unha maneira de pensar que quixo transmitir ás seguintes xeracións co Sempre en Galiza, pero atopouse con que aquí, por razóns loxísticas- ao non estar “queimado” dentro do franquismo e poder así facer traballo clandestino-, quedou como referente Ramón Piñeiro que tiña unha maneira de pensar bastante diferente da de Castelao. Piñeiro non era nacionalista, era unha persoa fundamentalmente anticomunista e, sobre todo, incoherente, xa que nun momento dado defendía unhas posicións, e noutro intre outras, chegando a acabar nas filas do PSOE. A relación con estes “galeguistas do interior” foi bastante traumática para Castelao, que aínda así non tratou de romper con esta nova dirección do partido, porque había cousas que tiñan en común, como a defensa da cultura ou da lingua. Despois a nivel máis concreto, por exemplo Castelao nunca aceptou a monarquía, a diferencia de moitas das outras das forzas políticas antifranquistas.

“Nese contexto non se deberían ter traído os restos de Castelao, con posterioridade seguramente si”

 28 de xuño de 1984, chegada a Compostela do cadaleito cos restos de Castelao. Aínda que daquela eras un rapaz, o teu compromiso político vén de moi novo. Tes algunha lembranza daquel día?
Recordos si que teño, claro. De feito, naquel momento eu non estiven moi de acordo coas posicións que mantivo o nacionalismo porque pensaba que a sociedade do momento non ía entender a súa posición de non xurar a Constitución -referíndose aos deputados da coalición do Bloque Nacional Popular Galego (BNPG) e Partido Socialista Galego (PSG)-, pero parecíame unha postura totalmente coherente. ¿Como vas xurar unha Constitución monárquica e confesional? ¿Iso que clase de democracia é? Mais eu pensaba que esa posición ía ser utilizada polo sistema para tratar de “liquidar” esas opcións máis contestarias con el.

A barbaridade que se cometeu coa expulsión, de madeira retroactiva, porque xa estaban exercendo, dos deputados do BNPG-PSG do Parlamento non tivo comparación con outras situacións que se deron noutros lugares do Estado español.

Mais tamén, o promotor da iniciativa, Camilo Nogueira (Esquerda Galega) foi branco das protestas. Dábanse as condicións que o mesmo Castelao esixiría para voltar ou pensas que dado o contexto debería seguir na Arxentina?
O que non se pode facer e isto -expulsión dos deputados do BNPG-PSG- e ao mesmo tempo traer a Castelao, porque o Parlamento expulsou a aqueles representantes que compartían o seu pensamento e as súas ideas. Se o traslado dos restos se fixera máis adiante, non tería sido tan chocante. Como se pode facer unha disociación tan brutal de expulsar a uns deputados que defenden un modelo de Estado federal e laico e ao mesmo tempo traer de volta a un referente deses ideais? Esta manobra do poder, que estaba nunha posición de forza incomparable, pareceume intolerable.

Polo tanto, nese contexto non se deberían ter traído os restos de Castelao, con posterioridade seguramente sí; aínda que non o teño moi claro, porque se sigue criminalizando aos republicanos e vivimos nun Estado que non rachou cos razóns polas que produciu o golpe militar.

O que sucede é que se houbera que agardar a que isto fora unha república federal, Castelao non viría en non sei canto tempo. Eu non digo que o país non teña que estar liberado para que veñan os restos de Castelao, máis o que non debería ter sido é utilizar o regreso dos restos de Castelao nun momento como sucedeu naquel contexto onde había quen estaba dando a batalla polas súas ideas.

****

Castelao defendeu un modelo económico no que non houbera dominación e os cidadáns non tiveran que degradarse ata convertese en ferramentas doutros. A súa loita política estivo tamén orientada, ademais de ao recoñecemento da personalidade nacional de Galiza, á defensa dos intereses das clases populares, sobre todos dos mariñeiros e labregos.

Resulta obvio pensar que a xestión e responsabilidade no uso dos recursos naturais dun territorio é un elemento esencial neste aspecto. Así, facendo uso da súa habitual ironía, desenrolou durante a súa obra unha crítica da mistificación do progreso -podendo incluso atopar, xa daquela, elementos coincidentes cunha perspectiva ecoloxista-, un azote continuo á figura dos caciques e unha realista aproximación ao fenómeno da emigración, presentándoa coma unha fuxida ante a falla de expectativas.

75 anos despois da morte de Castelao, con boa parte das aldeas galegas case baleiras, mozas e mozos emigrando de maneira continua na procura dun futuro mellor, e proxectos coma a macrocelulosa de Altri ou a mina de litio de Doade chamando ás portas, a realidade fainos ver que a obra e a acción política de Castelao están máis vivas ca nunca. As súas ácidas análises poden axudar a entender as manobras  dun goberno galego que non é quen de disimular a súa incomodidade á hora de tratar a figura do pensador de Rianxo.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Galicia
Economía Social Por que Galicia non precisa Altri, ou como a economía local e solidaria actúa de escudo
Galicia é o exemplo máis visible do que ocorre cando a megaindustria se topa cun tecido produtivo e social forte: un escudo. As zonas despoboadas corren peor sorte ante a ameaza de eólicos, solares ou macrogranxas.
Culturas
Cultura As Letras Galegas e a pregunta pendente: que tradición queremos?
Baixo o lema “De ser BIC, non así”, colectivos e persoas vinculadas á cultura tradicional galega reclamaron transparencia, coidado e participación nun proceso que, neste Día das Letras Galegas, convida á reflexión.
Nacionalismo galego
Pensamento A incómoda liberdade de pensamento de Castelao
Este ano cúmprese o 75º aniversario do pasamento do artista e intelectual Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. O profesor Xoán Carlos Garrido investigou sobre a obra desta figura clave da historia de Galiza.
Culturas
Cultura As Letras Galegas e a pregunta pendente: que tradición queremos?
Baixo o lema “De ser BIC, non así”, colectivos e persoas vinculadas á cultura tradicional galega reclamaron transparencia, coidado e participación nun proceso que, neste Día das Letras Galegas, convida á reflexión.
Galicia
Economía Social Por que Galicia non precisa Altri, ou como a economía local e solidaria actúa de escudo
Galicia é o exemplo máis visible do que ocorre cando a megaindustria se topa cun tecido produtivo e social forte: un escudo. As zonas despoboadas corren peor sorte ante a ameaza de eólicos, solares ou macrogranxas.
Altri
Economía Social Por qué Galicia no necesita Altri, o cómo la economía local y solidaria actúa de escudo
Galicia es el ejemplo más visible de lo que ocurre cuando la megaindustria se topa con un tejido productivo y social fuerte: un escudo. Las zonas despobladas corren peor suerte ante la amenaza de eólicos, solares o macrogranjas.
Historia
Ocio y política Puy du Fou: la historia al servicio del relato reaccionario
Mientras en España el parque se posiciona dentro de la batalla cultural de la nueva derecha, en Reino Unido la propuesta de apertura de uno nuevo abre el debate sobre los vínculos del grupo Puy du Fou con Putin y la derecha europea.
Rumanía
Rumanía Simion y Dan se disputan la presidencia en unas elecciones que definirán la crisis del europeísmo en el país
El ultranacionalista George Simion y el proeuropeo Nicușor Dan se enfrentan este domingo a la segunda ronda de las elecciones presidenciales en Rumanía, tras la anulación de las elecciones de noviembre.

Últimas

Galicia
Galicia A Xunta aprobou a celulosa de Altri argumentando que a súa cheminea de 75 metros sería “icónica”
O Informe de Patrimonio Cultural, favorable á multinacional, emitiuse con base en dúas encargas externas, contratadas e pagadas pola empresa ao ex presidente e ao actual tesoureiro de Icomos-España.
O Teleclube
O Teleclube 'Os Pecadores' loitan contra montruos reais e mitolóxicos no novo episodio de 'O Teleclube'
O dúo do director Ryan Coogler e o actor Michael B. Jordan estrean unha película sobre a experiencia afroamericana cunha ameaza sobrenatural engadida.
Genocidio
Genocidio Israel mata a 153 personas en 24 horas mientras se prepara para su lavado de cara anual en Eurovisión
Se cierra una de las semanas más mortíferas del año, en la que Israel ha bombardeado hospitales e infraestructuras civiles. La hambruna se extiende por el territorio de Gaza.
Que no te lo cuenten
El Salto Radio Del abuso de poder y protestas contra las celulosas
VV.AA.
La Asociación de Terapia Gestalt expulsa a un centro de su red y cientos de gallegos salen en protesta contra Altri y la mina de Touro
Más noticias
Gobierno de coalición
Reducción de jornada Yolanda Díaz apuesta todo a quebrar el ‘no’ de Junts mientras el PSOE mira de lejos
Desde el PSOE y también en Sumar aseguran que el sprint final de la negociación con Junts está a cargo de la vicepresidenta, que se muestra optimista. Los socialistas, entre la equidistancia y el interés electoral.
Portugal
Elecciones Portugal: derecha para todos los gustos
Todos los sondeos dan por segura una victoria conservadora en un país en el que los buenos datos económicos contrastan con salarios estancados y alquileres por las nubes.
Pensiones
Pensiones Europa considera que el complemento a las pensiones contra la brecha de género sigue siendo discriminatorio
La Seguridad Social asegura que los pensionistas seguirán recibiendo el plus y CCOO propone estudiar urgentemente medidas alternativas ante la sentencia del Tribunal de Justicia de la Unión Europea.

Recomendadas

Galicia
Pensamiento La incómoda libertad de pensamiento de Castelao
Este año se cumple el 75º aniversario del fallecimiento del artista e intelectual Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. El profesor Xoan Carlos Garrido ha investigado sobre la obra de esta figura clave de la historia de Galicia.
Abusos a la infancia
Pau Lluc “La casa no es un lugar seguro para muchos niños y niñas”
Pau Lluc (Alboraia, 1974) sufrió violencia sexual cuando era pequeña por parte de su padre. Asegura que necesitamos relatos para que la sociedad tome conciencia de que ella no es la excepción.