Nacionalismo galego
A pesar das opinións de ‘The Economist’, Galiza é un sitio distinto

Os autores contestan un recente artigo publicado en ‘The Economist’ no que, na súa opinión, se gababa a xestión de Alberto Núñez Feijoo e se negaban os graves problemas polos que atravesa a lingua galega.
galiza lengua mani
Ante a inacción da Xunta os movementos sociais foron quen de artellar respostas ante ese proceso. Zélia García

A finais de 2020 The Economist publicaba un artigo no que cuestionaba o movemento nacionalista e independentista galego, mentres gababa a Alberto Núñez Feijóo. Neste artigo negábase a existencia de grandes problemas ecónomicos na Galiza, moi vencellados ás accións do PP de Feijóo e ás do Goberno central. Isto demostra a importancia de defender o idioma, a cultura e os intereses reais do pobo galego aquí ou fóra.

The Economist non fixo ningún esforzo por achegar ningunha opinion distinta á do executivo galego xa que a meirande parte das fontes citadas no artigo son dun “empresario da publicidade da Coruña” ou do propio Feijóo.

Ademais o artigo parece afirmar que o ensino do galego non é unha cuestión que importe aos galegos nin é importante en xeral, algo que non coincide co que investigamos sobre o tema.

Galego
A lingua das crianzas (I): Paus nas rodas ao galego na infancia

Nos últimos anos, Feijóo, Pocoyó e os seus amigos aceleraron o proceso histórico de substitución lingüística do galego a prol do castelán. A política lingüística da Xunta e a súa inacción ante a imposición estrutural do castelán favorece unha desgaleguización que comeza coa vulneración dos dereitos lingüísticos dos nenos e nenas galegas.

Para amosar outro tipo de opinións, falamos con algúns cidadáns galegos para coñecer as súas opinións e as súas esperanzas na Galiza.

Jose Docampo, un profesor de inglés de Mos que se indentifica como “militante independista” non está dacordo coa maioría das opinións que expresa o artigo de The Economist. Segundo este profesor é obvio que Galiza é un sitio distinto, porque “en termos culturais, temos a nosa propia lingua, o noso propio folclore, cultura popular, tradicións compartidas, forma de ser, pensar e relacionármonos”. E continúa: “Históricamente somos un pobo diferenciado de España, tamén a nivel administrativo e político. Até xeográficamente nos atopamos “separados”, desconectados e “diferenciados” de España. Todo isto confire ao pobo galego un comportamento político diferente do resto de España”.

José Docampo: “En termos culturais, temos a nosa propia lingua, o noso propio folclore, cultura popular, tradicións compartidas, forma de ser, pensar e relacionármonos”

Borja Carlos Fernández Souto, profesor en Lugo, expresa a importancia de preservar e celebrar o caractér especial da Galiza. Nese sentido, considera que a óptica independista é moi importante xa que “o realmente necesario é manter a identidade de país que nos dá a lingua e lóxicamente estas correntes políticas axudan”. Ademais, advirte sobre as intencións do Estado español e opina que as súas “políticas son fascistas e acabarán por aniquilar a nosa lingua e cultura”.

Ademais, The Economist afirma que “a diferenza de Catalunya e Euskadi, Galiza está cómoda no Estado español”, mais isto non é o que opina Docampo para quen “a loita [na Galiza, Euskadi e Catalunya] é esencialmente a mesma: a existencia dun conflicto nacional transversalmente a un de clase”. Segundo a súa opinión, “na Galiza, as elites sempre foron compracentes e aliadas do centralismo madrileño e nunha sociedade e economía dependentes como esta, a hexemonía tende, se ben non é sempre, ao conservadurismo, que é centralista”. Opinións como estas non son as que aparecen recollidas no artigo de The Economist, mais non deixan de ser partilladas por unha boa parte da poboación.

Nacionalismo galego
Nacionalismo galego, unha reinvención constante
Analizamos o acontecido no nacionalismo galego dende a Asemblea de Amio en 2012 ata a actualidade, cando o BNG recuperou a representación no Congreso.

Abel Tristán, profesor de inglés en Brión, afirma que as cuestións relacionadas co movemento soberanista e reintegracionista galego non son só importantes por razóns políticas, senón porque ademaís preservan a cultura e a historia única da Galiza. “Penso que a nosa história é importante polo que fixemos e polo que non fixemos…Se non coñecemos a nosa historia e o noso potencial como pobo, dificilmente poderemos mellorar e progresar.. Xa sexa coa etiqueta de galegos ou coa de españois, calquera pobo precisa avanzar e mellorar as condicións materiais dos seus habitantes e iso, na minha opinión, débese facer como pobo traballador organizado”, sostén Tristán. Ademais, pensa que o ensino do galego nas escolas e institutos da nación é moi importante “porque é o código comunicativo da nosa terra, permítenos entender mellor a nosa popria ideosincrásia e ao mesmo tempo achegarnos a millóns de falantes da lusofonía arredor de todo o mundo”.

A finais de 2018 a Xunta do Partido Popular presentou un decreto no que se reduciu significativamente a porcentaxe de materias en galego nos institutos, nun aparente intento de rematar co idioma

O idioma galego non só enfrenta ameazas por parte do goberno de España, mais tamén de políticos como Feijóo que controlan a Xunta de Galiza. Feijóo fixo moito para reducir o nivel de ensino do galego nas aulas das escolas, institutos e universidades. A finais de 2018 a Xunta do Partido Popular presentou un decreto no que se reduciu significativamente a porcentaxe de materias en galego nos institutos, nun aparente intento de rematar co idioma. A situación do ensino do galego é tan grave que a Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritariais denuncia que as accións da Xunta de Feijóo amosan un nivel “insuficiente no ensino [do galego], especialmente a nivel preescolar”.

Outro problema co artigo de The Economist é que non se fai ningún esforzo en distinguir entre os diferentes sectores que apoian a idea nacional da Galiza. Entre os varios grupos que estan a favor de superar o statu quo da Galiza dentro do Estado español, hai diferentes opinions, metas e puntos de vista dende unha perspectiva cultural, política e lingüística. Por exemplo, hai xente que está a favor do reintegracionismo linguistico co portugués, mais Carlos Fernández Souto declara non estar moi a favor: “A nosa lingua é galego, non portugués”.

Con todo, outras persoas ven a cuestión do reintegacismo como unha maneira importante para preservar elementos lingüísticos e culturais do pobo galego. Jose Docampo comenta que o reintegracionismo se entende “máis como unha estratexia de normativización, e tanxencialmente, de normalización da lingua”. Neste sentido afirma: “Creo que a estratexia seguida até a actualidade está fracasando e procurar un maior aproximamento da nosa lingua e cultura ao sistema lingüístico-cultural portugués podería contribuir á supervivencia da lingua no futuro”

Ademais, o artigo de The Economist finxe que a maioría dos galegos están contentos coa situacion politica da Galiza en relación a España, mais os acontecementos recentes da Operación Jaro e algunhas voces amosan que isto é unha mentira. Accións represivas como a Operación Jaro e barbaridades parecidas que pasaron en Catalunya e Euskadi esencialmente significan que o Estado español quere manter unha liña política que convirte calquer tipo de resistencia politica nun crime. Isto pensamos que obviamente é unha gran amenaza para a democracia, a liberdade e a expresión política.

Accións represivas como a Operación Jaro esencialmente significan que o Estado español quere manter unha liña política que convirte calquer tipo de resistencia politica nun crime

É moi importante preservar o idioma galego polas razóns culturaís e politicas, porque os datos indican que o idioma está en grande perigo. Investigacións do Instituto Galego de Estadística amosan que só un tercio dos galegos fala en galego normalmente, que entre os nenos de 5 a 14 anos só o 13,08% falan o idioma a maior parte do tempo e que só o 8,55% dos adolescentes utilizan o galego nas súas vidas cotiás. Aínda que a xente entre os 50 e 64 anos fala máis galego, esa taxa tamén baixa. En 2003, o 51% desta xente falaba galego a maioría do tempo, mais esa porcentaxe disminuíu moito durante o comenzo deste século e no 2018, xa só o 33% destas persoas utilizaban galego normalmente.

Elsa Quintas, a directora do Observatorio de Dereitos Lingüísticos e vicepresidenta da Mesa pola Normalización Lingüística, explica que o PP de Feijóo necesita o apoio da ultradereita para manter o seu poder e polo tanto intenta a reducir a importancia do galego. Lamenta que “o galego xa está moi marxinado. Que máis se pode facer?”. Engade que a intención de Feijóo de limitar o ensino do galego tamén está vencellada ao tradicional problema da emigración e afirma que a énfase no castelán e inglés nos institutos semella dar a impresión de que “tivésemos vocación de emigrar”.

É obvio que o mundo fóra da Galiza case non sabe nin entende nada sobre a situación da Galiza e isto amosa a importantancia de amosar voces distintas do pobo galego no resto do Estado español e a nivel internacional. Nesta época de globalización e traspaso de competencias das culturas únicas por todo do mundo é crucial preservar estes fíos especiais que compoñen o tapiz da diversidade no noso mundo. Non podemos permitir que a cultura, o idioma e o espíritu galego morran por culpa do PP e publicacións como The Economist.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Galego
Manifestación Miles de persoas enchen Compostela cun berro único en defensa da lingua galega
A plataforma Queremos Galego conseguiu aglutinar voces diversas da Galiza social, política e cultural para “parar a emerxencia lingüística” que sofre a lingua propia e así esixir á Xunta “un cambio de actitude”.
Xunta de Galicia
Política A Xunta recibe ao embaixador de Israel en funcións mentres Gaza agoniza ao bordo da fame
O Goberno de Alfonso Rueda escenifica a súa boa sintonía coa Administración de Benjamín Netanyahu apenas unhas horas despois de que Israel bombardease unha escola que servía de refuxio e ordenase unha evacuación masiva en Gaza.
Palestina
Genocidio La ONG anti-UNRWA lanzada por exespías y marines de EEUU siembra el caos en el reparto de alimentos en Gaza
La Fundación Humanitaria de Gaza (GHF) creada a comienzos de este año y vinculada a agentes del ejército y la inteligencia estadounidense ha sido acusada de desaparecer a una persona y disparar a quienes estaban esperando ayuda.
Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.
Universidad
Genocidio Las universidades españolas han firmado 44 proyectos con Israel desde septiembre de 2024
Los acuerdos dentro del programa Horizon Europe se han sucedido a pesar de las declaraciones de decenas de universidades de suspensión de relaciones con Israel.
Asturias
Asturias El Parlamento asturiano reclama que las corridas de toros se consideren maltrato animal
PSOE e IU aprueban una PNL de la diputada Covadonga Tomé (Somos Asturies) instando al Gobierno de España a modificar las leyes que excluyen a las corridas de toros de esta categoría.

Últimas

Mallorca
Investigación Cadáveres, ratas y suciedad extrema en una granja avícola que abastece a Mercadona, Eroski y Alcampo
Grupos activistas han denunciado a la explotación avícola de Llucmajor (Mallorca) ante la Fiscalía por delitos de abandono de animales, estafa y contra la salud pública. La granja cuenta con el sello de bienestar animal Welfair.
Laboral
Laboral “Se buscan figurantes para una película a cambio de la merienda”
El sindicato CGT denuncia ante Inspección de Trabajo a una productora cinematográfica por ofrecer trabajo de figurante en la película ‘Corredora’ a cambio de una merienda.
Más noticias
Opinión
Opinión Prohibir no es liberar: una reflexión feminista sobre el uso del hiyab
La idea de que prohibir el hiyab nos abrirá la puerta a una vida más libre no solo parte de un prejuicio, sino que se convierte en otra forma de imposición. Y ninguna liberación real puede construirse desde la fuerza o la exclusión.
Granada
Represión La policía desaloja el centro social La Madriguera en Granada
El dispositivo policial ha echado a decenas de activistas del edificio, el pasado enero la empresa AMA Desokupa intentó cerrar el centro social con el apoyo policial en una operación que se saldó con cuatro personas heridas y una persona detenida
Euskera
Lourdes Oñederra “La comprensión tiene valor por sí misma, no es un mero paso intermedio”
Lourdes Oñederra destaca la comprensión lingüística como clave para abrir oportunidades y beneficios que merecen atención y cultivo.

Recomendadas

Pensamiento
Paulo Tavares “La imaginación es el primer acto político”
El arquitecto e investigador brasileño Paulo Tavares cuestiona las ideas fundacionales del pensamiento, el diseño y la ciudad occidentales en el marco de la crisis ecosocial.