O prelo
A linguaxe como un espazo para reconstruír a xustiza social: unha recensión de ‘Lingüística Eco-’, de Teresa Moure

Moure presenta unha obra sobre lingüística que propón unha defensa pola vida dos nosos pobos e convida a un exercicio sobre a dignidade das linguas.

O Prelo Moure
11 dic 2019 07:04

As nosas palabras gardan unha potencia que supera os límites do meramente descritivo. A forza que precede a primeira palabra do día encerra un misterio. O momento previo ao soprido de aire que se converte en lingua é un escenario que apenas pode ser descrito. Para Moure, nese primeiro momento se esconde a vontade transformadora da linguaxe.

Este ano, Através, a editorial propia da Associaçom Galega da Língua, publicou Lingüística Eco-, O estudo das línguas no Antropoceno de Teresa Moure. A aparición do libro está relacionada cun procesos de crise evidente: a afirmación do Antropoceno como fenómeno existente, o colapso progresivo dun certo modo de circulación do capital e o exterminio da diversidade lingüística no noso planeta. De cara a iso, Moure propon a lóxica eco como un horizonte de comprensión e de acción. Isto supón o recoñecemento da pluralidade como un dereito que merece ser defendido. Escapa entón do ambientalismo máis amable e encontra no afixo eco- unha estratexia para reafirmar que a defensa da diversidade é un dereito que se fundamenta en que cada un de nosos pobos poda defender a súa experiencia no mundo.

Para finais do século XXI, o 90% da diversidade lingüística podería ser sustituido por linguas dominantes

No noso presente, a desaparición lingüística é unha realidade inegable: a UNESCO no seu informe Vitalidade e perigo de desparición das linguas sostén que para finais do século XXI, o 90% da diversidade lingüística podería ser substituído por linguas dominantes. Isto non é unha perda menor; Moure comparte con forte sensibilidade que o aniquilamiento lingüístico supón perder unha forma de comprender o mundo. A autora recolle importantes saberes da tradición lingüística como unha base para defender as nosas linguas: cada lingua supón un xeito de habitar a realidade, de pensala e de coidala.

Con todo, a lingüística non sempre foi unha ferramenta compremetida coa súa realidade. É verdade que a lingüística tivo que reunir un conxunto de esforzos epistemolóxicos para formalizarse como unha ciencia a principios do século XX. De aí que o estruturalismo se presentara como a primeira base da súa configuración cientifica. O camiño que emprederon entón as ciencias da linguaxe difícilmente puido mirar fóra de si mesmo. Emporiso, Moure presenta un esforzo por facer visible aquela tradición propia da lingüística que se enfrenta os problemas propios da xustiza social das nosas linguas.

Moure axúdanos a lembrar que os dereitos lingüísticos son tamén dereitos humanos, que merecen ser coidados e defendidos.

Moure axúdanos a lembrar que os dereitos lingüísticos son tamén dereitos humanos, que merecen ser coidados e defendidos. O carácter militante é, sen dúbida, un xesto característico na escritura da autora. E ten a súa orixe nun exercicio de visibilidade moi relevante: as linguas non morren senón que son asasinadas polo seu contexto. Moure confronta a reflexión lingüística que leva ao límite o darwinismo social e sostén que o exterminio lingüístico é a consecuencia da expansión imperial, produto da modernidade e dunha fase expansiva do capitalismo. Entón, a defensa polas nosas linguas é un exercicio que nada ten que ver cun proceso mortalidade natural.

As linguas non morren senon que son asasinadas polo seu contexto
Esta obra de Teresa Moure tamén amosa as estratexias de loita que algunhas linguas minorazadas elaboran dacordo co seu contexto. O caso do galego e a militancia reintegracionista é moi relevante e digno de debate. No galego, a súa posibilidade de internacionalización a través da lusofonía supón un reforzamento na súa dimensión utilitaria. Non obstante, as linguas non teñen que encontraren un marco de internacionalización para gozar de dignidade. A suposta utilidade non é unha categoría necesaria para que unha lingua teña vida. Moure sostén este debate con particular coidado e supón un paso para pensar as estratexias de resistencia no ámbito lingüístico.

Lingüística Eco- é un texto que está construido como un aparello didáctico que se fundamenta na conversa con outras persoas ou coa reflexión silenciosa. Lembra aqueles libros que supoñen un encontro coa dimensión colectiva da lectura dende a didáctica. Un xénero que parece desprestixiado nos espazos académicos pero que Moure amosa como unha ferramente de traballo e de compañía. A didáctica en Moure é un pequeno modo de militancia que vive a través do libro e saca á lingüística dos fríos espazos da erudición.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

El Salto n.79
Altri A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
O xoves 17 de xullo esperámosvos no CS 'A Nubeira' de Vigo para presentar o último número da revista El Salto xunto a algunhas das súas principais protagonistas: as que loitan contra o macroproxecto de celulosa liderado por Altri e avalado pola Xunta.
CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
CRTVG A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
Altri A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.
CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
CRTVG A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
Altri A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.
El Salto n.79
Altri A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
O xoves 17 de xullo esperámosvos no CS 'A Nubeira' de Vigo para presentar o último número da revista El Salto xunto a algunhas das súas principais protagonistas: as que loitan contra o macroproxecto de celulosa liderado por Altri e avalado pola Xunta.
Altri
Altri Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.