Atopa alternativas para un planeta en disputa con tres libros de Ecoar e 13 Editora

Co gallo das xornadas formativas de Ecoar, ‘Planeta en disputa’, sorteamos entre socias e socios tres libros de 13 Editora relacionados coa desobediencia e as alternativas ao poder corporativo.
Promoción ECOAR
Os tres libros que sorteamos para socias e socios. ©
16 mar 2026 12:31

A actualidade no contexto global está atravesada por crises encadeadas, escaladas permanentes de tensión e xenocidio. Trátase de síntomas dun sistema que prioriza o privilexio duns poucos fronte aos dereitos, a dignidade e o ben común. O que está en xogo neste taboleiro é non só o control dos recursos e a soberanía do territorio, senón tamén o equilibrio ecolóxico e mesmo as condicións que fan posible a vida.

O gasto militar increméntase a un ritmo alarmantemente elevado da man da concentración de poder e un aumento dos movementos represivos e de extrema dereita. Os intereses económicos e xeopolíticos seguen a marcar a folla de ruta dun modelo insostíbel que vén promovido por axendas mediáticas propias. Mentres, os organismos supranacionais amosan evidentes eivas á hora de regular ou limitar este panorama e levar a cabo compromisos efectivos, e as democracias vense cada vez máis deterioradas.

Resulta pertinente preguntarse, ante esta imaxe, cal ha de ser o rol que tomen as cidadanías de cara a artellar respostas efectivas; como impactar sobre esta realidade e como ampliar as marxes de actuación para activar, empoderar e mobilizarnos dende abaixo, non só como dereito, senón tamén como deber.

É por iso que Ecoar organiza as xornadas Planeta en disputa en Vigo entre o 18 e o 21 de marzo de 2026, achegando olladas diversas mediante a realización de distintas palestras para analizar a presente situación xeopolítica e as dinámicas de poder e contrapoder que nela operan. Dende 13 Editora, a súa pata editorial, tiveron a ben sortear tres libros entre as socias e socias de O Salto. 

O sorteo é un exemplar de cada un destes tres libros Alternativas ao poder corporativo, As múltiples caras de Anonymous e Desobedecer, pequeno manual. É dicir, haberá tres persoas gañadoras.

Condicións do sorteo

  • Escríbenos a osalto.galiza@elsaltodiario.com co asunto “Sorteo PLANETA EN DISPUTA” indicando no corpo da mensaxe o teu nome e apelidos, teléfono e o enderezo de correo electrónico que tes asociado á túa subscrición.
  • Participa entre o luns 16 e o domingo 21 de marzo ás 23:00 horas, ao día seguinte faremos o sorteo e avisaremos directamente por correo electrónico ás gañadoras.
Cargando valoraciones...
Comentar
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.
Cargando...
Cargando...
Comentarios

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...