Opinión
A Insumisa ante un novo escenario

É posíbel concluír este episodio de unha forma na que A Insumisa e a Marea Atlántica saian gañando, e que o goberno central e o PP local que nos meteron neste lío, saian perdendo.

Marea Atlántica_Metrosidero
Marea Atlántica Presentación do proxecto Naves do Metrosidero no Centro Cívico da Cidade Vella
20 ene 2018 19:05

O pasado martes 16 de Xaneiro varias concelleiras e concelleiros e persoas adscritas á Marea Atlántica tivemos oportunidade de compartir un mesmo espazo de asemblea coas xentes da Insumisa. Cómpre destacar o mérito e a valentía demostrado polas okupas, accedendo a reunirse, máis se cabe sabendo das desconfianzas e a incomodidade que as institucións e os partidos levantan nestes lugares. Nesa asemblea expresouse a proposta do Concello para garantir a seguridade xurídica do espazo, e fíxose mención á posibilidade real de municipalizar a actual Comandancia de Obras. Por parte das integrantes do CSO A Insumisa tan so se fixo unha petición clara, que o Concello asinase a acta de cesión municipal, convertendo o lugar en solo público de titularidade municipal.

Menos de unha semana despois, a sinatura da acta de cesión ten dúas consecuencias: a primeira, que o solo fica blindado ante o acoso da especulación inmobiliaria, a segunda, que o Ministerio de Defensa xa non ten ningunha responsabilidade sobre el. Dúas boas novas que aseguran o uso dese espazo por parte da cidadanía. Sen embargo, as obras licitadas polo Ministerio de Fomento obrigan ao Concello da Coruña a facilitar a súa execución, xa que, de non facelo, a actual corporación municipal podería incorrer nun delito. Isto acontece porque ao existir un acordo de investimento público, o Concello ten deber de empregar ese solo a uso público. Ademais, dado que este investimento provén dun Ministerio, o Concello non pode controlar os prazos de execución. De non levarse ao cabo as obras sería, provábelmente, denunciado por prevaricación e, no peor dos casos, podería supoñer a inhabilitación política das persoas responsábeis. Isto é máis que unha hipótese, porque esta mesma semana La Voz de Galicia enunciaba que o PP denunciara o retraso das obras, apuntando directamente ao concello como culpábel.

É posíbel concluír este episodio de unha forma que ambas entidades (A Insumisa e a Marea Atlántica) saian gañando, e que o goberno central e o PP local que nos meteron neste lío, saian perdendo. Esta posibilidade implica chegar a un acordo que radicalice as fórmulas de xestión dos espazos públicos, facéndoas máis semellantes aos comunitarios, e á vez se garanta a seguridade xurídica do emprazamento. O goberno local ten dado un paso definitivo para acadar este segundo obxectivo, arriscando a súa propia integridade, tócalles agora ás compañeiras da Insumisa mover ficha. Nos últimos dez anos, o movemento okupa coruñés ten protagonizado algúns dos eventos políticos máis importantes da cidade. Un acordo, for do tipo que for, coa Marea Atlántica demostraría a capacidade de ambos actores para entendernos con proxectos políticos diferentes, valorando de forma realista as posibilidades, e tomando a mellor decisión por enriba dos dogmas. É desta forma, antepoñendo a perspectiva do longo prazo á do curto como, pouco a pouco, vamos gañando posicións ante un inimigo común.

Hai algunhas cousas que xa están mudando sen case decatarnos. Por primeira vez un goberno local recoñeceu ao movemento okupa como interlocutor válido. A primeira que un Concello se pon no medio durante 13 meses para evitar que a Xustiza despexe unha okupa. É a primeira vez que varias representantes dun goberno municipal sentan nunha asemblea okupa e, de igual a igual, interveñen con todas as persoas presentes. É a primeira vez que se reúnen nun Centro Cívico concelleiras, okupas e veciñanza. Haberá a quen lle puidesen sorprender estes feitos, pero A Coruña ten sido nas últimas décadas un dos laboratorios de experimentación política máis interesantes do País. Tanto o municipalismo como o movemento okupa somos dignos sucesores desa experimentación, eu mesmo gosto de pensar que nacemos nos mesmos centros sociais, e no fondo creo que era inevitábel que nalgún momento chocásemos.

Para a Marea Atlántica é imprescindíbel que esas pontes entre institución e movementos non se rompan. Os movementos sociais son para a Marea Atlántica un horizonte de futuro que nos axuda a orientar a acción política. De non ser por estes, a inercia da legalidade e da maquinaria institucional levaríanos por diante, e as nosas concelleiras e concelleiros pasarían a converterse en simples xestores.

Cargando valoraciones...
Ver comentarios 18
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Cargando relacionadas...
Cargando portadilla...
Comentarios 18

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...