Olalla Rodil
"Puxéronse demasiadas esperanzas nas posibilidades de cambio que ofrecen os procesos electorais"

Falamos coa cabeza de lista do BNG en Lugo e deputada no Parlamento de Galicia, sobre o marco limitador das institucións, pero tamén sobre as posibilidades que ofrecen

Olalla Rodil (Lugo, 1989) é deputada no Parlamento de Galicia. En 2012 comezou cubrindo as novas parlamentarias como xornalista en Sermos Galiza, nunha época moi convulsa da Cámara, onde albiscou os límites da institución. Despois de ollar a política con interese desde moi nova, agora, con 27 anos, é unha figura con moita actividade e presenza mediática do Parlamento galego.

Como ves a vida parlamentaria agora, desde o escano?
Vexo os límites da propia institución, un pouco o mesmo que vía como xornalista, pero tamén as súas posibilidades para presentar a alternativa política do BNG: empregar o Parlamento como caixa de resonancia tanto para levarmos cara a dentro os problemas das persoas traballadoras deste país, dos movementos sociais, dos colectivos e entidades que están a traballar na defensa dos intereses do noso pobo; e tamén como caixa de resonancia cara a fóra, para proxectar aquelas cuestións que queremos pór enriba da mesa no debate público. O 25-S entraches no Parlamento con Noa Presas e Paula Quinteiro, todas mulleres novas. Como é a vosa relación cos deputados máis veteranos? Nótase un cambio, e ímonos afacendo a estar todos e todas xuntas. Nos primeiros días tocoume substituír unha compañeira nunha comisión na que defendiamos a soberanía de Galiza nas augas interiores, e a resposta por parte do portavoz do PP foi “Olalla, que ti es moi nova e aínda non sabes, estás aprendendo”. Como non me quedaban máis quendas de intervención, achegueime e díxenlle que quero que me rebatan desde o punto de vista político, argumental, e que a min no me tiña que infravalorar por ter 27 anos. Teño a mesma capacidade que calquera para estar no Parlamento, o mesmo dereito e tamén as mesmas obrigas. Existe un choque, pero non só pola idade, senón tamén por ser muller e pola miña ideoloxía. Co paso do tempo van vendo que non nacemos onte, e que temos a capacidade suficiente para estar aí e facernos o noso propio oco. E, sobre todo, facernos respectar.

O conselleiro de Sanidade díxolle a Noa Presas na Cámara que era unha pena escoitar unha muller dicir que non quere ter fillos. Canto avanzamos e canto estamos a retroceder en termos de igualdade? Está máis avanzada a sociedade do que os representantes públicos?
Unha parte da nosa sociedade vai moi por diante das leis, das institucións e do pensamento reaccionario do PP e de fóra del; o machismo é transversal e o patriarcado é unha ideoloxía non exclusiva da dereita. O paternalismo é un exemplo. Noa Presas e máis eu falamos disto moitas veces, notámolo en todos os escanos.As declaracións do conselleiro de Sanidade foron moi impulsivas, na miña opinión, as máis honestas, moitas veces porque non pasan filtros. Estando sentada detrás del, o máis grave non era só o que estaba a dicir, senón como o animaban as deputadas e os deputados das bancadas do PP. Como unha muller podía dicir que se alegraba de non ter fillos! Avanzamos moito normativamente nos últimos anos co matrimonio igualitario e con leis como a de 2014 para o bo trato e a non discriminación do colectivo LGTBI en Galiza. A través de sentenzas xudiciais, conseguiuse o recoñecemento para que unha crianza trans vexa reflectido no documento de identidade a súa identidade real e non a que lle foi atribuída, pero todo isto non foi acompañado dunha revolución cultural.

O colectivo LGTBI conseguiu condicionar a axenda política e a axenda pública desde fóra das institucións coa lei de identidade de xénero galega

Aínda hai moito machismo na sociedade. As declaracións do conselleiro de Sanidade son un exemplo que nos demostra que queda moito traballo por facer nas institucións, pero sobre todo nas escolas e na sociedade: seguir educando en igualdade, en equidade de xénero, de orientación sexual, de identidade de xénero, de identidade sexual. Cambiar unha lei non significa que o pensamento e o modelo de comportamento na rúa muden. Para iso temos as escolas, os medios de comunicación, os espazos de socialización nun sentido amplo, e queda moito por facer. O pensamento do conselleiro de Sanidade non é anecdótico nin un caso illado. Hai moitas persoas que pensan o mesmo, e para iso a mostra de como o animaban os seus.

Falabas dos límites das institucións, cales son e como desbordalos?
As institucións son unha vía de traballo e de loita para presentar a alternativa desde a lóxica da oposición, e tamén desde os propios gobernos. Sempre dixemos que o BNG fai parte dun movemento moito máis amplo que é o soberanismo deste país, e que ten as súas frontes no plano sindical obreiro, agrario, no plano xuvenil, feminista, ecoloxista... Necesitamos tecer redes dentro do movemento social, asociativo, sindical... porque ese é o campo de batalla que ten que ser central. As cousas só se moven nas institucións polo impulso popular, como se viu no último pleno. Debatemos a lei de identidade de xénero galega grazas á proposta de lei que puxo enriba da mesa o colectivo LGTBI deste país, unha proposta na que levan traballando anos para que se puidese dar ese debate dentro do Parlamento. Conseguiron condicionar a axenda pública e a axenda política desde fóra das institucións. Bateron coa maioría absoluta do PP, e coa barreira da nosa dependencia política da vontade e dos intereses do Estado español. A gran batalla hai que dala fóra e facer, con ese impulso popular, que se movan as institucións. O Parlamento ten os seus límites, os concellos teñen os seus límites, e hai que romper ese marco limitador.

Que ferramentas proporías para fomentar unha maior participación cidadá na vida política?
No 2015 fíxose unha reforma do regulamento da Cámara, que despois quedou en parches para que todo siga igual, tras o pacto do PP co PSOE. Propuxemos unha Comisión de Peticións, un espazo onde canalizar iniciativas directamente desde os movementos sociais, asociacións e outras entidades que traballan de forma organizada en Galiza. Para nós é fundamental que ti poidas ir ao Parlamento defender o teu, xa que a día de hoxe as únicas ferramentas que temos son as iniciativas lexislativas populares –que precisan de 10.000 sinaturas para ser tidas en conta–, ou as proposicións non de lei, que precisan 5.000 sinaturas, e que ademais teñen que ser asumidas polos grupos parlamentarios para poder impulsalas. Nós cremos que ten que haber canles directas, que poidas rexistrar, por exemplo, unha proposición non de lei e que poidas impulsala a través dunha Comisión de Peticións.

E desde fóra das institucións?
Creo que podemos facernos oír fóra moito máis do que nos parece, temos un poder máis grande do que cremos. A mobilización social na rúa, visibilizar que existe un conflito e que non todo o mundo comunga co que di a dereita, é unha maneira de intervención política por parte dos movementos e do tecido social. O que conseguiu o colectivo LGTBI coa lei de identidade de xénero galega é un bo exemplo: o presidente da Xunta saiu, a tres días do debate parlamentario, anunciando unha unidade especializada sanitaria para as crianzas trans, para xustificar diante da opinión pública que van votar en contra da Lei. Iso é facer política. Eu dicíallelo despois na sesión no Parlamento: conseguistes algo que non consegue todo o mundo, condicionar o Goberno e provocar un movemento. Na folga do transporte obrigaron a conselleira a negociar, cando estaban dispostos a aprobar unilateralmente a súa proposta; forzaron que se incluísen cláusulas sociais nos contratos e obrigaron a patronal a negociar subas salariais.

En cambio non semella que esteamos nun momento forte de mobilizacións...
Levamos uns anos aletargadas, despois da explosión que culminou no 2013-14 cun gran movemento na sociedade, folgas xerais incluídas. Pero de aí para adiante puxéronse demasiadas aspiracións nas urnas e nas posibilidades de cambio que ofrecen os procesos electorais nunha democracia de tipo representativo. As organizacións políticas e o conxunto do tecido social e político do país temos que recuperar o pulso nas rúas. Pensemos no movemento feminista, por exemplo: obrigamos un ministro a renunciar pola reforma da Lei do Aborto! E iso conseguiuse nas rúas, e Galiza foi un exemplo de mobilización constante. Temos que recuperar esa pulsión social que move e provoca cambios. 

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Partidos políticos
Partidos políticos Los satélites de Sumar activan la “operación Bustinduy”
El ministro de Derechos Sociales es el elegido por muchos dentro de la coalición electoral para sustituir a Yolanda Díaz, a quien dan por amortizada. Ya cuenta con apoyo simbólico de Mas Madrid, IU y los ‘comuns’.
LGTBIAQ+
LGTBIAQ+ Unha casualidade, unha resposta masiva e un debate incómodo: a sentenza de Samuel Luiz en contexto
O 22 de maio, o TSXG ratificaba o veredicto do xurado popular e recoñecía que o asasinato de Samuel Luiz foi un crime motivado por LGTBIfobia. O caso supuxo unha mobilización sen precedentes.
Galicia
Análisis Una casualidad, una respuesta masiva y un debate incómodo: la sentencia de Samuel Luiz en contexto
El 22 de mayo, el TSXG ratificaba el veredicto del jurado popular y reconocía que el asesinato de Samuel Luiz fue un crimen motivado por LGTBIfobia. El caso ha supuesto una movilización sin precedentes.
#67648
17/8/2020 22:21

A boa de Olalla ten o currículum vitae prácticamente valeiro, pero o BNG decidíu que era unha adecuada representante pública. Isto é unha vergoña. Un grao universitario (destes que agora se regalan, soamente hai que ver os porcentaxes de aprobados) e un máster xa habilitan para xestionar o público. Estamos bos!

0
21
LGTBIAQ+
LGTBIAQ+ Unha casualidade, unha resposta masiva e un debate incómodo: a sentenza de Samuel Luiz en contexto
O 22 de maio, o TSXG ratificaba o veredicto do xurado popular e recoñecía que o asasinato de Samuel Luiz foi un crime motivado por LGTBIfobia. O caso supuxo unha mobilización sen precedentes.
Xunta de Galicia
Política A Xunta recibe ao embaixador de Israel en funcións mentres Gaza agoniza ao bordo da fame
O Goberno de Alfonso Rueda escenifica a súa boa sintonía coa Administración de Benjamín Netanyahu apenas unhas horas despois de que Israel bombardease unha escola que servía de refuxio e ordenase unha evacuación masiva en Gaza.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.

Últimas

Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.
Madrid
Derecho a la vivienda Victoria contra la Sareb: 16 familias consiguen firmar contratos después de años de lucha
Un bloque en lucha de Casarrubuelos (Comunidad de Madrid) consigue formalizar contratos con el banco malo, al que acusan de actuar “como un fondo buitre”. En Catalunya, diez ayuntamientos apoyan los reclamos de 62 hogares en huelga contra La Caixa.

Recomendadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.