Operación Jaro
A Audiencia Nacional absolve os independentistas que enfrontaban 98 anos de prisión

A Sección Terceira da Sala do Penal non aprecia delitos na actividade de Causa Galiza e Ceivar nin na dos seus membros e desmonta unha causa iniciada baixo a acusación de integración en banda armada.

Mani Jaro 181020 2
Manifestación en Santiago de Compostela en solidariedade cos procesados na operación Jaro. Fran Pérez

O caso Jaro, tras máis de cinco anos de percorrido, xa ten sentenza. A resolución comunicada este martes pola Sección Terceira da Audiencia Nacional descarta a comisión de delitos de enaltecemento do terrorismo polos membros de Causa Galiza e Ceivar, así como que as dúas organizacións sexan criminais co propósito do enaltecemento e a constitución dunha estrutura de apoio a Resistência Galega.

No documento, María Teresa García, Félix Alfonso Guevara e Ana María Rubio destacan que os propios peritos da Garda Civil encargados dos informes sobre estas organizacións declaran que non lles constaba “que ningunha das dúas organizacións fixese referencia algunha á expresión ‘loita armada’”, nin se fala “de realizar unha acción violenta”. Malia que os imputados chegaron a xuízo coa atribución exclusiva de delitos de enxalzar o terrorismo e integración en grupo criminal enaltecedor, “non se menciona en ningún momento ao longo da instrución a existencia dun discurso en tal sentido”.

A sentenza destaca que “non se menciona en ningún momento ao longo da instrución a existencia dun discurso” enaltecedor do terrorismo

Os maxistrados tampouco sustentan que Ceivar “estivese relacionada, organizativamente ou a través dos seus elementos persoais, coa organización Resistência Galega, nin tampouco resultou acreditado que fose a finalidade da asociación a de enaltecer ou xustificar as accións violentas realizadas por individuos integrados en dita organización”. Ademais subliñan que para concorrer no tipo delituoso de enaltecemento do terrorismo a norma europea esixe un risco “de aptitude” de que poidan cometerse tales actos, que neste caso aprecian inexistente, pese a tratarse do mesmo tribunal que, de forma controvertida, considerou probada no 2013 a existencia de Resistência Galega.

Operación Jaro
As inconsistencias da Operación Jaro

Desde a falta de neutralidade nos informes policiais ata erros de procedemento durante a instrución poñen en xaque a acusación fiscal.

Con respecto á apreciación de grupo criminal nas organizacións Causa Galiza e Ceivar sinalan que non se formulou acusación contra todos os membros que participaron nos mesmos feitos e conforman o organigrama destas agrupacións, do que implicitamente se desprende que a atribución deste delito na fase final da instrución é un artificio de última hora para engordar a acusación.

Tres patas: policial, xudicial e propagandística

“Golpe ao aparello financeiro de Resistencia Galega. Nos rexistros non se atopou material explosivo, pero si moitos documentos”. “Golpe á contorna de Resistencia Galega”. “A Garda Civil asesta outro golpe ao brazo político de Resistencia Galega”. “O xuíz deixa libres con cargos os 8 detidos do ‘brazo político’ de Resistencia Galega”. “Liberdade con cargos para os detidos de Resistencia Galega”. “Arias Curto, histórico do terrorismo galego, entre os detidos de Resistencia Galega”. “Resistencia Galega buscaba atentar durante a campaña electoral”.

Son algúns dos titulares publicados en La Opinión A Coruña, El Faro de Vigo, La Voz de Galicia, El Ideal Gallego, ABC ou La Gaceta en outubro e novembro de 2015 —facéndose eco das teses da Audiencia Nacional e o Ministerio de Interior—, cando axentes da Garda Civil irromperon —encapuchados e armados con metralletas— nos domicilios de militantes e achegados da organización política independentista Causa Galiza para detelos, colocándolles a arma nos miolos, por integración en banda armada e enaltecemento do terrorismo.

O mencionado Arias Curto nin sequera facía parte de Causa Galiza, pero deu moito xogo de cara á galería. A Comisión de Arbitraxe, Queixas e Deontoloxía do Xornalismo resolveu en 2016 que as informacións vertidas nos medios, nas que se publicaron nomes, fotografías e mesmo domicilios dos acusados vinculándoos ao terrorismo nada máis efectuarse o operativo, non vulneraban o Código Deontolóxico da FAPE.

A integración en banda armada descartaríase durante a instrución, pero sumaríanse á causa novas imputacións de enaltecemento nunha segunda operación contra membros vinculados ao colectivo antirrepresivo Ceivar, motivo polo que se solicitaba a ilegalización das dúas organizacións baixo a tese de conformaren unha rede de apoio a Resistência Galega e unha petición fiscal total de 102 anos de prisión para os doce acusados, reducida durante o xuízo oral a 98, que se esvaeceu por completo na sentenza deste martes.

A operación desenvolveuse sendo Jorge Fernández Díaz ministro de Interior, con Arsenio Fernández de Mesa como director da Garda Civil e Santiago Villanueva como Delegado do Goberno en Galiza.

Arsenio Fernández de Mesa, actual conselleiro de Red Eléctrica, patrullou Ferrol na súa xuventude con falanxistas en grupos que se adicaban a amedrentar e agredir sindicalistas e deuse a coñecer polas súas declaracións como Delegado do Goberno durante a crise do Prestige. Xa como director da Garda Civil, tivo participación na construción do caso Altsasu e negou falsamente que se empregasen balas de goma no Tarajal provocando a morte de 15 migrantes.

Santiago Villanueva tamén se fixo coñecido polas súas declaracións na Radio Galega a propósito da represión policial no desaloxo do Centro Social Escárnio e Maldizer no ano 2017, polas que foron multadas 115 persoas con sancións individuais de 800 euros na maioría dos casos. Villanueva declarou entón con naturalidade que “hai certas persoas que acoden repetidamente ás distintas manifestacións” e o seu control “é o traballo que realizan os corpos de seguridade da Garda Civil, da Policía Nacional, dos servizos de información”: “detectar persoas que coinciden ou se repiten de forma periódica en distintas manifestacións”.

No plano xudicial, a instrución foi dirixida desde o Xulgado Central de Instrución número 6 da Audiencia Nacional, á fronte do cal se atopaba no ano 2015 o maxistrado Eloy Velasco, Director Xeral de Xustiza na Generalitat de València con Eduardo Zaplana e Francisco Camps. A partir do ano 2017 Manuel García-Castellón substitúe ao seu predecesor como titular do Xulgado e continúa a instrución ata a súa conclusión no 2019.

García-Castellón é o mesmo maxistrado que ordenou á Garda Civil seguirlle as pistas ao Tsunami Democràtic por terrorismo e clausurar as súas páxinas web. É tamén quen instrúe a operación Judas na que mobilizou 500 axentes da Garda Civil para deter nove persoas, baixo unha acusación de terrorismo que non tardou en diluírse; así como a operación Tándem na que ignorou o criterio da Sala do Penal e da Fiscalía na súa insistencia por dirixir a investigación contra a parte prexudicada —Pablo Iglesias— e tamén a causa contra Antom Garcia Matos e Asunción Losada Camba novamente por suposta integración en Resistência Galega.

Represión
Operación Jaro, 102 anos por solidarizarse
A Audiencia Nacional solicita a ilegalización de Causa Galiza e Ceivar por consideralas organizacións criminais, e 102 anos de cárcere para 12 dos seus membros.

Á fronte do Ministerio Fiscal, parte acusadora, situouse Vicente González Mota, coordinador de terrorismo na Audiencia Nacional, especializado no xihadismo. Nega que en España exista islamofobia e no 2014 pronunciouse a prol de endurecer a lexislación contra o terrorismo, mantendo viva a pantasma de grupos terroristas en activo malia estaren en vías de desaparición —“digan o que digan, ETA non se disolveu”—, e para adaptala ás novas circunstancias en alusión aos lobos solitarios que non integran bandas armadas, algo que se materializaría na reforma do Código Penal de 2015 duramente criticada polos relatores especializados da ONU.

As reaccións á sentenza

Causa Galiza emitiu un comunicado de valoración da sentenza no que celebra o resultado e interpreta o “calvario policial e xudicial” como parte dunha constante persecución ideolóxica: “O ‘fracaso’ súmase a tentativas anteriores como a Operación Castiñeiras de 2005 contra a Assembleia da Mocidade Independentista”. Nel, destacan a “solidariedade democrática do país” e o “servilismo” da “práctica totalidade dos medios de comunicación de masa”, e reafírmanse no seu proxecto como organización.

Causa Galiza celebra o resultado e interpreta o “calvario policial e xudicial” como parte dunha constante persecución ideolóxica

O letrado de Ceivar destaca a “debilidade” da acusación: “a súa tese resultou tan inconsistente, prexuizosa e autoritaria que non foi quen de promover unha sentenza condenatoria”. Lembra a “enorme tensión” que xerou a proposición fiscal, tras unha petición tan avultada de prisión, para chegar a acordos de “penas de prisión á baixa”. Tamén destaca o “alcance emocional” da actitude adoptada polos acusados ao afrontar o xuízo e facelo “sen escusas”, sen negar a súa integración no colectivo nin a participación nos feitos: “A principal vitoria é política”.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Represión
Represión Una marcha reclama la liberación de los seis de Zaragoza tras un año en prisión
Organizaciones como Amnistía Internacional han expresado su preocupación por este caso, apuntando a posibles vulneraciones de derechos y al aumento de la represión de la protesta social.
Catalunya
Represión El 65% de los casos de violencia institucional en Catalunya se archivan sin que se complete la investigación
El informe sobre violencia institucional de Irídia, expone que en 32 de 49 casos de violencia institucional la causa se archivó sin que se realizarán al completo las diligencias de investigación que el Tribunal Constitucional considera correctas
Libertades civiles
Represión La cifra de ejecuciones por pena de muerte en el mundo superó las 1.500 en 2024
Amnistía Internacional denuncia que es la cifra más alta desde 2015 y que hay Estados que están utilizando la pena de muerte como arma contra manifestantes y grupos étnicos.
#78062
25/12/2020 14:37

Pasou. A seguir, sen esquecer, que hai que aprender.

0
0
Palestina
Genocidio Israel sigue atacando hospitales, la ONU habla del peor momento en los 18 meses de asedio
No hay tregua en Gaza, donde Israel ha recrudecido las matanzas y sigue sin permitir el acceso de alimentos y productos de primera necesidad. La ONU denuncia asimismo el asesinato de más de 70 civiles en Líbano.
Grecia
Grecia Frontex pone de nuevo la mirada en Grecia
En enero de 2025 el Tribunal Europeo de Derechos Humanos acusó a las autoridades griegas de llevar a cabo devoluciones forzadas de manera sistemática.
Crisis climática
Balance climático El Mediterráneo se consolida como zona especialmente vulnerable al cambio climático
Las víctimas de la dana suponen dos tercios de las muertes por fenómenos extremos en Europa en 2024, según un informe conjunto de Copernicus y la Organización Meteorológica Mundial que hace un balance climático del continente el pasado año.
Opinión
Opinión La coherencia de las políticas de Trump
No se pueden entender los aranceles de Trump sin su lucha por el control de los recursos minerales, sin Groenlandia, Ucrania o la República Democrática de Congo.

Últimas

Barcelona
Barcelona Activistas de los derechos humanos piden la retención de un barco dispuesto para armar a Israel
La naviera Maersk está transportando estos días componentes para los cazas F-35. El Estatuto de Roma sobre genocidio contempla acciones legales contra las empresas que favorecen las masacres.
Partidos políticos
CIS de abril La ultraderecha recorta votos al PP arrastrada por el efecto Trump
El barómetro de abril vuelve a situar al PSOE como fuerza más votada. La izquierda española sigue su contienda por todo lo bajo.
El Salto n.78
El Salto 78 Nueva revista, viejas injusticias: hablemos de Violencia Institucional
En el último número de la revista de El Salto dedicamos la portada y nuestro “Panorama” a una de las violencias que sufren las mujeres solo por el hecho de serlo, la que aún a día de hoy emana de un sistema irracional y patriarcal.
Comunidad de Madrid
Educación El Gobierno de Ayuso deberá pagar 1.000 euros a una profesora por el exceso de horas lectivas
Según CCOO, hasta 6.500 profesoras y profesoras se podrán acoger a esta sentencia que supone una penalización a la Comunidad de Madrid por el exceso de horas extras que realiza el profesorado.

Recomendadas

Comunidad de Madrid
Memoria histórica Contra la basura y el olvido: tras la pista de los cuerpos y de la memoria de los brigadistas internacionales
El Salto acompaña a un contingente internacional de políticos, políticas y activistas en una ruta en memoria de los brigadistas internacionales que acudieron a luchar a España contra el fascismo, en un ejercicio inspirador para el presente.
Poesía
Culturas Joan Brossa, el mago que jugó con la poesía para reinventar el poder de la palabra
Casi inabarcable, la producción creativa de Joan Brossa se expandió a lo largo —durante medio siglo XX— y a lo ancho —de sonetos a piezas teatrales, pasando por carteles o poemas objeto— para tender puentes entre el arte, la política y el humor.
República del Sudán
Sudán Cara a. Un Sudán en guerra
Se cumplen dos años de una guerra que ya deja más de 13 millones de personas desplazadas y más de ocho millones de sudaneses al borde de la inanición.
Galicia
Galicia La TVG se gasta 839.772 euros en un programa de Miguel Lago y deja de emitir nuevas entregas tras hundirse en audiencia
El programa ‘O novo rei da comedia’ apenas llegó a los 36.000 espectadores de media en su estreno y cayó en picado en su hasta ahora última emisión al 3,4% de cuota de pantalla en una cadena que tuvo de cuota media en marzo un 8,1%.