Opinión
A lingua galega, ingresada en urxencias

As mudanzas lingüísticas son complexas, hai unha sinerxia de causas, non existen solucións rápidas nin que consistan nunha soa acción. Hai responsabilidades de distintos axentes, pero sen dúbida a quen corresponde máis é ao Goberno galego.
Marilar Aleixandre

Escritora e académica da RAG.

@MarilarAleix

23 oct 2024 05:30

O solo galego é demasiado acedo para preservar fósiles: ósos e cunchas desfanse. Porén, diríase que o proxecto dalgúns é que a lingua galega sexa preservada como un fermoso fósil, tal un Ammonites ou un delicado insecto en ámbar. Admirada tras unha vitrina, nos textos de poetas e narradoras, enarborada a modo de estandarte en actos rituais. Ese podería ser o futuro do galego se non hai, con urxencia, un cambio de rumbo.

En 2024, cadrando co segundo centenario da súa morte, o matemático José Rodríguez González é celebrado pola Real Academia Galega de Ciencias como o científico do ano. Mágoa que nas noticias sobre el se agoche o seu compromiso político, foi deputado liberal de 1821 a 1823. Debido á súa militancia foi desposuído da cátedra e exiliouse a Portugal; enfermo e pobre regresou en 1824 a Santiago onde morreu, sendo soterrado, sen identificación, en Santo Agostiño. Mágoa que o alumnado de primaria e secundaria de Galicia non poida estudar na lingua do país as matemáticas ás que Rodríguez dedicou a súa vida.

Agochado este veto que pesa sobre as matemáticas –e sobre física, química e tecnoloxía– no medio do malfadado decreto de trilingüismo de 2010, hai quen pode crelo anecdótico. Que relevancia ten, na desfeita do galego, que se ensinen ou non as matemáticas na nosa lingua? Para min é importante por revelar unha ideoloxía que establece xerarquías, entre materias, entre linguas. Atrévome a supoñer que para os autores do decreto as materias máis abstractas, como as matemáticas –no tempo do matemático Rodríguez denominadas na USC “Matemáticas sublimes”–, sitúanse no cumio da xerarquía. Ocupando o inglés e o castelán na escala destas persoas o chanzo máis elevado e o galego o máis baixo, o que manifesta entre liñas o decreto é que a lingua galega non é acaída para ensinar materias abstractas.

Imitando a escusa, o can comeu os meus deberes, ponse en circulación a idea de que os inmigrantes comeron a lingua galega, sen atragoarse cos infinitivos conxugados nin co n velar. Pouco importa que o número de persoas estranxeiras chegadas a Galicia,158 644 en 2024, uns 25 000 cada ano, non poida explicar o devalo do galego: en 2003 falaban sempre en galego ou máis galego que castelán 1 583 851, mentres que en 2023 son 1 176 465, é dicir 407 386 persoas menos. En porcentaxes a diminución é de 15 puntos, de 61,20 ao 46,23 por cento.

Unha situación dramática é a da rapazada máis nova, entre 5 e 14 anos: só o 16,19 % fala galego sempre ou máis que en castelán; en total 34 699, un mandiño, cando en 2003 eran 87 071, o 40,33 %, máis do dobre. Estamos nun proceso acelerado de desgaleguización. Ademais dos datos do IGE, unha mostra do desleixo co que trata a Xunta o galego son os orzamentos para normalización lingüística: desde 2008, en que gobernaba o bipartito PSdG - BNG, até 2025, reducíronse á metade.

Como todos os procesos sociais, as mudanzas lingüísticas son complexas, hai unha sinerxia de causas, non existen solucións rápidas nin que consistan nunha soa acción. Hai responsabilidades de distintos axentes, pero sen dúbida a quen corresponde máis é ao goberno galego. Algunhas propostas:

Primeiro, cómpre recoñecer a existencia do problema. As autoridades non poden negar que a lingua galega está en situación crítica: declarar que hai máis xente que nunca con capacidade de falar e escribir galego, ou mesmo poñer en dúbida os datos do IGE, revela falta de vontade para tomar medidas.

Segundo, hai que recoñecer que o galego non está en pé de igualdade co castelán, debido ás prohibicións e marxinacións ao longo de séculos, sendo considerada unha lingua de xente pobre e atrasada. De aí que precise dun apoio especial.

Terceiro, entre as causas para a creba da transmisión xeracional, as razóns polas que nais e pais galegofalantes deciden falar castelán ás criaturas, está por unha banda a propia potencia do castelán, mais tamén as representacións sociais que consideran o galego menos “útil” ou “importante”. Isto non ocorre por exemplo en Cataluña, onde o catalán goza de boa consideración social. Mudar o imaxinario social non é doado, mais é posible, como mostra o caso do feminismo. Require esforzos de moitos axentes e, desde logo, non axuda un decreto que considera o galego inadecuado para ensinar materias abstractas.

Cuarto, pódese mirar para o País Vasco, que partindo dunha situación moito peor, está logrando aumentar o número de falantes. O papel do ensino é crucial, hai que derrogar o decreto de 2010, e permitir que haxa liñas onde se dean todas as aulas en galego ao alumnado –familias– que así o escollan.

Quinto, falar galego, falarlle galego a fillas e fillos non pode ser un acto heroico nun contexto en que o ambiente, especialmente os medios son maioritariamente en castelán. É un escándalo que as axudas ao galego nos medios exclúan aos monolingües, e vaian a xornais onde a presenza do galego é anecdótica. A cultura galega debería ser apoiada de forma moito máis seria.

A lingua galega está ingresada en urxencias, dos próximos anos depende que inicie a súa recuperación ou que entre en agonía.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Galicia
Galicia Galicia elige el rumbo de la lucha contra Altri en las elecciones a la directiva de la plataforma Ulloa Viva
Vecinos y vecinas de la comarca más afectada presentan dos listas separadas tras no llegar a una propuesta de consenso. Por un lado concurre una candidatura continuista y, por el otro, una alternativa que se acerca más al nacionalismo institucional.
Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Altri
Altri Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.
Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
Medio ambiente
Medio ambiente A loita polo monte galego: lumes, eucalipto e ameazas á propiedade común
Galiza concentra un terzo dos incendios forestais rexistrados no Estado. Mentres a Xunta apunta aos montes veciñais, comuneiros e ecoloxistas denuncian unha estratexia política para favorecer a privatización e a expansión da industria madereira.

Recomendadas

Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.