Ourense
A costureira do Entroido de Maceda: así traballan as mans que crean os felos

A Mercedes López Pascual aprendeulle a vestir os felos súa mai, costureira, quen comezou a tecer estes traxes a base de observar os que vía na súa comarca. O traxe non é un disfrace e para portalo hai que sentir o que significa ser un felo.
16 feb 2025 05:30

Os risos dos felos resoan na Serra de San Mamede. Levan todo o día percorrendo aldeas de Maceda e Xunqueira. Os seus habitantes son alertados polo ruído das súas chocas e saen das súas casas para ver como estas criaturas subverten os ritmos da vida do campo e ofrécenlle a cambio viño, empanada, bica e licores.  

Medio rural
Medio rural Choiva de formigas, terra e fariña no día grande do Entroido de Laza
A aldea ourensá de Laza, unha das referencias do Entroido en todo o Estado, tivo este luns a súa festa máis especial. Unha festividade tradicional que persiste grazas ao traballo e o coidado de veciños e veciñas e o respecto dos visitantes.

Durante catro semanas, os felos portan a súa irreverencia por Maceda, no rural ourensán, ataviados coa súa vestimenta colorida, que presiden os animais da serra, ou ás veces, figuras astrais.

Cando nace o día, comezan a vestirse, neste ritual que fai que deixen de ser persoas para pasar a ser unha especie de criaturas máxicas, que quizais nos poderían lembrar a uns trasnos. Poñen os traxes e precisan logo enfaixarse, para poder portar as chocas que fan soar con estrondo. Rematan coa carauta, que antigamente nunca quitaban diante doutra xente para non desvelar a súa identidade.

Beben xastreu e licor de herbas e bótanse a facer ruído e brincar cos veciños, roubando sombreiros, descolocando o que encontran ao seu paso, e todas as trasnadas que se lles ocorran. Tamén lle fan agarimos á xente ou se meten con ela. Van por varias aldeas ao longo do día; no pasado ían dunhas a outras a pé, hogano en coche.

Toda a maxia e subversión do cotiá que se produce no Entroido non sería posíbel sen as mans que crean a vestimenta que portan os felos. Foron as mulleres quen conservaron a tradición destas pezas de roupa. Os homes vestían estes traxes, mais eran súas nais, tías, irmás, curmás ou mozas as que os elaboraban durante os meses anteriores. 

A Mercedes López Pascual aprendeulle a vestir os felos súa mai, costureira, quen comezou a tecer estes traxes a base de observar os que vía na súa comarca. O traxe non é un disfrace e para portalo hai que sentir o que significa ser un felo. 

Entre fíos de cores e agullas, Mercedes acariña o liño e o algodón para crear as dúas pezas da indumentaria, a chaquetiña e o pantalón. É un traballo paciente e laborioso, pois as dúas partes levan moitos adornos, que se elaboran artesanalmente: a chaqueta está cuberta de pasamanería e o pantalón vai cheo de perillos. A artesá pasa horas elaborando estes detalles para telos preparados antes de comezar a montar estas vestimentas, xa que se lle acumula o traballo cando o Entroido se achega. 

Entramos no seu obradoiro, de nome Moura, e os detalles dourados destas roupas ancestrais aparécensenos como pedras preciosas. O sol ilumina as máquinas de costura e os anacos de papel nos que a costureira escribe anotacións que lle axudan a transformar a materia inerte en vestimentas enfeitizadas, que portarán a calor da tribo no medio do frío inverno. Ao fondo, a Serra de San Mamede asiste silandeira a esta xénese que se repite cada ano, e que seguen tecendo as mans das mulleres.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

El Salto n.79
Altri A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
O xoves 17 de xullo esperámosvos no CS 'A Nubeira' de Vigo para presentar o último número da revista El Salto xunto a algunhas das súas principais protagonistas: as que loitan contra o macroproxecto de celulosa liderado por Altri e avalado pola Xunta.
CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
CRTVG A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
Altri A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.

Altri Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.