Fayez Elemare: “Precisamos que o mundo saiba que clase de país é Israel”

O dirixente da Unión Independente de Comités Obreiros Palestinos destaca que a pandemia e a guerra en Ucraína complicaron aínda máis as condicións da clase traballadora en Gaza, ao tempo que critica o esquecemento dos gobernos e medios occidentais.
26 jul 2022 08:00

Remata a entrevista e Fayez insiste: “Precisamos axuda de todo mundo; que se saiba como vivimos e que clase de país é Israel.” Érguese do banco, sorrí e intercambiamos contactos. O rapaz da foto do seu Facebook non é el, e explica, pasando instintivamente do árabe ao inglés: “É o meu irmán. Israel matouno.”

O campo de refuxiados de Jabalia é o máis grande do estado palestino e un dos núcleos con maior densidade demográfica do mundo. Alí, no norte de Gaza e a só quince minutos da fronteira con Israel, vive Fayez Elemare, dirixente da ILCU (Unión Independente de Comités Obreiros Palestinos). Esta organización forma parte Unión Internacional de Traballadoras e en Gaza loita a prol dos dereitos das traballadoras, especialmente do sector primario.

Cóntanos Fayez que trala guerra en Ucraína e a pandemia a situación global foi a peor, “e aínda máis en Gaza”. O informe de maio doWorld Food Program sinala que este conflito prexudicou o acceso a comida e necesidades básicas das gazatíes. Nese mesmo informe, advírtese dunha situación “crítica”, xa que case un millón de persoas en Gaza -dos poucos máis de dous-  sofren inseguridade nutricional severa. Neste contexto, segundo Fayez Elemare, o estado israelí “aproveitou para bombardear máis sen que o mundo se decatase”. O informe da WFP tamén sinala ao bloqueo israelí dos últimos 15 anos por ter provocado “unha das taxas máis altas de desemprego pobreza severa do mundo”.

Para as traballadoras agrícolas tampouco houbo tregua: “Cando acaban as épocas de cultivo, Israel manda avións para bombardear os terreos”, advirte Fayez. No mar, se unha embarcación gazatí sobrepasa os marcos impostos, bombardéana: “Están impedindo que accedamos ao material industrial máis básico, bombardean as embarcacións e impiden que pasen redes e aparellos de pesca cos que traballar.”

“O estado israelí aproveitou a pandemia e a guerra en Ucraína para bombardear máis sen que o mundo se decatase”

En 2020, por mor da pandemia, a economía palestina decreceu un 11,5% e, en Gaza, xa levaba seis anos de caída. Ao tempo, a inflación global medra e os salarios, baixan: “Unha traballadora agrícola cobra de media uns 100 dólares ao mes por 10-12 horas de traballo, e os prezos son moi caros precisamente pola prohibición de Israel de non deixar entrar nin saír nada”. Noutros sectores, non mellora moito a cousa: “Nunha gardería, cóbranse uns 70 dólares ao mes, e as enfermeiras e médicas, ao redor de 120.”

Sobre as causas desta situación, o sindicalista sinala principalmente o bloqueo israelí: “Precisamos material industrial para poder traballar, montar comercios... Temos actitude, carácter, somos un pobo traballador, non abandonamos nunca o noso pobo e imos seguir igual, pero precisamos materiais e unha industria coa que poder vivir. As autoridades de Gaza non poden axudar porque teñen moi pouco poder, e nin os sindicatos nin as asociacións poden axudar á clase traballadora.” En toda a conversa Fayez sinala diferentes exemplos que revelan a incapacidade das autoridades palestinas e dos organismos internacionais para dar unha resposta estrutural ás consecuencias do bloqueo: “Moitas mulleres novas traballan na artesanía, pero tendo en conta que o estado tampouco pode proporcionarlles unha situación e unhas condicións xustas, non é nada fácil. O pobo en xeral está empobrecéndose a un ritmo moi alto.” Ao empobrecemento úneselle un “peor acceso aos servizos básicos”, en especial tralos intensos bombardeos do estado israelí na primavera de 2021, e que aínda son habituais: “Só temos electricidade 6 horas ao día, e tampouco é fácil ir ao hospital ou ao colexio”.

Ante esta situación, marchar ou loitar?
“A xuventude quere unha situación mellor e busca unha saída. Moita xente nova marcha a Turquía ou a outros países, pero o certo é que a situación global é tan mala que tampouco é fácil prosperar no estranxeiro. Non é doado comezar desde cero e tampouco deixar a túa familia en Gaza, porque o risco de que lles pase algo é importante. É unha decisión complicada; porque non queres abandonar ao teu pobo pero ao mesmo tempo queres prosperar individualmente na vida.”

“Se a xente fala do que nos está pasando e coñece todos os crimes que fan Israel e os Estados Unidos, a súa imaxe queda moi danada.”

Ao preguntarlle a Fayez Elemare por como leva el esta situación, responde cunha forza na mirada de quen se nega a admitir unha derrota: “Gaza é pequena e imos seguir alí ata que a última persoa palestina siga en vida. Todas estas complicacións que sufrimos no día a día: a escaseza, a pobreza, a morte dos nosos familiares, é por non querer abandonar o noso territorio. Non nos deixan vivir nin ter traballo porque queren forzarnos a marchar. É un maltrato psicolóxico continuo. E por cada fillo ou filla que asasinen, nacerán catro ou cinco palestinas máis.”

“Axuda emocional”
Fayez Elemare amósase máis vulnerable ao falar da situación das familias gazatíes. Recoñece que viven “cun medo constante”, e reclama “axuda emocional” do exterior: “Cando vén xente de todo o mundo a Gaza, como activistas ou sindicalistas, danos moita forza e moita esperanza para seguir loitando para cambiar as cousas. Ao vivir nun sitio onde nada entra e nada sae, temos moita gratitude pola xente que vén axudar, e grazas a iso sentimos que non estamos pechados por completo.”

Ao marchar, Fayez fai unha petición: “Agradecería que deixes clara unha cousa: precisamos axuda de todo o mundo, que se saiba como vivimos. O estado israelí ten moito poder e a axuda dos americanos, pero se a xente fala do que nos está pasando e coñece todos os crimes que fan Israel e os Estados Unidos, a súa imaxe queda moi danada. Necesitamos que se que se coñeza que clase de país é Israel.”

Cargando valoraciones...
Comentar
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Cargando relacionadas...

Ourense
As embarazadas de Ourense esixen dar a luz con seguridade mentres a Xunta manobra para trasladar o paridoiro
Demandan que se deteña o traslado á ubicación temporal e que o Sergas teña en conta as súas demandas.
Danza
Todo o que podería ser o xénero e como desfacelo dende o escenario
A compañía Disiden.cia rompe os moldes da identidade con 'Bipedestrución' na Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, que cumpre 41 edicións cunha aposta radical pola diversidade, a memoria e o pensamento crítico.
CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.
AGANTRO
O desprazamento forzoso en Chiapas: metáfora da vida núa
Conversamos coa investigadora América Navarro sobre o desprazamento forzoso en Chiapas.

Últimas

Altri
Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.
El Salto n.79
Galicia dice 'no' al capitalismo verde y en el último número de la Revista El Salto te lo contamos
Ya está disponible el número 79 de nuestra revista, en el que destacamos la investigación y el rechazo social que encuentra el proyecto de macrocelulosa de la multinacional Altri.
O Teleclube
'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria
Orgullo
O Orgullo Crítico enche de diversidade e de humanismo Galiza: “Transfeministas con Palestina”
Crónica visual de como unha enorme multitude encheu de diversidade o centro da cidade de Vigo.

Recomendadas

Medio rural
A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Feminismos
Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Migración
A veciñanza mobilízase para acoller migrantes tras o peche de centros de Rescate Internacional en Galiza
Tras o progresivo desmantelamento de varios dispositivos de acollida, moitos refuxiados foron trasladados a outros puntos do Estado sen aviso previo. Outros son simplemente desaloxados trala denegación da súa solicitude de asilo.
Ourense
Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
Comentarios

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...