Palestina
Shefaa Al-Masrii: “As mulleres palestinas son a fonte de forza e poder da resistencia”

Dentro da acción feminista global do Día da Terra, unha estudante palestina participou nunha conversa organizada pola Marcha Mundial das Mulleres, Galiza por Palestina, Mar de Lumes e a Asociación Jenin.

Shefaa sorrí. É unha rapaza amable, normal, cunha vida marcada, como todas as vidas palestinas, polo réxime que ocupa o seu país. É clara, crúa, di o que sente que ten que dicir, cun sentido de responsabilidade que se percibe en cada palabra.

É orixinaria dunha vila mariñeira ocupada por colonos á que non pode ir. Non viu o mar, ningún mar, nin o seu propio mar, ata os 17 anos. Pouco despois decidiu estudar literatura inglesa e relacións internacionais para serlle útil ao seu pobo. O seu irmán estaba no cárcere e os ataques non cesaban. “Sentía que tiña que facer algo. Usamos a educación como arma para contar a nosa historia ao mundo”.

A súa vida defínena a ocupación e a loita por rematar con ela. Vive nunha cidade de Cisxordania, e para ir á universidade en Ramallah bota dúas ou tres horas cando non deberían ser máis de corenta minutos: “Ás veces párannos, cóllennos os documentos e retéñennos alí. Poden arrestarnos con calquera excusa que inventen”, explica Shefaa mentres ensina unha foto dunha rapaza detida sen motivo nun dos checkpoints que ela adoita cruzar.

Lembra tamén unha noite na residencia da universidade na que foron detidos varios estudantes: “Escoitei disparos e empezáronme a chorar os ollos. Botaran gases e arrestaron a varios estudantes sen motivo. Aínda hai varios no cárcere”. Shefaa segue ensinando vídeos e fotos de secuestradas polo estado israelí, como a de Israa Jaabis, unha muller que indo traballar sufriu un accidente: “O coche ardeu e foi arrestada por terrorismo; dicían que fora provocado por ela. Separárona da súa filla, tivo feridas graves e non tivo asistencia sanitaria”. Israa entraría no cárcere en 2015, de onde non sairía ata novembro de 2023 tras un intercambio de prisioneiros entre Israel e Hamás despois do 7 de outubro.

Shefaa Al-Masrii pasou pola Gentalha do Pichel para falar da situación das mulleres en Palestina, do seu papel na resistencia, nas familias e dos abusos que sufren nas prisións. O encontro comezou cun breve contexto do Día da Terra [Palestina], que lembra o 30 de marzo de 1976, cando o estado colonial reprimiu á cidadanía que protestaba contra a ocupación de novas terras palestinas: “Reprimiron e asasinaron 6 palestinas, incluida unha nena, e centos remataron no cárcere”. Esa idea foi unha constante na hora e media que durou o café: todas as as mulleres palestinas sofren e loitan contra a ocupación. Tanto que, ao preguntar unha das asistentes por un referente concreto, Shefaa responde que non hai ningún porque todas o son: “Calquera é icónica. Son as que sempre loitan, axudan, están sempre para o que faga falta. [As mulleres palestinas] son a fonte de forza e poder da resistencia”, sentencia en terceira persoa, como se ela, se cadra por humildade, non fose parte desa fonte de forza.

Shefaa Al-Masrii - 2
Mural da artista Raquel Germade adicado ás mulleres palestinas coa imaxe de sanitaria Amira Al Assouli baixo as balas.

Tamén o é, ben de seguro, a súa nai, que malia ir á universidade non puido traballar como profesora por terse posicionado a prol da causa palestina. Ou Amira Al Assouli, unha doutora voluntaria gazatí que correu baixo disparos israelís para rescatar feridos e mártires. Ou Hala Nassar unha cativa de 11 anos, tamén gazatí, que Shefaa amosou nun vídeo contando a súa historia: «A miña nai foi martirizada e agora teño que coidar ao meu irmán de dous anos, pero non son capaz de coidalo nin de darlle todo o que precisa». Lembrou Shefaa o habitual destes casos: “Moitas nenas teñen que facer o papel de nai porque as nais son asasinadas”. Noutros, tamén en Cisxordania, “as casas son demolidas e os homes son arrestados ou asasinados, así que as mulleres teñen a responsabilidade de coidar as familias, de loitar por rematar da ocupación e tamén de sobrevivir”.

As mulleres asistentes ao café preguntaron pola situación das que seguen en Gaza. “Por exemplo, non hai comida nin compresas e moitas delas están tomando medicamentos para non ter a menstruación; imaxinade os problemas que causa isto sobre todo para as mulleres máis novas”. Noutro momento da palestra, relataría tamén que hai ocasións nas que, en Gaza, “desnudan a mulleres fronte a outros homes e oblíganos a mirar; non hai maneira de describir todo isto”. Dúas rapazas asistentes reafirman cun xesto de enfado a conclusión de Shefaa.

Gran parte da conversa xirou tamén sobre a vida das mulleres dentro das prisións israelís: “Aproveitan as súas necesidades para dificultarlles máis aínda a vida. Por exemplo, co pretexto dunha inspección, quítanlles o hijab e desnúdanas. Moitas veces téñenas en celas de dous metros cadrados, sen roupa, sen analxésicos, sen compresas… E aínda que llas pidas chorando, fan burla e negan a asistencia. (…) Ameazan con violalas e as que están embarazadas, moitas veces dan a luz no cárcere, sen familia, en moitos casos atadas con bridas. Despois separan ao neno e tamén o tratan como prisioneiro, e hai veces que non llo entregan á familia ata que pasan un ou dous anos”. Shefaa tamén quixo mencionar outros métodos de tortura que o chamado estado de Israel exerce contra cidadás palestinas: “Péganlles no ventre, aínda que estean embarazadas, para impedir que durman”.

Ante a brutalidade inabarcable do que escoitan as asistentes, a pregunta é obrigada. Que podemos facer nós desde aquí? Shefaa agradece o xa feito, lembra a importancia da campaña de BDS e insiste en que hai que “seguir falando de Palestina, posteando en redes sociais e indo ás manifestacións”.

Palestina
Ocupación israelí Fayez Badawi: “A resistencia non deixará só ao pobo no matadoiro apoiado por Occidente”
O activista e exvoceiro do FPLP denuncia a “inutilidade” da ONU e a “complicidade” da Unión Europea ante o xenocidio do estado israelí en Palestina: “Se hai cambio, farano os pobos.”
A seguinte pregunta faise desde unha ilusión inxenua por obter un pouquiño de esperanza. É posible unha “solución política e pacífica” ao conflito? Shefaa, con toda a dozura e franqueza do mundo, resolve rapidamente: “O noso goberno asinou uns Acordos de Paz e seguimos sendo asasinadas; todo o que vos amosei hoxe é resultado diso (…) Ningún estado conseguiu a liberdade sen resistencia”.

Shefaa al-Masrii leva cinco meses en Galiza, descubrindo “o paraíso” que supón moverse sen checkpoints. Tamén dando a cara, malia o que poida pasar cando volva a Cisxordania: “Queren que calemos, pero se temos medo, quen vai facer algo por nós? Poden arrestarnos aínda que non fagamos nada, como a Israa Jabbis (…) Cando volva estarei ameazada porque pasarei todos os días por checkpoints. Só polo feito de estar aquí poden dicir que estou contra Israel e acusarme. No caso de que me arresten ou me maten, non deixedes de falar por min”.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Ocupación israelí
Israel Netanyahu viaja a Washington para reunirse con Trump y valorar una posible tregua en Gaza
Hamás ha dado el visto bueno al acuerdo; pero los israelíes quieren peinar algunos flecos pendientes. El grupo islamista pide garantías y la retirada de las FDI del enclave.
Palestina
Palestina 72 personas asesinadas en Gaza en las últimas horas
Los ataques se han intensificado en el norte del enclave y la población continúa siendo atacada por el ejército israelí en los puestos de distribución de comida de la Fundación Humanitaria Gaza.
Altri
Altri Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.
Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
Medio ambiente
Medio ambiente A loita polo monte galego: lumes, eucalipto e ameazas á propiedade común
Galiza concentra un terzo dos incendios forestais rexistrados no Estado. Mentres a Xunta apunta aos montes veciñais, comuneiros e ecoloxistas denuncian unha estratexia política para favorecer a privatización e a expansión da industria madereira.

Recomendadas

Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.