Partido Popular
A empresa do cuñado de Feijóo obtivo 200.000 euros en contratos a dedo da Xunta mentres era presidente

A sociedade de telemarketing, Universal Support, adxudicouse 19,2 millóns de euros máis en licitacións coa Consellería de Sanidade dedicadas ao rastrexo de casos de coronavirus durante a pandemia. Algúns deles, sendo a oferta máis cara.
Paula Prado Alfonso Rueda Diego Calvo Alberto Núñez Feijóo 240216
Paula Prado, secretaria xeral do PP de Galiza, Alfonso Rueda, presidente da Xunta, Diego Calvo, vicepresidente, e Alberto Núñez Feijóo. Foto: Partido Popular

A empresa da que é director comercial o cuñado de Alberto Núñez Feijóo obtivo 204.076,18 euros en contratos menores, é dicir, a dedo, da Xunta de Galiza mentres o agora líder do Partido Popular aínda era presidente do Goberno galego. A sociedade de telemarketing que dirixe comercialmente Ignacio Cárdenas, irmán da parella de Feijóo, Universal Support, que non ten relación algunha co sector sanitario, foi unha das favoritas da Xunta para encargarlle o rastrexo de casos de covid-19 nas datas máis duras da pandemia entre 2020 e 2022. O primeiro contrato obtívoo en decembro de 2021 por un valor de 33.318,56 euros e en concepto de “call center”; e o segundo, na mesma data, por un montante de 170.757,62 euros, a pesar de que o máximo é de 15.000 euros para servizos e de até 40.000 euros para obras, segundo o establecido pola Lei de Contratos do Sector Público para que un encargo a medios privados non teña que ser adxudicado a través de concurso público.

Ademais, o Goberno galego, dirixido nesa altura por Núñez Feijóo, non fixo públicos os contratos no momento en que llos adxudicou sen concurso á empresa de Ignacio Cárdenas Botas, senón que tardou catro meses en cumprir coa Lei de Transparencia. Coincidencia ou non, a Consellería de Sanidade, dirixida por Julio García Comesaña, publicounos no portal de transparencia o 27 de abril de 2022, dous días antes de que o entón presidente galego fixese oficial a súa dimisión para emprender o camiño para converterse en líder da oposición no Congreso dos Deputados.

Hoxe mesmo, o diario Público revela como a mesma empresa adxudicouse 19,2 millóns de euros máis en licitacións coa Consellería de Sanidade (Sergas) dedicadas, tamén, ao rastrexo de casos de coronavirus durante a pandemia. Algúns deles mesmo sendo a oferta máis cara de todas as presentadas. Desta forma, o diario relata como o irmán de Eva Cárdenas, parella e nai do fillo de Alberto Núñez Feijóo, obtivo un convenio co Servizo Galego de Saúde (Sergas) por valor de 4.058.533,72 euros en abril de 2022 con para desenvolver labores de seguimento telemático de casos de coronavirus en Galiza malia ser a oferta máis cara das que conseguiron acceder á última fase da licitación.

Segundo a investigación do mesmo diario, como resultado dese acordo marco, Universal Support, unha empresa propiedade da multinacional Konecta, subscribiu 25 contratos adicionais coa Xunta de Galiza, os cales súmanse aos 17 obtidos entre 2020 e 2022 a través do procedemento de contratación de emerxencia, é dicir, tamén sen a necesidade dun concurso público. Estes 17 contratos xeraron á empresa ingresos por valor de 15,2 millóns de euros pola prestación de servizos de atención telefónica e rastrexo de casos durante a emerxencia sanitaria.

Investigación
Investigación O Goberno galego repartiu 4.000 millóns de euros en contratos a dedo en só seis anos
Desde 2018, a Xunta asinou 1.034.964 contratos sen sacalos a concurso: algo máis do 30% do diñeiro do que dispón para o exercicio de 2024. Ademais, 35.362 deses contratos teñen un importe entre 14.000 e 14.999 euros, o límite legal.

Os familiares do PP conseguen contratos sen concurso coa Xunta

Non é o cuñado de Alberto Núñez Feijóo o único agraciado nas contratacións sen concurso público de organismos dependentes do Goberno galego. Nas últimas semanas O Salto foi debullando a árbore xenealóxica dos máis altos cargos do Partido Popular de Galiza, os seus vínculos empresariais e todas as contratacións a dedo que foron obtendo. Primeiro foi o marido de Paula Prado, secretaria xeral do PPdeG, Francisco Antonio Otero Illodo, cuxa fichaxe pola empresa Allwork Vestiario Laboral disparou as súas contratacións públicas durante a pandemia até facerse con 145.975,72 euros vendendo sobre todo equipos de protección individual. Antes de que o marido de Prado, Francisco Antonio Otero Illodo, entrase a participar a sociedade ao 50% apenas conseguiran un contrato de 182 euros.

A esta historia seguiulle a da empresa de seguridade, limpeza e servizos sociosanitarios Eulen, capitaneada no noroeste do Estado español por Micaela Núñez Feijóo, irmá do líder do Partido Popular, que levou 1.311 contratos adxudicados a dedo e sen concurso público por un valor total de 4.832.029,85 euros soamente entre 2018 e 2023. Conseguiuno repartindo centos de contratos entre todos os organismos dependentes do Goberno galego, que contrataron de forma recorrente con familiares de altos cargos do partido, como consellerías, axencias públicas, consorcios, organismos autónomos, fundacións do sector público, sociedades mercantís públicas e outros entes como institutos sectoriais ou centros de innovación.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Galicia
Galiza La Xunta y la Confederación del Miño, condenadas por la degradación ambiental del embalse de As Conchas
Las organizaciones impulsoras de la demanda consideran “histórica” la sentencia al vincular un caso de degradación ambiental al menoscabo de derechos fundamentales de residentes de la zona afectada. El fallo aún se puede recurrir.
Culturas
Cultura Residente cancela todos sus conciertos en los festivales propiedad del fondo proisraelí KKR
René Pérez, cantante y rapero que llegó a la fama bajo el paraguas de Calle 13, abandona los carteles del FIB de Benicasim y del Morriña Fest de A Coruña.
CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
CRTVG A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
Altri A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.
El Salto n.79
Altri A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
O xoves 17 de xullo esperámosvos no CS 'A Nubeira' de Vigo para presentar o último número da revista El Salto xunto a algunhas das súas principais protagonistas: as que loitan contra o macroproxecto de celulosa liderado por Altri e avalado pola Xunta.
Altri
Altri Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.