Partidos políticos
En Marea, que onda?

Que hai detrás dos resultados do plenario de En Marea do mes de xullo? Luis Villares saíu referendado como líder do partido cunha escasa marxe fronte as teses da crítica. Podería parecer que as ausencias dos alcaldes de Coruña e Compostela buscan deslexitimar o proceso constituínte de En Marea e non recoñecer o seu liderado

En Marea 2017
Ambiente do plenario de En Marea en xullo de 2017
2 sep 2017 09:50

Alternativa Galega de Esquerdas é o referente indiscutible cando falamos da orixe de En Marea, mais a súa xénese ten fonda raigame nun complexo proceso de sinerxias e alianzas que comeza en 2005 co pacto entre PSdeG-PSOE e o Bloque Nacionalista Galego. Naquela altura o Bloque recollía as papeletas do electorado nacionalista, mais tamén resultaba ser a opción maioritaria de voto de esquerdas. O pacto botou ao PP de Manuel Fraga do poder, pero supuxo o comezo dun ciclo de crítica que motivou a perda de confianza de parte do electorado do Bloque. En 2009, e antes de rematar a lexislatura, a dereita recupera o Parlamento de Galicia da man de Alberto Núñez Feijóo. Na décimo terceira Asemblea Nacional do BNG en 2012 ten lugar a escisión de Máis Galiza e Encontro Irmandiño. Da unión de Encontro Irmandiño con outras forzas políticas abrocha Anova, que finalmente concorre ás eleccións autonómicas dese ano xunto con Esquerda Unida, Equo Galicia e EcoGaleguistas. Nace Alternativa Galega de Esquerdas.

AGE acada nove representantes, mais a maioría absoluta do PP marca os tempos parlamentarios. Os movementos derivados do 15M continúan enchendo as prazas do país, do conxunto do estado e do globo. Non é posible comprender esta parte da historia política galega sen facer mención ao movemento social que politizou milleiros de persoas e que colocou o PSOE na saca dos partidos do réxime. A rúa esixe cambios, son tempos de manifestacións e folgas xerais. As dúas forzas principais de AGE culminan a lexislatura distanciadas: das nove persoas representantes, dúas rematan no grupo mixto. A pesares disto, AGE semella estar chamada desde todos os espazos a liderar os procesos posteriores.

As eleccións xerais

Podemos irrompe na escena política acadando 1,2 millóns de votos nas europeas de 2014. Nas eleccións municipais de 2015 os partidos que conformaban AGE e máis o novísimo partido estatal súmanse aos espazos municipalistas propios de cada localidade. O resultado nas urnas confirma que a aposta pode funcionar: os alcaldes das tres cidades da provincia da Coruña propoñen un proxecto de cambio político, e partidos e bases traballan nunha organización á altura do seguinte asalto institucional, as eleccións xerais. Chegamos a En Marea.

A urxencia electoral manda; hai que artellar un suxeito político galego capaz de acadar un bo resultado no Congreso, tendo como reto principal as eleccións galegas de 2016. Houbo tentativas de introducir fórmulas como as primarias. Victoria Esteban, actual vicevoceira de En Marea, afirma que nese proceso “as decisións eran tomadas polas cúpulas dos tres partidos” —referíndose a Podemos, Anova e EU— e que a negociación buscaba crear un ‘equilibrio’ entre as forzas das tres candidaturas presentadas, o que derivou en tensións entre as distintas partes. Se ben existía a vontade de superar a fórmula de coalición de AGE, para a deputada Paula Quinteiro reeditar ese modelo supuxo “repetir o mesmo erro”, concluíndo que “xa naquel tempo podía terse tomado outro rumbo”.

Os resultados das eleccións xerais de decembro de 2015 foron seis deputadas e deputados e dúas senadoras e senadores. O debate sobre a gobernabilidade irrompe con forza no Estado, na coalición e nas súas bases. Non acadan grupo propio e o malestar xorde en sectores nacionalistas, mais non só. Estes dous debates medran nas xuntanzas, nas asembleas e tamén na prensa. Repítense as eleccións e os resultados empeoran levemente. Renuncian directamente ao grupo propio e á integración no grupo mixto, facendo parte do grupo parlamentario de Unidos Podemos. A xente dos partidos, das alcaldías e as propias deputadas e deputados defenden a autonomía das representantes. Para Paula Quinteiro “actúase como grupo propio aínda que non se teña”, se ben esta crítica é derivada do modelo de coalición co que “todo pasa a ser moi complexo”. Aínda que todo o mundo acepta que a formula de acumulación de forzas entre partidos está na base da hipótese, o debate sobre a dependencia con respecto a UP colle importancia. Tamén a necesidade de ampliar a participación dos axentes sociais, construír as mareas locais e romper coas estruturas clásicas de partido. E todo iso coas eleccións galegas a dous pasos, coma quen di.

Tres procesos de confluencia

De novo o gran debate. Xuntas podemos botar ao PP. E iso de xuntas que ven sendo? Abrollan tres procesos dentro da esquerda galega para abordar esta cuestión. Por unha banda o ‘Encontro cidadán por unha marea galega’, onde conflúen sectores dun amplo abano de partidos. Por outra, ‘Iniciativa pola unión’, que derivará en ‘Nós Candidatura Galega’, unha candidatura independente de En Marea onde está integrado o BNG. E por último as ‘Mareas en Común’, onde as iniciativas municipalistas e máis sectores dos partidos que as compoñen buscan artellar un espazo similar ao concretado no plano local onde prime o discurso social.

Salientan os desencontros entre as diferentes propostas. O Encontro cidadán e as Mareas en Común evidéncianos publicamente. Medra o balbordo en prensa e redes sociais e o Manifesto dos tres alcaldes patrocina unha vía de escape chamando a un proceso constituínte. A forza mediática dos tres rexedores funciona e poñen lugar, data e hora. O 30 de xullo de 2016 ten lugar a Asemblea constituínte de EM en Vigo.

o candidato perfecto
O consenso foi unánime na figura de Luis Villares, ata o momento maxistrado do TSXG. En Marea atopou o seu unicornio branco: unha persoa independente con militancia previa escasa, aceptado polas distintas sensibilidades e cunha traxectoria laboral que serve de gancho para atraer a un electorado máis conservador.

O calendario electoral aprema. Un dos puntos fortes desta asemblea será a conformación dun partido instrumental baseado na adscrición individual. Acordan os documentos organizativos e elixen ás presas unha coordinadora provisional que dirixa o proceso de primarias para as eleccións galegas, motivo de conflito unhas semanas despois. Asemade facía falta un candidato que plantase cara a Feijóo con capacidade para chegar a un amplo electorado. O consenso foi unánime na figura de Luis Villares, ata o momento maxistrado do TSXG. En Marea atopou o seu unicornio branco: unha persoa independente con militancia previa escasa, aceptado polas distintas sensibilidades e cunha traxectoria laboral que serve de gancho para atraer a un electorado máis conservador. Villares acadou o 86% de respaldo nas primarias e a candidatura á presidencia da Xunta de Galicia.

En troques, o proceso para conformar as listas resultou menos doado: todas as partes apoiaban a adscrición individual que demandaba o sector municipalista, mais o das listas abertas non estaba tan claro. O proceso e a validez da adscrición individual acaban sendo seriamente cuestionadas coa entrada tardía de Podemos Galicia no proceso —lembremos o famoso chío de Pablo Iglesias— e os partidos acadan unha representación tan ampla que os municipalismos quedan ‘infrarrepresentados’.

Dicían adscrición individual pero non foi así, os partidos sacaron toda a artillería

Podemos chama a votar ás súas bases e arrasa nas listas. Para Rocío Fraga, de Mareas en Común, as características do proceso “impedían ter esa idea de listas abertas e de adscrición individual”. A concelleira lembra que xa quedara demostrado na elección para o Consello das Mareas “dicían adscrición individual pero non foi así, os partidos sacaron toda a artillería”. Victoria Esteban, integrada daquela na coordinadora provisional que dirixía o proceso, apunta que foron tempos moi marcados polos procesos electorais e fala de “pouca marxe de tempo”.

As eleccións autonómicas

A campaña electoral non estivo exenta de polémicas internas, filtracións á prensa incluídas. Maioría absoluta do PP e o ‘sorpasso’ xustiño ao PSdeG-PSOE é o balance das eleccións. Certa desilusión no electorado e un escenario novo para En Marea, primeira forza da oposición no Parlamento Galego con 14 deputadas e deputados de distintas sensibilidades. Paralelamente ao traballo parlamentario haberá que dotar ao partido dunha nova estrutura, repartir cargos, etc. Para a socióloga e analista Belén Fernández, os resultados son “moi negativos”, pois meses antes “as enquisas daban como perdedor a Feijóo”.

O voceiro electo asume un liderado que non gusta en moitos sectores do partido instrumental. Hai movemento de correntes mentres Villares constrúe o seu espazo e perfil, moderado de máis para os sectores autonomeados rupturistas da formación; de consenso e democratizador para os seus partidarios. Paula Quinteiro sinala que as diferencias comezan coa aposta por unha organización “máis clásica”, unha moderación do discurso e o abandono da “idea dunha organización rupturista”. Desde Anova, Oriana Méndez considera que a nivel orgánico se está a producir “unha involución cara unha fórmula de partido nacionalista clásico que xa estaba superada” e que non consideran axeitado para acadar o obxectivo de transformación co que nacera a formación. Neste sentido, Paula Vázquez Verao, de Cerna —sector próximo a Villares— fala de “diferencias” que non enchen por completo a todos os sectores, pero afirma que “o espazo estase consolidando”. A deputada defende que o proceso “busca configurar un espazo con contrapoderes internos que faga que non se burocraticen as dinámicas e os desexos de cambio social”.

Toca elixir coordinadora definitiva e o que deron en chamar Consello das Mareas no plenario de decembro. Villares faise forte nunha asemblea á que asisten menos da metade das persoas inscritas e afasta da coordinadora do partido unha parte dos impulsores iniciais do proceso. Estes movementos ameazan con minguar aínda máis o espírito de nova política coa que nacera o partido. Pasan case sete meses ata o plenario do pasado 15 de xullo nos que a dúbida sobre a figura de Villares ensombrece o resto dos debates políticos. Os conflitos salariais dos cargos e as leas internas transcenden aos medios evidenciando erros de comunicación. A organización está indecisa sobre o liderado de Villares e sobre a visión de partido. O espazo crítico ‘Recuperar en Marea’, apoiado polas Mareas en Común, sectores de Podemos e membros de Anova como Beiras ou Oriana Méndez presenta un documento alternativo ao oficialista que defende a existencia dun debate ideolóxico positivo na organización e unha “alternativa política”, mais non se produce acordo e os dous documentos son directamente confrontados no Plenario.

As ausencias

As teses de Villares saen gañadoras novamente cunha modesta asistencia. Salientan as ausencias de EU e Podemos en conxunto, o que foi un “grave erro” para Rocío Fraga, de Mareas en Común, xa que co apoio destas forzas ao documento de ‘Recuperar en Marea’, o resultado tería sido distinto. A vicevoceira de En Marea, Victoria Esteban, asegura que houbo vontade de integración e participación desde a coordinadora pero fala de forzas que “dan directrices á súa militancia para que non participen do plenario”. Tampouco asisten os alcaldes de A Coruña e Santiago alegando razóns persoais pero evidenciando un distanciamento co momento actual de EM. Podería parecer que estas ausencias o que buscan é deslexitimar o proceso e non recoñecer o liderado de Villares, referendado como líder do partido pero con escasa marxe fronte as teses das críticas.

a onda que viña boa
Resulta difícil non ver unha loita entre correntes internas semellante a dos vellos modelos que se queren superar. Algúns partidos quixeron coller a onda que viña boa co municipalismo, en forma de pacto amable ente partidos e axentes sociais 

Lembremos as voces que nas rúas comezan a demandar outra forma de entender a política. Algúns partidos quixeron coller a onda que viña boa, primeiro co municipalismo en forma de pacto amable ente partidos e axentes sociais e logo coa creación dun partido que abre esa caixa de Pandora que é poñer as institucións ao servizo dos problemas da xente, coa dificultade engadida de ter que crear as ferramentas para facer isto posible.

Malia isto, o discurso das persoas coas que conversamos para esta reportaxe reflicte a vontade de manter viva a confluencia defendendo o seu potencial e apostando pola superación dos conflitos. A socióloga Belén Fernández aposta pola necesidade de crear un mínimo de consenso, xa que a escena de En Marea “non pode estar ocupada polas narrativas internas”. Victoria Esteban non dubida en afirmar que todas as partes teñen un “desexo colectivo maioritario de manter a confluencia”. Haberá que seguir con detemento como evoluciona esta vontade de xuntar os anacos esmigallados para chegar unidas ás autonómicas de 2020 cun proxecto transformador.

Tamén as voces críticas á actual dirección concordan en que o conflito é superable pasando por poñer como referencia os espazos municipalistas, aumentando a súa autonomía, e por ter unhas estruturas de partido máis horizontais e flexibles. Rocío Fraga invoca un xeito de facer as cousas “máis lento pero máis democrático”, e recoñece que “neste tempo fixémonos moitísimo dano en vez de coidarnos e coidar o proceso”. Para Oriana Méndez, “é fundamental feminizar En Marea e feminizalo todo”. 

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.
Israel
Israel Netanyahu acelera los planes de ocupación total de una Gaza diezmada por el hambre
El ejército israelí quiere movilizar a 30.000 reservistas para una nueva expansión de la ofensiva sobre Gaza. Las organizaciones dependientes de la ONU alertan de la hambruna y las enfermedades en un enclave en el que escasea el agua potable.
Comunidad de Madrid
Universidad pública El alumnado de la UNED denuncia el “modelo antipedagógico” tras la supresión de tutorías presenciales
El proceso de eliminación de clases se remonta a 2008, aunque ha sido este año, con el nombramiento Claudia Sevilla como directora de centros asociados de Madrid, cuando el gobierno de Ayuso “ha pisado el acelerador”.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'Os Pecadores' loitan contra montruos reais e mitolóxicos no novo episodio de 'O Teleclube'
O dúo do director Ryan Coogler e o actor Michael B. Jordan estrean unha película sobre a experiencia afroamericana cunha ameaza sobrenatural engadida.
València
València Rechazada la querella por tortura contra Ramón, policía infiltrado en València
Un juzgado de València desestima el recurso presentado por Alerta Solidària contra la inadmisión de la querella criminal por torturas contra el agente que pasó dos años infiltrado.
Gobierno de coalición
Gobierno de coalición El PSOE se mira en el espejo de Canadá
La irrupción de un enemigo exterior poderoso como Trump ha provocado un giro rotundo en las elecciones del país norteamericano, catapultando a los progresistas tras estar al borde de una dura derrota.
Más noticias
Economía social y solidaria
Cooperativismo Economías tejidas por mujeres: feminismo y cooperativismo en Madrid, una genealogía por contar
La Economía Social y Solidaria feminista no ofrece fórmulas mágicas, pero sí un horizonte: uno donde lo productivo y lo reproductivo, lo económico y lo afectivo, dejen de estar enfrentados.
Huelva
Huelva Jornaleras de Huelva en Lucha interpone la primera denuncia por el despido de una temporera marroquí
La sección sindical, recién constituida, asegura que “abren la veda” para denunciar otros atropellos laborales similares en contratos fijo-discontinuos de trabajadoras contratadas en origen.
Artes gráficas
Andalucía Poevélez: Cuando poesía e imagen mezclan, funden y subliman
La muestra colectiva de diversos artistas del panorama nacional nos presenta ejercicios de poesía visual desde diversas disciplinas como el collage y la fotografía y se puede visitar en la Fundación Eugenio
Opinión
Opinión Sobre la guerra y la paz
Parece que los alemanes y el resto de europeos no aprenden con la historia que ellos mismos han protagonizado en los últimos 400 años. Ni siquiera con la historia del siglo XX, tan inmediatamente próxima y tan inmensamente trágica.

Recomendadas

Laboral
Laboral Coidar sen dereitos: a loita das traballadoras nas residencias privadas de Galiza
Sen tempo nin medios para ofrecer uns coidados axeitados, alertan dunha situación insostible nos centros e denuncian a privatización dun servizo a costa do benestar das persoas maiores e dependentes.
Galicia
Galicia Vigo, A Coruña e Ourense mercaron material policial a Israel por medio millón de euros en só catro anos
O alcalde ourensán, Gonzalo P. Jácome, adxudicou un contrato por 70.000 euros días despois do sete de outubro. Abel Caballero asinou outro de máis de 200.000 euros e a alcaldesa da Coruña seguiu a estela cun contrato de 170.000 euros.