Opinión
O lume que liberou aos cabalos

Os incendios producidos no mes de outubro deixaron ao descuberto en As Neves un dos achados prehistóricos máis importantes das últimas décadas.

Petroglifos_1
Antonio Cortés Os lumes descubriron os petroglifos máis destacados das dúas últimas décadas en Taboexa, As Neves.
31 ene 2018 12:22

Na ladeira do que algúns estudosos e historiadores sitúan o que pode ser o mitolóxico Monte Medulio, preto do río Miño, como dicía Paulo Orosio; está a Serra da Paradanta que a día de hoxe fica calcinada após dos grandes lumes que houbo o pasado inverno.

Na parroquia de Taboexa, pertencente ao concello de As Neves, as cinzas deixan á vista multitude de cuarzos e demais restos de minería antiga. No medio dos penedos avístanse grandes laxes, algunhas con gravados de grandes dimensións feitos hai mais de dous mil anos, petróglifos que probablemente se fixeron en distintas épocas, afirma Xosé Lois Vilar, director da sección de arqueoloxía do Instituto de Estudos Miñoráns e un dos descubridores dos famosos petróglifos de A Coutada.

Miguel Ángel Rodríguez, veciño da parroquia e amante da prehistoria, xa localizara varios petróglifos na zona despois da corta de piñeiros tras a praga do nematodo. O paso dos lumes a finais do ano pasado deixou ao descuberto outra pedra de case trinta m2 con gravados que representan o que pode ser unha escena de monta, un cadro rupestre que polo de agora resulta pouco habitual na Galiza. Na pedra aparecen representados máis de trinta équidos, varias figuras antropomorfas e algún cánido, a simple vista aínda non se pode determinar toda a riqueza esculpida na pedra, indica Xosé Lois Vilar. “É unha mágoa que nas laxes tamén haxa marcas de maquinaria pesada, a limpeza do monte despois da invasión do nematodo estragou moitos gravados da zona” engade.

Un paradigma da arte rupestre galego-portuguesa

“Dende o mes de outubro localizamos en Taboexa aproximadamente trinta petróglifos” afirman dende o Instituto de Estudos Miñoráns. “O descubrimento deste último é de gran importancia porque simboliza un novo paradigma da arte rupestre galego-portuguesa. O animal case exclusivo e representado de maneiras distintas no sur da Ría de Vigo e no norte de Portugal é o cabalo e non o cervo, interpretación da que se obtén múltiples lecturas que engaden información sobre a nosa historia” indican. Manuel Santos, arqueólogo da Universidade do Minho, afirma que a importancia do mesmo radica na riqueza iconográfica dos motivos gravados e da sua posíbel relación co Castro de Altamira, sito no mesmo entorno no que tamén se sabe que houbo unha explotación mineira na época romana. “É un lugar idóneo para facer un parque arqueolóxico” declara.

Musealización da zona

A parroquia de Taboexa conta cun gran patrimonio histórico que fica no abandono, afirma Miguel Rodríguez. “Quince días antes de que ardera o monte sinalizaron algúns petróglifos e as indicacións están agora totalmente calcinadas” afirma. No ano 2016 o Concello convocou un acto para solicitarlle ao Ministerio de Fomento o cumprimento do convenio pactado para a recuperación do Castro de Altamira pero non recibiron ningunha resposta: “Seguimos na eterna promesa” di o alcalde Xosé Manuel Rodríguez Méndez.
Petroglifos_2

En As Neves hai catalogados oitenta elementos patrimoniais e aínda os que quedan por rexistrar, declara o alcalde. “Catalogados non quere dicir protexidos. Para estar protexidos terían que figurar no Plan de Urbanismo,” afirman dende o IEM. “O procedemento ideal sería catalogar e musealizar todo o entorno, incluíndo sinalización, accesibilidade e paneis informativos” engade Xosé Manuel Méndez.

Dende a Consellería de Cultura afirman que se trata dun dos mellores achados aparecidos nos últimos tempos: “Está previsto facer unha catalogación dos elementos patrimoniais da zona e avaliar a súa calidade para poder actuar neles. Polo de agora só se fixo unha visita de inspección” engaden.

A multifuncionalidade do monte

Os incendios, con todas as súas causas e efectos, son o resultado dunha mala xestión do monte que debería ser o debate principal, indican dende a Asociación Cultural A Rula. Antón Bouzas, biólogo e paisaxista membro do colectivo declara que o problema non é o lume se non o modelo forestal: “Non se respecta a capacidade do monte de ser multifuncional, na Galiza só se coida o sector industrial de madeira barata. A coñecida como Lei de Depredación aprobada hai uns meses dálle luz verde aos lobbys da madeira descuidando aínda máis os intereses ecolóxicos e sociais do monte, como por exemplo a preservación e resgardo de xacementos arqueolóxicos”, engade. “O sector madeireiro na Galiza produce ao ano 300 millóns de euros e gastamos na extinción dos lumes 175 millóns, isto significa que estamos malvendendo o monte. Gobérnase para uns intereses empresariais que poderían ser lexítimos sempre e cando estivesen regulados” afirma Bouzas.

“O lume permite que se descubran novos achados pero tamén provoca que se danen as pedras” indica Manuel Santos. O arqueólogo di que hai que destacar a parte positiva sen esquecerse da negativa: “A día de hoxe non sabemos cal é o auténtico dano provocado polos incendios nin tampouco que medidas imos tomar de cara a conservación e protección dos xacementos, a situación é cíclica e non hai responsábeis nin tampouco solucións” engade Santos.

Cargando valoraciones...
Ver comentarios 1
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Cargando relacionadas...

CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.
El Salto n.79
A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
O xoves 17 de xullo esperámosvos no CS 'A Nubeira' de Vigo para presentar o último número da revista El Salto xunto a algunhas das súas principais protagonistas: as que loitan contra o macroproxecto de celulosa liderado por Altri e avalado pola Xunta.
AGANTRO
O desprazamento forzoso en Chiapas: metáfora da vida núa
Conversamos coa investigadora América Navarro sobre o desprazamento forzoso en Chiapas.
Altri
Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.

Últimas

El Salto n.79
el salto
Galicia dice 'no' al capitalismo verde y en el último número de la Revista El Salto te lo contamos
Ya está disponible el número 79 de nuestra revista, en el que destacamos la investigación y el rechazo social que encuentra el proyecto de macrocelulosa de la multinacional Altri.
Orgullo
O Orgullo Crítico enche de diversidade e de humanismo Galiza: “Transfeministas con Palestina”
Crónica visual de como unha enorme multitude encheu de diversidade o centro da cidade de Vigo.
O Teleclube
'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria
O Teleclube
'O Teleclube' pecha a temporada cos supervivintes de '28 anos despois'
Danny Boyle e Alex Garland volven ao mundo dos infectados que inspirou o renacemento dos 'zombis'.

Recomendadas

Medio rural
A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Feminismos
Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Migración
A veciñanza mobilízase para acoller migrantes tras o peche de centros de Rescate Internacional en Galiza
Tras o progresivo desmantelamento de varios dispositivos de acollida, moitos refuxiados foron trasladados a outros puntos do Estado sen aviso previo. Outros son simplemente desaloxados trala denegación da súa solicitude de asilo.
Ourense
Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
Comentarios 1

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...