Pista de aterrizaje
Aurora Sola: “A xente do rural non está disposta a perder máis servizos”

Ao redor dun milleiro de persoas procedentes de Verín, do Salnés e doutros puntos de Galiza rodeaban hai un mes o Parlamento galego esixindo que a Xunta deixe de desmantelar os hospitais comarcais. Falamos cunha das activistas en defensa da sanidade pública da comarca de Monterrei, Aurora Sola.

Aurora Sola Sanidade
Aurora Sola. Pablo Santiago
18 ene 2020 13:34

Entre as 12 e as 14 horas do 17 de decembro, escoitáronse desde o Parlamento os berros de centos de persoas. Malia que os deputados e deputadas do Partido Popular estaban no edificio e os berros ían cara a eles, non saíron. Mais tiveron que aguantar e escoitar. Ao redor dun milleiro de persoas procedentes de Verín, do Salnés e doutros puntos de Galiza rodearon o Parlamento galego esixindo que a Xunta deixe de desmantelar os hospitais comarcais. Os últimos servizos pechados foron as urxencias pediátricas e a sala de partos do Hospital de Verín.

Un mes despois, o 18 de xaneiro, o SERGAS recuou e anunciou que cubrirá as dúas prazas de pediatría e reabrirá o paritorio.

Ese día falabamos cunha das activistas en defensa da sanidade pública da comarca de Monterrei, Aurora Sola.

Nas mobilizacións facedes fincapé na mala situación dos servizos sanitarios no rural. Credes que hai unha intención política de desmantelar os hospitais comarcais?
A decisión do Partido Popular de desmantelar os hospitais comarcais é evidente. O que se pretende é rendibilizar os hospitais das cidades á conta dos desprazamentos da xente do rural.

Di Feijóo que non hai pediatras, sen dar máis alternativa. É certo?
Nun principio dixeron que pechaban por seguridade, incluso dixeron que por falta de nacementos, que os profesionais perdían a técnica... Todo responde a non ter argumentos. Eles desexarían pechar o hospital sen máis e dixeron o dos pediatras como podían dicir outra cousa, pero o único motivo é seguir coa estratexia de desmantelar os hospitais das comarcas para atender nas cidades. Eles que tanto defenden as potencialidades da Galiza baleirada, van provocar que en moitas comarcas non haxa xuventude. Se non hai servizos, quen vai quedar nas vilas?

Feijóo defende que a súa dona quixese parir nunha privada, nós queremos que as nosas mulleres pairan onde queiran
Estades demostrando que no rural, cando vos tocan, reaccionades. A Xunta confiaba en que ficarades caladiñas?
A Xunta non contaba con esta reacción, pensaban que despois da manifestación todo ía ficar como estaba pero non se deron conta que ficou o máis sagrado, que son os nenos e as futuras nais. A xente de Verín e do rural dixo basta e xa non está disposta a perder máis servizos, de feito esiximos a reapertura do paridoiro e das urxencias pediátricas, pero tamén un servizo de dermatoloxía, paliativos, dotar de máis internistas... Non é casualidade que haxa tanta xente na rúa, a xente estaba xa moi farta co desmantelamento do hospital comarcal de Verín.

Diciades nun manifesto: “Nacemos onde queremos e despedímonos onde desexamos”.
Igual que Feijóo defende que a súa dona quixese parir nunha privada, nós queremos que as nosas mulleres pairan onde queiran, que poidan parir no seu hospital comarcal. Aquí hai un hospital que contaba cuns servizos e uns profesionais de calidade, tamén no paridoiro. Non hai xustificación para isto.

Ata cando pensades seguir pechadas no hospital de Verín?
O peche vaise manter. Levamos dezaseis días pechadas, por quendas, e imos seguir pechadas e mobilizándonos de diferentes xeitos, indo aos plenos, manifestándonos... Pouco a pouco.

*Esta entrevista foi publicada na revista do Salto de xaneiro.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria
Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.
Medio ambiente
Medio ambiente Iberdrola proxecta un parque eólico que pon en risco un dos maiores xacementos fortificados de Galiza
A Xunta vén de declarar a utilidade pública para o parque eólico Castro Valente, a pesar de que a súa construción está suspendida cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.
Filosofía
Brais Arribas, filósofo “Non se trata de empoderar senón de disolver o poder”
Durante a conversa, o profesor reflexiona sobre a saúde da filosofía galega, o poshumanismo, as novas masculinidades ou a experiencia da pandemia.