Pista de aterrizaje
“Fun á folga para non ser xulgada por levar a vida que desexo”

“Por primeira vez, os nosos compañeiros están nun segundo plano e, sen paternalismos nin tutelas, estamos organizando a folga que as mulleres queremos”.

2 abr 2018 12:00

Desde hai 20 anos Xenma Novelle traballa na fábrica de conxelados Procsa no barrio de Sárdoma, en Vigo. O 8 de marzo secundará a folga feminista de 24 horas. Conversamos con ela, presidenta do comité, para coñecermos as súas razóns e motivos nesta mobilización que expresa un “até aquí chegamos”, e que está revolucionando a vida e a actividade interna do sindicato do que forma parte: a CUT, unha das centrais convocantes desta xornada no noso país.

Por que te sentes interpelada por esta folga?
Ocórrenseme un cento de razóns: desde que as mulleres temos salarios máis baixos que os homes, traballos máis precarios, contratos a tempo parcial e temporais, e que iso ten como consecuencia que, por un cálculo inxusto e discriminatorio, teñamos pensións máis baixas. Vou á folga para que os coidados teñan unha remuneración digna, valorización social e corresponsabilidade comunitaria. E, por outro lado, vou para denunciar a violencia contra as mulleres, pola defensa da nosa liberdade sexual e para non ser xulgada nin culpabilizada por levar a vida que eu desexe. Deixo ese día o meu posto de traballo contra os recortes na sanidade. Eu tiven cancro hai 3 anos e aínda estou agardando que me reconstrúan a mamila.

Por que decides participar?
É o momento de que as mulleres tomemos conciencia, de empoderarnos na sociedade, nas casas, e tamén dentro das organizacións mixtas nas que participamos, que son moi patriarcais. Penso que é unha decisión acertada ser parte desta convocatoria, porque o propio feminismo chama a 24 horas de loita, e queremos ser parte desde Galiza deste chamado tan cheo de forza, rabia e alegría partillada con millóns de mulleres en todo o mundo. É un modo de visibilizar o poder que temos as mulleres se paramos.

Cal é a situación que vivides na vosa factoría? Hai igualdade real?
A inmensa maioría das empresas son misóxinas. Digo isto porque xa de primeiras hai moita diferenza de trato entre como a empresa trata a un delegado masculino e a min por ser muller. Chegou isto a tal punto que tiven que tomar medidas legais e denunciar en Inspección para que se me respectase. Había un ninguneo total e absoluto polo feito de ser muller. Ademais os homes que entraron na miña época na fábrica teñen unha serie de pluses que as mulleres non temos, por traballos que actualmente xa non fan. Hoxe todo o mundo que entra cobra o mesmo, pero se manteñen diferenzas do pasado.

Como está transformando esta cita do 8M ao propio sindicalismo?
As afiliadas, delegadas, estamos vivindo este proceso con moitísima ilusión. Non sei se imos conseguir que moitas mulleres paren, pero só o feito do debate que se está a dar é do máis interesante. É un feito histórico para as que facemos parte deste pequeno sindicato. Por primeira vez, os nosos compañeiros están nun segundo plano e, sen paternalismos nin tutelas, estamos organizando a folga que as mulleres queremos. Eles crearon un grupo para nesa data quedar coas crianzas e axudar no que poidan nas casas ás mulleres que imos facer piquetes e asistir ás manifestacións deste día.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Culturas
Izaskun Mata Coloma, agitadora cultural “Estoy entre Alejandro Sanz y Evaristo”
En sus genes hay fusilados de la Guerra Civil, huelgas del metal en Tubacex, trabajadoras en fábricas de telas, orfelinatos, amas de casa, limpiadoras y camareras. Fue jugadora de fútbol y regentó una taberna. Organiza y participa en slams, y tiene un grupo de poesía musical con su hermana.
Pista de aterrizaje
Fátima Ait-Benali, inmigrante marroquí “Al final ganamos, vivimos donde queremos”
Turquía, Grecia, Albania... Tres años de travesía, penurias y adversidades. De vivir en la calle, de jugarse la vida a cada paso. Otro horizonte, un futuro. Fátima Ait-Benali dejó atrás su ciudad natal, Tan-Tan, en el sur de Marruecos, y en marzo de 2019 culminó su cruel periplo en Bilbao.
Pista de aterrizaje
Edurne Lekunberri Urmeneta, maestra “Buscamos un dolmen”
Euskaldunberri venida al mundo en 1976, su abuelo paterno fue el último vascoparlante de Ilurdotz.
CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
CRTVG A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
Altri A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.
El Salto n.79
Altri A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
O xoves 17 de xullo esperámosvos no CS 'A Nubeira' de Vigo para presentar o último número da revista El Salto xunto a algunhas das súas principais protagonistas: as que loitan contra o macroproxecto de celulosa liderado por Altri e avalado pola Xunta.
Altri
Altri Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.