Rueda coloca á neta de Fernández Albor (PP) á fronte do único parque nacional de Galiza e substitúe o seu curmán

Xiana Fernández-Albor substitúe así ao primo do presidente Fernando Garrido Valenzuela como presidente do Padroado do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galiza.
calvo rueda 2026
El vicepresidente de la Xunta, Diego Calvo, junto al presidente, Alfonso Rueda.
Actualizado ás 13.14 do 15/04/2026
9 abr 2026 10:04 | Actualizado: 15 abr 2026 13:20

Todo queda en familia. O presidente galego, Alfonso Rueda, vén de nomear á neta do seu predecesor e compañeiro de partido, Gerardo Fernández Albor, primeiro presidente da Xunta desde a aprobación do Estatuto de Autonomía, como presidenta do Padroado do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galiza. Trátase de Xiana Fernández-Albor, cara recorrente tamén na Televisión de Galicia que vén substituír, tras 17 anos no cargo, a Fernando Garrido Valenzuela, curmán do presidente Rueda. Será agora máxima responsable, por designación directa do presidente, da entidade xestora das illas de Ons e Cíes, ademais dos arquipélagos de Sálvora e Cortegada.

A actual presidenta explicou nunha nota enviada a El Salto o seguinte: “Ditas afirmacións son obxectivamente inexactas. O meu cargo é o de presidenta do Padroado do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, órgano de carácter participativo e non executivo. A normativa reguladora do parque distingue claramente entre os órganos de xestión, os órganos de participación e a dirección-conservación, non correspondéndome funcións de dirección nin de xestión ordinaria do espazo”.

Con todo, a Lei 15/2002, do 1 de xullo, pola que se declara o Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, é cristalina no seu artigo 7: "O padroado do Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia exercerá as funcións establecidas no artigo 23 bis da Lei 4/1989“. Isto é: ”Serán funcións destes Padroados o asesoramento, promoción, seguimento e control dos Parques, e en particular: velar polo cumprimento das normas establecidas; promover e realizar cantas xestións considere oportunas en favor do espazo protexido; informar o Plan Reitor de Uso e Xestión e as súas subseguintes revisións; aprobar a Memoria Anual de Actividades e Resultados, propoñendo as medidas que considere necesarias para corrixir disfuncións ou mellorar a xestión; informar os Plans Anuais de Traballo a realizar; informar os proxectos e propostas de obras e traballos que se pretendan realizar, non contidos no Plan Reitor ou no Plan Anual de Traballos; e informar os proxectos de actuación a realizar na Área de Influencia Socioeconómica, establecendo os seus criterios de prioridade".

Todas as familias do PP

As prebendas que o Partido Popular ten ofrecido historicamente a varios familiares dos seus altos cargos non son novas, pero si notorias e van en aumento. Non se sabe onde remata a rede clientelar arredor das grandes familias que controlan o PP galego. Neste caso, o comezo é parte da historia da Autonomía.

Ese inicio podería marcalo o primeiro presidente da Xunta, Gerardo Fernández Albor, fillo dunha familia acomodada propietaria do hotel compostelán Estrella, centro de reunións das elites da capital galega. Alí gañou boas amizades mentres se preparaba para ser médico, aínda que ante o estalido da Guerra Civil, se enrolou no bando franquista para combater en Brunete, Belchite e, tamén baixo as ordes de Hitler, pasou a formar parte da Luftwaffe como piloto, aprendendo os distintos tipos de bombardeos e manobras de combate.

Tras as súas aventuras filofascistas, ben sepultadas pola prensa hexemónica galega en democracia, Albor gañou unha gran reputación como cirurxián na sanidade pública galega. Chegou ao cargo de xefe do servizo de Cirurxía Xeral no centro Concepción Arenal, de Santiago de Compostela e, desde esa posición, fundou o hospital privado actualmente coñecido como Hospital HM Rosaleda que Feijóo tratou con agarimo durante os seus anos de presidente asinando concertos millonarios que aínda hoxe seguen en pé. 

A pesar de definirse como galeguista, influído probablemente polas súas amizades con García-Sabell ou Ramón Piñeiro, un Manuel Fraga recentemente convertido a demócrata convenceuno para que se presentase como candidato ao primeiro goberno da Xunta. Contra todo prognóstico, logrouno cunha coalición dereitista. Foi investido como primeiro presidente da Galiza posfranquista o 21 de xaneiro de 1982. As súas reunións cos capos do contrabando galego sendo presidente foron sonadas en 1984 e, xa neste século, rexurdiron cando Nacho Carretero publicou Fariña.

Naquel primeiro Goberno galego, Albor confiou unha vicepresidencia a José Manuel Romay Beccaría, recoñecido franquista durante a ditadura, membro destacado do Opus Dei, ministro de Sanidade con José María Aznar, tesoureiro do PP tras Luis Bárcenas e, no que atinxe a esta tea de araña familiar, mentor político do mozo Alberto Núñez Feijóo —tamén de Mariano Rajoy—. Con Romay Beccaría, Feijóo foi secretario xeral de Asistencia Sanitaria e presidente do Instituto Nacional da Saúde, pasos previos ao salto a Correos e, xa despois, ao último goberno de Fraga. 

Rectificación
En cumplimiento de la ley Orgánica 2/1984, de 26 de marzo, reguladora del derecho de rectificación, El Salto ha publicado una nota enviada por Xiana Fernández-Albor a esta investigación.
Medio ambiente
A Xunta de Feijóo construíu e reformou sen licenza naves e chalés no Parque Nacional das Illas Cíes
Investigan tres ampliacións de vivendas residenciais e a construción de dúas naves sen licenza nin informes sectoriais, nun solo coa máxima protección urbanística.
Cargando valoraciones...
Comentar
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.
Cargando...
Cargando...
Comentarios

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...