Precariedad laboral
Os ERTE coma estratexia empresarial para destruír emprego de maneira deliberada no sector das teleoperadoras

Abai Business Solutions, unha das principais empresas do sector do telemarketing, comunica un ERTE co que pretende deixar a 341 persoas no paro en todo o Estado, 70 no seu centro da Coruña, durante 12 meses prorrogables.
Mobilizacion Abai Group Coruña principal
Faixa que encabezou a mobilización do persoal de Abai percorrendo o barrio de Matogrande na Coruña no pasado día 13 de xuño | Foto: CGT|
17 jun 2023 11:00

A referida empresa de call center, antes chamada Extel e pertencente ao grupo Adecco, conta con centros de traballo repartidos por toda a península: A Coruña, Zaragoza, León, Málaga, Jaén e Hospitalet de Llobregat. Presta servizo a grandes compañías coma Endesa, Inditex, Movistar, Mediamark e a propia Adecco ou a administracións públicas dos gobernos da Rioja, Aragón ou Galiza.

De feito, a Xunta de Galicia contratou por 13,8 millóns de euros o servizo de rastrexo durante a pandemia da COVID-19, cunha duración de 12 meses, que apenas estivo en funcionamento 6 meses, e do que pouco se sabe, segundo contan no Comité de empresa do seu centro de traballo na Coruña. A compañía Abai “nunca facilitou unha copia do contrato coa administración pública, nin ningún documento que acredite que o goberno galego resolveu o mesmo antes de tempo, polo que non se sabe aínda onde foron parar eses fondos públicos” sinalan dende o comité de empresa.

Mobilizacións e folga do persoal de Abai contra o ERTE

No pasado día 6 de xuño iniciouse o período de negociación cos sindicatos e o persoal laboral onde a dirección da empresa comunicou a súa intención de deixar a 341 traballadoras e traballadores, en toda a península, no paro durante 12 meses prorrogables, alegando causas organizativas e produtivas. Desas 341 persoas, 70 traballan no seu centro da Coruña, que conta con preto de 550 traballadoras no seu cadro de persoal, aínda que con outros nomes chegou a ter unhas 1.200 persoas a traballar nesta plataforma de telemarketing. Das 70 persoas afectadas polo ERTE, todas elas levan mínimo 12 anos traballados no referido call center situado no Edificio Proa, no Barrio de Matogrante da cidade herculina.

Edificio proa Abai mani
Saída dende o Edificio Proa en Matogrande da mobilización contra o ERTE a 70 persoas en Coruña | Foto: CGT

Precisamente na Coruña, o pasado mércores día 13 de xuño os sindicatos que forman parte do comité de empresa —CGT, CCOO, CIG e UGT— realizaron unha manifestación polo barrio de Matogrande, onde se atopa a propia sede do seu centro de traballo, para opoñerse ao ERTE. Pois a pesar de que a empresa fala que a causa do mesmo é a redución de servizos e actividades con dous dos seus principais clientes, Movistar e Endesa, nas últimas semanas “non deixan coller vacacións e están pedindo aumentar as xornadas de traballo ao persoal” segundo informa Adrián Seijas da CGT. Mentres nos medios de comunicación Movistar e Endesa continúan a declarar fortes beneficios, que superan os 1.500 millóns de euros no 2022 por parte da compañía de comunicación e máis de 2.300 millóns no caso da enerxética.

Trátase dun sector de traballo moi precarizado e feminizado onde as empresas continúan a declarar importantes beneficios

Lembremos que este é un sector de traballo moi precarizado e feminizado, onde o convenio sectorial garante un salario de xornada completa un pouco por riba do SMI (uns 1.180€), pero a maioría das persoas teñen xornadas parciais onde acaban cobrando uns 800€. Agora, a 70 delas queren envialas a un ERTE, onde os primeiros 180 días van cobrar un 70% da base reguladora e logo un 60%, polo que moitas desas traballadoras non poderán aguantar e procuraran outro emprego. Deste xeito “a empresa destrúe emprego de maneira indirecta, aforrando os custos do despido, grazas a ferramenta do ERTE, pensada para protexer o emprego e ao persoal laboral” sinala Adrián Seijas dende o comité de empresa. Lembremos que o persoal laboral afectado do centro coruñés levan máis de 12 anos de traballo na mesma plataforma, mentras as empresas van cambiando de nome, antes Extel agora Abai.

Abai Group Coruña foto principal
Mobilización na Coruña o pasado dia 13 de xuño en contra do ERTE presentado por Abai Business Solution | Foto: CGT

Os sindicatos móstranse convencidos de poder parar este ERTE e teñen convocada unha nova xornada de folga o luns 19 de xuño en todos os centros de traballo. Na Coruña vai rematar cunha concentración no Obelisco ás 20 horas para dar a coñecer as súas reivindicacións ao conxunto da cidade. Pois o período de negociación está aberto atá o mércores 21 de xuño e a empresa pretende que o ERTE entre en vigor a finais de mes.

Unha estratexía premeditada?

O Comite de empresa sinala que unha porcentaxe elevada de persoas traballadoras afectadas polo ERTE na Coruña estiveron durante moitos anos na campaña de Movistar, no servizo de atención ao cliente. O Comité de Empresa denuncia que hai uns meses estas persoas foron apartadas deste servizo de maneira inesperada. A Dirección de ABAI culpou á empresa de telecomunicacións de desactivar deliberadamente as chaves persoais que se precisan para acceder ás aplicacións de Movistar, o que lles impedía traballar para esa compañía, que a cousa non era deles. Con todo, o pasado venres 9 de xuño, na segunda reunión do proceso de negociación, os sindicatos preguntaron por este feito e os representantes da empresa cambiaron a súa versión, recoñecendo que o motivo foi una decisión empresarial propia.

Abai non deixa de aumentar os seus beneficios empresariais e nos últimos meses abriu novos centros de traballo en Brasil e Colombia

Pola súa banda, Abai non deixa de aumentar os seus beneficios empresariais e nos últimos meses abriu novos centros de traballo en Brasil e Colombia, onde as condicións laborais son aínda peores. Dende os sindicatos temen que sexa unha estratexia para deslocalizar eses postos de traballo cara países do chamado sur global con mercados laborais máis precarios.

Dende o comité de empresa, o seu presidente Adrian Seijas da CGT, recorda como Abai acaba de asinar un novo contrato de servizos para Inditex polo que mostra un rexeitamento total a un ERTE, que considera “totalmente inxustificado nunha empresa que presume publicamente de millonarios beneficios e que está asinando novos contratos e abrindo novos mercados en América Latina”.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Laboral
Laboral Yolanda Díaz asegura que el Gobierno tramitará el indulto a las Seis de la Suiza
La ministra de Trabajo reconoce sentirse “escandalizada” tras la reunión con las sindicalistas condenadas y asegura que no va a “aceptar retrocesos” en los derechos laborales
Laboral
Laboral Reivindicar los derechos laborales en microempresas, el reto de los sindicatos
Nuevas estrategias hacen frente a realidades como las de los falsos autónomos o los puestos en remoto, mientras el PP quiere restringir aún más los comités de empresa.
Comunidad de Madrid
Sanidad privada Inspección propone sancionar a un hospital de Quirón por exponer a la plantilla a sustancias cancerígenas
El organismo inicia un procedimiento administrativo sancionador por infracción grave. Tras una visita al Hospital Quirónsalud Sur, de Madrid, constataron deficiencias en la zona de almacenamiento de los productos farmacéuticos y en el mortuorio.
Altri
Altri Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.
Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria
Medio ambiente
Medio ambiente A loita polo monte galego: lumes, eucalipto e ameazas á propiedade común
Galiza concentra un terzo dos incendios forestais rexistrados no Estado. Mentres a Xunta apunta aos montes veciñais, comuneiros e ecoloxistas denuncian unha estratexia política para favorecer a privatización e a expansión da industria madereira.

Recomendadas

Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.