Precariedad laboral
“Non podemos estar facendo malabares con outros traballos para manter o de investigadora”

A Asemblea de Investigadoras da USC vén de reunirse coa Xunta e a Axencia Galega de Innovación para demandar melloras nos seus postos de traballo. Sinalan que o seu traballo é precario, inestábel e non está valorado como debería.
Concentración de persoal investigador da USC
Persoal investigador da USC protesta fronte á reitoría da universidade en febreiro de 2019.

A investigación expande o coñecemento humano. É símbolo de progreso e mellora as nosas vidas: vai desde as vacinas da COVID-19 até a torradora da cociña. Debe coidarse, mais non acontece así. No Estado español adícase un 1,6% do PIB á Investigación e en Galiza un 0,94% (1,3 millóns de euros), moi por debaixo da media europea cun 2,03%.

O problema vai a máis cando o persoal investigador e quen quere acceder a el se atopan cunha inestabilidade continua. Para obter remuneración por investigar, un debe solicitar a bolsa ao FPU (Formación de Persoal Universitario), FPI (Bolsas de Formación ao Persoal Investigador) —ambos de competencia estatal—, ou á Xunta e entrar nun proceso de competitividade.

O problema da Xunta, é que hai que estar matriculado nun programa de doutoramento e esperar a convocatoria seguinte para poder presentarse ás axudas, polo que un “bota un ano de balde traballado sen que se lle financie o seu traballo”, indica ao Salto David Mosquera, investigador predoutoral de FPU de Matemáticas na USC. “O lóxico sería que cando un se matricule e comece a traballar empece a cobrar”, censura. Conta que o problema das FPU’s e FPI’s é que apenas hai oferta. Entre elas e as da Xunta, “apenas se cubre a demanda de investigadoras predoutorais na USC, UDC ou UVigo.

Na Asemblea de Investigadoras de Compostela (AIC) organízase o persoal investigador para reclamar melloras nas súas relacións laborais. Tamén axudan a comprender ao persoal as novidades e cambios respecto as súas bolsas. 

Precariedad laboral
Investigadoras da USC celebran a sentenza do TSXG

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia obriga á USC a indemnizar aos investigadores predoutorais pola extinción do seu contrato.

Vides de ter unha reunión coa Xunta e a Axencia galega de innovación. Cales foron as vosas principais demandas?
Tivemos dúas reunións que viñan a raíz das condicións das convocatorias predoutorais e posdoutorais da Xunta. As condicións deste anon non só non se melloraron, senón que foron peores. Tendo en conta o ano da pandemia, algunha das nosas propostas era que non contase o 2020, que non se penalicen as cuestións de xénero, subir as retribucións respecto aos anos anteriores (xa que este ano baixou), ou non ter que esperar un ano para as axudas predoutorais. Un ten que estar matriculado no doutoramento para que lle den a axuda, é dicir, a xente botaba un ano traballando de balde sen saber que ía ocorrer. Non pode ser que unha persoa empece a traballar e non cobre por iso. 

En que se manifesta a desigualdade de xénero no mundo da investigación?
Maniféstase de moitos modos. Nos contratos posdoutorais hai dúas modalidades: A e B. Un empeza coa primeira e logo pode competir pola segunda. Hai un ano e medio, unha compañeira tivera unha baixa de maternidade durante a A e non a deixaron presentarse a B, porque por mor da baixa non acadou os meses suficientes. Non se ten en conta a baixa en si, é dicir, se esa persoa non puido traballar, non se lle pode esixir o mesmo que ao resto.

Tamén está o famoso teito de cristal. Hai un gráfico que amosa as diferencias entre investigadoras e investigadoras. Ao inicio, hai máis mulleres que homes, pero conforme avanzan os anos decae moito a de mulleres en posdoutorais. Logo, a fenda acentúase aínda máis nas catedráticas. Por exemplo, na USC aínda non houbo nunca unha reitora.

“As axudas saen aletoriamente, un ano en outubro e outro en marzo”

E en que quedou?
A reunión foi ben, sobre todo nas medidas de xénero. Pedimos falar cun diálogo constante antes de sacar as medidas, para así poder discutir as liñas polas que van, as cousas poden paliarse antes. Tamén se comprometeron a estabilizar a convocatoria de axudas publicas, é dicir, que se saiba cando saen. Saen aleatoriamente, un ano en outubro e outro en marzo. Demandamos que tan axiña como unha persoa comeza o doutoramento, poida facelo cun contrato.

Coa pandemia, houbo prórrogas de contratos por parte dalgúns FPU e FPI. Que non as haxa xera desigualdades?
Xusto. Nós defendemos que o acceso á investigación sexa igualitario para todas, sen depender da clase social. O meu propio primeiro ano foi así, tiven un contrato da USC que tiña que compensar con outras labores para ter cartos. Iso non pode ser, unha investigadora ten que estar ao que ten que estar.

Afirmades que o Supremo en novembro de 2020 “condena o persoal investigador a volver a un pasado máis precario”. O TS non entende que a vosa tarefa de investigación é un traballo en pleno dereito?
Neste 2021, xunto a FPU investiga, que é unha asociación a nivel estatal, impulsamos unha enmenda contra os orzamentos do Estado para modificar a lei da ciencia e resolver as irregularidades dos contratos. Coa resolución do Tribunal Supremo entendemos que foi unha cousa política. Cambia a lei para cambiar a interpretación. De feito, houbo grupos políticos que apoiaron a nosa enmenda.

De momento, aínda non mudou. Esperemos que sexan quen de cambialo que sería o razonábel. De feito, o TSXG deixa claro que é un traballo de pleno dereito e antes pagábase a indemnizacion en caso de fin de contrato, cousa que xa non pasa e agora quedamos a expensas de ver que pasa.

“Precisamos un aparello investigador digno: estábel, continuábel e previsíbel”

Xa denunciabades en 2019 a precariedade no voso traballo e enriquecemento da USC á vosa costa. Acentuouse dita plusvalía?
Si. Entendemos que a pandemia foi unha situación extraordinaria onde moitas de nós non puidemos desenvolver a nosa investigación. Por iso, reclamamos a extensión dos nosos contratos. Mais, aínda que algúns se extenderon, ten pinta de que a situación vai a peor. Precisamos un aparello investigador digno: estábel, continuábel e previsíbel. Non podemos estar facendo malabares con outros traballos para manter o de investigadora. E non ten sentido que remates un contrato e até 6 meses despois non firmes outro e non saibas cando sae.

Por que non se valora o suficiente a investigación como para ter en conta estas cousas?
É difícil de entender. A importancia da investigación é un dos consensos sociais dos últimos tempos, que aumentou aínda máis coa pandemia. É brutal ver como avanza con inversión, as vacinas son un claro exemplo disto. Se se mantén a investigación, é moito máis sinxelo despois resolver estes problemas. A investigación garante desde a cura ao cancro até ferramentas que axuden no día a día das persoas.

A Xunta de Galicia inviste 1,3 millons de euros en investigacion. O orzamento adicado a investigación foi dun 0,94% en 2020, por debaixo da media europea e da española.
Deben investirse máis cartos. A investigación mellora a calidade de vida das persoas. O mellor é ter un investimento garantido. Nin sequera un 10% do persoal predoutoral está remunerado. De cada cinco persoas, catro están traballando sen remuneración, ou polo menos sen remuneración de convocatorias públicas. Altérnanse traballos temporais, pero sen ningún tipo de contrato público.

As axudas publicas limitadisimas comparado co persoal que se mantén en activo. Parece que isto de non remunerar á xente durante un ano é interesado, xa que esta xente que non se pode permitir traballar gratis, opta por outras saídas laborais.

“A Xunta de Galicia discrimina á investigación de ciencias sociais por motivos económicos”

Existen diferenzas dependo das ramas da investigación?
Para pedir as axudas, hai unha convocatoria competitiva, mais existe unha certa discriminación cara a certas ramas do coñecemento, sobre todo, as das ramas das ciencias sociais e humanidades. A Xunta valora que as liñas de investigación sexan acordes a unhas demandas por motivos económicos que fixera hai anos, é dicir, interesa que se investigue en agricultura e gandaría, pero non en filosofía, historia ou grego.

Que se sabe realmente nun contrato doutoural? É dicir,que dereitos laborais tedes, cantas horas, etc.?
Adoitanse asinar 8 horas diarias e 60 horas lectivas por ano. Pola competitividade que hai dada a baixa oferta, obriga a xente adicar moitas máis horas e ‘autoexplotarse’. Logo, hai desprazamentos ou estadías que tampouco están cubertas polos organismos públicos. Ao final, están pagando para traballar.

A precariedade non está só nos predoutorais, un colectivo moi afectado son as das prazas de substitucións nas P3 e P6. Son para substituír baixas. Mais, ultimamente estanse usando para cubrir necesidades estructurais nos departamentos. O número indica as horas de docencia, mais as tarefas asignadas ás prazas son as mesmas sen igualdade en proporcionalidade de salario e cotización á Seguridade Social. Unha persoa con P3 ou P6 ten as mesmas responsabilidades que os profesores: pon notas, corrixe exames e firma actas, pero esa persoa cobra escasos 430 euros brutos ao mes (16% do salario a tempo completo) ou 800 euros ao mes (33% do salario a tempo completo). Con iso unha persoa non pode vivir dignamente.

“A ansiedade, depresión ou inestabilidade emocional son doenzas que aumentan no persoal investigador respecto á sociedade en xeral”

Tedes sensacion de abandono institucional?
Si. Intentamos reunírmonos cos diversos órganos ou facemos peticións. Moitas veces somos ignorados. As veces non cumplen nin o que din, como feito de non pagar as taxas nas FPU, que ás veces chas cobran e perdes moito tempo reclamándoas.

Á xeración dos 90 chámanlle a ‘Z’ ou de cristal, sendo unha das que máis problemas mentais vai padecer da historia. Vós sentides ese estrés, inestabilidade emocional ou depresións?
Sí. De feito, hai datos de que este tipo de doenzas aumentan moito no colectivo investigador fronte á sociedade en xeral. Ao final é un traballo sen ningún tipo de estabilidade ou prebisibilidade. Hai xente que remata a tese nun mes e non sabe se lle renovan os contrato ou non. Estar sen contrato, sube moitísimo os niveis de ansiedade. Quen paga isto?

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Plástico
Medio ambiente Un estudio de nanoplásticos en cerebros humanos detecta un aumento pronunciado en ocho años
El análisis de 52 córtex frontales publicado en ‘Nature’ apunta a que la acumulación exponencial de plásticos en el ambiente estaría incrementando su abundancia en nuestros organismos.
Economía social y solidaria
ESS Nace ASETT, un centro de investigación 'de vanguardia' para impulsar la economía social desde Donostia
El ‘hub’ nace en Donostia, pero aspira a conseguir proyección internacional. Cuenta con un centro de estudios dedicado al análisis de las empresas de la economía social o un instituto para avanzar las tendencias del sector.
Series
Series El Circo de los Muchachos (2024), de Elías León Siminiani
Una miniserie de cinco capítulos aborda la historia de la primera escuela de circo de España, fundada por el padre Jesús Silva Méndez en 1963, un experimento educativo innovador y no exento de polémica.
Lugo
Lugo As traballadoras de Sargadelos esixen a reapertura da fábrica e rexeitan a “irresponsabilidade” do dono
Os sindicatos apuntan a que a reacción do propietario é “inxustificada” pola multa de Inspección e apuntan a que usa ao persoal para chegar a un acordo coa Xunta de Galiza.
Barcelona
Derecho a la vivienda Primera conquista del 5A: acuerdo para regular los alquileres de temporada en Catalunya
El Govern junto con ERC, las CUP y Comuns pactan una ley que regulará los alquileres de temporada y por habitaciones, y creará un cuerpo de inspectores de vivienda, medidas pioneras en España.
Educación pública
Educación pública El profesorado en España ha perdido un 22% de poder adquisitivo desde la crisis de 2010
El recorte en las pagas extras, que aún se mantiene, y la bajada de sueldos generalizada, que solo empezó a remontar a partir de 2016, han producido una pérdida de poder adquisitivo para estos profesionales, mientras el IPC no ha parado de subir.
Crisis económica
Economía mundial Por algo más que por dinero: las razones de Trump para una sacudida sin precedentes a la economía mundial
Un estudio estima que la familia promedio perderá 300 dólares al mes con motivo de la oleada arancelaria desatada por el Gobierno de Trump. China anuncia que resistirá hasta el final.

Últimas

Opinión
Ocupación Israelí Devastación en Gaza, ignominia mundial
Un año y medio después, la comunidad internacional permanece contemplativa, por mucho que algunas voces, tímidas, hablen de genocidio, promuevan juicios internacionales y unos cuantos Estados hayan suspendido relaciones diplomáticas.
Laboral
Laboral Los cambios en el mercado laboral se reflejan en la siniestralidad en el trabajo
Pese a la bajada de contratos temporales, la rotación aumenta en los fijos discontinuos, donde aumentan los accidentes. Las mujeres tienen un 31% más de siniestros in itinere debido a los contratos a tiempo parcial y dedicarse a los cuidados.
Cine
Cine Los cantos de Cecilia Barriga, apuntes de una filmografía disidente
La filmografía de Cecilia Barriga atesora un material fundamental para el conocimiento de algunos de los momentos políticos más relevantes en los movimientos de izquierdas de las últimas décadas.
Tribuna
Tribuna Ampliaciones de aeropuertos: ¿una política de interés general?
La ampliación de la capacidad aeroportuaria y la apertura constante de nuevas rutas constituyen elementos de una política que quiere dopar un sector mediante la generación constante de nueva oferta de vuelos y turismo.
Más noticias
Pueblo gitano
Pueblo gitano A propósito del Año del Pueblo Gitano y los 600 años de negación del otro
El 8 de abril se celebra, como cada año, el Día Internacional del Pueblo Gitano. Pero no es este 2025 un 8 de abril como otro cualquiera, al menos, no en España.
Panamá
Centroamérica Los hombres de Trump vuelven a Panamá para presionar con la toma de control del Canal
La retórica antiChina y el interés por una infraestructura que supone el 6% del tráfico marítimo internacional ha llevado al Gobierno de Estados Unidos a tensar la relación con Panamá y sugerir una posible operación militar.
Opinión
Opinión Genealogía del antigitanismo: la buena fe y la mala sangre
Si queremos honrar los 600 años de presencia del pueblo gitano en España, debemos mirar con seriedad la historia de la marginación y la violencia institucionalizada.
Menores tutelados
Precariedad laboral Exigen que el servicio sea público en la protección de los menores tutelados
Tanto en las medidas judiciales como de protección, auxiliares, educadores y trabajadores sociales piden más recursos para el bienestar de niños y niñas y la seguridad de las empleadas.
Ocupación israelí
Ocupación Israelí Nuevos ataques elevan a 1.391 palestinos asesinados por Israel desde el fin del alto el fuego
Un nuevo periodista palestino es asesinado en Gaza en un conflicto que acumula más muertes de reporteros que la II Guerra Mundial, la Guerra de Vietnam y la Guerra de Corea juntos.

Recomendadas

Filosofía
Carolina Meloni “Nunca será cómodo ser una filósofa”
‘La instancia subversiva’, su último libro, analiza las bases patriarcales de la tradición filosófica nacida en la Grecia clásica y muestra lo femenino como germen de un nuevo modo de pensamiento.
Pueblo gitano
Día del Pueblo Gitano La Última Roma: resistencia y legado del Pueblo Gitano entre las ruinas de la era soviética
En Soroca, Moldavia, resiste la comunidad gitana más numerosa del país. Entre construcciones fastuosas y cúpulas doradas, la identidad romaní lucha por su supervivencia.
Francia
Francia Tras su inhabilitación, Le Pen no logra movilizar con su estrategia victimista
La mayoría de los franceses se dicen satisfechos de la condena de la líder ultraderechista y la manifestación en su apoyo solo reúne a unas 7.000 personas en París.