Racismo
Hai superheroes que non levan capa

Dicía Marthin Luther King: “Se un home non descubriu algo polo que morrer, non é apto para vivir”. O destino xoga, ás veces, pasatempos macabros. Cando Rudell Stitch resolveu o sudoku, xa era demasiado tarde. Acendemos o DeLorean para viaxar á década dos 50, os anos duros das leis de segregación racial. Próxima estación: Louisville, Kentucky.

Rudell Stitch
Rudell Stitch coa súa familia
7 feb 2019 10:15

Cando un pensa en Kentucky; pensa en persoas brancas con roupa de camuflaxe, botas de vaqueiro e fibelas nos cintos que acostuman ser máis grandes do que a funcionalidade sinala. En Kentucky, o estado sureño máis no norte dos Estados Unidos, a imaxe que manda adoita ser a branca. Esta imaxe, aínda actual, nos anos 50 era máis marcada.

Nos 50, Dwight Eisenhower ocupaba a Casa Branca. A economía de Louisville, principal cidade de Kentucky (cerne do bourbon) estaba xa recuperada dos anos da prohibición. Os cartos do tabaco, do bourbon, e as fábricas de Ford e General Electric facían que vivir en Louisville non fose tan pobre e duro como no gran sur. Nos 50 as persoas negras debían viaxar na parte traseira dos trens e autobuses, e só podían beber nas fontes públicas coa frase “colored”. Ser afrodescendente en Louisville era un sinónimo de vivir lendo carteis de “white only” e “no coloreds allowed”.

A mediados do século XX, nos Estados Unidos, estaban vixentes as Leis Jim Crow que propugnaban a segregación racial en todas as instalacións públicas baixo o lema “separados pero iguais”, e eran aplicadas aos afroamericanos e outros grupos étnicos non brancos. A segregación de iure foi de aplicación nos estados do sur, nos estados do norte a segregación era de facto.

Ser afrodescendente en Louisville era un sinónimo de vivir lendo carteis de “white only” e “no coloreds allowed”

Rudell Stitch foi un boxeador de Louisville, Kentucky. Nado en 1933. Durante a súa adolescencia, ingresou no ximnasio Headline Boxing de Bud Bruner. Boxeando como peso lixeiro e welter. Stitch gañou 45 de 57 combates amateur. Durante esa época, un mozo comezou a baixar polo ximnasio de Bud Bruner. Rudell tiña un afecto especial por el e, ás veces, adestraban xuntos. O mozo chegara un día ao ximnasio contando unha historia que produciu os sorrisos de tódolos presentes: abordou a un oficial de policía despois de que os matóns do barrio roubáranlle a bicicleta. O policía díxolle ao rapaz: “mira, mozo, vai ser moi difícil recuperar a bicicleta” pero a cambio aconsellou que fose a un ximnasio para previr futuros atracos practicando algunha técnica de defensa persoal, como o boxeo. Pero despois dos choros iniciais, o rapaz resultou ser un fanfurriñeiro que dicía tódolos días que quería ser o boxeador máis grande da historia. Coa intención de baixar os fumes do mozo, Rudell chamábao con cariño polo último elemento do seu nome completo: Junior.

Louisville está dividida pola Rúa Nove en dúas metades; a parte occidental (o West End) e a parte oriental (o East End). No West End a poboación era predominantemente negra, no East End era predominantemente branca. De cando en vez, aínda hoxe, hai quen chama á Rúa Nove o Muro de Berlín. Unha persoa que vivira na parte occidental tiña unha esperanza de vida que era aproximadamente 10 anos máis curta que a esperanza de vida promedio da cidade. Tanto Rudell como Junior, ambos afrodescendentes, vivían no West End dunha Louisville segregada de xeito moi intenso. Na parte occidental o ingreso promedio e os niveis de educación eran máis baixos, mentres que as taxas de enfermidade cardíaca e diabetes eran máis altas.

De cando en vez, aínda hoxe, hai quen chama á Rúa Nove o Muro de Berlín

Con Bud Bruner como o seu manager e adestrador, Stitch comezou a súa carreira profesional como welter en 1956. Para chegar a fin de mes, Rudell tiña un traballo a tempo completo nunha pranta empacadora de carne, debía manter unha familia con 6 fillos. O 27 de agosto de 1958, Stitch derrotou ao peso welter Isaac Logart por unha decisión en dez asaltos. Foi a primeira vitoria destacábel da súa carreira profesional; aínda que, dous meses despois, Logart vingou a súa derrota ao gañar unha decisión sobre Stitch. A mañá do 18 de setembro de 1958 amenceu despexado en Louisville. Rudell Stitch foi pescar ao Río Ohio, como adoitaba facer cando podía. Joseph Schifcar, un traballador do Corpo de Enxeñeiros do Exercito, caeu ao río e comezou a fundirse. Stitch, que estaba pescando debaixo, escoitou ruído e viu a Schifcar afogarse. Sen un segundo de dúbida, meteuse no auga e nadou até agarrar a Schifcar. A corrente barriu a Stitch pero, con dificultades, foi quen de manter o control sobre Schifcar e levalo a salvo ata terra firme.

Stitch, de novo coa súa carreira de boxeador, gañou en novembro de 1958 a Yama Bahama; e en decembro ao popular peso mediano Chico Vejar por unha decisión en dez asaltos en Louisville. Estas vitorias abriron a porta para un combate contra Gaspar Ortega no Maracaná do boxeo, o Madison Square Garden. Foi o 6 de febreiro de 1959. No terceiro round, houbo un choque accidental de cabezas. Ninguén presentaba feridas, pero Ortega daba tombos a esquerda e dereita. O referee mandou continuar, pero Stitch retrocedeu para pedir que revisasen a cabeza de Ortega. Non quería aproveitarse dun opoñente en tal situación. O combate continuou, con Ortega xa recuperado, e Stitch acabou perdendo por decisión en dez asaltos. Tres meses despois tiveron o desquite e Stitch gañou por decisión en Nova York. O día do desquite contra Ortega, o Fondo Carnegie Hero otorgou unha medalla a Stitch por rescatar a Schifcar no Río Ohio.

Tanto Rudell como Junior, ambos afrodescendentes, vivían no West End dunha Louisville segregada de xeito moi intenso

Junior, cando aínda tiña 15 anos, comezou a traballar despois da escola na biblioteca do Nazareth College por 50 centavos por hora. Por outra banda, comezaba a ser coñecido como boxeador amateur. Froito da competición xa viaxara a moitas cidades dos Estados Unidos, desde San Francisco ata Bostón. Durante os anos seguintes ao episodio do roubo da bicicleta, Junior foi un boxeador amateur superior: 100 vitorias en 108 combates, dous campionatos nacionais (1959 e 1960), dous Guantes do Ouro. Se non fose suficiente, en 1959 axudado por Rudell Stitch e o resto do ximnasio conseguiu nos US trials unha praza para disputar na división dos semipesados os Xogos Olímpicos de Roma 1960 ¡Sería a primeira vez que viaxaba fóra dos Estados Unidos!

No resto do ano 1959 Rudell Stitch disputou unha serie de combates, a maioría deles acabando coa vitoria. Stitch derrotou por knockout a Rudy Sawyer en xullo; perdeu por decisión dividida contra o futuro Campión do Mundo Luis Manuel Rodríguez en agosto; en outubro contra Ralph Dupas gañou por decisión unánime; en novembro Stitch gañou por decisión a Holly Mims. Estaba programado que Rudell pelexara contra Carl Hubbard en xaneiro de 1960, mais a Comisión Atlética de Illinois descobriu unha catarata no ollo esquerdo e non permitiu o combate. Xa en Kentucky foi examinado por expertos oftalmólogos que determinaron que a catarata non era suficientemente grave; e Rudell regresou ao ring en febreiro de 1960, gañando por knockout a Charley Smith.

Foi a Australia en maio de 1960 para disputar o desquite contra Ralph Dupas que perdeu por decisión. Tamén en maio de 1960 viaxou a Hawai para gañar por decisión a Stan Harrington; e pasar a ser o número dous do mundo que lle permitía a posibilidade de loitar contra o Campión do Mundo Luis Manuel Rodríguez, desquite programado para o 24 de xullo de 1960 ¡Por fin Rudell Stitch podería ter un combate polo título do mundo!

Aqueles días todo o país debatía sobre as eleccións presidenciais; o senador demócrata John Fitzgerald Kennedy contra o vicepresidente Richard Nixon. O gran combate.

Ao cidadán medio de Louisville, en 1960, importáballe o seu peto e o xeito de enchelo. Aqueles días todo o país debatía sobre as eleccións presidenciais; o senador demócrata John Fitzgerald Kennedy contra o vicepresidente Richard Nixon. O gran combate. O máis igualado. Ese que tivo o primeiro debate televisado que aínda hoxe é estudado nas facultades de ciencias políticas. O 8 de novembro nos Estados Unidos gañou Kennedy, sen embargo, en Kentucky a vitoria foi para Nixon por sete puntos porcentuais. E, ao mesmo tempo, desde fóra chegaban novas dunha Cuba onde Fidel Castro e os seus barbudos nacionalizaban empresas, mentres o goberno norteameriano repondía cun bloqueo que aínda hoxe perdura.

O 5 de xuño de 1960; Rudell Stitch foi pescar con Bud Bruner, o fillo deste e Charles Oliver, un amigo. Estaban pescando cando Oliver resbalou. Agarrou a Stitch, e ambos entraron no auga do Río Ohio. Mentres nadaba cara a beira, Stitch escoitou a Oliver berrar e volveu para salvalo. Chegou ata el e, de súpeto, ambos desapareceron no auga turbulenta. Foi a última vez que foron vistos con vida. Os seus corpos foron atopados pola Garda Costeira horas despois. Stitch morreu o día anterior a asinar o contrato do combate polo título do mundo contra Luis Manuel Rodríguez. Meses despois, recibiu de xeito póstumo outra medalla do Fondo Carnegie Hero, só tres persoas recibiron dúas medallas do Fondo. Un verso da Biblia que Stitch, devoto presbiteriano, escoitou moitas veces rodea os bordos das súas Medallas Carnegie Hero: “Ninguén ten máis amor que este, un home que dá a vida por un amigo” (Xoan 15:13).

Deportes
O último combate de Julio César Chávez

Pelexar, é posíbel que sexa o trazo definidor na vida dunha persoa despois de se criar nun vagón de tren. Pelexar, pelexar pola ilusión, pelexar pola esperanza, pelexar contra a vida ou pelexar contra a morte. El sempre está loitando, esa é a súa ética de traballo.

Dous meses despois da morte de Rudell Stitch, Junior viaxou a Roma para disputar os Xogos Olímpicos. Nos anos 60, os Xogos Olímpicos eran un escenario máis da Guerra Fría, no que a conta das medallas eran unha proba máis da superioridade dun sistema sobre o outro. Para Junior, sen embargo, Roma 1960 só era unha oportunidade. Unha oportunidade que aproveitou derrotando ao belga Yvon Beacus, ao soviético Gennady Shatkov, ao australiano Tony Madigan e ao polaco Zbigniew Pietrzykowsky. Vitorias coas que gañou a Medalla de Ouro na división dos semipesados. Na rolda de prensa posterior ao podio un xornalista soviético preguntou cal achaba que era o valor da súa Medalla nun país onde non lle permitían sentar nos asentos dianteiros do bus. Fachendoso, contestou: “Commie (abreviatura de comunista). En Estados Unidos temos os nosos problemas, pero somos o mellor país do mundo”. Junior cumplira, fora un bo americano, a pesar de ser negro.

Cando volveu a Louisville, Kentucky, organizaron unha caravana de homenaxe e foi recibido polo gobernador que dixo: “este es nuestro chico” ou algo semellante. Os días posteriores, Junior levaba sempre a Medalla pendurada no peito, como se fose o pasaporte para pasar por riba das barreiras da discriminación. A lenda conta que Junior, un amigo e a Medalla acudiron un día a un restaurante do East End de Louisville. Restaurante do que foron botados, sen servirlles por ser negros, unha malencarada camareira lembroulles que nin Medalla nin farrapos de gaita. Convencido de que para unha parte do seu país sempre sería un nigger, un negrata, un puto negro a pesar da Medalla. Junior colleu o coche. Conduciu ata o Río Ohio, e no treito onde apareceu o cadáver de Stitch detivo o vehículo. Baixou e xa na beira do río, cunha forza proporcional á rabia e á impotencia acumulada en anos de discriminación, tirou a Medalla de Ouro ás augas do Río Ohio.

Imaxino que xa o sabedes, pero polas dúbidas. O nome completo do Junior é Cassius Marcellus Clay Junior, nos nosos días, tamén coñecido como Muhammad Ali. The Black Superman.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Yemayá Revista
México Sobrevivir en la frontera: el cuerpo como moneda de cambio
En Tapachula, punto clave de la frontera sur de México, miles de mujeres migrantes permanecen atrapadas sin poder seguir su camino hacia Estados Unidos.
Guerra en Ucrania
Conflicto bélico Rusia y Ucrania acuerdan un principio de alto el fuego marítimo a instancias de Estados Unidos
La Casa Blanca emite dos comunicados que coinciden en señalar una tregua en el Mar Negro y en prometer trabajo para el final de los ataques energéticos por ambas partes.
Opinión
Opinión ‘Severance’ o la decadencia audiovisual de Estados Unidos
La segunda temporada de la serie estrella de Apple TV abandona el conflicto laboral y se centra en el amor como principal eje argumental.
#78645
31/12/2020 18:49

Muhammad Alí era el José Legrá de la división de los pesos plumas y José Legrá era el Muhammad Ali de la división de los pesos pesados. 🇺🇸🇨🇺🇪🇸

0
0
Contaminación
Contaminación Un municipio galego demanda á Xunta pola contaminación do encoro das Conchas
A veciñanza das Conchas, na comarca da Limia, leva á Xunta ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pola contaminación provocada debido á cría intensiva de gando porcino e avícola.
Madrid
Derecho a la vivienda Consumo abre expediente a Alquiler Seguro por prácticas abusivas contra los inquilinos
La decisión del Ministerio de Pablo Bustinduy, según el Sindicato de Inquilinas, “abre la puerta a la devolución de millones de euros a las inquilinas que reclamen sus derechos”.

Últimas

En saco roto (textos de ficción)
En saco roto Trayecto
“El objetivo principal de cualquier reunión es dejar convocada la siguiente”, dijo uno de ellos. Y el otro estuvo de acuerdo y añadió una anécdota sobre un encuentro en una casa palaciega que tenía de todo excepto una sala para reunirse.
Opinión
Opinión La impunidad machista de dar voz a un feminicida
‘El odio’ no es periodismo ni literatura, es violencia pretendidamente enmascarada bajo adjetivos altisonantes y referencias literarias que solo usan los egocéntricos para esconder sus carencias, es el orgullo del indocumentado.
València
València La jueza de Catarroja pide a la Guardia Civil que documente cuántas cámaras hay en el Cecopi
La instructora del caso de la dana ha encargado la elaboración de un informe sobre las instalaciones del Centro de Coordinación de Emergencia (Cecopi).
Madrid
Madrid La Sareb ejecuta con violencia el desahucio de dos jóvenes activistas en Carabanchel
Desde el Sindicato de Vivienda de Carabanchel apuntan a que la estrategia actual del ‘banco malo’ es vaciar cuanto antes este y otros pisos de su propiedad para especular con ellos antes su disolución definitiva.
Cine
Cine ‘No other land’: poner rostros y cuerpos al sufrimiento palestino
El documental ganador de un Oscar (y muchos premios más) vuelve a la actualidad a raíz de la agresión y detención sufrida por uno de sus codirectores, Hamdan Ballal. Ya ha sido puesto en libertad, si esta expresión aplica en un territorio ocupado.

Recomendadas

El Salvador
Ivania Cruz “El estado de excepción se está utilizando en El Salvador para gobernar en base al miedo”
A esta defensora de derechos humanos y comunitarios le allanaron su casa mientras se encontraba en un viaje internacional. Desde el exterior, denuncia la persecución del gobierno salvadoreño hacia su organización y hacia las comunidades que defiende.
Yemayá Revista
México Sobrevivir en la frontera: el cuerpo como moneda de cambio
En Tapachula, punto clave de la frontera sur de México, miles de mujeres migrantes permanecen atrapadas sin poder seguir su camino hacia Estados Unidos.