Racismo
É negra Kamala Harris? (Apunte sobre a anomalía racista)

O autor advirte sobre a posibilidade de que a fronteira política decisiva dos tempos vindeiros sexa entre sociedades dispostas á integración e outras decididas a pecharense en si mesmas.

Kamala Harris (Galiza)
A candidata á vicepresidencia dos EEUU, Kamala Harris. Foto: Twitter KamalaHarris
Catedrático de Filosofía en ensino medio. Coordinador Grupo DOXA de Filosofía
23 nov 2020 13:05

Aínda non sabemos como marchará Donald Trump e xa se da por descontado que dalgunha forma volverá. E enfrente, el ou quen lle suceda, pode ter á vicepresidenta electa Kamala Harris, por primeira vez reunindo as condicións de muller e integrante dunha minoría racial. Se superpoñemos a conversión do Partido Republicano dos EE UU ao credo do supremacismo branco coas ondas de inmigrantes que recibimos hoxe en Canarias como onte en Lampedusa ou Lesbos, podemos obter unha foto de alto contraste e, de paso, advertir que a fronteira política decisiva dos tempos vindeiros será entre sociedades dispostas á integración e outras decididas a pecharse en sí mesmas. Como na época da expansión colonial, en tempos do Black Lives Matter a diversidade racial volverá estar no disparadeiro, agora disfrazada de batalla cultural.

Opinión
Kamala y las dobles conciencias

Activistas antirracistas de EE UU celebran la llegada de Kamala Harris a la vicepresidencia de EE UU, mientras en Europa muchos sectores de las izquierdas la desechan porque “es neoliberal”, “no es lo suficientemente radical”, “no es antirracista”, “no es socialista”.

Alomenos xa non acreditamos no imaxinario da raza (a raza dos galegos! que dicía Vicente Risco), un concepto que “proven dunha selección arbitraria de certos rasgos macroscópicos (como a cor da pel), distribuidos de forma diferente entre certas poboacións humanas. É un concepto macroscópico, cuxos fundamentos son desmentidos pola visión microscópica e estatística da diversidade humana” (Edgar Morin). Desde que a xenética de poboacións comenzou a analizar a distribución de rasgos obtense o resultado de que a variabilidade xenética dentro dos supostos grupos raciais é maior que a variabilidade que se pode atribuir ás diferenzas entre eses grupos. En troque de “razas”, os xenetistas falan de “poboacións”, e a propia UNESCO recomendou nos anos 50 do século pasado sustituir a noción de raza pola de etnia, baseada en diferenzas culturais.

En troque de “razas”, os xenetistas falan de “poboacións”, e a propia UNESCO recomendou nos anos 50 do século pasado sustituir a noción de raza pola de etnia.

Pero o recurso á etnia non elimina o racismo. Non é só que as evidencias científicas non sexan hoxendía argumentos irrebatibles, cando cada quen se cre con direito a afirmar o que lle dite a súa persoal impresión e, pese ós avances no coñecemento, aumentan os negacionistas de todo tipo. Baixo a paraugas da etnia pode estar a mesma ideoloxía que agochaba o concepto de raza, o prexuizo da difusión de conxuntos homoxéneos de caracteres a todos os individuos dun grupo, que se transmiten como se dunha herdanza biolóxica se tratase, por máis que se presente baixo o disfraz da cultura, e unha xerarquía na que os brancos occidentais ocupan o cumio da evolución cultural. A etnia convértese nun significante tan esvaradizo como a raza, que pode ser un motivo de orgullo e identificación cando a ostentan grupos marxinados, pero un motivo de espanto (con razón) se oímos falar de política étnica. Unha ambivalencia que tamén pode afectar á nación ou á clase social, pero ese é outro tema.

A etnia convértese nun significante tan esvaradizo como a raza, que pode ser un motivo de orgullo e identificación cando a ostentan grupos marxinados, pero un motivo de espanto se oímos falar de política étnica.

Sexa como for, a diversidade racial forma parte das nosas percepcións máis obvias e por iso é das máis enganosas, onde conflúen os determinantes biolóxicos, as construccións culturais, os discursos ideolóxicos, a desigualdade económica e os mecanismos de poder, dimensións todas elas que pretenderon ter a clave dese fenómeno multiforme, imposible de reducir, e por iso tan controvertido. Como dí o antropólogo Marvin Harris, a metade da poboación mundial ten rasgos raciais que non encaixan nos estereotipos populares.

Ademáis están as decisións que cada un pode tomar sobre a propia orientación vital, máis aló das propias pertenzas. É obvio que o movemento polos dereitos civís non foi solo cousa de negros e que os avances cara ó universal teñen que ser transversais. Existe ademáis o denominado passing racial, que consiste en ser aceptado como membro dun grupo que non é o propio. En 2005 foi célebre o caso de Rachel Dolezal, unha profesora universitaria que dirixía a National Association for the Advancement of Colored People en Washington que resultou ser unha muller branca. O caso levantou indignación en sectores opostos ás políticas identitarias pero outros defenderon o seu dereito á autoidentificación.

Foi célebre o caso de Rachel Dolezal, unha profesora universitaria que dirixía a National Association for the Advancement of Colored People en Washington que resultou ser unha muller branca.

Fóra dun caso éticamente discutible (porque implicaba unha ocultación) o passing foi teorizado e utilizado como unha estratexia individual para eludir a discriminación, algo que eu non me atrevería a condenar sin matices, como na tráxicamente fermosa película Imitación á vida de Douglas Sirk (un caso inverso moito máis frecuente, que trataba dunha negra que quere pasar por branca). A cuestión problemática neste punto é quen determina a identidade racial? Determínaa a filiación? Trátase a todas luces dunha cuestión política, que recorda o sistema nazi de rastrexar ascendentes xudeos para asignar identidade independentemente da apariencia física, algo que tamén pasa en EE UU na procura de ascendentes negros. É realmente negra Kamala Harris? O seu pai é jamaicano e a súa nai hindú. Se nos atemos á cor da pel pois depende, por exemplo de como categoricemos as subdivisións (americanoasiática?, afroasiática?), pero tamén da identificación construida que cada un fai ou pode facer da súa vida, neste caso unha aceptación consciente da ascendencia paterna vinculada á Afro-American Association que conleva unha reivindicación da negritude. Polo tanto a resposta e que sí é negra, porque a súa filiación llelo permite pero tamén porque decide asumir ese rasgo de identidade. Como dí o filósofo angloghanés Kwame Anthony Appiah, a resposta á pregunta pola identidade é tan longa como un estea disposto a escoitar.

Nese repertorio que potencialmente se perde no rastrexo xenético e tamén cultural, o uso político das identificacións raciais é unha chave decisiva. Desde as xerarquías decimonónicas que se foron naturalizando en base a xustificacións supostamente científicas hasta os recentes sistemas de identificación racial traslúcese unha mesma obsesión coa pureza que é incompatible co avance dos coñecementos científicos. A branquitude, en especial en EE UU, formou parte das relacións de poder, esas que relegaron o non-branco como o “outro”, mentres o branco parecería que non ten raza senón que se sitúa na posición central, ostentando a posición do universal. Unha posición só aparentemente ventaxosa, ou ventaxosa en canto ás relacións de poder pero debilitante no tocante á construcción da transversalidade do humano, é dicir, da igualdade. Como dicía Nelson Mandela, os brancos tiñan que descubrir que o racismo lles perxudicaba tanto como ós negros.

A branquitude, en especial en EE UU, formou parte das relacións de poder, esas que relegaron o non-branco como o “outro”, mentres o branco parecería que non ten raza senón que se sitúa na posición central, ostentando a posición do universal.

O racismo é unha anomalía, tanto si o miramos desde unha perspectiva científica como desde uns mínimos de xustiza, pero lamentablemente iso non ten impedido a súa construcción histórica, política e cultural. É funcional nun sistema de distribución desigual do poder, nun sistema de explotación. E cada avance na conquista de dereitos foi invariablemente respondido polo supremacismo branco. A discusión sobre o escravismo na segunda metade do século XIX foi o cerne para o desenvolvemento das teorías racistas, e de feito a abolición da escravitude foi seguida pola segregación racial que seguiría vixente hasta os anos 60 do século XX (as chamadas leis de Jim Crow). Reaccións parecidas ocorreron co macartismo despois dos anos de F.D. Roosvelt, onde as reinvindicacións raciais foron especialmente impulsadas polo incipiente movemento comunista norteamericano, e ambos sucumbiron á mesma persecución. Tamén ocorre con Richard Nixon despois dos movementos polos dereitos civís dos anos 60, nese rearme decididamente WASP que servirá de punta de lanza para os inicios da revolución neoliberal.

Baixo este punto de vista a victoria de Donald Trump en 2016 pode verse como unha reacción defensiva en contra da ruptura histórica que supuxo a presidencia de Barack Obama, o primeiro presidente negro. Así que pode que Kamala Harris, se consigue a nominación en 2024, teña por diante un longo período para converter o racismo na anomalía histórica que aínda non é. O trumpismo cabalga unha vaga que se extendeu polo mundo e haberá que ver a súa capacidade para resistir á recente derrota electoral. As minorías xogaron un papel importante no triunfo de Joe Biden, pero seguirán activas e implicadas? Non será fácil dados os movementos tectónicos da xeopolítica, pero cando foi fácil o máis decisivo?

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Rumanía
Rumanía La ultraderechista Alianza para la Unión de los Rumanos de George Simion se destaca para la segunda vuelta
La extrema derecha rumana sale de nuevo reforzada pese a la eliminación de la carrera electoral de su otro representante, Calin Georgescu. La segunda vuelta de las elecciones será el 18 de mayo.
Estados Unidos
Estados Unidos Los millonarios pro-Israel riegan de dinero la campaña de Kamala Harris y Donald Trump
La campaña electoral estadounidense es ya la más cara de la historia. La vicepresidenta Harris y el expresidente Trump se han disputado el poder millonario de los lobbies sionistas en una contienda que se juega en pocos votos en siete estados clave.
Política
Estados Unidos La agenda del Armagedón: Kamala Harris, Donald Trump y la carrera hacia la destrucción
La próxima presidenta o presidente de EEUU se enfrentará a diversos retos que dividen la nación entre los que se encuentra la política de defensa nuclear
#75005
24/11/2020 1:38

Kamala Harris, primeira vicepresidenta negra en bombardear Iemen. Todo un logro si señor.

0
0
#74945
23/11/2020 13:38

Artigo tan ben escrito e documentado coma innecesario. A cuestión racial é tan americana coma o xenocidio. Ninguén discutía a negritude de Obama e iso non lle impediu destruír estados africanos e reinstaurar a escravitude. Un artigo que si leria do autor é com a cuestión de etnia, clase e estrato social veñen acompañadas polos novos movementos armados no chamado mundo árabe, despoies da derrota do panarabismo. Ou vería ben tamén un estudo sobre a cuestión étnica no reino de Marrocos e as bases do coflito entre Sahara occ. Marrocos e Mali.

Iso, pouco importa como se vexan a si mesmos a gringada se cando poñen un pé fóra do seu reino, todos somos "negros" ós seus ollos, e eles viran en brancos. E para un exemplo, o asasinato de Couso e o seu alegado asasino, un sarxento negro que nin pasou por unha vista preliminar para evaluar o seu delicto.
"O imperio nunca rematou"

3
0
#74980
23/11/2020 21:09

É obvio que o racismo é parte sustancial da nación norteamericana dun xeito que non ten parangón en Europa. Ou sí? En todo caso nunca deixa de ser útil mirarnos en espellos alleos. Eso non quita todos os racismos que hai polo mundo -pero igual axuda.

0
0
#75212
26/11/2020 11:31

É que non ten paragón.
O III reich, a Sudáfrica anglo-boer , a India de Modri ou a actual entidade sionista serían estados comparábeis. O q acontece en Europa co pobo romaní, por exemplo, é racismo pero non é legal institucionalizalo, aí temos os conflitos de Bruxelas con países Visegrado, ou mesmo as "desculpas" do goberno sueco cando recoñeceu que esterilizaban mulleres romanís durante décadas.

E a cuestión étnico identitaria reprodúcese na Europa por todas partes e coas súas propias dinámicas, e a veces coma consecuencia doutros fascismos-racismos, coma o do Estado islámico (impulsado por Obama, por certo).

Ollar o espello americano, agora, é máis colonialismo, é máis ver o mundo cos seus ollos, é seguir debullando en cuestións que son o mesmo alicerces de America desque o Mayflower bateu na rocha Plymouth. O imperio en 1991 soñaba co século americano e agora está por ver se sobreviven. Insisto: encantaríame ler como o veleno que espallou occidente en forma de racismo e fanatismo relixioso impactou nos pobos que o sufriron. Ou dar o salto (hehe) e vencellar dunha santa vez protestantismo e racismo, porque para ben ou para mal, non estamos todos no mesmo barco, non vemos o mundo da mesma forma e o que suceda nun lugar non é o anticipo total do que virá en lugares "máis atrasados". Podemos ser uns desgraciados por deméritos próprios, non? Saúdo e obri por responderes.

0
1
Galicia
Galicia A Xunta aprobou a celulosa de Altri argumentando que a súa cheminea de 75 metros sería “icónica”
O Informe de Patrimonio Cultural, favorable á multinacional, emitiuse con base en dúas encargas externas, contratadas e pagadas pola empresa ao ex presidente e ao actual tesoureiro de Icomos-España.
Alemania
Alemania Friedrich Merz es elegido canciller alemán por la gran coalición tras una jornada de suspense
El nuevo canciller alemán supera una votación extraordinaria tras un sonoro fracaso en su primer intento. Los conservadores gobernarán con el partido socialdemócrata.
Israel
Israel Netanyahu acelera los planes de ocupación total de una Gaza diezmada por el hambre
El ejército israelí quiere movilizar a 30.000 reservistas para una nueva expansión de la ofensiva sobre Gaza. Las organizaciones dependientes de la ONU alertan de la hambruna y las enfermedades en un enclave en el que escasea el agua potable.

Últimas

Comunidad de Madrid
Comunidad de Madrid Madres organizadas contra los arrancamientos piden una reunión con Infancia
Pamela L.C. ve a su bebé dos horas a la semana después de que se lo retiraran dos días después de su nacimiento. Ella y otras madres han decidido organizarse para pedir medidas que frenen los arrancamientos.
Madrid
Madrid Sareb amenaza con desahuciar el centro social La Animosa, en Hortaleza
Los colectivos que participan del centro social okupado, y que han dado vida a este espacio durante los últimos cuatro años, convocan a defender su permanencia aunque se ha retrasado la fecha de desalojo hasta el 26 de mayo.
Opinión
Opinión España ya roza el 2,5% en gasto militar
Según el autor, investigador del Centre Delàs, el gasto militar real del Estado español será de 40.457 millones de euros y representará respecto al PIB el 2,48%. A esto se sumarán las inversiones comprometidas en programas de armamento.
Comunidad de Madrid
Universidad pública El alumnado de la UNED denuncia el “modelo antipedagógico” tras la supresión de tutorías presenciales
El proceso de eliminación de clases se remonta a 2008, aunque ha sido este año, con el nombramiento Claudia Sevilla como directora de centros asociados de Madrid, cuando el gobierno de Ayuso “ha pisado el acelerador”.
Opinión
Opinión El rentismo es racismo
La posición de las personas migrantes y racializadas en el conflicto del alquiler nos coloca como sujetos esenciales e imprescindibles en la lucha por la vivienda.

Recomendadas

Laboral
Laboral Coidar sen dereitos: a loita das traballadoras nas residencias privadas de Galiza
Sen tempo nin medios para ofrecer uns coidados axeitados, alertan dunha situación insostible nos centros e denuncian a privatización dun servizo a costa do benestar das persoas maiores e dependentes.
Alemania
Alemania Ines Schwerdtner: “Los conservadores tienen esta estrategia de normalizar la AfD, pero eso ha salido muy mal”
De profesión periodista, Ines Schwerdtner ha sido una de las responsables del ascenso de Die Linke, un partido que pasó de no aparecer en las encuestas a superar el 8% en las elecciones de febrero.