Represión
Ordenanza mordaza: o Concello de Lugo contra as súas cidadás

Lugo prepárase para unha manifestación que pretende reivindicar a liberdade das súas cidadás e frear o borrador da Nova Ordenanza de Convivencia e Seguridade Cidadá, máis coñecida como Ordenanza Mordaza.

Lugo sen mordazas Castelao
Mural da Plataforma Lugo sen mordazas
26 sep 2018 09:23

Agrupadas baixo o nome Lugo Sen Mordazas, máis de trinta asociacións levan meses denunciando o ataque que supón para as liberdades esta Ordenanza que o concello de Lugo, baixo o mando do PSdG-PSOE, co apoio de PP e Ciudadanos e coa axuda da Policía Local, pretende aprobar. Creada baixo a escusa de que Lugo ten moitos problemas que precisan atención urxente, esta ordenanza parece máis ben unha forma de recadar fondos a través da poboación, e un intento de controlar e reprimir calquera tipo de acción por parte da cidadanía.

“É como se Lugo volvese ao franquismo con leis que recordan ás de Vagos e Maleantes”, denuncian desde Lugo Sen Mordazas. “Hai dous modelos de cidade posibles, e este busca criminalizar a pobreza, a vida en comunidade, o uso dos espazos públicos e as protestas. É evidente que a filosofía que subxace a esta ordenanza é a que procura cortar coa vida comunitaria, xusto o contrario ao que reivindicamos desde esta plataforma”.

Lugo Sen Mordazas propón e quere un modelo vivo de cidade, con tecido social e apoio entre cidadás, algo que é imposible se se chega a aprobar esta Ordenanza que ademais de anacrónica é, para moitas, absurda.

“A Ordenanza está dividida en tres bloques fundamentais”, di Fran, de Lugo Sen Mordazas. O primeiro fala da vida na cidade, e pretende prohibir os xogos dos nenos na rúa, castigando con multas desproporcionadas o que son simples faltas de educación que se poden solucionar falando”. Cuspir no chan, timbrar nas casas dos veciños sen motivo ou subir ás árbores non deberían ser sancións cando son faltas que, como moito, poderían requirir un toque de atención, non 750 euros de multa, ou máis, que poucas poden pagar. “Ademais están aquelas partes da ordenanza que directamente son absurdas e non se entende moi ben como pretenden controlalas”. Sacar as cadeiras á rúa, algo que moitas fan cando chega o bo tempo, arrastrar mobles pola casa, facer chamadas de brincadeira á policía (o que pode implicar ata 1500 euros de multa) ou dicir palabras soeces, sen sequera especificar que queren dicir con isto.

A intención é clara, privatizar o espazo público facendo que xa non poida ser un lugar no que toda a cidadanía comparta momentos e goce das rúas. As celebracións cando se gaña un campionato deportivo, facer parkour... todo iso vai estar altamente controlado ou directamente prohibido con esta nova Ordenanza. E para os nenos, que hoxe en día pasan cada vez menos tempo fóra, implicaría que se encerren aínda máis na casa, xa que xogar na rúa pode provocar multas inmensas para as súas familias.

A intención é clara, privatizar o espazo público facendo que xa non poida ser un lugar no que toda a cidadanía comparta momentos e goce das rúas

O segundo bloque é un ataque directo aos sectores máis vulnerables da sociedade, criminaliza a pobreza e é directamente clasista. “Converte á xente que pide esmola, ás traballadoras sexuais, a figuras como os “gorrillas” ou as persoas que venden cousas a cambio da vontade –como as que venden chisqueiros nos semáforos– en delincuentes, multándoos no canto de dar unha solución para estas persoas que non teñen recursos e teñen que sobrevivir como poden”, denuncian desde a Plataforma. Os músicos que queiran tocar na rúa ou que se adiquen a outro tipo de expresións artísticas poderán ser multados tamén. Do mesmo xeito durmir no espazo público pasa a ser tamén un feito punible segundo esta Ordenanza.

Cartel Lugo sen mordazas
Cartel da convocatoria da manifestación do mércores 26 de setembro
E por último está a terceira parte, a que fala do activismo nas rúas. Coa Ordenanza Mordaza –se non se pide unha autorización previa– pódese multar con ata 1500 euros as manifestacións, o reparto de propaganda, a recollida de sinaturas ou colocar mesas informativas por parte de asociacións culturais ou colectivos políticos, cando antes con avisar ao Concello xa era suficiente. “Isto implica un control político sen precedentes, xa que será o Concello o que decide se dar ou non esas autorizacións”, advirten desde Lugo Sen Mordazas. A isto hai que lle engadir que, se nunha asociación ou colectivo se reiterasen as faltas, o Concello resérvase o dereito de clausurar as súas actividades durante tres anos ou incluso indefinidamente. Foméntase ademais o “chivatazo” entre veciñas, xa que a lei permitiría sancionar a persoas individuais que se atopen nun lugar público no que haxa, por exemplo, unha manifestación ou recollida de firmas, aínda que estas non estean participando delas.

“O que desde Lugo Sen Mordazas temos claro é que a seguridade non a dá a mordaza, senón a comunicación e o apoio entre as veciñas. O que o Concello debería facer é dar máis axudas sociais e pensar menos en multar ás súas cidadás”, di Fran. “Parece raro que unha Ordenanza que pensa na veciñanza vaia tanto en contra das súas veciñas e da propia cidade”, denuncian. E do que non parece querer falarse desde o goberno de Lara Méndez é da terrible situación na que se atopan as rúas lucenses, sen que desde o Concello se faga moito ao respecto. Zonas onde a herba é tan alta que non se poden usar os bancos, paredes sen pintar que quebran, muros cheos de sinaturas e pintadas que máis ben emporcallan a zona vella, pero que non parecen molestar tanto ao goberno como as pintadas e cartaces de Lugo Sen Mordazas ou os murais con contido artístico ou reivindicativo.

O Concello de Lara Méndez non deixa de borrar os murais e os seus carteis da plataforma cidadá sen dar un motivo

“Parece unha campaña por parte do Concello e de medios como El Progreso ou La Voz de Galicia contra as pintadas de Lugo, e meten os graffitis, os murais de contido artístico e as pintadas políticas no mesmo saco. Din ademais que son os veciños os que chaman para pedir que as quiten, pero existen moitas dúbidas sobre que isto sexa así”, afirman desde Lugo Sen Mordazas. O Concello de Lara Méndez non deixa de borrar os seus murais e arrancar os seus carteis sen dar un motivo. Primeiro foi un mural reivindicativo que se fixo nun soar abandonado, na rúa San Roque, que tardou menos de tres días en ser borrado. A el seguíronlle outros dous como resposta, un no que se podía ler “Aquí censurouse unha expresión artística”, que desapareceu en menos de dous días, e outro, cun debuxo de Castelao que se creou un mércores noite, e que o venres tamén foi borrado de mala maneira. O que chama a atención á Plataforma é que se borren estes murais, feitos con esmero, mentres non se limpan outras pintadas que parecen máis ben borróns. Tamén parece estraño que se tapen os murais sen pedir previo permiso aos donos dos muros onde se están pintando, xa que se trata de propiedades privadas. “Vendo que moitas veces deixan as paredes igual de sucias que antes, podemos dicir que non os limpan porque lles preocupe a estética, senón que hai un motivo censurador detrás”, din desde Lugo Sen Mordazas. E ademais, o Concello non ten en conta o esforzo que implica facer estes murais e o mal que quedan as rúas cando simplemente blanquean por riba. Pero o que a Plataforma ten claro é que non vai deixar de facerse visible como poida, e por iso tamén colgaron un cartel no edificio Garañón: símbolo da corrupción e do deixe da cidade por parte dos políticos que a gobernan.

Acción Lugo sen mordazas
Acción da plataforma Lugo sen mordazas no edificio O Garañón, "exemplo de corrupción urbanística".
E os ataques non son só contra a arte reivindicativa, hai uns meses un dos activistas de Lugo Sen Mordazas foi multado con 300 euros por pedir sinaturas para a retirada da Ordenanza Mordaza na Praza de Santo Domingo. “En teoría foi porque non tiña permiso, pero chama a atención que outros postos que estaban na mesma praza e tampouco pediran permiso non tiveron ningún problema coa policía”, recalca Fran. “Se é un espazo público, todas deberiamos ter dereito a usalo”, denuncia.

Por todo isto, a Plataforma Lugo Sen Mordazas convoca unha manifestación para este 26 de setembro ás 20:30 na praza lucense de Santa María. “Levamos moito tempo traballando contra o que sería un ataque imperdoable á liberdade nas rúas da nosa cidade. Fixemos asembleas, actividades para achegarnos a tódalas veciñas, contacontos, cine de barrio, falamos co Concello antes de que empezase esta política tan agresiva cara a nós, e cremos que agora é o momento de facer unha manifestación, para acadar todo o apoio posible e darnos aínda máis visibilidade. É unha manifestación para todas, sen excepcións, para reivindicar o espazo público e as nosas liberdades”, din desde Lugo Sen Mordazas. “Animamos á xente que veña á manifestación que, se pode, chegue media hora antes, porque temos unha actividade previa para que cadaquén cree o seu propio cartaz”.

Pero a plataforma non perde a esperanza, xa que non é a primeira vez que un municipio consegue tirar abaixo unha Ordenanza Cívica (no 2016, a xustiza de Baleares anulou unha que se pretendía aprobar desde o Concello de Palma). Esta Ordenanza está ademais chea de leis que van en contra da lexislación vixente e non respecta moitos dos dereitos e liberdades civís máis básicos. Pero mentres non quede claro que non se vai aprobar, desde Lugo Sen Mordazas pensan seguir loitando, saíndo á rúa e berrando todo o que fala falta para que a cidade de Lugo siga sendo unha cidade viva e inclusiva, unha cidade para todas.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Represión
Represión Una marcha reclama la liberación de los seis de Zaragoza tras un año en prisión
Organizaciones como Amnistía Internacional han expresado su preocupación por este caso, apuntando a posibles vulneraciones de derechos y al aumento de la represión de la protesta social.
Catalunya
Represión El 65% de los casos de violencia institucional en Catalunya se archivan sin que se complete la investigación
El informe sobre violencia institucional de Irídia, expone que en 32 de 49 casos de violencia institucional la causa se archivó sin que se realizarán al completo las diligencias de investigación que el Tribunal Constitucional considera correctas
Libertades civiles
Represión La cifra de ejecuciones por pena de muerte en el mundo superó las 1.500 en 2024
Amnistía Internacional denuncia que es la cifra más alta desde 2015 y que hay Estados que están utilizando la pena de muerte como arma contra manifestantes y grupos étnicos.
Minería
Minaría Bruxelas cava fondo: litio galego para o novo militarismo europeo
No medio do rearme ordenado pola UE, Galiza entra no ámbito xeopolítico como potencial provedor de litio para a industria de defensa. Un enclave de alto valor ecolóxico en Doade (Ourense) converterase en canteira de baterías militares.
Galicia
Galicia La UE cava hondo: litio gallego para el nuevo militarismo europeo
En pleno rearme ordenado desde Bruselas, Galicia entra en el tablero geopolítico como potencial proveedor de litio para la industria de defensa. Un enclave de alto valor ecológico en Doade (Ourense) se convertirá en cantera para baterías militares.
Camboya
Camboya 50 años del inicio del genocidio en Camboya
El régimen de Pol Pot acabó con la vida de más de dos millones de personas. Solo tres integrantes de los Jemeres Rojos han sido condenados por crímenes contra la humanidad.
Palestina
Genocidio Israel sigue atacando hospitales, la ONU habla del peor momento en los 18 meses de asedio
No hay tregua en Gaza, donde Israel ha recrudecido las matanzas y sigue sin permitir el acceso de alimentos y productos de primera necesidad. La ONU denuncia asimismo el asesinato de más de 70 civiles en Líbano.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'Sorda' o debut persoal de Eva Libertad chega a 'O Teleclube'
A directora murciana estrea a súa ópera prima ao carón da súa irmá e protagonista, Mariam Garlo.
Crisis climática
Balance climático El Mediterráneo se consolida como zona especialmente vulnerable al cambio climático
Las víctimas de la dana suponen dos tercios de las muertes por fenómenos extremos en Europa en 2024, según un informe conjunto de Copernicus y la Organización Meteorológica Mundial que hace un balance climático del continente el pasado año.
Barcelona
Barcelona Activistas de los derechos humanos piden la retención de un barco dispuesto para armar a Israel
La naviera Maersk está transportando estos días componentes para los cazas F-35. El Estatuto de Roma sobre genocidio contempla acciones legales contra las empresas que favorecen las masacres.
Opinión
Opinión La coherencia de las políticas de Trump
No se pueden entender los aranceles de Trump sin su lucha por el control de los recursos minerales, sin Groenlandia, Ucrania o la República Democrática de Congo.
Partidos políticos
CIS de abril La ultraderecha recorta votos al PP arrastrada por el efecto Trump
El barómetro de abril vuelve a situar al PSOE como fuerza más votada. La izquierda española sigue su contienda por todo lo bajo.
El Salto n.78
El Salto 78 Nueva revista, viejas injusticias: hablemos de Violencia Institucional
En el último número de la revista de El Salto dedicamos la portada y nuestro “Panorama” a una de las violencias que sufren las mujeres solo por el hecho de serlo, la que aún a día de hoy emana de un sistema irracional y patriarcal.

Recomendadas

Comunidad de Madrid
Memoria histórica Contra la basura y el olvido: tras la pista de los cuerpos y de la memoria de los brigadistas internacionales
El Salto acompaña a un contingente internacional de políticos, políticas y activistas en una ruta en memoria de los brigadistas internacionales que acudieron a luchar a España contra el fascismo, en un ejercicio inspirador para el presente.
Poesía
Culturas Joan Brossa, el mago que jugó con la poesía para reinventar el poder de la palabra
Casi inabarcable, la producción creativa de Joan Brossa se expandió a lo largo —durante medio siglo XX— y a lo ancho —de sonetos a piezas teatrales, pasando por carteles o poemas objeto— para tender puentes entre el arte, la política y el humor.
República del Sudán
Sudán Cara a. Un Sudán en guerra
Se cumplen dos años de una guerra que ya deja más de 13 millones de personas desplazadas y más de ocho millones de sudaneses al borde de la inanición.
Galicia
Galicia La TVG se gasta 839.772 euros en un programa de Miguel Lago y deja de emitir nuevas entregas tras hundirse en audiencia
El programa ‘O novo rei da comedia’ apenas llegó a los 36.000 espectadores de media en su estreno y cayó en picado en su hasta ahora última emisión al 3,4% de cuota de pantalla en una cadena que tuvo de cuota media en marzo un 8,1%.