Medio rural
Educación social contra a seca do rural

Xorde Outonía, un proxecto de educación social que aposta pola sustentabilidade rural.
Outonía 1
O equipo de Outonía. Foto: Estela Barone
15 may 2021 09:00

Trevinca, Courel e Macizo Central Ourensá son os tres puntos desde os que xorde Outonía, unha cooperativa levada por tres educadoras sociais. Propuxéronse como obxectivo garantir ás comunidades do medio rural galego o acceso a espazos educativos, culturais e de reflexión para mellorar a calidade de vida individual e colectiva do campo galego.

Contra a desigualdade

A igualdade de dereitos no ámbito xurídico é xa un fundamento das nosas democracias. Porén, a cousa estrágase na desigualdade relacionada coa accesibilidade que cada quen ten aos seus dereitos sociais e aos recursos básicos. A exclusión territorial, a estigmatización ou a precarización son algúns dos factores que afastan a poboacións enteiras de ter garantidos os servizos que lles fagan vivir unha vida digna.

É sobre esta fenda na que traballa a educación social que, segundo Andrea Rico, educadora social e parte da cooperativa Rexenerando: “É tan ampla como a sociedade e os contextos sociais en que vivimos. A educación social é un campo de estudo e de investigación e tamén unha profesión e unha praxe. É, sobre todo, un dereito social”.

Con todo, no medio rural galego, a educación social é un dos moitos dereitos aos que non se ten un acceso doado e é xustamente por iso que esta profesión se fai moito máis necesaria, xa que se encarga de garantir dereitos e ampliar perspectivas nas poboacións co obxectivo da transformación e do crecemento social.

Tania Sánchez, como unha das fundadoras de Outonía e como unha habitante do medio rural, recoñece a precaria situación pola que está a pasar o campo e as comunidades que habitan nel: “Levamos anos arrastrando un desmantelamento progresivo de todos os servizos, de todas as comodidades para a vida, da falta de emprego... A xente que vivimos no Macizo Central, por exemplo, temos que ir até o hospital comarcal que están a desmontar. E, ademais dos servizos, tamén se están a desmantelar as redes comunitarias. Ao final, que nos queda?”

Dar valor ao propio

Para reverter os estragos desta crise, Paula Carrera, Araceli Macías e Tania Sánchez deron forma á cooperativa de educación social e sustentabilidade rural Outonía, desde a cal traballan, deseñan, aplican e avalían proxectos educativos propios, ao tempo que acompañan o proceso doutras iniciativas. “Traballamos tanto coa administración local como con entidades privadas. Antes que outra cousa, facemos unha investigación previa, detectamos as necesidades socio-educativas do territorio e intentamos responder a estas e ás necesidades que mesmo non se sabía que estaban alí. Outra das liñas que temos é a recuperación da identidade porque iso si que o detectamos bastante: as identidades están moi desconfiguradas, non hai un valor ao rural ou un apego á terra”, comenta Sánchez.
“Hai que reverter a subalternización do rural,tomar de conciencia do valor das persoas que o habitan, dos seus saberes, dinámicas e valores”

Nese sentido, o equipo de Outonía traballa para facilitar experiencias que promovan a toma de consciencia e que nos axuden a decatarmos do lugar que ocupamos no mundo. Así,  ser capaces de recoñecer as problemáticas e as ameazas ás que nos enfrontamos para facer unha diagnose da nosa realidade e poder identificar os factores que están a impedir o noso benestar. Para Andrea Rico, a educación social é imprescindible, pois promove o desenvolvemento das comunidades: “Dá a posibilidade de tomar consciencia das nosas necesidades, desexos e dereitos, así como das nosas capacidades individuais, colectivas e dos recursos cos que contamos; de activar todo iso para garantir vidas e espazos máis xustos onde se respecten os dereitos en sentido amplo. No ámbito rural, ten que ver con esta toma de consciencia do seu valor, con reverter toda esta subalternización do rural e de reconstruír o valor das persoas que o habitan, dos seus saberes, dinámicas e valores”. 

A falta e apoio institucional

A pesar da potencia transformadora da educación social e de ser considerada un dereito da cidadanía, tanto no medio rural como no urbano, é unha profesión bastante invisibilizada e pouco recoñecida. Iso leva tanto á precarización dos seus profesionais, como o desamparo das comunidades. “Tristemente, as administracións locais non contan nin poñen os recursos necesarios para garantir contextos socioeducativos de calidade e estables. Falo de opcións de ocio educativo e de lecer para a infancia, para as persoas maiores”, reflexiona Rico e engade: “Esta falta de recursos devén noutra grande eiva que ten que ver coa pouca planificación con traballadoras precarizadas que non poden desenvolver o seu traballo a medio ou longo prazo”.

Neste contexto resulta evidente a relevancia do traballo que se fai desde Outonía, que, a pesar de ser un proxecto novo, desenvolveu xa varios espazos socioeducativos dirixidos a diferentes sectores da poboación rural. No ano pasado, recolleron a memoria e a historia da comunidade a través dos relatos das mulleres do Concello da Veiga. O mesmo ano, no Concello de Trives, organizaron un proxecto sobre o autocoidado e o autocoñecemento para mulleres e persoas non binarias. Tamén desenvolveron eventos dirixidos ao apoio dos distintos tipos de creadoras no rural. Nesta ampla oferta, na que non falta a educación ambiental, o fío común indiscutible é o medio rural. Tania Sánchez compártenos un pouco sobre o que están a desenvolver actualmente: “Estamos traballando un proxecto de educación afectivo-sexual para a prevención da violencia de xénero nos institutos do Concello de O Barco de Valdeorras. Queremos darlle a volta aos típicos obradoiros de educación afectivo-sexual facendo o proceso moito máis vivencial, centrado en que entendan que, ao final, a sexualidade é algo holístico, integral, que non se pode comprender en partes”.

“As pedagoxías alternativas, a inclusión da diversidade, a perspectiva de xénero e a sustentabilidade ambiental son os principios sobre os cales Outonía elabora os seus proxectos”

Así, a pesar de todas as dificultades que supoñen a falta de apoio das administracións, a carencia de servizos no rural e a precarización da profesión, as integrantes de Outonía están enfocadas en transformar o medio en que viven e volvelo un espazo en que se poida levar unha vida digna e sustentable: “Hai que poñer sobre a mesa os problemas, pero tamén  defendemos a idea de que hai que traballar nas alternativas, porque sempre se pon o medo sobre a mesa. E a cultura do medo non é o que ten que imperar. Teñen que imperar as redes, a xeración de comunidade; poñer o rural sobre a mesa porque ten infinitas posibilidades: tantas ou máis que unha cidade”, manifesta Tania Sánchez.

O coidado como eixe

As pedagoxías alternativas, a inclusión da diversidade, a perspectiva de xénero e a sustentabilidade ambiental son os principios sobre os cales se elaboran os distintos proxectos e eventos de Outonía. E, ao contrario do que se acostuma facer en moitas iniciativas de intervención social que se relacionan coas persoas a partir de certo carácter impositivo e adoutrinante, o coidado e respecto polas comunidades coas que se traballa é fundamental para as educadoras sociais de Outonía incluso aínda desde a concepción e planificación do proxecto. “Antes de empezar calquera cousa, temos primeiro que vincularnos coa comunidade para saber que precisa, facer unha diagnose. Logo sentamos e avaliamos de novo o proxecto antes de sacalo á luz para preguntarnos: somos o suficientemente sustentables?; respectamos a identidade do territorio?; temos algunha premisa de igualdade que necesitemos mudar?; estamos sendo inclusivas e estamos a ter en conta todos os colectivos?”, cuestiona Sánchez.
“As persoas adoitan esquecer que vivir en sitios deshabitados ou máis afastados dos núcleos urbanos non quere dicir que non teñamos dereitos. Todo o contrario”.

As compañeiras de Outonía chegaron á conclusión de que para o coidado do traballo, de se mesmas e das comunidades coas que traballan, era fundamental dedicarlle o tempo preciso. Desde alí xorde a súa premisa de xestar todos os proxectos “como se facía no rural toda a vida: a lume paseniño, cociñado ao xeito dunha cociña de leña, con moito amor e tranquilidade. Tranquilidade no sentido de ter o tempo e espazo necesario para poder preguntarnos: está ben feito o que facemos?”, sinala a integrante de Outonía, Tania.

Tomar as rendas

Esta cooperativa de educación social non ten ánimos de lucro, pois para as coordinadoras é indispensábel poñer a vida no centro, sempre antes dos valores do capital. Con todo, son conscientes de que a remuneración digna do seu traballo non debe de ser unha cuestión excluínte ao autocoidado nin aos tempos dedicados á reprodución da vida. Sánchez comenta ao respecto: “Nós queremos vivir ben, facendo o que nos gusta. Ter a posibilidade de habitar o rural con pleno dereito. As persoas adoitan esquecer que vivir en sitios deshabitados ou máis afastados dos núcleos urbanos non quere dicir que non teñamos dereitos. Todo o contrario: temos moitos, o que pasa é que se acostuman a que, como somos poucas e estamos máis ou menos desorganizadas, non o reclamamos. Pero non hai que se acostumar a que sexa así”.

Deste xeito, a cooperativa de educación social e sustentabilidade rural traballa nos recunchos do noso país —especialmente en territorios de Ourense e Lugo— para procurar o desenvolvemento comunitario integral, a democratización do acceso aos recursos públicos, á cultura e a todos os dereitos, o que para Andrea Rico non é outra cousa que traballar pola xustiza social.

Outonía 3
Foto: Estela Barone

Seguindo a iniciativa do Consello Xeral de Colexios de Educadoras e Educadores Sociais estatal, que no 2016 presentou ante o Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade e ante o Congreso dos Deputados, unha solicitude para a creación dunha Lei Do Dereito á Educación Social, o Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia solicitou no 2017 á Xunta a creación dunha lei galega do dereito á Educación Social para regular a profesión e garantir o seu exercicio e desenvolvemento como un dereito da cidadanía. Ningunha das dúas peticións tivo resposta até o de agora, case cinco anos despois.

Xa que logo, vivimos no medio deste contexto que demostra un desinterese xeneralizado pola educación social e, polo tanto, polo benestar, o desenvolvemento e polo acceso aos dereitos básicos da cidadanía. Porén, por cada ben e servizo que desmantelan, hai unha resposta da poboación para mantelos. Outonía xorde desa pulsión de resistencia, amor e defensa pola vida.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

El Salto Radio
EL SALTO RADIO Cultura y resistencia desde América del sur
Cuatro historias sonoras de experiencias creativas y comunitarias en algunas ciudades de Perú, Argentina y Paraguay
Pop
El Salto Radio Podcast | Disputar la nostalgia
La nostalgia tiene mala prensa entre la izquierda, como la tenía para la productividad capitalista antes del descubrimiento de que te la pueden vender con palomitas.
A Catapulta
A Catapulta Poesía, música e sobremesas
O dúo Columna Vegana conxuga na súa proposta o humor, a poesía, o social e a intimidade compartida
#90170
16/5/2021 9:44

Moitas grazas polo artigo Sara, pon de manifesto a importancia da Educación Social como dereito das persoas, principalmente, daquelas que se atopan en territorios de maior vulnerabilidade social. A Educación Social e a base do desenvolvemento comunitario!
Parabens!

1
0
Laboral
Laboral Investigada unha rede empresarial que explotaba a 82 migrantes nunha granxa de Lugo
Polo de agora, tres persoas responsables da granxa de Begonte centran as investigacións da Garda Civil. As 82 persoas explotadas vivían nun hotel de Ordes (A Coruña) que non tiña sequera licencia de hostalaría.
Galicia
Galicia ¿Quién es quién en Greenalia? La empresa que quiere otra celulosa en Galicia y arrasa olivares en Andalucía
Los tentáculos del entramado empresarial tras esta corporación tocan a gran parte de la oligarquía gallega. Desde medios de comunicación como 'La Voz de Galicia' hasta equipos de fútbol como el Deportivo o entidades financieras como Abanca.
Estados Unidos
Extrema derecha Trump anuncia un campo de concentración para 30.000 migrantes en Guantánamo en el 80 aniversario de Auschwitz
La estrategia de llevar la detención de migrantes a territorios lejanos, opacos y sin garantías de derechos también ha sido la opción elegida por la Unión Europea en el último año.
Salario mínimo
Pacto bipartito Trabajo y sindicatos acuerdan la subida del salario mínimo en 50 euros sin el apoyo de la patronal
Díaz anuncia un acuerdo con los sindicatos que llevará al Congreso de Ministros de forma “inminente” la propuesta del Ministerio de Trabajo. Los sindicatos proponían una subida de 66 euros y la patronal, de 34 euros.

Últimas

Madrid
Justicia El fiscal general del Estado, en el alambre, declara como investigado ante el Supremo
Álvaro García Ortiz acude al alto tribunal a explicar su versión de las filtraciones denunciadas por el entorno de la pareja de Isabel Díaz Ayuso. Es la primera vez que un fiscal de su categoría declara como investigado.
Pensiones
Revalorización de las pensiones Los pensionistas no se fían y salen a la calle tras el rechazo al decreto ómnibus
Coespe convoca a manifestarse este viernes 31 frente a la sede del PP tras la “posición negativa de la derecha ultranacionalista, sea española o catalana”.
Energías renovables
Energías renovables en Madrid El Centro Cultural Palomeras quiere ser autosuficiente, los préstamos de sus vecinos pueden conseguirlo
Una universidad pública y una cooperativa de energías renovables lideran el proyecto de préstamos que quiere convertir en autosuficiente al histórico centro educativo vallecano, y que busca reunir 150.000 en financiación ciudadana a un interés ético.
Israel
Sionismo Maccabi - Baskonia: no colaboremos con la banalización del mal
El partido de basket en Gasteiz es una oportunidad de oro para mostrar nuestra determinación a no contribuir al blanqueamiento del Estado genocida de Israel, oponiéndonos decididamente.
Más noticias
Comunidad de Madrid
Comunidad de Madrid Sin materiales, sin protección adecuada y sin financiación: los bomberos de Madrid denuncian “abandono”
La contaminación de los equipos de protección de cinco bomberos en un incendio en una nave de reciclaje hace levantar de nuevo la voz de los sindicatos, que ya tienen denunciada ante el TSJ de Madrid, la falta de financiación.
Cine
El Salto recomienda Diez películas y series en Filmin para acercarse a la diversidad de Andalucía
Una selección realizada por la periodista de El Salto Aurora Báez Boza sobre las mejores películas y series para descubrir las diversidades que habitan dentro de Andalucía
Dana
Tres meses de la dana “Aquí no llovió casi nada”
VV.AA.
Un vecino de Benetússer explica cómo la riada arrasó y cambió para siempre las vidas de miles de personas.
El Salto Radio
EL SALTO RADIO Cultura y resistencia desde América del sur
Cuatro historias sonoras de experiencias creativas y comunitarias en algunas ciudades de Perú, Argentina y Paraguay
Opinión
Opinión Monetizadores de la estupidez
Ser un chalado anticiencia puede llevar a pasearte por radios, televisiones y streamings porque eres rentable para gente sin un mínimo de ética periodística.

Recomendadas

Medio rural
Reportaxe As mulleres rurais soñan con deixar de ser heroínas
A falta de servizos básicos no rural é a primeira pedra no camiño de quen quere vivir e desenvolver os seus proxectos fóra da cidade. Aínda así, o rural galego atópase á cabeza en canto a titularidade feminina respecto á media do Estado español.
Literatura
Letras Galegas Da Sección Feminina do franquismo ao Cancioneiro Popular Galego: o pobo é quen canta e baila
As cantareiras protagonizarán o Día das Letras Galegas de 2025. Beatriz Busto e Richi Casás fálannos delas, de Dorothé Schubarth, do Cancioneiro Popular Galego e da dificultade de acceder aos arquivos sonoros que conservan as súas voces.
Jaén
Andalucía Lopera no quiere que Greenalia especule con sus olivos
Decenas de pequeños olivareros de la Campiña Norte de Jaén podrían perder sus terrenos en beneficio de una empresa que quiere talar los árboles para instalar siete parques fotovoltaicos.