Decrecimiento
Ideas de sobra

O libro ‘Nos sobran las ideas’ de Arnau Montserrat ofrece unha panorámica de propostas para a transición ecosocial

Coordinador do Instituto Resiliencia

15 nov 2021 09:43

Cantas veces teremos oído iso de que desde o Decrecemento non se fan propostas concretas? Calquera diría, escoitando os críticos deste movemento, que as persoas decrecentistas non fan máis ca criticar os males do crecemento perpetuo pero sen ofrecer alternativas. Tanto ten que sexan da dereita neoliberal, do socioliberalismo ou partidarios do Green New Deal: o mito da falta de propostas decrecentistas sólidas é transversal. Porén, desde o propio comezo do movemento, ou mesmo desde os seus precursores, ideas programáticas non é que falten, precisamente. Un exemplo local relevante témolo nas numerosas propostas políticas que foi elaborando desde hai unha década o colectivo Véspera de Nada, que ten abordado como realizar un decrecemento a prol da resiliencia e axeitado ás características do noso país tanto no plano local, como no galego e mesmo europeo. Algunhas delas foran incluídas na Guía para o descenso enerxético, un texto que está a vivir un renovado interese nestes tempos de crise enerxética imposible de disimular. Outro exemplo máis recente poden ser as medidas de choque para a resiliencia publicadas na revista 15/15\15.

Mais á vista está que fai falla insistir para desfacer o mito da falta de propostas prácticas realizables. Para facer máis visibles as alternativas que se propoñen desde o ecoloxismo social, o activista catalán Arnau Montserrat publicou hai uns meses un libro que está chamado a ser unha referencia notable nesta bibliografía das propostas para fuxir do peor dos colapsos: Nos sobran las ideas. Propuestario para una transición ecosocial. Froito dese período de reflexión ao que se veu forzado o activismo debido ao confinamento pola COVID, este horticultor en Can Masdeu e consultor alimentario do municipalismo ofrécenos nel unha minestra de ideas sumamente apetecibles, aderezadas cunhas potentes ilustracións do que probablemente sexa o creador gráfico máis comprometido co movemento en España, Miguel Brieva.

Nos sobran las ideas desmente o mito de que non existen propostas concretas para o Decrecemento

Apenas organizadas tematicamente (dereito, democracia, finanzas, economía, traballo, enerxía, tecnoloxía, territorio...) non pretenden conformar un programa coherente, senón un mostrario de orixes moi diversas pero cun denominador común: a transformación ecosocial. Isto é, non son propostas ecoloxistas, nin son propostas da esquerda social, senón que abranguen ambos os dous eixes ao mesmo tempo. Por suposto, a enorme cantidade de “ideas” fai inevitable unha certa incoherencia entre algunhas delas, ou que se perda nalgún momento de vista algún condicionante ecolóxico nas de carácter máis social (o caso máis frecuente), ou o condicionante social nas que atinxen máis ao medio ambiente (máis raro). Pero non é o obxectivo deste “panfleto” (así o define o autor, p. 21) ofrecer esa coherencia interna da que carecen mesmo os programas máis exhaustivos e detallados dos principais partidos políticos, así que non podemos poñernos tan esixentes cun traballo individual coma este, levado adiante co apoio de numerosos micromecenas e da editorial Pol·len. Ademais, cantos máis autores se citan nun traballo deste tipo, resulta máis improbable que uns teñan lido aos outros, e isto produce necesariamente inconsistencia entre non poucas das propostas.

Mais Arnau parece deixar nas mans dos colectivos sociais e activistas que lean estas páxinas, o traballo de detectar e resolver eses desencaixes na súa práctica ecosocial cotiá, aínda que iso o expoña a ser atacado por ese flanco polos contrarios a camiñar os descoñecidos carreiros que levan ao poscapitalismo. E tamén resulta vulnerable no sentido de que carece de crítica propia: isto é, parece moitas veces dar por sentado que todas as propostas que inclúe son perfectamente realizables, sen friccións non xa entre unhas e outras, senón sen problemas de aplicación como medidas aplicables individualmente. E iso é cando menos dubidoso en varias delas, como por exemplo no caso da Renda Básica Universal (pp. 122-123) ou na de dedicar o 20% dos orzamentos do Estado á Educación (p. 278), nun contexto de “decrecemento de enerxía e materiais” que alimentan de recursos os Estados, condicionante que o propio autor identifica como “o elefante no cuarto” (p. 10). Así, podería pensarse que, absorto polo titánico esforzo de compilar intelixencia colectiva, el mesmo acaba nalgunhas páxinas por esquecerse do paquidermo.

O libro recolle, filtra e organiza unha enorme pluralidade de voces da esquerda e do ecoloxismo social

Unha das características que máis asombra deste traballo é a pluralidade de voces e de fontes que recolle, que dá idea da capacidade do autor para seguir un moi grande número de medios. Isto fai especialmente valioso o propostario para a xente que de menos tempo dispón, para “filtrar” e “comprimir” as ideas realmente valiosas entre todo o que se publica desde os medios e autoras de esquerda e do movemento ecoloxista (pp. 21-22). Monsterrat filtrou, seleccionou e organizou para todos nós un magnífico compendio de receitas para abandonarmos o camiño que leva ao abismo. Numerosas citas enchen as páxinas de apertura de cada capítulo e centos de autorías individuais e colectivas son referidas nos seus textos, aínda que se cadra por unha publicación apresurada, a falta dalgunha revisión adicional, estas referencias non están todo o completas que unha lectora podería desexar. Iso si, faise mención a unha edición dixital na que supostamente se completan e se inclúen ligazóns, pero non todas podemos comprobalo porque (ai, as incoherencias!) só se ofrece un código QR e non unha URL escrita para chegar a ela, co cal se obriga absurdamente ás persoas lectoras a dispoñeren dun teléfono capaz de procesar estes códigos. Se cadra cunhas sinxelas notas a pé de páxina podíase evitar mesmo a necesidade de acceder a ningún complemento dixital do libro; a explicación parece estar en que o libro naceu como un PDF pero ao pasalo a formato impreso as ligazóns simplemente se eliminaron, no canto de se converteren en notas que especificasen a fonte.

A bibliografía incluída ao final do libro tamén é sorprendentemente exigua (pouco máis de 2 páxinas) e carente de textos básicos como a mencionada Guía para o descenso enerxético, La Vía de la Simplicidad e outros. Poida que estas carencias sexan os principais puntos débiles da obra, porque dificultan o seguimento dos numerosos fíos dos que o autor nos convida a tirar (“te recomendamos encarecidamente ir a las fuentes”, p. 23) para coñecer máis en detalle as propostas, por forza apenas bosquexadas no texto. No canto do seu súpeto final tamén se acha en falta algún xeito de conclusión ou de epílogo que axude a atar os cabos presentados ao longo do volume, e que podería servir para abordar, mesmo que só fose de maneira tentativa, unha estratexia para levar todo iso á realidade.

Outra característica pouco frecuente nun texto deste tipo, que para algunhas persoas pode supor un atranco, ao tempo que para outras pode ser unha vantaxe, é a linguaxe coloquial do autor, que recorre a unha peculiar xerga que imaxinamos propia de determinados ámbitos activistas ou subculturais que non semellan especialmente amplos (“señoro”, “plantacionoceno”, “hopepunk”, “viejoven”, “alargascencia”, “topofilia”, “procomunizar”, etc.), e que convive de maneira chocante cunha linguaxe máis seria que mesmo chega a empregar en ocasións termos que rozan o pedante (“una suerte de”) ou que directamente non se entenden, mesmo por parte dun lector activista. En numerosas ocasións, seguramente pola imposibilidade de explicar tantas cousas, tamén atopamos que o autor emprega certos conceptos que sería desexable atopar definidos nun glosario.

Partindo dunha análise do contexto actual de crise ecosocial, argumenta con datos precisos, a necesidade de cada proposta.

Por outra banda, cómpre sumar aos logros do autor nesta orixinal obra o equilibrio conseguido entre os diagnósticos das diversas doenzas ecosociais e os tratamentos que recolle. Sen se estender demasiado (o receitario xa ten 300 páxinas e non se trata de facer unha enciclopedia da transición ecosocial), ofrece, partindo dunha análise do contexto de crise ecosocial na introdución do libro, argumentacións breves e concretas, soportadas por datos precisos, para cada unha das propostas: por que é que son necesarias ou, cando menos, interesantes como acción social ou política. Isto non é tan doado de facer (coñecemos moitos programas electorais que o fagan?) e ofrece solidez ao libro como instrumento para a pedagoxía social.

En definitiva, estamos diante dunha achega moi meritoria que precisará pulir as súas deficiencias nas novas edicións que esperamos teña, pero que sen dúbida xa é valiosa, en primeiro lugar para calquera lector ou lectora, especialmente aqueles máis novos en fase de concienciación e á procura de propostas, a quen lles servirá como contundente desmentido dos modernos adaís do There Is No Alternative (p. 21). Mais se ten un valor especial é o de axudar a completar ocos programáticos a moitos movementos sociais e, por que non, aos partidos políticos que se atrevan a dar pasos cara ao necesario poscapitalismo decrecentista e ecosocial. Como demostra este libro, e afirma o seu autor (p. 19), “o principal atranco non é a falta de medios ou de ideas, senón a ausencia de determinación”.

Sobre o blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas as entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Crisis climática
Un 50% entre 2070 y 2090 Decrecer de forma planificada o a la fuerza: el PIB mundial se hundirá por la crisis climática
Economistas y científicos británicos dan por hecho que el crecimiento se desplomará en las próximas décadas por los “shocks climáticos”.
El Salto Radio
El Salto Radio Viaje hacia la destrucción
La ONU denuncia que las lluvias e inundaciones sin precedentes de Octubre pasado en España, se unen a una serie de catástrofes por inundaciones que han afectado a comunidades de todo el mundo.
Sobre o blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas as entradas
Galicia
Galicia A Xunta aprobou a celulosa de Altri argumentando que a súa cheminea de 75 metros sería “icónica”
O Informe de Patrimonio Cultural, favorable á multinacional, emitiuse con base en dúas encargas externas, contratadas e pagadas pola empresa ao ex presidente e ao actual tesoureiro de Icomos-España.
Industria armamentística
Genocidio Las relaciones armamentísticas de España e Israel han sido “más lucrativas que nunca” desde octubre de 2023
Un informe del Centre Delàs señala diferencias significativas en las armas que España dice que ha vendido a Israel y las que Israel registra. Las empresas israelíes han firmado 46 contratos con las administraciones por más de mil millones.
Estados Unidos
Libertad de expresión Canadá recomienda al profesorado LGTBQ+ o crítico con Trump no viajar a Estados Unidos
Una circular de la Asociación Canadiense de Profesores Universitarios (CAUT) recomienda “encarecidamente” que el personal académico viaje a los EEUU “solo si es esencial y necesario”.
República Dominicana
República Dominicana El Gobierno de Abinader desafía a la ONU expulsando mujeres embarazadas y recién paridas desde los hospitales
La campaña contra las migrantes haitianas del Gobierno de República Dominicana ha llegado a las maternidades. Decenas de mujeres embarazadas o con sus bebés en brazos han sufrido esta política.
Catalunya
Acción directa Las Sublevaciones de la Tierra francesas llegan a Catalunya: “Necesitamos una forma nueva de luchar”
Una acampada de tres días y una acción simbólica han sido el pistoletazo de salida de Revoltes de la Terra. La organización ha sido capaz de unir a ecologistas de campo, de ciudad y campesinado en una dinámica de lucha “nueva”.
Violencia machista
Violencia machista Estadística del INE sobre violencia de género: disminuye un 5% en 2024 tras aumento histórico del 12% en 2023
En 2024 se registraron 34.684 mujeres víctimas de violencia de género correspondientes a los asuntos en los que se habían dictado medidas cautelares u órdenes de protección.

Últimas

Represión
València Activistas valencianos por el derecho a la vivienda enfrentan penas de cárcel y miles de euros en sanciones
El movimiento de lucha vecinal contra la turistificación y la especulación inmobiliaria de Caixers, así como en el proyecto de vivienda conocido como La Peseta, denuncian el hostigamiento represivo.
Más noticias
Madrid
Derecho a la vivienda Izquierda parlamentaria y organizaciones sociales reclaman medidas para acabar con el racismo inmobiliario
Una proposición no de ley ha sido registrada en el Congreso para solicitar al Gobierno que actúe contra las prácticas discriminatorias contra personas migrantes a la hora de acceder a una vivienda.
Música
Música E150, a mil por hora en este matadero
Vuelve, por cuatro noches, la zapatilla hardcore del mítico grupo catalán.
Reducción de jornada
Trabajo El Gobierno aprueba el proyecto de ley para reducir la jornada laboral a 37,5 horas
La norma pasará al Congreso donde no cuenta con los apoyos necesarios de todos los socios de Gobierno, por lo que la Ministra de Trabajo ha apelado a la responsabilidad del Partido Popular para que esta nueva jornada laboral salga adelante.
Ley de Extranjería
El Salto Radio El laberinto de la ley de extranjería y la ILP Regularización Ya
La abogada antirracista Florencia Brizuela y la escritora Vivi Alfonsín cuestionan la existencia de la Ley de Extranjería y analizamos en qué punto está la ILP que regularizaría a 500.000 personas.

Recomendadas

Laboral
Laboral Coidar sen dereitos: a loita das traballadoras nas residencias privadas de Galiza
Sen tempo nin medios para ofrecer uns coidados axeitados, alertan dunha situación insostible nos centros e denuncian a privatización dun servizo a costa do benestar das persoas maiores e dependentes.
Alemania
Alemania Ines Schwerdtner: “Los conservadores tienen esta estrategia de normalizar la AfD, pero eso ha salido muy mal”
De profesión periodista, Ines Schwerdtner ha sido una de las responsables del ascenso de Die Linke, un partido que pasó de no aparecer en las encuestas a superar el 8% en las elecciones de febrero.