Crisis climática
O caos climático e a fin da agricultura

O Antropoceno pode ser visto como unha breve etapa de transición a un novo tipo de Humanidade despois do colapso.

Mamut
Imaxe de Thilo Parg en Wikimedia.
26 feb 2020 06:03

Nun extenso artigo publicado o mes pasado na revista Futures (e recentemente traducido ao castelán en 15/15\15) o economista ecolóxico e antropólogo John Gowdy presenta un escenario poscolapso no que desenvolve a hipótese dun retorno da especie humana a sociedades cazadoras-recolectoras como adaptación ao caos climático postholocénico, ao quecemento planetario e ao esgotamento dos recursos fósiles que, en conxunto, farán inviable por máis tempo a agricultura. É dicir, xa non é que vaiamos cara a sociedades postindustriais máis simples e de tipo agrícola, como se leva apuntado por diversos autores até o de agora, senón que probablemente esteamos abocados mesmo a sociedades postagrarias. Gowdy emprega como punto de referencia unha ollada a longo prazo, un período de dous a tres séculos no futuro, para saltar a problemática cuestión dun colapso inmediato e situándose no probable teito final de temperaturas e niveis de CO2 do Antropoceno.

Se o paleoantropólogo Juan Luis Arsuaga situou a Arcadia feliz da Historia humana no Paleolítico, o profesor Gowdy fainos ver que foi precisamente no Plistoceno (a Era Glacial, rematada hai 11.700 anos, que se corresponde coa era arqueolóxica paleolítica) cando evolucionou “cada característica que nos define como especie” —compaixón polos demais, intelixencia, previsión e curiosidade— e conclúe que “nos convertemos en humanos sendo cazadores e recolectores e [que] podemos recuperar a nosa humanidade cando volvamos a esa forma de vida”. Volvermos á caza e recolección, si, mais a historia non se repite senón que máis ben rima, xirando en espiral e sen volta atrás: o traxecto de colapso que parece que percorreremos terá lugar sobre unha terra antropoloxicamente queimada pola industrialización.

Reducir con urxencia o noso impacto sobre a Natureza é fundamental para mellorar as probabilidades da Humanidade poscolapso

O que fora presidente da Sociedade Internacional para a Economía Ecolóxica ofrécenos neste artigo unha perspectiva que vai alén do concepto de adaptación profunda, e advírtenos de que para poder realizar este regreso ao fogar —necesariamente evocador do Always Coming Home de Ursula K. Le Guin— debemos reducir desde agora mesmo o impacto humano na Natureza para mellorar as probabilidades de supervivencia dos nosos descendentes a longo prazo tras o colapso, xa for este abrupto ou mediante un declive máis gradual.

Gowdy lévanos nunha viaxe desde o Plistoceno até o máis que probable colapso da nosa civilización antropocénica, na que amosa os patróns de ascenso e colapso de diversas civilizacións anteriores. No texto sostén que a perda das condicións estables do Holoceno debido á emisión de gases de efecto invernadoiro ha provocar unha volatilidade climática que se vai asemellar ás condicións climáticas moi variables do Plistoceno, unha época xeolóxica caracterizada por mudanzas extremas no clima, desde as glaciacións até períodos cálidos. Isto sumado ao aumento do nivel do mar e a interrupción da circulación termohalina vai facer imposible a continuidade da agricultura. É dicir:

“A agricultura e mais a civilización que esta facilitou foron posibles grazas ao clima inusualmente cálido e estable do Holoceno. Antes diso, as variacións anuais de temperatura e precipitacións facían pouco fiable a agricultura como medio para soster comunidades asentadas con grandes poboacións. Este período de inusual estabilidade durou uns 10.000 anos. Porén, co aumento do nivel de CO2 atmosférico causado polo home, ficamos atrapados nun novo período de inestabilidade climática que os científicos predín que será comparable ás condicións do Plistoceno”.

As emisións de CO2 lévannos de volta á inestabilidade climática do Plistoceno, e iso vai facer inviable o mantemento da agricultura e vai levar a unha profunda inestabilidade social e política que vai provocar guerras polos recursos

O autor asegura que sen os combustibles fósiles do século XX, coa inestabilidade climática, a escaseza de auga e a degradación dos solos, a agricultura cerealeira a grande escala vai ser imposible nos vindeiros séculos. Así, a metade da poboación mundial depende do arroz como principal fonte de calorías, mais a produción de cereais hase ver afectada pola suba do nivel do mar e polo aumento da temperatura media, que provoca unha meirande esterilidade das plantas de arroz e a perda do seu contido nutritivo. Cada medre de 1ºC adicional na temperatura estival provocaría unha diminución de até un 16% na produción dalgúns cereais. Un modelo de simulación baseado en datos de Australia achou que as variacións nas temperaturas medias de 2ºC na tempada de cultivo poden causar reducións dun 50%. O xornalista de investigación Nafeez Ahmed publicou recentemente un artigo no que apunta a posibilidade dunha grave crise alimentaria mundial en apenas unhas poucas décadas.

Terra seca

A perda de seguridade alimentaria sería un dos ingredientes para desatar un escenario de inestabilidade social e política, incluíndo guerras polos recursos, como consecuencia do quecemento planetario antropoxénico. Malia recoñecer a posibilidade dun colapso e unha transición medio ordenados, John Gowdy afirma que se poden achegar sólidos argumentos para prever un súpeto colapso catastrófico e unha masiva mortaldade do Homo sapiens. Finalmente, as variedades de arroz, trigo e maínzo que se cultivan na actualidade non poderían sobrevivir sen axuda humana e desaparecerían.

Con todo, o autor propón activar diversas iniciativas políticas a partir desta perspectiva a longo prazo sobre a mudanza climática, que poderían axudar a facer esta transición máis viable para os nosos descendentes: a mitigación da mudanza climática, a resilvestración (rewilding), a redución da poboación humana e a protección das culturas tradicionais que quedan no mundo.

Cabe actuar politicamente con perspectiva de longo prazo para facilitar unha transición cara a unha nova etapa como cazadores-recolectores

“Á vista das inminentes mudanzas sociais e ambientais que enfrontamos, faise se cadra mesmo máis importante apoiar e protexer as culturas indíxenas que aínda quedan no mundo e que teñen a capacidade de vivir alén dos confíns da civilización moderna. Aínda existen sociedades humanas que teñen pouco contacto co mundo exterior. Estes grupos poden ser os únicos humanos que teñan as habilidades precisas para sobreviviren a unha apocalipse climática / social / tecnolóxica”.

A historia non se repite, senón que rima en espiral. Resulta doado imaxinar no final do Plistoceno un ancián sostendo un marfil cortado coa figura dun mamut, a narrar ante un grupo de crianzas abraiadas ao redor dun lume, como de mozo cazara os derradeiros mamuts, contabilizados en forma de tatuaxes nos seus antebrazos. “Xa sabedes, rapaces, que cada ano ao chegar a primavera os nosos cazadores van cada vez máis lonxe cara ao leste e cara ao norte na procura dos mamuts, sen albiscaren ningún. Este ano van facer a derradeira desas viaxes”.

Agora non resulta moito máis difícil imaxinarmos outro ancián, no final do Antropoceno, sentado xunto outro grupo de rapaces ao redor do lume, sostendo un iPad, a lles explicar a maxia que contiña aquel obxecto do pasado. “Xa sabedes, rapaces, que cada ano pola primavera os nosos cazadores van cada vez máis lonxe cara ao leste e cara ao norte na procura desta maxia, sen teren éxito. Este ano van facer a derradeira desas viaxes”.

Sobre o blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas as entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Promociones
Promociones Descubre y aprende soluciones para un mundo mejor en la VI edición de la Uni Climática
Soluciones frente a la emergencia climática, para mitigar sus consecuencias y frenar la merma de los ecosistemas, componen la propuesta de Climática y La Marea de esta formación anual y especializada en clima y biodiversidad.
Desastres ambientales
Crisis climática El negocio de la catástrofe en zonas azotadas por fenómenos extremos
Las entidades suben precios a la vez que intentan lavar su imagen presentándose como “sostenibles”. Mientras, muchas de ellas siguen invirtiendo miles de millones en industrias como el petróleo o el carbón.
Andalucía
Educación Pública A 40 grados en clase: solo 407 de los más de 7.000 centros educativos de Andalucía están protegidos del calor
Familias, profesorado, sindicatos y partidos de la oposición denuncian que la Ley de Bioclimatización no se está cumpliendo tras cinco años desde su aprobación
Sobre o blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas as entradas
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Medio ambiente
Medio ambiente Iberdrola proxecta un parque eólico que pon en risco un dos maiores xacementos fortificados de Galiza
A Xunta vén de declarar a utilidade pública para o parque eólico Castro Valente, a pesar de que a súa construción está suspendida cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.
O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.

Últimas

Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.

Recomendadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.
Filosofía
Brais Arribas, filósofo “Non se trata de empoderar senón de disolver o poder”
Durante a conversa, o profesor reflexiona sobre a saúde da filosofía galega, o poshumanismo, as novas masculinidades ou a experiencia da pandemia.