Ecologismo
Construíndo un novo inimigo: os ecoloxistas radicais

O fiscal xeral do Estado vén de considerar os grupos Extinction Rebellion e Futuro Vegetal como terroristas e sinalalos como un importante perigo para a estabilidade da nosa sociedade.

Membro do Consello Director do Instituto Resiliencia

Coordinador do Instituto Resiliencia

28 sep 2023 06:00

O pasado 7 de setembro, o fiscal xeral do Estado (FXE) presentou a súa Memoria das Actividades do ano 2022, o documento co que rende contas da actuación da Fiscalía nos seus distintos eidos de actuación e no que, nas palabras da propia institución, “recolle a actividade do Ministerio Fiscal durante o ano, a evolución da criminalidade, a prevención do delito amais as reformas convenientes para unha maior eficacia da Xustiza”. Nas páxinas que dedica á actuación dos fiscais que traballan na Audiencia Nacional chamou moito a atención a incorporación do que denomina “ecoloxismo radical” dentro da categoría “Terrorismo nacional”, canda ETA, GRAPO, Resistencia Galega, o “movemento violento independentista catalá” (que de xeito curioso o fiscal non identifica con ningún grupo concreto), o grupo neofeixista Bastión Frontal e outra indeterminada “extrema esquerda” integrada por uns “colectivos antifeixistas” sen nome propio.

O artigo 124 da Constitución española estabelece que o Fiscal Xeral do Estado é nomeado polo Rei, a proposta do Goberno, tras ouvir o Consello Xeral do Poder Xudicial. A súa dependencia e íntimo vencello co poder executivo son ben coñecidos, e para demostralo abonda lembrar os currículos das persoas que cada goberno designou para ocupar o posto de FXE e o número 2 do artigo 9 do Estatuto Orgánico do Ministerio Fiscal que dispón: “o Fiscal Xeral do Estado informará o Goberno [...] respecto a calquera dos asuntos nos que interveña o Ministerio Fiscal, [...]. En casos excepcionais poderá ser chamado a informar ante o Consello de Ministros”. Aínda que o noso ordenamento xurídico fixo dos fiscais unha institución ambigua a mantenta (introducindo, por exemplo, un principio de “imparcialidade” nas súas actuacións para dar unha certa aparencia de independencia), esa norma deixa claro a quen teñen que dar explicacións os fiscais e de quen poden recibir, dun xeito máis ou menos explícito, ordes. Por iso a mencionada Memoria de Actividades é o documento que asemade de expresar a “política criminal” da fiscalía desvela o programa político do Goberno de quenda.

A Memoria da Fiscalía desvela o programa político do Goberno.

Xa que logo, cabe cabalmente interpretar que, a comezo deste mes de setembro, foi o actual Goberno en funcións, por boca do seu FXE, quen puxo o seu albo en Futuro Vegetal (FV), por ser un grupo que —sempre de acordo co texto da devandita Memoria— pasou “das habituais accións reivindicativas de «desobediencia civil non violenta» a realizar accións de maior calado que ao contrario das anteriores xa non teñen tanta aceptación e beneplácito no conxunto da cidadanía”. É dicir, dá a impresión de que o Goberno decide estigmatizar FV porque a xente comezou a se molestar coas súas protestas. Os responsábeis do goberno español non gostaron nada das súas intervencións no Museo del Prado, nin moito menos “da enorme falta da consideración debida” ás escaleiras do Congreso dos Deputados, nin do corte da M-30 na Operación Saída do Nadal de 2022.

Semella que a cualificación de FV e, en menor medida, a de Extinction Rebellion (colectivo que o FXE conclúe que está superado por FV: “se, en orixe, foi Extinction Rebellion (XR) e os seus grupos satélite quen realizaban estas actividades [“accións de desobediencia civil” e “outras de maior calado”], agora é Futuro Vegetal quen está a acaparar as accións, mormente no eido da súa campaña contra o sector cárnico”), como “terroristas nacionais” amosa que o Goberno considera necesario perseguir dun xeito máis severo estes grupos xa que estima que procuran “subverter a orde constitucional, suprimir ou desestabilizar gravemente o funcionamento das institucións políticas ou as estruturas económicas ou sociais do Estado ou alterar gravemente a paz pública ou provocar un estado de terror na poboación ou parte dela” pois esas son as únicas finalidades que, consonte o art. 573 do Código Penal, permiten denominar desde unha perspectiva técnico-xurídica unha organización como “terrorista”. Hai outra finalidade, consonte ese precepto para definir os terroristas: a de “desestabilizar de xeito grave o funcionamento dunha organización internacional”, mais esta semella que vén aínda menos ao caso das accións de XR e FV. A cuestión da finalidade é fulcral para definir un colectivo como “terrorista”, tamén segundo a maioría das definicións do marco xurídico internacional e das empregadas no ámbito académico.

O fiscal sinala na Memoria que o obxectivo destes novos “terroristas” é defender “modelos de sociedade sostíbel”

Por iso é tremendamente rechamante que a Fiscalía sinale de maneira explícita o obxectivo deste suposto novo terrorismo. A frase “estes grupos que defenden modelos de sociedade sostíbel” revela como entende de verdade o Estado o que procuran os ecoloxistas. Repasemos de novo a listaxe de finalidades do art. 573 do Código penal para intentar deducir onde é que quere encaixar o FXE esa “sociedade sostíbel” nos fins terroristas taxados e tipificados na norma criminal. Futuro Vexetal e Rebelión ou Extinción non pretenden xerar “terror na sociedade”, en todo caso, espertar as conciencias sobre as graves crises que ameazan a nosa supervivencia, isto é, sobre aquilo que realmente nos debería aterrorizar; tampouco, como xa dixemos, “desestabilizar o funcionamento dunha organización internacional” ou “subverter a orde constitucional, suprimir ou desestabilizar gravemente o funcionamento das institucións políticas” nin “alterar gravemente a paz pública”. Só queda pois un suposto: “desestabilizar gravemente as estruturas económicas ou sociais do Estado” (a cursiva é nosa).

O Fiscal Xeral, quizais inconscientemente, revela o perigo que para esas estruturas supón o cambio de civilización que reivindican os ecoloxistas: a fin do capitalismo, a fin dos privilexios das minorías, a fin do antropocentrismo, a fin do predominio do Norte global, a fin do crecemento económico como obxectivo... Efectivamente estes obxectivos acabarían coas actuais “estruturas económicas e sociais do Estado”. Debemos supor que é iso o que mete medo o Estado e nos revela o seu rexeitamento implícito das transformacións precisas para facer fronte de verdade aos problemas que estes colectivos, entre outros moitos, puxeron sobre a mesa. Un rexeitamento que xa puidemos comprobar nas sempre tépedas reformas lexislativas e iniciativas políticas contra a mudanza climática e a transición enerxética nas que claramente se pode percibir que o goberno aínda busca o “desenvolvemento sustentábel”, ese eufemismo verde tras do que se agocha o imposíbel crecemento económico de sempre, e co que intenta que nada mude demasiado no eido social e económico. A cualificación como terrorista o obxectivo de defender “modelos de sociedade sostíbel” do FXE revela, outra vez, a verdadeira aposta do noso goberno por un modelo político incompatíbel coa supervivencia da nosa especie.

Malia que nun faladoiro podemos comprender que se digan moitas cousas e que se chame “terrorista”, mesmo dun xeito metafórico, a calquera, na Memoria da Fiscalía suponse que se miden moi ben as palabras e, xa que logo, que cando se din, se fai con toda a intención e plenas consecuencias xurídicas. De feito xa non é preciso argumentar que estes grupos non poden ser cualificados como “terroristas” de acordo co noso ordenamento xurídico, pois a propia Fiscalía, tras as queixas dalgunhas organizacións e partidos políticos volveu ao rego da máis pura técnica xurídica para manifestar que o dedicado ao terrorismo nacional “quizais” non fose o mellor apartado no que situar esta “posíbel amenaza”. Nesta rectificación o voceiro da Fiscalía deixaba claro que non se poden considerar terroristas porque “non hai ningunha causa [por terrorismo] aberta contra eles”. Mais a Memoria non foi emendada e non hai comunicado oficial ningún, só esas declaracións a un medio, palabras que leva o vento. Así pois, a pregunta continúa sendo moi pertinente: que é o que pretendía o Goberno con esa cualificación?

O voceiro da Fiscalía aclarou que non se pode considerar a estes grupos como terroristas porque “non hay ningunha causa aberta contra eles”. Mais a Memoria non foi corrixida

O propio FXE recoñece que as crises climática e enerxética están a fortalecer FV e XR: “é previsíbel que as accións continúen, mesmo que medren ao se incorporaren cada día máis mozos a estes grupos”. E malia que o traballo da meirande parte dos medios de comunicación, agachando, manipulando ou ridiculizando ás accións destes grupos, conseguiu ese rexeitamento por unha parte da cidadanía que resalta o FXE na súa Memoria, semella que non abonda para poñer freo a unha corrente crítica verdadeiramente antisistema e cun número crecente de adeptos. Todo parece apuntar a que os Estados, mesmo este dirixido polo “Goberno máis progresista da Historia” e que se di claramente consciente dos problemas da “mudanza climática”, procura novos métodos para defender o statu quo, aínda que este nos leve mediante unha criminal inacción cara a un xenocido no medio dun ecocidio.

A acción do FXE implica a necesaria creación dun inimigo dentro do ecoloxismo usando as técnicas do que a doutrina penalista cualifica como “dereito penal do inimigo”. Este dereito é unha rama de excepción no réxime sancionador que supón unha redución das (escasas) garantías que o Estado recoñece no eido penal aos cidadáns. O seu fundamento pode resumirse no seguinte argumento de Fichte: “a persoa que abandona o contrato cidadán [...], quer de xeito voluntario quer por imprevisión, perde todos os seus dereitos como cidadán e como ser humano e pasa a un estado de ausencia completa de dereitos”. O dereito anti-terrorista coas súas peculiaridades (incomunicación prorrogada, extensión de prisión preventiva, sometemento a xuíces especiais, agravamento das penas, persecución da xustificación ou enaltecemento...) é unha clara mostra desta técnica punitiva. Etiquetar como “terroristas” a XR e FV colócaos dentro deste marco e adoutrina a cidadanía para que saiba como interpretar as súas accións: adoptando as posicións e argumentos aprendidos (a través, novamente, dos medios de comunicación) durante a época de actividade de ETA.

O incremento das accións e críticas de grupos ecoloxistas en contra das políticas gobernamentais, mesmo as de transición enerxética, (un claro exemplo é a loita en contra das instalación de aeroxeneradores no noroeste da Iberia) fixo que o goberno precisara inventar uns “ecoloxistas malos”, os ecoterroristas, aos que se poder enfrontar sen deixar de se gabar de ser “o Goberno máis ecoloxista da Historia”, uns grupos de inadaptados que non comparten a fe nas políticas defendidas polos fantasiosos Obxectivos de Desenvolvemento Sostíbel e aos que convén perseguir e deter con toda a forza do Estado. E que mellor xeito de facelo que convertelos en terroristas? Cabe preguntármonos, entón, se esta política encetada se cadra aínda con timidez na Memoria, pode levar a perseguir O Salto por enaltecemento do terrorismo por dar conta das accións de FV. Ou levará a condenar os editores de Erratae Naturae por publicar Cómo dinamitar un oleoducto, un libro que describe e invita a realizar algunhas das accións que xa se fixeron no Estado? Ou a bloquear o acceso aos sitios web de XR ou de FV como se fixera no seu día cos dalgúns partidos políticos e medios de comunicación da esquerda abertzale, ou a publicacións que dean voz a estes colectivos? Noutros países como Reino Unido, Alemaña ou Francia gobernos de diversas cores xa teñen no seu punto de mira organizacións como Just Stop Oil, End Fossil Occupy, Letzte Generation ou Les Soulèvements de la Terre, mesmo con intentos de ilegalización. A caza de bruxas ecoloxistas é xa unha realidade a se espallar por toda Europa.

Sobre o blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas as entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Antimilitarismo
Rearme No más paz fría: desmilitarización contra el rearme
El Gasto Militar español en 2025, contadas las partidas declaradas, las maquilladas y las ocultas asciende (hoy) a 60.023 millones de euros
Derecho a la vivienda
Acoso inmobiliario Vecinas de San Ildefonso, 20 realizan acción directa y la policía amenaza con detenciones
Harta de acoso inmobiliario desde hace meses, la vecindad que sigue habitando este bloque de Lavapiés, ha intentado impedir con una acción los trabajos que la constructora Ardines S.L. viene realizando en el resto de pisos vacíos.
Desobediencias
Desobediencias Itoiz y la cadena de la desobediencia
El 6 de abril de 1996, ocho activistas saboteaban con una acción pacífica, pública y no violenta las obras del embalse de Itoiz, en Navarra, una de las mayores acciones de desobediencia civil en el Estado español de todos los tiempos.
Sobre o blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas as entradas
Galicia
Galicia A Xunta aprobou a celulosa de Altri argumentando que a súa cheminea de 75 metros sería “icónica”
O Informe de Patrimonio Cultural, favorable á multinacional, emitiuse con base en dúas encargas externas, contratadas e pagadas pola empresa ao ex presidente e ao actual tesoureiro de Icomos-España.
Industria armamentística
Genocidio Las relaciones armamentísticas de España e Israel han sido “más lucrativas que nunca” desde octubre de 2023
Un informe del Centre Delàs señala diferencias significativas en las armas que España dice que ha vendido a Israel y las que Israel registra. Las empresas israelíes han firmado 46 contratos con las administraciones por más de mil millones.
Estados Unidos
Libertad de expresión Canadá recomienda al profesorado LGTBQ+ o crítico con Trump no viajar a Estados Unidos
Una circular de la Asociación Canadiense de Profesores Universitarios (CAUT) recomienda “encarecidamente” que el personal académico viaje a los EEUU “solo si es esencial y necesario”.
República Dominicana
República Dominicana El Gobierno de Abinader desafía a la ONU expulsando mujeres embarazadas y recién paridas desde los hospitales
La campaña contra las migrantes haitianas del Gobierno de República Dominicana ha llegado a las maternidades. Decenas de mujeres embarazadas o con sus bebés en brazos han sufrido esta política.
Catalunya
Acción directa Las Sublevaciones de la Tierra francesas llegan a Catalunya: “Necesitamos una forma nueva de luchar”
Una acampada de tres días y una acción simbólica han sido el pistoletazo de salida de Revoltes de la Terra. La organización ha sido capaz de unir a ecologistas de campo, de ciudad y campesinado en una dinámica de lucha “nueva”.
Violencia machista
Violencia machista Estadística del INE sobre violencia de género: disminuye un 5% en 2024 tras aumento histórico del 12% en 2023
En 2024 se registraron 34.684 mujeres víctimas de violencia de género correspondientes a los asuntos en los que se habían dictado medidas cautelares u órdenes de protección.

Últimas

Represión
València Activistas valencianos por el derecho a la vivienda enfrentan penas de cárcel y miles de euros en sanciones
El movimiento de lucha vecinal contra la turistificación y la especulación inmobiliaria de Caixers, así como en el proyecto de vivienda conocido como La Peseta, denuncian el hostigamiento represivo.
Más noticias
Madrid
Derecho a la vivienda Izquierda parlamentaria y organizaciones sociales reclaman medidas para acabar con el racismo inmobiliario
Una proposición no de ley ha sido registrada en el Congreso para solicitar al Gobierno que actúe contra las prácticas discriminatorias contra personas migrantes a la hora de acceder a una vivienda.
Música
Música E150, a mil por hora en este matadero
Vuelve, por cuatro noches, la zapatilla hardcore del mítico grupo catalán.
Reducción de jornada
Trabajo El Gobierno aprueba el proyecto de ley para reducir la jornada laboral a 37,5 horas
La norma pasará al Congreso donde no cuenta con los apoyos necesarios de todos los socios de Gobierno, por lo que la Ministra de Trabajo ha apelado a la responsabilidad del Partido Popular para que esta nueva jornada laboral salga adelante.
Ley de Extranjería
El Salto Radio El laberinto de la ley de extranjería y la ILP Regularización Ya
La abogada antirracista Florencia Brizuela y la escritora Vivi Alfonsín cuestionan la existencia de la Ley de Extranjería y analizamos en qué punto está la ILP que regularizaría a 500.000 personas.

Recomendadas

Laboral
Laboral Coidar sen dereitos: a loita das traballadoras nas residencias privadas de Galiza
Sen tempo nin medios para ofrecer uns coidados axeitados, alertan dunha situación insostible nos centros e denuncian a privatización dun servizo a costa do benestar das persoas maiores e dependentes.
Alemania
Alemania Ines Schwerdtner: “Los conservadores tienen esta estrategia de normalizar la AfD, pero eso ha salido muy mal”
De profesión periodista, Ines Schwerdtner ha sido una de las responsables del ascenso de Die Linke, un partido que pasó de no aparecer en las encuestas a superar el 8% en las elecciones de febrero.