Decrecimiento
O consumo da economía desmaterializada

A desmaterialización da economía converteuse nun mantra da política moderna que agacha unha gran mentira.

Economía digital 2.
Economía digital. Patricia Bolinches

Coordinador do Instituto Resiliencia

4 may 2019 09:52

Post realizado coa colaboración de Ames Pospetróleo e Ramom Flores d'as Seixas.

Segundo os patriarcas da igrexa do crecemento perpetuo, o sector dixital é unha peza fundamental para o desenvolvemento económico e social. Así, en 2016 o Banco Mundial falaba do dixital coma se fose a Terra Prometida: "Crecemento, emprego e servizos son as vantaxes máis importantes que implican os investimentos no sector dixital [ … ] as tecnoloxías dixitais axudan ás empresas a se facer máis produtivas, as persoas a encontrar emprego e a ampliar as súas posibilidades, e aos poderes públicos a fornecer servizos de mellor cualidade para todos".

A Comisión Europea tamén predicaba, neste mesmo ano, o seguinte: "O mercado único dixital podería contribuír con 415 milleiros de millóns de euros á economía europea e estimular así a creación de empregos, o crecemento, os investimentos e a innovación. Podería ampliar os mercados, ofrecendo así mellores servizos a prezos máis vantaxosos, transformar os servizos públicos e crear novos empregos. Favorecería a creación de novas empresas e permitiríalles ás empresas existentes desenvolverse e innovar no seo dun mercado de máis de cincocentos millóns de persoas".

E non só lle atribúen todas estas virtudes, senón que mesmo tería poderes salvíficos para os problemas xémeos do devalar enerxético e da mudanza climática, pois confían obrar o milagre de seguir a medrar mentres o consumo enerxético e as emisións de CO2 diminúen, por medio da chamada "desmaterialización da economía". E aí xoga un papel fulcral, neste imaxinario da fe económica dominante no noso mundo, a virtualización da actividade económica, isto é: a economía dixital. Mesmo converténdose nunha das hipótesis fulcrais do que se deu en bautizar como Transición Ecolóxica.

A desmaterialización da economía xoga un papel fulcral no imaxinario económico dominante, mais implica un alto consumo de materiais, enerxía, así como a xeración de residuos.

Porén, non fai falta pensar moito para nos decatarmos de que a dixitalización tamén ten os seus inconvenientes, e que os ordenadores, tablets ou móbiles non se fabrican do aire, e que implican un alto consumo de materiais, de enerxía, e unha xeración de residuos cada vez máis grande. Todo suposto beneficio que achegan ten o seu lado negativo. Está claro que crean algúns empregos, mais tamén fan innecesarios moitos outros; amplía os nosos horizontes persoais, mais crea riscos para a nosa intimidade, afástanos das relacións cara-a-cara e xera unha auténtica epidemia mundial de ciberadicións.

O think-tank francés The Shift Project publicaba recentemente un informe a prol do que denominan a "sobriedade dixital", no que se interroga acerca da dixitalización: é verdadeiramente útil para limitar o consumo enerxético?; é unha evolución irresistible da sociedade?; a que fervenza de incontrolables efectos rebote dá pé? Alén disto, tenta cuantificar os impactos ambientais da dixitalización, sinalar as tendencias nese terreo e propor boas prácticas para diminuír eses impactos.

Economía digital 1
Economía digital. Patricia Bolinches

Entre os datos que ofrece o informe figura a medra anual dun 9% no consumo enerxético do sector dixital (en 8 anos duplícase!), que en 2017 estaba en tres mil TWh, case o 3% do consumo enerxético mundial (ollo: non só eléctrico, senón total!). Así, as TIC engulirían elas soíñas o equivalente á metade da enerxía renovable que se produce no mundo na actualidade (a cal medra a un ritmo menor ca o consumo das TIC). En canto aos gases de efecto invernadoiro, o sector dixital foi responsable do 1,5% en 2015, e en 2025 prevese que poida chegar ao 14% (compárese cos GEI emitidos por coches e motos no mundo: o 8%).

O consumo enerxético requirido polas TICs equivale a engulir a metade do que se engade cada ano de enerxía renovable.

Dentro dos factores que están por detrás deste aumento do consumo da "economía inmaterial" (sic), o Shift Project identifica: o fenómeno smartphone, as funcionalidades cada vez máis grandes, os tempos de vida cada vez menores e unha taxa de reciclaxe ínfima, alén da proliferación de todo tipo de trebellos conectados (a "Internet das cousas"...), así como a explosión do tránsito de datos (cada vez máis audiovisuais, e de meirande calidade).

Mais cumpriría falar non só de "sobriedade" senón tamén da "abstinencia dixital", é dicir, simplemente evitar usar este tipo de tecnoloxías, ou usalas o mínimo imprescindible. Existen exemplos que calquera persoa pode aplicar na súa vida cotiá: no caso de ter que procurar o significado dunha palabra, a abstinencia dixital implicaría non usar o móbil nin o ordenador para buscala, senón levantar o cu da cadeira e coller un dicionario de papel. Cada procura nun buscador consome enerxía, emite CO2, e mesmo produce residuos radioactivos nas centrais nucleares que alimentan boa parte da electricidade que consomen os servidores de Internet. Iso leva a minimizar as procuras online. Outro exemplo: en caso de ter que lle comunicar a alguén que chegamos á cafetaría onde combinamos con el/ela, podemos facelo de varias maneiras: mandándolle un breve vídeo dicíndolle "Ola, xa estou aquí", que sería o que máis enerxía consumiría, tanto en cada un dos dous móbiles como en todos os servidores e aparellos encamiñadores implicados no envío destes varios megabytes que pesa o vídeo; mandándolle unha mensaxe de voz por Telegram ou por Whatsapp, que ocuparía menos espazo e polo tanto consumiría menos enerxía en se gravar, transmitir e reproducir; facendo unha chamada de voz normal, que tamén consumiría, aínda que posiblemente algo menos; ou mandando unha breve mensaxe de texto por unha aplicación de mensaxaría instantánea ou algunha rede social. Ou mesmo unha SMS, que sería o que menos enerxía consumiría, aínda que paradoxalmente sería o que máis diñeiro nos custaría de todas estas opcións.

Facer un uso ético das TICs pasa pola "sobriedade" e a "abstinencia dixitais" e por coñecermos técnicas para minimizar o seu consumo.

É dicir, en resumo: restrinxir o uso ao mínimo que for realmente necesario, e se temos que usar algunha tecnoloxía dixital para comunicar, facelo do xeito que consuma menos enerxía, isto é: 1º) o texto; 2º) se é realmente preciso, unha foto, pero de baixa resolución; ou un audio breve; 3º) se non queda máis remedio e realmente achega algo que coa imaxe fixa e o audio non podemos transmitir, enviar un breve vídeo de non moi alta resolución. Este tipo de prácticas podemos extrapolalas tamén ao uso do correo electrónico, á visualización de vídeos, ás redes P2P, aos xogos online, ás redes sociais, etc. Porque canto máis dixital é a nosa actividade, máis importante é coñecermos criterios para facer un uso sobrio, ético, en consonancia cos valores do decrecemento, da simplicidade voluntaria, do respecto aos límites planetarios e da xustiza social, climática e ecolóxica.

Sobre o blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas as entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Río Arriba
Río Arriba Luis González Reyes: “Vivimos en un mundo en el que la escasez es un elemento central”
Primera entrevista del programa Río Arriba en formato podcast y vídeo donde hablamos de las nuevas guerras neocoloniales por recursos en la era de Trump y Putin, de la escasez, del decrecimiento y el colapsismo.
Tribuna
Tribuna Decrecimiento azul: un enfoque necesario para mares al límite
Mientras se celebra la UNOC3 y en el contexto de cambio climático y pérdida de biodiversidad al que nos enfrentamos se necesita —también en el mar— un cambio de paradigma donde el crecimiento y la ausencia de límites dejen de ser la norma.
Decrecimiento
Opinión Cómo crear colectivos resilientes y justos en tiempos de emergencias constantes
Un equipo multidisciplinar ha desarrollado una herramienta web con un doble objetivo: evaluar la resiliencia y el funcionamiento de los colectivos sociales ante la crisis ecosocial en marcha.
Sobre o blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas as entradas
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Medio ambiente
Medio ambiente Iberdrola proxecta un parque eólico que pon en risco un dos maiores xacementos fortificados de Galiza
A Xunta vén de declarar a utilidade pública para o parque eólico Castro Valente, a pesar de que a súa construción está suspendida cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.
O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.

Últimas

Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.

Recomendadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.
Filosofía
Brais Arribas, filósofo “Non se trata de empoderar senón de disolver o poder”
Durante a conversa, o profesor reflexiona sobre a saúde da filosofía galega, o poshumanismo, as novas masculinidades ou a experiencia da pandemia.