Literatura
Contar o mañá

Cando as narradoras afrontan o reto de inventar como vai ser o mundo tras o colapso da civilización industrial.

Contar o mañá

Membro do Consello Director do Instituto Resiliencia

22 feb 2019 06:03

Cada día que pasa as consecuencias dos límites do crecemento son máis evidentes. A nosa civilización industrial fúndase en principios falaces: o crecemento perpetuo; a infinitude dos recursos naturais e a supremacía do ser humano sobre o resto dos seres vivos, entre outros. Nos últimos anos, mesmo nos países máis beneficiados até o momento polo sistema económico, estes principios comezan a bater coa realidade e máis persoas fomos adquirindo a consciencia da necesidade de mudar a nosa civilización. Pero para ese cambio non abondan as gráficas nin as explicacións das científicas: unha refundación de tal calado esixe unhas bases culturais que nos permitan existir e convivir nun escenario onde case que ningunha persoa terá ao seu dispor os recursos enerxéticos abondos para unha vida semellante á urbana europea de principios do século XXI.

Xa en 1978 Marion King Hubbert fixo fincapé en que o principal atranco para a supervivencia dos seres humanos non é nin a falla de recursos materiais nin de coñecementos esenciais, "as nosas principais limitacións son culturais. Durante os dous últimos séculos non coñecemos outra cousa có crecemento exponencial"[...] e non somos quen de inventar unha cultura "que considere os problemas do non crecemento". Fai falla unha imaxinación libre para deseñar esas novas bases culturais e os medios para difundir os principios que permitan a supervivencia e aí é onde reivindican o seu protagonismo as artistas. Aínda que non todas contribúen do mesmo xeito ao cambio.

Para mudar a civilización non abondan as gráficas nin as explicacións das científicas porque o principal atranco son as limitacións culturais.

Na súa Guía del movimiento de transición, Juan del Río esquematiza —para o que aquí nos interesa— en tres os futuros posíbeis: as fantasías tecnolóxicas, o colapso civilizatorio e o descenso creativo.

A ausencia de liberdade na imaxinación fai que moitas creadoras armen narracións que aínda chuchan dos principios da civilización industrial e das que xorden futuros moi coherentes co noso imaxinario presente, pero nada realistas. Son as tecnoutopías nas que o dito colapso se evitou nun pasado incerto porque alguén descubriu unha fonte de enerxía limpa e infinda que permite o crecemento económico perpetuo (por absurdo que iso sexa matematicamente) e o desfrute dun alto nivel de consumo capitalista a todas as persoas, unha mestura ideal de capitalismo e socialismo. Mais este escenario, habitual nas narracións financiadas polas grandes industrias culturais, cada día resulta menos críbel mesmo para o gran público. Non é doado crer naquela civilización humana en constante expansión que nos contou o Isaac Asimov na súas sagas do Imperio e Fundación. Nin hai espazo para a fe cega nunha sociedade que santifica o Tesla e compaña, como sucede na película Tomorrowland.

Cando a meirande parte das artistas deciden afrontan a narración da vida dos seres humanos tras o colapso da civilización industrial adoitan asumir unha postura pesimista porque a maioría delas partillan a concepción da realidade imposta pola civilización industrial. Deste xeito, e coa imaxinación ancorada nuns principios falaces, inventan unha civilización que para xestionar a desaparición das fontes enerxéticas que permitiron a esquilma do planeta se transforma en madmaxiana (por denominala dun xeito que permita facilmente a súa identificación).

Contar o mañá 2

Aínda que as descricións que fan do colapso e os seus perigos novelas como The Mandibles, de Lionel Shriver, Soft Apocalypse, de Will McIntosh ou Natura, de Iolanda Zúñiga poden incitar á mobilización da cidadanía para traballar na construción dun outro futuro, as distopías levan dentro delas a súa propia trampa. Unha das mellores análises faina, curiosamente, o gobernador David Nix, un personaxe dunha tecnoutopía, a citada Tomorrowland, que aínda que quixo mobilizar o mundo describindo o colapso, finalmente deuse por vencido: "Se puideses ver o futuro e che metese medo o que ves, que farías con dita información? A quen llelo dirías? Aos políticos? Aos líderes da industria? E como farías para os convencer? [...] Os únicos feitos que eles non poñen en dúbida son aqueles que manteñen a máquina funcionando e os dólares entrando nas súas caixas [...] Pero se houber un xeito de saltar o intermediario e facer chegar esa nova, tan dramática, directamente na cabeza de todos... A probabilidade dunha aniquilación planetaria non deixaba de aumentar e o único xeito de impedila era amosala, asustar á xente. Porque que ser humano razoábel non se sentiría animado pola posíbel destrución de todo o que coñeceu e amou? Para salvar a civilización quíxenlles amosar o seu colapso. Pero, como cres que recibiron esa visión? Papárona como unha galleta de chocolate. Non temeron a súa desaparición, asimilárona: pódese desfrutar en videoxogos; en series de televisión; en libros; en películas; o mundo enteiro abrazou con forza a súa apocalipse e correu cara a ela sen preocupación. [...] En todo momento existe a posibilidade dun futuro mellor pero vos non credes nesa posibilidade e por iso non facedes o necesario para o facer realidade así que vos compracestes con ese horríbel futuro e resignádesvos a el. Si, vimos o iceberg e avisamos o Titanic, pero seguides navegando directos cara a el a toda máquina. Por que? Porque queredes afundir".

Fai falla unha imaxinación libre para deseñar esas novas bases culturais e os medios para difundir os principios que permitan a supervivencia

A terceira opción, a do descenso creativo, deféndena, entre outras moitas, as autoras da colección de ensaios Humanidades ambientales. Pensamiento, arte y relatos para el siglo de la gran prueba que manteñen que é necesario armar novos relatos para combater a cultura nihilista na que vivimos. Chegados a este momento, di o José Abelda: "a única alternativa que fica, dende o máis elemental instinto de supervivencia, é a de nos esforzarmos por potenciar unha cosmovisión que procure a sustentabilidade das sociedades en relación cos ecosistemas dos que dependen". Unha nova cosmovisión que de xeito necesario ten que asentar os seus alicerces nos coñecementos, relatos, costumes e prácticas que as etnógrafas e antropólogas teñen descrito como propios de cada un dos espazos que ocupamos no planeta. Xa non hai lugar para unha cultura que non sexa consciente e respectuosa co medio e co resto dos seres vivos polo que cómpre inventar o futuro tirando de exemplos de dúas ou tres xeracións atrás como tan ben fixo, por exemplo, a Ursula K. Leguin nas súas obras The Word for World is Forest, The Dispossessed ou Always Coming Home.

Das descubertas de todos estes relatos imos ir tirando algo de proveito nesta bitácora.

Sobre o blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas as entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

En el margen
Cécile C. Eveng “Perdemos amigues y es una pena porque las personas LGTBIQ pueden ayudar a desarrollar África”
La filóloga camerunesa reside actualmente en España y estudia un doctorado en migraciones, cuerpos, negrofobia y vulnerabilidad de personas. Investigar sobre identidades disidentes en su país le ha traído críticas, hasta desde la propia academia.
Feminismos
Jule Goikoetxea “Los genocidios se sustentan en prácticas micro que legitiman una manera de vivir delirante”
Jule Goikoetxea es una de las filósofas más reconocidas del Estado Español. El año pasado acompañó a Angela Davis en su visita a la Fira Literal de Barcelona. De aquellos cuatro días nace su primera novela, ‘Politeísmo bastardo’.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria
Sobre o blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas as entradas
Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.
Medio ambiente
Medio ambiente Iberdrola proxecta un parque eólico que pon en risco un dos maiores xacementos fortificados de Galiza
A Xunta vén de declarar a utilidade pública para o parque eólico Castro Valente, a pesar de que a súa construción está suspendida cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.