Ecologismo
Defensa violenta da Natureza ao estilo mutante

A miniserie de Marvel 'X-Men Green' actualiza o dilema do uso da violencia para salvar o planeta.
Fragmento de portada del n. 2 de X-Men Green.
Imaxe da capa do segundo número de X-Men Green. Copyright Marvel Comics. (©)

Coordinador do Instituto Resiliencia

31 jul 2024 10:00

En novembro de 2022 aparecía publicada por Panini a versión española dunha historia en dúas partes orixinalmente publicada nos EUA en X-Men Unlimited, con guión de Gerry Duggan (quen fora co-autor de Deadpool no seu relanzamento hai unha década) e debuxada polo italiano Emilio Laiso. A historia narraba a orixe dun grupo que xa fixera a súa aparición oficial un ano antes da man dos mesmos autores, en X-Men Unlimited Infinity Comic nº 7, un grupo de ecoterroristas mutantes autodenominados X-Men Green, mais alcumados de “fanáticos” greenies polos seus opoñentes, os mutantes respectuosos coa lei, os X-Men oficiais. Na historia que nos ocupa, as mutantes extremistas comparten protagonismo con algún supervilán tamén anoxado, mais no seu caso pola desfeita causada pola industria do fracking á súa subterránea gorida secreta, un aliado inicialmente circunstancial que utiliza o guionista para achegar á historia o elemento das amizades perigosas que teñen a súa propia axenda, algo que lle pode suceder no mundo real a calquera que loite por unha causa xusta, e que no caso desta banda deseñada é o clima, a Natureza, a Vida.

Nature Girl, unha moza mutante, impactada tras presenciar a morte dunha tartaruga mariña atragoada cunha bolsa de plástico, abandona o seu “paraíso” da nación insular de Krakoa —que non só é un santuario para mutantes, senón un ecosistema vivinte e consciente— para tomar cartas no desastre que ten lugar no resto do planeta. Desde o comezo resulta doado percibir nela unha personificación da xuventude máis rebelde que desde os países privilexiados está a rachar coas normas da protesta convencional para poñer freo á devastación que afecta especialmente outros países, os países empobrecidos.

“Non estou triste. Xa non... Agora só estou enfadada.”

A Rapaza Natureza, “chea de fuxir da emerxencia climática”, xa non está “triste”: “Agora só estou enfadada”, advirte no comezo da historia. E vainos amosando ao longo das noventa páxinas de que se compón que para ela o “sangue derramado” polo camiño de vinganza e contraataque que emprende, non é senón “un mal necesario”. Segundo as súas xustificacións, “todos temos que facer sacrificios” nestes tempos finais, porque “o tempo das medias medidas hai moito xa que rematou”, e topámonos agora no tempo das medidas drásticas. Así, ela opta por poñer os seus poderes ao servizo dunha acción directa non soamente violenta senón sen remordementos, pois non repara en asasinar a quen se interpoña no seu camiño ou calquera elemento identificado como “infección” do planeta. As persoas lectoras imos preguntándonos a medida que lemos, se é que a protagonista está “totalmente perdida” —como lle di Wolverine, enviado para deter a súa carreira de destrución— ou está “por fin facendo o correcto”, como pensa ela, decidida a “facer algo axiña para espertar os humanos”.

Resulta moi interesante, na onda do emerxente gaianismo do que falabamos na entrega anterior deste blog, atopar entre os poderes desta xove líder mutante unha conexión empática con Gaia (así denominada no propio cómic), e tamén implicitamente albiscar unha conexión de todas as especies entre si (a escena da cadela sentindo a morte da tartaruga, por exemplo). Será que é iso un superpoder mutante ou unha realidade científica que aínda temos os humanos de fóra do mundo dos cadriños por descubrir?

Mesmo podemos recoñecer mostras dun sutil anti-antropo/androcentrismo nesta historia dos X-Men Green, pois deberían ser mellor chamadas X-Women Green ou mesmo X-Living Beings Green (na edición española non tería sentido, pois optouse pola clásica tradución Patrulla X), ao seren un par de rapazas as que aparecen protagonizando a revolta xunto cunha cadela recoñecida polas humanas (en broma ou non tanto?) como líder do grupo; e por outra banda exponse ás persoas lectoras a idea, moi interesante desde o punto de vista filosófico e político, da necesidade de “escoitar” as outras especies afectadas pola desfeita da civilización industrial.

“Non podo simplemente sentarme aquí no noso paraíso mentres reducen o resto do mundo a cinzas”

Un dos textos intercalados entre as diversas escenas resulta especialmente suxestivo polo que nos pode dicir sobre a loita ecoloxista actual no que ten de dialéctica estratéxica entre as diferentes xeracións de activistas. Nel a protagonista describe un soño no que os violentos, procedentes como vimos dicindo das filas máis novas, convencen os máis pacíficos, a xeración dos seus pais e mestres, de se uniren a eles e se deixaren liderar polos mozos. Unha fértil idea sobre a que deberiamos reflexionar moitas de nós.

Por outra banda resulta agradablemente sorprendente ver nesta banda deseñada que se recoñecen os “+2 graos” de aumento de temperatura media do planeta como un obxectivo imposible, e isto é paradoxal pois nunha obra de ficción estannos a ofrecer datos máis realistas do que os supostos medios oficiais nos están a dicir, “e a Humanidade, no fondo, sábeo, pero... o traballo é o traballo”: e aí é onde aparece outro dos subtemas magnificamente escollidos para dotar de realismo á historia por parte de Duggan, o dilema de traballar para a destrución do mundo con tal de chegar a fin de mes.

Mais volvendo á parte máis psicosocial, a protagonista recoñece que agora xa non se agacha da dor da Terra e que comeza a combatela coa loita, xa non sinte dor nin tristeza, senón que se sente “viva”. De feito, vivir é resistirse á morte, e a loita, nese sentido existencial e esencial, non pode ser senón vida. Pode ficar alguén que non recoñeza aquí o “amor e furia” da xente moza de Extinction Rebellion ou de Futuro Vexetal, tamén acusados por algúns de “ecoterroristas” e por moitos de “extremistas radicais”?

“Non sinto dor nin tristeza, síntome viva”

E malia o cómic non profundar con detalle nin extensión nas causas da destrución da Natureza, non deixa de contar con suficientes elementos adicionais que dotan dun marco realista a esta historia fantástica, coma os efectos dos plásticos nos ecosistemas, a presenza de microplásticos nos corpos humanos (“pode que xa estean facendo cambiar a miña mente”), o petróleo, o “capitalismo terminal” e o seu fallo sistémico múltiple, a identificación social do ecoloxismo cos “hippies”... Elementos que converten esta banda deseñada en moito máis cargada de cru realismo ca moitos discursos gobernamentais ou pezas xornalísticas dos mass media.

Mais todo isto sen esquecer os toques de humor e unha morea de frases memorables dignas do coautor da serie de Deadpool: “quen non estea disposto a morrer polo petróleo, que lisque”, “cal é o teu prezo para vender o único mundo que tes?”, ou “o planeta non ten un protocolo de reanimación”. E aos que defenden gañar o seu diñeiro queimando o planeta, pregúntalles o guionista en boca da protagonista: “Pensabades que a Terra non ía defenderse?”. De novo todo nos trae, inevitablemente e dun xeito perfectamente coherente, á nosa realidade, como nas mellores obras de ciencia ficción.

Dentro dese discurso que nos fala do noso mundo real, non deberiamos deixar de ver unha advertencia ao movemento ecoloxista pacífico, que podería verse representado na frase do profesor Xavier, cando falando do sangue derramado por unha dos seus (os mutantes virían representar neste caso os ecoloxistas), advirte: “O mundo estará esperando para ver como respondemos” diante desa violencia. Porque non nos enganemos, no mundo real probablemente chegará o punto no que haxa algún morto nas accións en defensa do planeta (se non o houbo xa!), e daquela moitas organizacións e activistas estarán no punto de mira dos medios de comunicación e das forzas destrutivas do industrialismo capitalista agardando a resposta a esa violencia, coa porra e as leis na man preparadas para ser utilizadas na súa contra ante o menor indicio de apoio ou apenas comprensión. Así que este cómic pode servir como exercicio para pensarmos anticipadamente neses futuros escenarios e formular as preguntas éticas que presenta unha historia pasada polo matiz aventureiro e fantacientífico dos superheroes Marvel. Porque se o mandamento fundamental é “non matar”... seica “non estamos a matar coa nosa inacción”?

Con ese tipo de reflexións éticas marca Marvel, postas agora ao día coa desfeita climática, é que nos deixa esta banda deseñada. Unha obra de cultura popular moi recomendable para adolescentes ou adultos afeccionados ao xénero e que gosten de historias que fagan pensar e sentir sobre os problemas do noso mundo real, especialmente aqueles que están a traumatizar toda unha xeración de xente moza.

Sobre o blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas as entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Minería
Cáceres Denuncian que la mina de Cañaveral no cumple los criterios para ser proyecto estratégico
Contaminación por nuevas sustancias sin testar, reducción de disponibilidad de agua dulce, cambios en el uso del suelo y pérdida de biodiversidad protegida y de integridad del ecosistema, principales argumentos contra el proyecto.
Córdoba
Opinión ¿Cabra, ciudad sostenible? La lucha colectiva para conservar lo que aún es nuestro
Los vecinos de las Huertas Bajas de Cabra, Córdoba, han comenzado una lucha para salvar lo más preciado que tenemos: nuestras tierras.
Educación
Madrid Familias exigen pacificar los entornos escolares tras el atropello mortal de un niño en Usera
Piden más seguridad en los centros escolares y en todas las zonas que son frecuentadas por niños y niñas pequeñas. Hace seis años, muchas familias impulsaron la llamada Revuelta Escolar.
Sobre o blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas as entradas
Xunta de Galicia
Política A Xunta recibe ao embaixador de Israel en funcións mentres Gaza agoniza ao bordo da fame
O Goberno de Alfonso Rueda escenifica a súa boa sintonía coa Administración de Benjamín Netanyahu apenas unhas horas despois de que Israel bombardease unha escola que servía de refuxio e ordenase unha evacuación masiva en Gaza.
Palestina
Genocidio La ONG anti-UNRWA lanzada por exespías y marines de EEUU siembra el caos en el reparto de alimentos en Gaza
La Fundación Humanitaria de Gaza (GHF) creada a comienzos de este año y vinculada a agentes del ejército y la inteligencia estadounidense ha sido acusada de desaparecer a una persona y disparar a quienes estaban esperando ayuda.
Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.
Madrid
Derecho a la vivienda Victoria contra la Sareb: 16 familias consiguen firmar contratos después de años de lucha
Un bloque en lucha de Casarrubuelos (Comunidad de Madrid) consigue formalizar contratos con el banco malo, al que acusan de actuar “como un fondo buitre”. En Catalunya, diez ayuntamientos apoyan los reclamos de 62 hogares en huelga contra La Caixa.

Últimas

Universidad
Genocidio Las universidades españolas han firmado 44 proyectos con Israel desde septiembre de 2024
Los acuerdos dentro del programa Horizon Europe se han sucedido a pesar de las declaraciones de decenas de universidades de suspensión de relaciones con Israel.

Recomendadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.