Energías renovables
O mito das enerxías renovables

As enerxías renovables son o futuro, disque. Mais que tipo de futuro poden sustentar?

Enerxías renovables_1

Coordinador do Instituto Resiliencia

8 feb 2019 06:14

"Un futuro 100% renovable". A frase ateiga os discursos públicos de dirixentes políticos, empresariais e mesmo iniciativas activistas como a coñecida Plataforma por un Novo Modelo Enerxético. A motivación tras esa expresión parece obvia: se dependemos na actualidade (nun 88% a nivel mundial e nun 85% en Galiza) de enerxías non renovables, como son o petróleo, o gas natural, o carbón e mais o uranio, parece de sentido común pensar en ir construíndo un futuro no que só usemos enerxía renovable. Porén, unha expresión aparentemente tan rotunda, un retrouso tan sobado no discurso tanto dos gobernos como das diversas oposicións políticas, agacha un baleiro de contido absoluto: cómpre pescudarmos que é o que quere dicir exactamente un futuro con enerxía "100% renovable" e cales son os autoenganos que favorece unha expresión semellante.

Comecemos polo seu propio carácter de obxectivo político, social ou económico. Formular que queremos chegar a un modelo baseado totalmente en enerxías renovables ten moito de trampa, pois en realidade non é unha opción. Dado que non estamos deixando de consumir combustibles non renovables, remataremos por esgotalos antes ou despois; ou, máis ca esgotalos, simplemente, ha chegar o día en que nos vai resultar demasiado custoso extraelos, polo declive da súa Taxa de Retorno Enerxético (EROEI en inglés: Energy Returned on Energy Invested). Isto é: algún día vai custar máis enerxía sacar as derradeiras faragullas do petróleo (e de carbón, e de gas natural...) cá enerxía contida nelas. Daquela, aínda que non fagamos absolutamente nada a prol das enerxías renovables, acabaremos tendo si ou si un "futuro 100% renovable".

En segundo lugar, e moi vencellado coa crítica anterior, está a cuestión do seu carácter relativo. Cando dicimos "100% renovable" o único que estamos a dicir é que non vai haber outro tipo de enerxías, sen indicar en termos absolutos de canta enerxía imos dispor a escala mundial, nin como país, nin per cápita. Todas as sociedades humanas no século I, no XVI ou en calquera outra época previa á Revolución Industrial, eran "100% renovables". Polo tanto, dicir que o noso futuro tamén o vai ser, é o mesmo ca non dicir nada acerca de como vai ser ese futuro, nin do tipo de funcións sociais que imos poder soster con estas enerxías, nin do seu alcance nin —cuestión fundamental desde a perspectiva da xustiza social— a canta enerxía imos tocar por cada habitante do planeta actual e futuro (actualmente, unha media mundial de 2.500 W per cápita, o quíntuplo ca na época preindustrial). Lamentablemente, a idea implícita neste relato incompleto do "futuro 100% renovable" que achamos no debate social actual, é que poderemos manter o nivel actual de consumo enerxético, unha vez que só teñamos enerxías renovables ao noso alcance. Ou mesmo que poderemos seguir a aumentar a dispoñibilidade de enerxía, pois é algo imprescindible para soster un crecemento continuo, como esixe o sistema socioeconómico actual. Como precisamos que sexa así, damos por suposto que será así. Mais non existe ningún soporte científico para tal crenza.

Velaí, logo, outra das interpretacións erróneas do concepto. Sexa cal sexa o nivel de enerxía primaria máximo que nos poidan achegar as enerxías solar, eólica, hidroeléctrica, etc. (cuestión que está aínda sometida a debate e especulación científica), o que non ten dúbida é que non é perpetuamente ampliable, e en consecuencia non vai poder termar dun crecemento permanente da economía. A implicación disto é demoledora: un futuro 100% renovable implica necesariamente a fin do crecemento económico. E é evidente que esta consecuencia do "cambio de modelo enerxético" non está enriba da mesa.

Decrecimiento
Causas e consecuencias da fin do crecemento económico

A nosa civilización áchase nun intre final da súa historia, enfrontada á imposibilidade de seguir a medrar, mais cun ADN que a empuxa ao crecemento continuo.

Outro erro de concepto é o propio carácter renovable das chamadas "enerxías renovables". En realidade, cando falamos de "enerxías renovables", estamos a nos referir a "sistemas non renovables capaces de captar, por un tempo limitado, fluxos de enerxía renovable". Así pois, cando nos falan de que "temos sol de sobra", ou de que "somos unha potencia hidroeléctrica", etc. deberiamos cuestionar a nosa capacidade para construír, manter e substituír os sistemas técnicos e as infraestruturas (paneis fotovoltaicos, muíños eólicos, encoros, etc.) que nos permiten captar esas enerxías, e que, obviamente teñen un tempo de vida limitado (18 anos un panel fotovoltaico, entre 50 e 100 o formigón dunha represa, por exemplo). É por iso que algúns autores falan destes sistemas como dunha "extensión" das enerxías non renovables, e non dun substituto. Moita xente esquece que os metais e outros materiais precisos en primeiro lugar para a súa construción requiren de enerxía fósil para a súa minaría, para o seu transporte, para os fornos onde se fabrica o cemento, para o seu mantemento durante a súa vida útil, etc. E isto lévanos de novo ao problema inicial...

Inda por riba, as enerxías renovables modernas fornecen unicamente de electricidade. E as sociedades industrializadas son principalmente non eléctricas: a mobilidade, o sistema agroindustrial e numerosas industrias, dependen dos combustibles fósiles, esencialmente líquidos, é dicir, do petróleo. E electrificar toda a sociedade non eléctrica para que poida funcionar con electricidade (o único que nos dan os modernos sistemas "renovables"), implica un descomunal esforzo técnico e enerxético, que se debeu facer cando aínda estaba no seu apoxeo a enerxía anterior, e que implicaría en todo caso, segundo calculan os científicos, practicamente esgotar diversos minerais críticos. Quedarían por explorar os usos non eléctricos destas enerxías, algo do que apenas se fala pero que pode achegar enerxía cinética (caso da navegación a vela, forxas hidráulicas, etc.) ou térmica, con moita máis eficiencia, ao non ter que pasar pola perda de rendemento que implica a xeración de electricidade.

E finalmente, a TRE que fornecen os sistemas de captación de enerxías renovables é moito máis baixa da que vimos desfrutando grazas aos combustibles fósiles (a cal tamén foi caendo a medida que fomos esgotando os xacementos máis doados). A consecuencia disto, unida á menor enerxía primaria total que nos poden ofrecer en conxunto, fai que a complexidade da sociedade "100% renovable" sexa potencialmente bastante menor cá actual. É dicir, unha redución da TRE das enerxías que sustentan unha sociedade, implica unha redución da súa complexidade.

En resumo, as enerxías renovables abofé que van ser as únicas que teñamos no futuro, mais as consecuencias do carácter non renovable dos sistemas que as captan e a limitación tanto da enerxía primaria total que nos poden achegar como a da enerxía neta que son quen de fornecer, son as chaves fundamentais que deberían enmarcar o debate social necesario acerca do que implica realmente un "futuro 100% renovable".

Sobre o blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas as entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Tribuna
Tribuna La licencia social de las renovables, en la cuerda floja
España tiene que avanzar en sus obligaciones de implementación de renovables, pero debe hacerlo garantizando la licencia social de todos los nuevos proyectos. Para ello, hay que mantener comunicación fluida y tener en cuenta a cada comunidad.
Andalucía
Genocidio en Palestina IU considera “intolerable” que KKR participe en proyectos energéticos en Andalucía y exige medidas al Gobierno
Los diputados de Izquierda Unida han registrado una pregunta al Gobierno para exigir que informe sobre qué medidas va a llevar a cabo para impedir que el fondo proisraelí opere en proyectos de energía solar andaluces
Explotación laboral
Explotación laboral en fotovoltaicas Trabajar 11 horas, 6 días a la semana, a 8 euros la hora: la explotación tras las fotovoltaicas en Extremadura
Trabajadores de la construcción del parque solar extremeño ‘Renopool’ denuncian estar siendo explotados por Imenergy, subcontratada a su vez por Sacyr, para sacar adelante el proyecto de Plenitude, filial de la petrolera italiana Eni.
Sobre o blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas as entradas
CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
CRTVG A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
Altri A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.
El Salto n.79
Altri A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
O xoves 17 de xullo esperámosvos no CS 'A Nubeira' de Vigo para presentar o último número da revista El Salto xunto a algunhas das súas principais protagonistas: as que loitan contra o macroproxecto de celulosa liderado por Altri e avalado pola Xunta.
Altri
Altri Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.