Ecologismo
Noite de San Xoán, noite do cancro

O costume ancestral de celebrar o solsticio de verán tense convertido nunha ocasión para contaminar o aire que respiramos con numerosas substancias canceríxenas.
Cacharela San Xoan
Imaxes das cacharelas de San Xoan deste ano nunha praia da Costa da Morte.

Coordinador do Instituto Resiliencia

28 jun 2023 06:00

No noso país sería raro atopar quen non celebre a noite de San Xoán dunha ou doutra maneira, ben sexa recollendo auga de sete fontes coa que remollar as sete herbas baixo a luz do primeiro sol do verán, ou participando nunha sardiñada, e sobre todo facendo unha fogueira ou cacharela, para saltar por riba ou simplemente sentir a nosa atávica fascinación polo ritual do lume. De igual xeito, sería difícil atopar persoas cunha mínima sensibilidade ambiental que non se estarrezan ante a actividade dese gargantúa industrial ubicado en Cerceda, a planta de Sogama alimentada cada ano con case un millón de toneladas de lixo, a metade do cal é incinerado expelendo á atmosfera quilos e quilos de substancias altamente perigosas para a nosa saúde (e a da biosfera) coma dioxinas, furanos, fenois, ftalatos, PCBs, PAH, mercurio e outros metais pesados, etc. Porén, moi poucas persoas parecen unir ambas as dúas cuestións e tomar consciencia de que na noite de San Xoán, innumerables Sogamas se botan a andar en leiras e descampados de todo o país.

Cando se combina o analfabetismo ambiental de boa parte da poboación —alimentado tanto pola avaricia capitalista coma pola mitoloxía tecnoindustrial— co desleixo das administracións públicas en todas as instancias gubernativas, temos un problema de saúde servido. Grandes empresas químicas ás que se permite o uso e incorporación de substancias tóxicas en innumerábeis produtos de consumo masivo, ao alcance de calquera persoa en todos os comercios do país; autoridades municipais que conceden permisos para a queima das cacharelas sen advertiren seriamente dos graves riscos de empregar certo tipo de substancias e produtos como combustible; ordenanzas que desatenden os perigos para a saúde pública da queima de plásticos e outros produtos; e unha poboación despreocupada, ou que directamente non quere saber o tipo de substancias químicas coas que convive... O resultado son centos ou milleiros de cacharelas a arder simultaneamente polo país adiante onde o mesmo se queiman restos orgánicos da poda, ca un sofá vello ou un colchón inzados de retardantes do lume, ca un moble vernizado e tratado con produtos químicos contra os xilófagos, madeira vella pintada con chumbo, roupa con tinturas e tecidos sintéticos, botas vellas con impermeabilizantes e adhesivos varios, restos de madeira laminada, anacos de moqueta, planchas illantes das empregadas en construción, revistas impresas con tinta de cor, bolsas e envases diversos feitos de plástico, anacos de PVC e cables, ou absolutamente calquera tipo de residuos que cadre atopar ao redor da casa nas semanas previas ao 23 de xuño.

Analfabetismo ambiental, ubicuidade de tóxicos e desleixo administrativo favorecen as cacharelas tóxicas

Á toxicidade xa implícita en calquera fume procedente de combustión (si, o fume da simple leña tampouco é precisamente algo san para respirar nin tan sequera para afumar os chourizos, así é que nos mandan quedar dentro de casa coas xanelas pechadas polo fume dos incendios forestais) toda esta colección de refugallos habituais nas cacharelas engade un cóctel de alta perigosidade composto polos mesmos contaminantes sobre os que pousa sempre unha ollada vixiante o ecoloxismo nas plantas incineradoras. Isto é, por se tiñamos pouco coa contaminación que se espalla polo vento desde Sogama levando a coñecida popularmemente como “a peste” até comarcas moi afastadas, a desleixo público-privado enche o aire das noites de San Xoán en moitas aldeas, vilas e cidades galegas dunha aguda dose adicional de tóxicos.

Así, o que debería ser unha celebración ancestral da vida e da saúde, remata pervertíndose con sementes de morte en forma de perturbadores endócrinos, carcinóxenos, metais pesados bioacumulabeis, substancias que atacan os nosos sistemas nerviosos, dixestivos, inmunitarios ou respiratorios, os nosos riles, o noso esquelete, o noso sangue, os nosos cromosomas, a nosa pel... Substancias que respiran principalmente as propias familias, crianzas incluídas, ao pé destas cacharelas tóxicas, mais tamén a veciñanza máis achegada a eles, e toda a contorna cando as substancias volátiles rematan por se precipitaren nas terras, sobre as hortas e nas augas.

É habitual encher o aire na noite de San Xoán con sustancias como as peores que emite a incineradora de Sogama

Loitar contra a xigantesca cacharela tóxica de Sogama, acesa día e noite, os 365 días do ano, pasa por un importante labor político a nivel de país, e por unha reformulación total do modelo de xestión dos residuos, que comece por unha redución radical dos refugallos e continúe por unha xestión local e distribuída que exclúa totalmente a queima e favoreza a compostaxe do orgánico. Mais loitar por erradicar as micro-Sogamas e as noites do cancro polo San Xoán debe pasar por unha dupla acción municipal que conciencie e advirta a calquera persoa que solicite o permiso de queima dos riscos que conleva para a súa propia saúde e a dos seus conveciños a incineración local de produtos que conteñan calquera produto químico industrial, ao tempo que incorpore ás ordenanzas municipais prohibicións e sancións contundentes para este tipo de contaminación que enlixa unha festividade tradicional. As normas de xestión vixentes nos nosos concellos citan, no mellor dos casos a proibición da “queima de neumáticos, plásticos, espumas de poliuretano, aceites, e en xeral de calquera substancia que ao arder desprenda fume tóxico” ou unha referencia xenérica a “materiais contaminantes”, coma se a poboación en xeral tivese coñecementos de química suficientes para poder xulgar iso, aparte das coñecidas advertencias para evitar riscos de explosión, indicando por exemplo, que “en ningún caso se botarán ao lume recipientes que conteñan líquidos inflamables ou gases a presión, aínda que estean baleiros” (exemplos tomados das normas co Concello de Santiago de Compostela, de Ames e de Vilagarcía de Arousa).

Sogama 1
Imaxe aéra da planta de tratamento de residuos de Sogama, situada no concello de Cerceda | Foto: Sogama

Os formularios para a solicitude dos permisos deberían recoller expresa e nidiamente as advertencias, e non facer referencias a documentos aparte (bandos u ordenanzas), que poucos lerán, e avisar neles de maneira contundente da responsabilidade en caso de incumprimento. Sen unhas policías locais que realicen unha exhaustiva vixiancia nos días e horas previos para inspeccionar o tipo de material que se está a amorear nas leiras, tampouco se tomará a veciñanza en serio as advertencias sobre o papel. Mais todo isto será inútil sen amplas campañas de concienciación e sen unha alfabetización que comece nas escolas acerca dos tóxicos que nos rodean nas sociedades industrializadas e como evitar ou minimizar a nosa exposición a eles. Nunca debemos esquecer que a contaminación non é unha teima dos ecoloxistas, senón que é algo que mata 9 millóns de persoas cada ano no mundo (e aí non se contan as que morren polo efecto indirecto da contaminación que é o Caos Climático), e concretamente en España é a responsable directa de polo menos o 11% das mortes. Esta é sen dúbida unha cruenta guerra silenciosa que se libra contra nós, e á que compre non sumar a tradición das nosas cacharelas.

Sobre o blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas as entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Sobre o blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas as entradas
Xunta de Galicia
Política A Xunta recibe ao embaixador de Israel en funcións mentres Gaza agoniza ao bordo da fame
O Goberno de Alfonso Rueda escenifica a súa boa sintonía coa Administración de Benjamín Netanyahu apenas unhas horas despois de que Israel bombardease unha escola que servía de refuxio e ordenase unha evacuación masiva en Gaza.
Palestina
Genocidio La ONG anti-UNRWA lanzada por exespías y marines de EEUU siembra el caos en el reparto de alimentos en Gaza
La Fundación Humanitaria de Gaza (GHF) creada a comienzos de este año y vinculada a agentes del ejército y la inteligencia estadounidense ha sido acusada de desaparecer a una persona y disparar a quienes estaban esperando ayuda.
Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.
Madrid
Derecho a la vivienda Victoria contra la Sareb: 16 familias consiguen firmar contratos después de años de lucha
Un bloque en lucha de Casarrubuelos (Comunidad de Madrid) consigue formalizar contratos con el banco malo, al que acusan de actuar “como un fondo buitre”. En Catalunya, diez ayuntamientos apoyan los reclamos de 62 hogares en huelga contra La Caixa.

Últimas

Universidad
Genocidio Las universidades españolas han firmado 44 proyectos con Israel desde septiembre de 2024
Los acuerdos dentro del programa Horizon Europe se han sucedido a pesar de las declaraciones de decenas de universidades de suspensión de relaciones con Israel.

Recomendadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.