Crisis climática
Unha ollada narrativa ao principio da fin

O último libro de relatos de José María Merino procura, a través de 45 contos, as características da era na que vivimos para imaxinar o noso futuro.
Basura residuos

Membro do Consello Director do Instituto Resiliencia

7 abr 2021 12:30

A asunción polos medios de comunicación da crise ecolóxica como tema principal levou a que tamén se centrasen en publicitalo algunhas obras de arte distópicas, un xénero que nunca desaparecera pero que o gran público esqueceu mentres gozaba das consecuencias do crecemento económico e abrazaba a fe no crecemento perpetuo. As empresas editoras creron poder atopar clientes nese eido e tiraron do prelo algunhas obras salientables como a novela Natura, de Iolanda Zuñiga, situada nun futuro no que a nosa realidade (pre-pandémica) xa non era moi recoñecíbel.

Neste tempo saíu do prelo tamén Soft apocalypse, de Will McIntosh, unha colección de relatos (ou novela, pois dos dous xeitos se pode ler) que, partindo do ano 2023 e con saltos de tempo en cada un dos seus capítulos, afronta o principio da fin da nosa civilización. A novela (hai versión en castelán da editorial Gigamesh) describe a nosa sociedade nos primeiros intres nos que comezan a ser evidentes as mudanzas derivadas das crises enerxética e climática. O libro é suxestivo, polo xeito de afrontar o momento na que a nosa realidade comeza a trocar en distopía, e interesante, máis que polos seus logros literarios por achegarlles aos seareiros da fantasía científica o tema do colapso civilizatorio dende uns postulados moi realistas, por máis que os grandes mestres do xénero —sirva de exemplo Ursula K. Leguin— xa trataran o tema nas súas obras.

Os contos de McIntosh comezan na primavera de 2023 pero, aínda que agora xa sabemos máis sobre algunhas das cousas que van influír de xeito determinante en que o noso futuro sexa como McIntosh o inventou en 2011, aínda faltaba por describir un chanzo intermedio entre as distopías puras e o noso hoxe. Outro libro deste ano (Noticias del Antropoceno, de José María Merino) indaga nos primeiros indicios no noso presente desa “apocalipse morna” que vai rematar na distopía de Natura.

José María Merino indaga nos primeiros indicios no noso presente desa apocalipse suave que vai rematar en distopía

A calidade literaria do libro de Merino é moi superior ao de McIntosh e Noticias del Antropoceno ten outro valor fundamental: serve para achegar ao gran público (un público non especializado, un público non necesariamente ideoloxizado) o colapso da nosa civilización. José María Merino escolle o xénero no que é un mestre, o conto, para afrontar o tema da mudanza de Era dende unha perspectiva poliédrica.

Como calquera libro de relatos é irregular, pero hai moitos, moitos acertos nesta colección que se achega dun xeito integral ao colapso. O primeiro é esa multiplicidade de perspectivas; detrás das crises ecolóxicas, económicas e enerxéticas atopa as mudanzas morais e persoais que están a facer do mundo un lugar distinto.

Xa no conto que serve de prólogo anuncia que foi á procura dun significado para a palabra “antropoceno”, o que leva ao autor a escribir o libro: un xubilado, nas súas viaxes para “descubrir de novo vellos lugares que coñecera na súa mocidade e madurez”, atópase coa destrución causada polo turismo de masas, pola importación de especies de fauna e flora, polo industrialismo, polo urbanismo... A decepción faino abandonar as viaxes e, un día, lendo o xornal, descobre un nome que describe ese mundo novo: “Vaia, vaia —murmurou, acougado—. O que pasa é que estamos entrando no Antropoceno!”.

Acerta tamén o autor en non facer un proselitismo absoluto e, en ocasións, presenta esas mudanzas simplemente como “cousas que hai”. Así, no conto “El séptimo continente” a enorme illa de plásticos do Pacífico non é máis (nin menos) que o escenario da trama; en “Arte natural” os enormes tapóns de residuos dos sumidoiros das grandes cidades son aproveitados polo sistema económico para lles quitar un beneficio especulativo ou nun dos relatos futuristas (“El cuento de los amóviles”) os protagonistas viven a carón dunha das enormes depuradoras que producen auga potábel para unha cidade “nunha época na que a mudanza climática desertizara a meirande parte da península”, segundo explica o narrador.

Aparecen neste ou naquel conto as voces sabias das persoas apegadas á terra: “Non crecer tanto, fillo... Os seres humanos somos demasiados. E tratar mellor o planeta. E axudar a sobrevivir a eses animais, se podemos”, di alguén en “La gota fría”. Noutro dos contos a realidade invade o relato pola boca dun dos seus protagonistas que, ante o ton suave e optimista do narrador, acaba dicindo: “O que hai que contar é que estamos nas boqueadas, nunha situación de emerxencia mundial! Para que serven os escritores? Non sodes vós os que tedes a obriga de vos decatar primeiro e dar a voz de alarma? [...] Volvo coas miñas colmeas. Morrerei coas botas postas. Ti sigue co teu, tamén, que remedio. Pero isto vai para o carallo, decátate dunha maldita vez.” Toda unha poética para o volume.

“O que hai que contar é que estamos nas boqueadas, nunha situación de emerxencia mundial! Para que serven os escritores? Non sodes vós os que tedes a obriga de vos decatar primeiro e dar a voz de alarma?”

Aínda que calquera escolma é inxusta, cómpre salientar catro relatos: “Metal, Madera, Piedra, Corazón”, nos que o autor recupera a defensa da unidade do cosmos e un certo panteísmo, temas que teiman por aparecer na súa obra dende o conto “El soñador” publicado na escolma Cuentos del Reino Secreto de 1982. “Designio causal”, unha sorte de excusatio non petita, na que José María Merino ataca o uso do concepto “demagogo apocalíptico” como arma do statu quo contra aquelas persoas que denuncian o seu funcionamento criminal. “La fuerza del aire”, no que amosa cun ben temperado humorismo como o poder asume e perverte calquera idea de transformación (as enerxías verdes, neste caso) sempre que atope o xeito de lle tirar un proveito. “Qué rico, el cordero”, que afronta o especismo (e o veganismo) dun xeito tan pouco usual e tan pouco “partidista” que coido que se pode converter nunha ferramenta esencial para que calquera dos máis prexuizados comecen a se preguntar o tema dende unha perspectiva ética.

Outros relatos (“Vueltas y vueltas”; “¿Quién soy yo?”; “Dentro de la red”; “Monoparental”; “El caso del mortal MasterChef Junior”; “¿Emotiqué?”; “Alas” ou “Renacer”) foxen un pouco da unidade temática ampliando de máis o concepto de Antropoceno para penetraren en determinadas características psicolóxicas e sociais do ser humano contemporáneo. Un fío máis sutil une estes contos coa nova era, pero serven para deixar constancia dos enormes cambios que nos individuos e nas súas personalidades deixa algún dos seus tentáculos: a tecnoloxía, o consumismo, o industrialismo...

Sobre o blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas as entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Crisis climática
Datos El junio más cálido jamás registrado cierra con 330 fallecimientos por calor
103 personas han muerto en los primeros tres días de la ola de calor, según las estimaciones. Los datos de la Aemet señalan al pasado mes como el junio más caluroso; ha pulverizado la máxima anterior por 0,8 grados de diferencia.
Análisis
Análisis Negar, polarizar, avanzar: el asalto de la ultraderecha a las políticas climáticas
El llamado Pacto Verde Europeo se ha convertido en el principal caballo de batalla de la guerra cultural del negacionismo climático, sobre el que anudar los diferentes discursos negacionistas de la extrema derecha.
Ecofeminismo
Desinversión fósil Haciendo fortuna con las olas de calor
El papel de los bancos en la financiación de la emergencia climática. El Banco Santander, el que más invierte en proyectos de hidrocarburos.
Sobre o blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas as entradas
Altri
Altri Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.
Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
Medio ambiente
Medio ambiente A loita polo monte galego: lumes, eucalipto e ameazas á propiedade común
Galiza concentra un terzo dos incendios forestais rexistrados no Estado. Mentres a Xunta apunta aos montes veciñais, comuneiros e ecoloxistas denuncian unha estratexia política para favorecer a privatización e a expansión da industria madereira.

Recomendadas

Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.