Decrecimiento
Tecnoloxía non é enerxía

A confusión entre estes dous conceptos dificulta a construción de horizontes realistas de transición enerxética.

Paneles solares

Coordinador do Instituto Resiliencia

8 jun 2019 09:31

Que é preciso algún tipo de transición enerxética para pasarmos do actual consumo baseado nas enerxías finitas e altamente contaminantes (combustibles fósiles e nucleares) a outro fundamentado nas enerxías renovables e —supostamente— limpas, non o dubida ninguén a estas alturas. Máis cando se entra ao detalle do que significa esa transición, do seu alcance, obxectivos e condicionantes, é onde axiña xorden as diferenzas, unhas visións que diverxen de tal xeito que conforman escenarios radicalmente diferentes. Uns, confiando todo ao poder da tecnoloxía (en definitiva: o poder do enxeño humano), argüen que seremos quen de manter a complexidade e mais o nivel de consumo das sociedades industrializadas actuais, e non só iso, senón que poderemos aumentar o consumo e facelo extensivo ao resto de sociedades chamadas "en vías de desenvolvemento". Outras persoas, habitualmente con cálculos científicos na man, non cren que ese horizonte sexa viable e explican que se queremos o noso metabolismo socioeconómico funcionar só con base nas enerxías renovables precisamos, antes que nada, reducir de maneira importante o noso consumo (e de aí a opción política do Decrecemento, as propostas da Steady-State Economy, o movemento das Transition Towns, etc.).

Existen dúas visións da transición enerxética, que diverxen a partir do papel que cren que pode xogar nela a tecnoloxía.

Un dos principais factores que explica esta radical diverxencia de análises é o concepto que temos na nosa cultura acerca do que é a Tecnoloxía, a súa función na sociedade, os condicionantes para o seu desenvolvemento, e os seus límites intrínsecos ou sistémicos. Basicamente, a maioría das persoas, sexan do común ou en cargo público, responsables empresariais ou mesmo en moitos ámbitos académicos, considera que a falta de enerxía á que nos expón o devalar da enerxía fósil (primeiro a do petróleo, despois a do carbón e a do gas natural) e do uranio, poderá ser suplida mediante o "avance tecnolóxico". Esta hipótese presenta varios problemas que son dunha transcendencia tal, que ben poderiamos dicir que no seu esclarecemento nos xogamos o noso futuro como sociedade, pois perseguir quimeras a estas alturas e en plena emerxencia enerxética e climática, semella unha idea demasiado temeraria.

En primeiro lugar, esta postura —que poderiamos denominar tecnooptimista ou mesmo tecnoutópica ou tecnólatra— esquece que habitualmente toda nova tecnoloxía, á parte de resolver, cunha maior ou menor eficacia, uns determinados problemas para os que é deseñada, remata por xerar novos problemas, tanto no terreo ambiental como social ou mesmo económico. Sóbrannos os exemplos nas sociedades industrializadas e hipertecnolóxicas actuais, nas que, para comezar, a contaminación e o consumo global de enerxía medran imparables en paralelo ao desenvolvemento de máis e máis tecnoloxías.

A tecnoloxía resolve uns problemas a forza de causar outros, precisa ela mesma consumir enerxía, e non pode sacala de onde non a hai.

En segundo lugar, a tecnoloxía non se constrúe do aire, senón que precisa para o seu desenvolvemento de materiais e enerxía, tanto para a súa fabricación, como para o seu funcionamento e o seu mantemento e reposición ao final da súa vida útil. E, xa que logo, se pretendemos que unha tecnoloxía nos "dea" enerxía, teremos que comezar analizando canta enerxía (e de que tipo, pois non todas as formas de enerxía serven para o mesmo) require esa propia tecnoloxía, e de aí calcular cal é a enerxía neta que nos permite explotar (concepto de retorno enerxético).

Muíño

Porque aí precisamente radica o terceiro e máis transcendental erro de concepto sobre a relación entre tecnoloxía e enerxía: a tecnoloxía non fornece enerxía, senón que tan só permite explotar, dunha maneira máis ou menos eficiente, enerxía xa preexistente. Así, as modernas tecnoloxías dos sistemas de captación de renovables, permiten captar máis enerxía eólica ou solar; as técnicas de fractura hidráulica permiten explotar gas e petróleo disperso entre certas rochas; novas tecnoloxías de aproveitamento de xacementos convencionais permiten arrepañar máis axiña as derradeiras faragullas do petróleo cru; etc. De facto, prodúcese o paradoxal efecto de canto máis eficiente for unha tecnoloxía de explotación/captación enerxética, máis axiña se esgota o recurso. E, en definitiva, toda tecnoloxía acaba por bater coa lei dos rendementos marxinais decrecentes, que non é máis ca unha expresión da Segunda Lei da Termodinámica. E contra as leis físicas non hai tecnoloxía que valla, por moito que xa nas fronteiras entre o tecnoutopismo e o magufismo, algúns aínda teimen en motores de auga e movementos perpetuos. Non en van dicía Arthur C. Clarke que calquera tecnoloxía suficientemente complexa era indistinguible da maxia.

As tecnoloxías low-tech, apropiadas e tradicionais son a alternativa aos soños tecnoutópicos.

Xa que logo, precisamos desfacernos dese perigoso pensamento máxico, aclarar este malentendido tan espallado na nosa cultura, fillo da fe no progreso perpetuo que arrastramos desde o inicio da Modernidade, mais sen caermos tampouco no estremo oposto de negar calquera papel no futuro poscrecemento das tecnoloxías, tanto modernas como tradicionais. O equilibrio que precisamos vai proceder seguramente da aposta como sociedades polas chamadas tecnoloxías apropiadas (no seu duplo sentido de seren axeitadas e apropiables pola xente común), e por unha recuperación das tecnoloxías pre- ou protoindustriais de explotación da enerxía renovable (muíños de vento, auga e marea, por exemplo; pequenos encoros doados de manter e de baixo impacto ambiental; forxas e batáns fluviais; etc.). Porque, en realidade, non precisamos ningunha nova tecnoloxía que nos veña salvar: as sociedades humanas coñecen desde hai séculos resilientes tecnoloxías low-tech para vivir exclusivamente das enerxías renovables. É hora de recuperarmos ese saber tecnolóxico realmente sustentable e esquecernos das ladaíñas milagreiras da tecnomaxia.

Decrecimiento
Causas e consecuencias da fin do crecemento económico

A nosa civilización áchase nun intre final da súa historia, enfrontada á imposibilidade de seguir a medrar, mais cun ADN que a empuxa ao crecemento continuo.

Sobre o blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas as entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Río Arriba
Río Arriba Luis González Reyes: “Vivimos en un mundo en el que la escasez es un elemento central”
Primera entrevista del programa Río Arriba en formato podcast y vídeo donde hablamos de las nuevas guerras neocoloniales por recursos en la era de Trump y Putin, de la escasez, del decrecimiento y el colapsismo.
Tribuna
Tribuna Decrecimiento azul: un enfoque necesario para mares al límite
Mientras se celebra la UNOC3 y en el contexto de cambio climático y pérdida de biodiversidad al que nos enfrentamos se necesita —también en el mar— un cambio de paradigma donde el crecimiento y la ausencia de límites dejen de ser la norma.
Decrecimiento
Opinión Cómo crear colectivos resilientes y justos en tiempos de emergencias constantes
Un equipo multidisciplinar ha desarrollado una herramienta web con un doble objetivo: evaluar la resiliencia y el funcionamiento de los colectivos sociales ante la crisis ecosocial en marcha.
Sobre o blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas as entradas
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Medio ambiente
Medio ambiente Iberdrola proxecta un parque eólico que pon en risco un dos maiores xacementos fortificados de Galiza
A Xunta vén de declarar a utilidade pública para o parque eólico Castro Valente, a pesar de que a súa construción está suspendida cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.
O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.

Últimas

Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.

Recomendadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.
Filosofía
Brais Arribas, filósofo “Non se trata de empoderar senón de disolver o poder”
Durante a conversa, o profesor reflexiona sobre a saúde da filosofía galega, o poshumanismo, as novas masculinidades ou a experiencia da pandemia.