Economía
Tras da máscara da economía

A economía, como o resto das institucións sociais, é unha invención do ser humano. Vicent Cucarella colócanos na pel dun adolescente para cuestionar o que nos impoñen e atopar o que hai tras da máscara da economía.

Bolsa
Imaxe de Skeeze en Pixabay

Membro do Consello Director do Instituto Resiliencia

9 oct 2019 13:00

Ás veces vemos as institucións sociais como algo inmutábel e alleo ás persoas: coidamos, por exemplo, que o dereito de propiedade ten tanta existencia como unha montaña. Na meirande parte dos actos da nosa vida cotiá non podemos menos que confiar nesas institucións (ou polo menos deixármonos guiar por elas) aínda que no fondo das nosas mentes ben educadas e formadas fique un resto de sentido común que nos faga sospeitar que algo non é como aparenta ou que, polo menos, pode ser doutro xeito.

Jim Baggot na súa Guía de la realidad para principiantes [Biblioteca Burindán, 2005] sementa os alicerces científicos para un escepticismo social: «Pense na microestrutura social que fai posíbel un día calquera da súa vida. Sen a idea e as regras da condución probabelmente non podería ir traballar. Sen a idea de mercar e vender non habería empresa nin despacho ao que puidese ir, ou fábrica na que traballar. Sen a idea dos cartos tampouco tería ningún sentido, de todos os xeitos, que vostede quixese ir traballar. Ningunha desas ideas podería funcionar se non houbese moitas persoas que as aceptan e cren nelas. Son ideas que requiren un nivel de cooperación asombroso».

As institucións sociais non son máis que invencións dos seres humanos: unha vez froito do costume outras impostas, máis ou menos sutilmente polos poderosos: a economía, tamén.

Dende a perspectiva de Baggot é claro que as institucións sociais non son máis que invencións dos seres humanos: unhas veces froito do costume (as quendas de rego no agro), outras impostas, máis ou menos sutilmente, polos poderosos (o delito de roubo descrito no código penal).

A complexidade das sociedades enriquecidas actuais fixo que o criterio de autoridade volva ter unha importancia transcendental á hora de crear esas institucións sociais: todas as persoas non podemos saber de todas as cousas e a especialización e o coñecemento teñen unha importancia cimeira á hora de crear, interpretar e artellar as ditas institucións. Pero tampouco todas as autoridades chegan en igualdade de condicións ao debate público: os medios de comunicación e os programas de ensino fomentan un determinado imaxinario: o que describe o mundo como é e como ten que seguir a ser, fomentan as cousas como son, ou como di o poeta Manuel Rivas: «A distopía impón un modelo en que o ensino non sería outra cousa que o brazo instrutor dunha modernidade regresiva en que o rendemento, entendido sempre como “debe” e ”haber” contábel é o valor supremo» [Contra todo isto, Xerais, 2018]

O ensino é transcendental á hora de configurar nas nosas mentes a percepción do mundo. Na infancia e na primeira mocidade conservamos a nosa capacidade de asombro e calquera explicación pode arraigar se ten asento nas cousas que pasan ao noso carón. E por iso Vicent Cucarella Tormo transforma o seu ensaio [Economía por un futuro sustentable, Laiovento, 2019] no diario no que un adolescente anota as conversas cunha economista e un físico amigos dos seus pais grazas ás que comprende o que se agacha tras o concepto hexemónico de economía. Quen mellor ca un mozo para afrontar con escepticismo a realidade que as persoas adultas lle queremos impoñer?
«Os modelos teóricos resultan interesantes para aprender e analizar a realidade, mais non para substituíla. O problema é que en moitas decisións políticas actuais esquécese todo o que queda fóra do modelo. E ademais, os intereses dalgúns sectores produtivos poderosos conseguen que en moitas ocasións se antepoña o que é conveniente dende a perspectiva empresarial por riba da vontade popular», di un dos personaxes do libro, e a conversa entre o mozo e as persoas adultas segue ese esquema: debulla cunha linguaxe sinxela a natureza da ciencia económica, os seus conceptos básicos e os distintos sistemas económicos para revelar que a teoría se colocou diante do acaecido e hai anos que non nos deixa ver as cousas que pasan.

A crítica da economía ortodoxa fundamentase no seu concepto clásico: a economía é «a ciencia que estuda o modo de asignar os recursos escasos entre finalidades alternativas» e non outra cousa.

A creba das conviccións chega cando a economista lle amosa que os modelos económicos tradicionais (os que se fundamentan nos conceptos de produtor, consumidor, oferta, demanda, ben, servizo, etc.) esquecen por norma un compoñente esencial do sistema: a enerxía. «A nosa civilización tivo aproximadamente cinco séculos de expansión moderada [...] e dous séculos de expansión elevada (dende o descubrimento dos combustibles fósiles). Afixémonos a medrar con facilidade e agora a sociedade considérao como a normalidade, ata o punto que está planificada para seguir medrando», di o físico ao mozo. Pero ese crecemento infindo é termodinamicamente imposíbel e a economía nunca foi a ciencia que trata de alcanzar o crecemento perpetuo senón «a ciencia que estuda o modo de asignar os recursos escasos entre finalidades alternativas» e desa definición clásica parte a reconstrución e a crítica do concepto económico.

Cunha linguaxe sinxela, dirixida (aínda que non só) ás persoas adolescentes, Vincet Cucarella pon baixo os nosos ollos as contradicións e deturpacións das escolas económicas hexemónicas e amósanos a necesidade dunha outra economía. Necesidade non só imposta por imperativos éticos senón polo inevitábel efecto das leis da termodinámica. Após da crítica, o narrador mozo xunto cos adultos van escolmando as iniciativas que traballan por esa economía alternativa: a economía do ben común, a economía colaborativa, a economía social e solidaria, a permacultura, o cooperativismo, as cidades en transición, entre outras. O autor invítanos a colocarnos na pel do mozo e cuestionar, dende a sinxeleza e o asombro, o que os poderosos nos contan para cuestionar a concepción ortodoxa da ciencia económica.

Sobre o blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas as entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Decrecimiento
Ampliación aeropuerto La insostenible sostenibilidad de Barcelona
La ampliación del aeropuerto de Barcelona es un proyecto impregnado de la cultura del siglo XX, con evidentes implicaciones en la destrucción de una naturaleza y una ciudad que han alcanzado sus límites.
Río Arriba
Río Arriba Luis González Reyes: “Vivimos en un mundo en el que la escasez es un elemento central”
Primera entrevista del programa Río Arriba en formato podcast y vídeo donde hablamos de las nuevas guerras neocoloniales por recursos en la era de Trump y Putin, de la escasez, del decrecimiento y el colapsismo.
Tribuna
Tribuna Decrecimiento azul: un enfoque necesario para mares al límite
Mientras se celebra la UNOC3 y en el contexto de cambio climático y pérdida de biodiversidad al que nos enfrentamos se necesita —también en el mar— un cambio de paradigma donde el crecimiento y la ausencia de límites dejen de ser la norma.
Sobre o blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas as entradas
CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
CRTVG A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
Altri A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.
El Salto n.79
Altri A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
O xoves 17 de xullo esperámosvos no CS 'A Nubeira' de Vigo para presentar o último número da revista El Salto xunto a algunhas das súas principais protagonistas: as que loitan contra o macroproxecto de celulosa liderado por Altri e avalado pola Xunta.
Altri
Altri Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.