O Salto Galiza e PuntoGal asinan un convenio de colaboración

A sinatura do convenio é un paso adiante para O Salto que consolida o compromiso coa información de preto, de calidade e en galego.
o salto con puntogal
Arte El Salto Solicita o teu código de desconto en socias@elsaltodiario.com.
19 oct 2021 12:28

O Salto Galiza e PuntoGal veñen de asinar un convenio de colaboración para promover o emprego do dominio en Galiza. Clara Figueroa como representante de O Salto Galiza e o presidente da Asociación PuntoGal, Manuel González González asinaron este convenio, mediante o cal O Salto se compromete a dar cobertura ás actividades realizadas por PuntoGal para promover a utilización do dominio a través dos seus órganos de expresión. Ademais, e grazas a este acordo, as persoas que se dean de alta como susbcriptoras de O Salto Galiza poderán obter un dominio .gal a prezo reducido.

“Con esta sinatura consolidamos o noso compromiso coa información de preto, de calidade e en galego”

O Salto trasladou a súa gratitude cara PuntoGal, “unha asociación que está dotando de estrutura a axentes coma O Salto Galiza para que a nosa lingua se desenvolva en todos os eidos, facilitando a chegada de información independente a audiencias máis amplas”. Desde o medio galego consideran tamén que “a sinatura do convenio é un paso adiante para O Salto, co que consolidamos o noso compromiso coa información de preto, de calidade e en galego.”

Pola súa banda, PuntoGal, que conta con máis de seis mil dominios rexistrados, quere “continuar a promover convenios con entidades coma O Salto Galiza, que reflexan a pluralidade informativa na nosa lingua e promoven a participación dos lectores na xestión e sostemento dos medios de comunicación”, en palabras do presidente de PuntoGal, Manuel González. González tamén comentou “a importancia de manter a identidade a través da lingua mesmo en plataformas informativas que teñen vocación de alcanzar públicos máis alá do ámbito galego, convivindo con outras linguas do estado e normalizando a súas relacións e interaccións”.

O convenio entrambas entidades inclúe a posibilidade de que os asociados de O Salto Galiza poidan mercar un dominio .gal ao prezo reducido de 13 euros máis IVE. Para facer efectiva a oferta, terán que utilizar códigos promocionais a través dos rexistradores que colaboran na promoción, Dinahosting e Entorno Digital.

Subscríbete a O Salto Galiza en versión dixital ou en papel aquí e solicita o teu desconto escribindo a socias@elsaltodiario.com

Sobre o blog
El Salto es un proyecto formado por cerca de 200 personas y 10.000 socios/as que apuesta por un periodismo radicalmente diferente: sin financiación de empresas del Ibex35, democrático, descentralizado y de propiedad colectiva
Ver listado completo
Cargando valoraciones...
Comentar
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.
Cargando...
Sobre o blog
El Salto es un proyecto formado por cerca de 200 personas y 10.000 socios/as que apuesta por un periodismo radicalmente diferente: sin financiación de empresas del Ibex35, democrático, descentralizado y de propiedad colectiva
Ver listado completo
Cargando...
Comentarios

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...