Teatro
‘1936’: unha ferida aberta sobre o escenario

A nova produción dirixida por Andrés Lima converte a Guerra Civil en materia escénica, abrindo un espazo de reflexión crítica sobre as súas pegadas no presente.
1936 teatro
Blanca Portillo, Antonio Durán ‘Morris’ y María Morales durante la obra ‘1936’.
5 abr 2025 11:52

Vista no Teatro Rosalía de Castro da Coruña o pasado 29 de marzo, a obra comeza cunha disposición escénica envolvente: o público colócase na súa disposición habitual e, ademais, unhas tres filas de cadeiras ocupan os laterais do propio escenario. Esa proximidade física esvae a cuarta parede e converte o espectador en testemuña implicada. Estamos dentro. O proxecto é cobizoso: tras dunha investigación exhaustiva baseada en arquivos e bibliografía —citada en escena con nomes coma Preston, Chaves Nogales ou Tania Balló—, o texto toma forma grazas ao traballo conxunto de catro dramaturgos: Albert Boronat, Juan Cavestany, Juan Mayorga e o propio Andrés Lima. Sosteno, outrosí, un equipo artístico de primeiro nivel.

Os acontecementos arrincan no verán do 36 e despréganse coma un mural vivo da Guerra Civil: fragmentario, coral, versátil, titánico. Corenta personaxes desfilan pola escena, interpretados por un elenco de nove actores e actrices sen fisuras -con mención especial para Blanca Portillo e Antonio Durán «Morris», abraiantes—, acompañados por un magnífico Coro de mozos e mozas que actualiza o coro clásico achegando canto, danza e presenza simbólica, e que ocupa o espazo escénico sen saturalo. Transitan os grandes nomes (Franco, La Pasionaria, Clara Campoamor, Queipo de Llano, Orwell…) e tamén o anonimato das vítimas, os corpos fusilados, a fame. A anos luz dunha épica baleira ou dunha pedagoxía condescendente, a proposta combina afiadamente documentación rigorosa, intensidade dramática e ollada contemporánea.

Nada en 1936 é convencional: catro horas de función, múltiples capas de lectura e unha posta en escena que entrelaza narración, música en directo, discursos históricos, poesía ou proxeccións audiovisuais. Unha proposta de enorme complexidade, sustentada por unha dramaturxia que non teme o risco e que, ademais, é aclamada polo público. Confírmase así que o teatro documental constitúe unha poderosa ferramenta de experimentación, capaz de incorporar distintas linguaxes e transformar o real sen traizoalo. Algunhas escenas deixan pegada -a fuxida de Málaga, o Ebro, Gernika-, porén, a voz é o plexo solar da obra: a de Primo de Rivera e a de Azaña, a dunha anciá republicana e anónima diante da súa propia fosa no presente. Voces que, mesmo cando se achegan ao expresionismo, non se impostan. Arreguizan.

Mentres o relato dominante da Guerra Civil oscila, polo xeral, entre a repetición estéril, a dramatización banal e o negacionismo, 1936 coloca sobre as táboas un dispositivo de memoria activa. Nun contexto estatal cunha institucionalización da memoria democrática menor do que pode semellar, a obra asume unha función social imprescindible: reinscribir no espazo público a animalidade do exterminio franquista e o seu contrapunto de vidas segadas, poboacións devastadas. Namentres se reclama unha política cultural máis ambiciosa -con espazos públicos de memoria como o Museu Nacional Resistência e Liberdade, en Lisboa, precedidos da eliminación plena da simboloxía fascista e da sinalización dos lugares de represión; en cidades coma Vigo, tarefa aínda pendente-, esta proposta escénica ocupa un baleiro institucional e simbólico. Convértese nun acto necesario de reparación.

Se, como advirte Enzo Traverso, a memoria é campo de batalla e non reliquia nin santuario, daquela, a tarefa está lonxe de se dar por rematada. Cómpre preguntarse por que unha obra coma 1936 non forma parte dos circuítos teatrais existentes, desde as grandes cidades ata as pequenas vilas. Que sexa a arte un martelo para dar forma á realidade, como quería Brecht. Nese sentido, 1936 non só representa, senón que intervén no relato cun obxectivo claro: contribuír a consolidar unha hexemonía cultural baseada nos dereitos humanos e na transmisión crítica do pasado. Asumir ese legado implica promover políticas culturais sólidas, non sometidas ao calendario conmemorativo, senón orientadas a integrar o pensamento histórico no debate público contemporáneo. Fronte aos discursos que, baixo aparencia de neutralidade ou despolitización, banalizan o pasado e o reducen a unha narrativa superficial de consumo inmediato: 1936 sinala o camiño.

Arquivado en: Opinión Culturas Teatro
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Culturas
Cultura Residente cancela todos sus conciertos en los festivales propiedad del fondo proisraelí KKR
René Pérez, cantante y rapero que llegó a la fama bajo el paraguas de Calle 13, abandona los carteles del FIB de Benicasim y del Morriña Fest de A Coruña.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria
CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
CRTVG A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
Altri A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.
El Salto n.79
Altri A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
O xoves 17 de xullo esperámosvos no CS 'A Nubeira' de Vigo para presentar o último número da revista El Salto xunto a algunhas das súas principais protagonistas: as que loitan contra o macroproxecto de celulosa liderado por Altri e avalado pola Xunta.
Altri
Altri Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.