Teatro
Carmen Conde: “Nena, é que naqueles tempos todo isto era tabú”

Carmen Conde creou un espectáculo a partir de seis meses de recollidas a mulleres galegas de entre 70 e 95 anos. Decenas de conversas na cociña en torno ao amor, o sexo, a confusión na xuventude e a violencia nas relacións.

28 may 2019 07:00

Catro pantalóns nun tendal. Unha muller entra en escena e comeza a descolgalos, substituíndoos por prendas interiores: suxeitadores, bragas, sete panos para absorber o sangue da menstruación. Dá comezo Tabú, espectáculo da escritora, poeta e monologuista lucense Carmen Conde. Nada logo dos seis meses de recollidas por cociñas galegas, nas que conversou con mulleres de entre 70 e 95 anos sobre amores, medos, sexo, violencia e dos moitos tabús que definiron as súas vidas.

Explica Carmen que o detonante foi a súa xeración: “Escoitaba frases no entorno familiar, de parella, íntimo e privado, que me parecían terribles e que só escoitabamos as mulleres”. Preguntouse pola súa orixe e decidiu procurala da boca da muller máis vella que coñecese. A aquela primeira entrevista seguírona decenas, polo Valmiñor, o Morrazo, o Courel, a Mariña lucense, a Costa da Morte, o Couto Mixto e O Incio. “Saín buscando humor, pensando na picaresca que habería naquela época de vixianza e control, nos plans para encontrarse co namorado ou namorada. Escoitándoas descubrín moita dureza no seu relato. Non se podía banalizar, quedar en algo superficial”.

Da República e do Franquismo

Manolita, de 94 anos, foi a primeira en poñerse fronte a gravadora. “Vivira a súa xuventude durante a República, contoume un anecdotario tremendo mentres me miraba como dicindo ‘que, estás a enterarte agora de que se fan estas cousas?’”, ri Carmen. Na súa segunda conversa atopou vivencias diferentes, a protagonista ten 74 anos e seguiu a norma ditada polo franquismo. Aquela recollida por outra Carmen, Martín Gaite, en Usos amorosos de la posguerra española. “Confirmei que o persoal é político, en cada réxime había un comportamento diferente, na República eran máis libres”. A segunda entrevistada chegara virxe ao matrimonio, mais ao ter servido en distintas casas recibiu tratamento “de muller pública”. “Tiña a conciencia tranquila, pero sempre foi acusada pola sogra”.

“Confirmei que o persoal é político, en cada réxime había un comportamento diferente

Case todas as mulleres que falaron con Carmen describiron a educación franquista sen carga dramática: “Din dúas frases clave ‘que sei eu nena, antes era así’ e ‘eran tempos moi duros’”. Deu con nais solteiras, “con toda a carga de estigmas que isto ten” e coa primeira muller divorciada da comarca de Lemos. Unha tarde preguntou a un grupo se chegaran virxes ao matrimonio. “Unha muller contestou que si e dúas, ao mesmo tempo, dixeron ‘que tontería!’”.

Carmen xuntaba grupos de mulleres nunha cociña: “Falabamos xuntas, merendabamos e unhas tiraban do fío das outras”. A autora tivo que peneirar as conversas tecidas, as horas de gravacións, até condensalas en sete historias. Vivencias que representan catro bloques que atopou en todas as casas: o do amor, o da erótica, o da confusión e o da violencia.

Do amor e da erótica

Unha vez se compartían as primeiras lembranzas a conversa continuaba até a actualidade. Dese fío de memorias xurdía o amor en todas as fases. “O adolescente que dura para sempre, o da muller de oitenta anos que non esquece ao primeiro amor, o desamor de xuventude ou a ruptura definitiva”, explica Carmen. Moitas mulleres eran viúvas que botaban de menos ao marido, co que viviran un matrimonio feliz. “Dicíanme que se sentían máis libres unha vez casadas, antes todo estaba en entredito”. Nas entrevistas percibiu como a educación franquista moldeou a moitas mulleres e homes. “Penso que hai toda unha xeración que non está educada no afecto, senón no contrario, en non amosalo publicamente porque non estaba ben”, reflexiona.

“A vida erótica dalgunhas das nosas avoas dános catrocentas voltas!

Da man dos amoríos chegaba o erotismo. “A vida erótica dalgunhas das nosas avoas dános catrocentas voltas! Hoxe parece que todo está ao alcance dun Whatsapp ou de Tinder, eu digo no espectáculo que a épica da erótica estase perdendo”, conta Carmen entre risas. “Unha muller contoume que seu pai deixaraa de mandar ir por tabaco porque sabía cando marchaba, pero non cando ía volver!”.

Confusión e violencia

As memorias tamén están tinguidas de dúbidas e sufrimento. Na madurez do corpo moitas mulleres recibiron a primeira menstruación con horror. “Pensaban que ían morrer desangradas, a maioría non sabían o que era”. Eran case sempre as amizades as que poñían ás recén iniciadas sobre aviso. Tamén compartían supersticións: “Mentres tes a regra non te podes lavar”. Mais o fío máis terríbel da memoria é o da violencia. “Elas non dulcifican, pero falan cun ton que non é de gravidade nin de pena”, di Carmen.

“Contáronme historias de violacións, pero non todas eran conscientes do que narraban

“Moitas mulleres contáronme historias de violacións, pero non todas eran conscientes do que narraban, iso foi terríbel”. Non o etiquetaban así, explica a autora, pois estaban a falar do seu marido. “Si atopei unha muller, de oitenta e un anos, que tiña clarísimo que fora violada”. A narración foi revelada nunha mesa, en compañía doutras mulleres. “Dixo que a súa primeira vez fora horrible e eu, ao ver que o explicaba tristeza, comentei que sería normal, que o home non tería moita práctica. Retrucoume, ‘non me entendiches, nena, foi unha violación’. A muller que estaba diante dixo, ‘pero non podes dicir iso!’. ‘Como que non?’, contestou a outra, e describiu como fora. Cando rematou outra engadiu ‘bueno, pero ao final cediches ti, non foi violación’”. O xuízo que Carmen presenciou forma parte de Tabú. “Decido incorporalo porque penso que é relevante. O que pasou no xuízo da Manada, que ‘non é violación’, dende cando pasa?”, explica.

Carmen continuará a xirar por distintas vilas no 2019. As palabras destas mulleres, “nena, é que naqueles tempos todo isto era tabú”, tal vez non respondan a súa cuestión inicial, mais si poden contribuír a crear espazos de reflexión compartida, “para entender de que somos froito e de quen somos fillas”. “Para min este espectáculo é un xeito de enlazar coa xente nova, creo que lles fala de cousas que poden vivir agora. Os adolescentes a día de hoxe tamén teñen tabús”, conclúe Carmen.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Obituario
Obituario Jane Lazarre (1943-2025)
La escritora neoyorquina, autora de ‘El nudo materno’, falleció el pasado mes de junio. Su obra conectó enseguida con entorno feministas por ofrecer un relato de la experiencia materna más allá de las estrechas paredes del hogar
Fútbol
Fútbol El equipo de fútbol femenino decidido a construir un nuevo Sudán desde el exilio
Un equipo de fútbol de desplazadas sudanesas en El Cairo lucha por continuar con el sueño de jugar. En el exilio, continúan entrenando.
En el margen
En el margen Aisetou Kajakeh: “Nosotras no estamos rompiendo techos de cristal, sino sorteando muros”
Esta socióloga española asegura que las asociaciones gambianas en España mantienen un vínculo directo con el lugar de origen, lo que hace que nunca pierdan la conexión con las raíces.
Altri
Altri Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.
Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
Medio ambiente
Medio ambiente A loita polo monte galego: lumes, eucalipto e ameazas á propiedade común
Galiza concentra un terzo dos incendios forestais rexistrados no Estado. Mentres a Xunta apunta aos montes veciñais, comuneiros e ecoloxistas denuncian unha estratexia política para favorecer a privatización e a expansión da industria madereira.

Recomendadas

Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.