Trata
A Operación Carioca no foco

Unha plataforma cidadá esixe xustiza na recta final do maior caso de trata e explotación sexual de mulleres da Galiza.

Operación Carioca
O Eros foi un dos clubes investigados durante a Operación Carioca Carmen PG Granxeiro
31 oct 2018 11:00

O mazo da xustiza alzado, a piques de esmagar unha muller, e unha frase: Impunidade Carioca. Esta icona repítese nas paredes e nos muros de Lugo. Son as pegadas que, dende setembro, deixou nas rúas a Plataforma Cidadá contra a Impunidade na Operación Carioca. O foco diríxese á Operación Carioca, unha macrocausa que investiga unha rede de trata de mulleres con fins de explotación sexual en varios clubs da provincia de Lugo. Logo de dez anos de investigacións, a causa atópase na súa recta final. Até 85 persoas chegaron a estar imputadas: donos de clubs, ex-axentes das forzas de seguridade do estado e ex-funcionarios. Durante a investigación identificáronse en torno a 200 posibles vítimas de trata e de explotación sexual.

O detonante da plataforma foi a petición por parte da Fiscalía, no mes de xaneiro, dunha das pezas da Operación Carioca. A causa está relacionada co club Liverpool, un prostíbulo de Corgo, cuxo dono, Eladio R.H., foi imputado xunto a catro gardas civís. No Liverpool foron prostituídas dúas mulleres entre o 2004 e o 2009, que no momento da súa chegada a España tiñan 17 anos. Unha delas denunciou a Eladio R.H. no 2010 por abuso sexual. Os delitos polos que eran investigados tamén incluían a prostitución coactiva ou o tráfico de influencias. No informe explícase que o feito de que elas fosen emigrantes ilegais, menores de idade no momento da súa entrada a España, non é suficiente para probar que foran forzadas á prostitución. A súa publicación disparou as críticas de asociacións, ONG e partidos políticos.

Jennifer Santín, voceira da plataforma, conta que nace para “deixar constancia de que a cidadanía vai estar alerta ante o resto de pezas que queden por xulgar”. “Queremos que se deixe de normalizar este tipo de violencia”, sinala Santín, “e rematar coa impunidade das mafias e dos proxenetas”. Para iso levarán a cabo campañas de sensibilización. Logo das primeiras accións a pé de rúa para darse a coñecer, proxectarán o documental da artista lucense Carmen P. Granxeiro, Benvidas ao club, sobre a Operación Carioca.

Entradas para o peor dos clubs

No mes de xuño Carmen P. Granxeiro veuse ante o reto de resumir dez anos de investigacións en 30 minutos. O sumario da Carioca chegou a acumular de 270 tomos, 47 pezas e 150.000 folios.

“Eu tiña unha visión moi xeral, bastante lonxana, do que fora a Operación Carioca”, explica Granxeiro. Cando estalou o caso esta lucense vivía fóra da Galiza. Ao volver, logo de cinco anos en contacto co tecido social da súa cidade, foi convidada a unha asemblea da plataforma contra a Impunidade na Operación Carioca. Aquela reunión plantou a semente de Benvidos ao club. “Non é un documental de investigación”, di Granxeiro, “o obxectivo é construír un mapa informativo asequible, para que calquera persoa que o vexa teña unha idea xeral, pero rigorosa, do que aconteceu”.

Para a directora, o espazamento no que foron publicadas as novas sobre a Carioca dificulta unha lectura global. Sinala que poucas persoas ligan esta operación con outras macrocausas nadas no mesmo xulgado: a operación Pokemon e a operación Campeón. “Non somos conscientes desta trama tan importante, os poderes políticos e económicos, aí todos metidos”. Hai xornalistas, como Sonia Vizoso para El País, que si investigaron as conexións entre as tramas, sinala Granxeiro, “pero esa relación non é algo que a xente teña tan claro”.

“Creo que tanto o audiovisual como o deseño gráfico poden ser empregados para acadar algo positivo”, reflexiona Granxeiro, “esas son as miñas armas”. Co seu documental busca axudar a plataforma a informar “e a facer presión social, que nos lembremos como comunidade de que isto aconteceu”. “Espero que as espectadoras saian tendo unha vontade, que lles pida ser críticas”, di.

O caso aquel das prostitutas

Gerardo Pardo de Vera é avogado, traballa na ONG lucense Aliad-Ultreia, que dende 2009 puxo en marcha un programa para atender as mulleres vítimas de trata e explotación sexual. “En Lugo houbo previamente operacións contra clubs”, di Pardo de Vera, “algúns foron arquivados porque os proxenetas se fugaban, pero o caso de trata máis importante é o da Carioca, sen dúbida”. El é, ademais, un dos participantes do documental Benvidos ao club.

Axentes das forzas de seguridade facían a vista gorda, ou mesmo facilitaban información privilexiada aos proxenetas.

Pardo de Vera colabora tamén coa ONG Vagalume, en Santiago de Compostela. A organización asiste dende hai anos mulleres vítimas de trata e da explotación sexual. Alí coñeceu a principal testemuña da Operación Carioca. Ela contactou a Garda Civil, quen a súa vez deu informe ao Xulgado de Instrución n.º 1 de Lugo. No 2009 o caso estalou, leváronse a cabo os primeiros os rexistros e detencións. A investigación cercou unha rede que introducía ilegalmente mulleres, a meirande parte de orixe brasileira, para ser prostituídas en España. Moitas delas con familias ao seu cargo no país de orixe, ou en risco de exclusión social. Á súa chegada “contraían” unha débeda co club, que pagaban prostituíndose. Axentes das forzas de seguridade facían a vista gorda, ou mesmo facilitaban información privilexiada aos proxenetas. Un dos detidos, presunto cabeza da trama, foi José Manuel García Adán, dono do club Queens. Este prostíbulo, o Volvoreta, o Eros e o Colina, en Outeiro de Rei, foron precintados. Os medios recolleron a evolución do caso, e a Operación Carioca entrou nas casas e nos bares.

Operación Carioca_2

As vítimas da rede acudían a procurar axuda legal a Compostela. “O xulgado estaba desbordado, non había recursos específicos sobre isto, os servizos sociais non se facían cargo”, relata Pardo de Vera. El animou a Aliad-Ultreia a abrir as súas portas ás vítimas. Ana Barba, educadora social da ONG, explica que no primeiro ano atenderon máis de 300. “Estaban moi desprotexidas”, di Barba, “aquela era unha fase inicial, moitas estaban sendo expulsadas. Había procesos de regularización de documentación, mais todo iso ten que ir ligado tamén a ter unha vivenda, á estabilidade económica, ao acceso á saúde…”. O máis complexo nun caso de trata, ou de tráfico ilegal de persoas daquela, é obter a declaración das vítimas. Na Operación Carioca non foi así. “As mulleres deron unha lección de dignidade e de ética fóra do común”, afirma Pardo de Vera.

A lexislación actual ofrécelles, sobre o papel, unha maior cobertura ás vítimas de trata e de explotación sexual. Pero no 2008 a figura da trata nin sequera estaba recollida no Código Penal.

“Como se cualifica xuridicamente? Como se concreta a acusación? Cos delitos propios antes da reforma: o tráfico ilegal de persoa e a explotación sexual, tal e como estaba especificaba daquela”, explica Pardo de Vera. É no 2010 cando a trata entra nas leis penais, “pero a lei non pode ser retroactiva”, sinala. “Iso tradúcese en que as penas van ser moito máis benévolas”. Pero non só, o tráfico ilegal de persoas castiga a acción en si, mentres que no caso da trata a sanción punitiva aumenta segundo o número de persoas que fosen vítimas desa trata. “As penas suman e, claro, a diferencia en termos de pena é abismal”. Acompañando os delitos principais investigados na Carioca xorden outros, propios dunha trama de trata e prostitución forzosa. “Prevaricación, suborno ou malversación”, desprega Pardo de Vera, “tráfico de drogas, tráfico ilícito de armas…”.

Atrancos na Carioca: o papel da Fiscalía

O ritmo da instrución foi moi lento, acumulábanse os tomos do sumario. Chegado un punto a Fiscalía tomou unha decisión: despezar a causa e xulgar cada peza nun sumario diferente. “Propúxose asignar a fiscais específicos para axilizar a instrución”, di Pardo de Vera, “pero non se axilizou”. O avogado denuncia a actitude pasiva da Fiscalía previa ao despece do caso. “Teríase que ter axilizado poñendo os medios, o que pasa é que se trata dun caso moi incómodo”. O despece, a nivel xurídico, tampouco permite o tratamento global da trama, “rómpese a continencia da causa, e iso é perigoso”. Os axentes comisionados para levar a cabo a investigación, e a propia xuíza, Pilar de Lara, recibiron presións e amezas ao longo do procedemento. Ela e maila súa filla chegaron a levar escoltas.

Actualmente cada procedemento segue o seu curso. “A peza principal, relacionada co club Queens e cos delitos que, hoxe, serían de trata, está a punto de finalizar”. Logo de ditarse a resolución iniciarase unha segunda fase, o xuízo oral. “Algunhas pezas foron arquivadas, certas de pouca entidade, pero houbo unha que chama poderosamente a atención”. Pardo de Vera refírese ao arquivo de peza relativa ao club Liverpool. “A Fiscalía tamén foi pasiva na súa atención ás vítimas,que deixou completamente desamparadas”. Ana Barba, de Aliad, engade as dificultades coas que toparon as mulleres. “Aprobouse hai un ano que as axudas periódicas para vítimas de xénero se estendan ás vítimas de trata. Pero o Caso Carioca vai cumprir dez anos, estas mulleres só podían acceder ás rendas básicas, a RISGA, e só se tiñan a súa documentación, era moi duro”.

O sistema prostituínte

“Hai un concepto que emprega a activista Amelia Tigannus que me gusta moito”, explica Ana Barba, “que é o de sistema prostituínte”. “Calcúlase que o 80 % das mulleres que exercen a prostitución son vítimas de trata”, engade. Na actualidade a forma de escravitude máis antiga do mundo é tamén un dos negocios máis lucrativos, só superado polo tráfico de armas. No 2009, segundo o INE, o 32 % de homes eran consumidores. As mulleres son invisibilizadas, viven á marxe de sociedades que as condenan pola súa condicións de prostitutas . “É unha forma de violencia contra as mulleres que abarca todas as demais”, di Barba, “económica, a física, a violencia sexual, a psicolóxica”. Despois de ser conducida ao país onde se prostitúe, a muller emprega diversas estratexias para saír adiante. Pagada a débeda “contraída” coas mafias, moitas continúan exercendo a prostitución para enviarlles cartos ás súas familias ante a falta doutras saídas.

Case todas as mulleres tiñan fillos ou fillas ao seu cargo, e viran na prostitución un medio para saír dun entorno de pobreza. Moitas sabían que no país de destino ían exercer a prostitución, pero non baixo que condicións.

A Asociación Alecrín publicou no 2006 un estudo sobre a prostitución en Lugo. Dous anos antes de que estalase a Operación Carioca, calculaban que até 250 mulleres se prostituían en Lugo. As cifras oscilaban enormemente, aumentando sobre todo nas semanas do San Froilán. Máis do 60 % eran de orixe brasileira. Daquela na cidade e nos municipios limítrofes existían 19 clubs. Entrevistaron 62 mulleres, das cales o 51 % explicaron que contraeran unha débeda para chegar a España. Case todas as mulleres tiñan fillos ou fillas ao seu cargo, e viran na prostitución un medio para saír dun entorno de pobreza. Moitas sabían que no país de destino ían exercer a prostitución, pero non baixo que condicións. O propio estudo establece que, por este motivo, o consentimento da vítima non pode ser tido en conta á hora de xulgar un posible delito de trata. Isto non sempre se traslada ao exercicio dos axentes de seguridade, nin tampouco ás resolucións xudiciais. A petición de arquivo do caso do Liverpool pola Fiscalía de Lugo é un bo exemplo.

“Permitimos isto dentro da Europa fortaleza”, denuncia Pardo de Vera, “se se fai algo a maioría das veces faise para cumprir coa Lei de Estranxería, non para rematar coa trata. “Fanse redadas”, sinala, “ desas redadas nos clubs cantos casos de trata se detectan? Que se consegue con esas redadas? Cartas de expulsión, unha dobre criminalización das vítimas”. “En España parece que demos un paso no recoñecemento do proxenetismo”, di Barba, “pero logo chegan sentenzas en que só se considera proxenetismo se hai un exercicio explícito da violencia. Se non se muda como se aplican as leis, e só se dan cartos á asistencia das mulleres, as vítimas seguiranse xerando. Hai que comezar pola base, ou seremos receptáculos de vítimas ben dotados”.

Barba e a ONG Aliad traballan nos propios clubs con obradoiros onde dan a coñecer a organización. Ademais levan a cabo campañas de sensibilización. “Poñemos o foco no “putero”, no consumidor”, explica. “Hai que cambiar esquemas de pensamento, construír novas masculinidades”. “As vítimas son as máis indefensas”, recalca”, as que menos poden cambiar a súa situación”.

Cine
‘Blessy’, un documental colectivo y poético sobre vencer al trata de personas
El documental Blessy, creado colectivamente por cuatro mujeres víctimas de trata y tres realizadoras, ofrece un relato íntimo sobre la supervivencia.
Trabajo esclavo
La esclavitud de aquí
Los inmigrantes ya no vienen a Europa a cumplir un sueño, sino a escapar de una realidad que consideran el infierno. Lo que muchos no esperan es que aquí les espera otro.
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Galicia
Corrupción en Galicia El caso Carioca a través de una migrante explotada sexualmente: indemnización mínima y complot policial
El guardia civil Armando se aliaba con proxenetas y abusaba sexualmente de mujeres prostituidas haciendo uso de su capacidad para regularizar su situación.
Caso Carioca
Caso Carioca O caso Carioca a través dunha migrante explotada sexualmente: indemnización mínima e complot policial
O garda civil Armando aliábase con proxenetas e abusaba sexualmente de mulleres prostituídas facendo uso da súa capacidade para regularizar a súa situación.
Caso Carioca
Caso Carioca Una violación y cinco abusos a prostitutas de un guardia civil se rebajan a cuatro años de cárcel
Un agente y tres proxenetas se benefician, en la pieza principal del caso Carioca, de llegar con la Fiscalía a acuerdos de conformidad encubiertos formalmente bajo la celebración de un juicio completo que no se produjo.
#25812
11/11/2018 13:41

Muy buen artículo, es una lacra social cómo las mafias se lucran con la trata de blancas.

0
0
Salario mínimo
Salario mínimo PSOE y Sumar intentan llegar a un acuerdo para no perjudicar con el IRPF a los trabajadores con el SMI
La ministra de Hacienda ha confirmado que sería “algún tipo de medida que permita compensar a aquellos pocos trabajadores” en la situación de tener que tributar con el salario mínimo.
Residencias de mayores
Residencias Fondos de inversión y residencias: la mano invisible que retuerce los cuidados
Mientras DomusVi, en manos del fondo de inversión ICG, ya es la empresa con más residencias privadas del Estado, residentes, familiares y trabajadoras explican lo que supone que las prácticas especulativas acunen la vejez de las personas.
Opinión
Opinión Bretón no es un monstruo, ni Martín el nuevo Capote
Frente a la libertad sin peros que defienden unos, la responsabilidad de muchos: la de ciudadanos y librerías que se niegan a comprar o vender, respectivamente, el libro que Anagrama ha tenido a bien materializar.
LGTBIfobia
Manifestación Plataforma Trans planta cara a la transfobia con una manifestación contra el odio
La convocatoria el 29 de marzo denuncia un contexto internacional antiderechos. La organización pide a partidos y sindicatos que se sumen a la marcha porque la transfobia es un problema social, y por lo tanto también político, explican.

Últimas

AGANTRO
Agantro Tatuaxe: terapia e tendencia
Da marxinación á moda, o carácter simbólico e ritual da tatuaxe atópase actualmente erosionado polas dinámicas capitalistas.
Música
Música Pervertidos y puritanos, a los pies de Ethel Cain
Proyectos musicales como ‘Perverts’ de Ethel Cain son capaces de imponer silencio en medio de tanto ruido para pensar en un momento en que las redes sociales son herramientas tendenciosas para la difusión de propaganda de ultraderecha.
Gasto militar
Gasto militar “No nos resignamos a la guerra”: 70 organizaciones rechazan la deriva militarista de la UE y el Gobierno
Más de 70 organizaciones y personalidades de la cultura y el activismo firman un manifiesto que rechaza la escalada belicista y el rearme frente a una posible agresión rusa.
Palestina
Cisjordania Hamdan Ballal, codirector de ‘No other land’, agredido por colonos israelíes
Según los testigos que presenciaron el ataque, el cineasta está herido. Poco antes de las 14h el codirector de la cinta ha anunciado que Ballal ha sido puesto en libertad.
Minería
Minería estratégica en Extremadura La Comisión Europea declara “estratégicos” tres proyectos mineros en Extremadura
Las Navas (Cañaveral), Aguablanca (Monesterio) y La Parrilla (Almoharín) obtendrán financiación, verán facilitados sus procesos de tramitación y se beneficiarán de plazos más reducidos. La mina de Valdeflores no es considerada estratégica.
Más noticias
Obituario
Obituario Jesús Santos, el basurero que se ganó el corazón de Alcorcón
Alcorconero de toda la vida, teniente alcalde, activista social y sindicalista, Jesús Santos hizo que aquellos que le acompañaron en su camino se ilusionaran por la política.
Israel
Genocidio Mercadona vende tampones y patatas procedentes de Israel
En 2024 se produjo una reducción de las importaciones de tampones y patatas israelíes. Mercadona es una de las plataformas que trabajan con estos productos.
Madrid
Madrid La Sareb amenaza con el desahucio a dos jóvenes activistas en Carabanchel
Cadete 7, el bloque en lucha del que el ‘banco malo’ prevé desalojarles de forma inminente este jueves 27, fue el primero recuperado por el movimiento de vivienda de Madrid en 2013 tras haber permanecido deshabitado desde 2008.
Palestina
Palestina Egipto abre la puerta a un nuevo alto el fuego en Gaza con el visto bueno de Hamás y EEUU
A cambio de la retirada gradual de la tropas de Israel en la Franja, serían liberados cinco rehenes cada semana. El Gobierno de Netanyahu no se ha pronunciado y siguen los ataques contra población civil.

Recomendadas

Medio ambiente
Medio ambiente Milleiros de persoas enchen A Pobra do Caramiñal para berrar contra a celulosa de Altri e a mina de Touro
Unha grande multitude por terra e centos de embarcacións por mar esíxenlle ao Goberno de Alfonso Rueda que “recúe” ante o potencial desastre ambiental que sobrevoa Galiza.
Guerra en Ucrania
Guerra en Ucrania Colegios underground en Járkov después de tres años de guerra
La ciudad ucraniana construye escuelas subterráneas, preparadas para aguantar ataques balísticos y nucleares.
Feminismos
Irene García Galán “La memoria feminista hay que construirla desde abajo, desde nuestras casas”
‘Hilaria’ (Errata Nature, 2025) es un libro dedicado a la tatarabuela de Irene García Galán, pero también un ensayo político que navega a través de la memoria feminista, el antipunitivismo y el anarquismo.
Argentina
Estela de Carlotto “Faltan todavía muchos nietos por encontrar”
Al cumplirse 49 años del golpe cívico-militar, la presidenta de Abuelas de Plaza de Mayo dialogó con El Salto y apuntó contra el Gobierno de Milei y su ministra de Seguridad, Patricia Bullrich, que encabeza la represión de la protesta social.