Plan Estratexia Enerxética USC 2
Entrada da Facultade de Ciencias da Comunicación, coa pequena iluminación de reforzo instalada no exterior hai apenas uns meses. Cedida por AROA ÁLVAREZ Elena García Núñez

Universidad pública
A letra pequena do Plan de Estratexia Enerxética da USC

A comezos de curso, a Universidade de Santiago de Compostela aprobou un novo plan de medidas para reducir o seu gasto en enerxía.
17 ene 2023 09:37

A Universidade de Santiago de Compostela inaugurou este curso cun ambicioso obxectivo: converterse nunha institución sostible e responsable en materia de consumo enerxético e sentar así un precedente para as demais Universidades de Galicia e do Estado. Ese é o espírito do seu novo Plan de Estratexia Enerxética, aprobado o 29 de setembro polo Consello de Goberno, que establece unha serie de medidas para reducir o gasto enerxético a partir de 2023.

Para comezar, designáronse tres centros nos que se desenvolvería un proxecto piloto do Plan: as Facultades de Física, Bioloxía e Ciencias da Comunicación, que albergan unicamente unha ou dúas titulacións, e por tanto contan cun nivel de alumnado e persoal reducido que permite axilizar as primeiras disposicións.

“Dende o primeiro momento fomos moi conscientes da gravidade do problema económico ao que había que facer fronte”, conta Elena López Lago, Decana da Facultade de Física. Tamén foi positiva a resposta en Bioloxía, “especialmente concienciada cos aspectos de aforro enerxético, que tamén poden ser bos dende o punto de vista medioambiental”, como explica Jesús López Romalde, o seu Decano.

Ademais, o plan piloto ofrecía a estes centros o apoio institucional necesario para acometer certas actuacións infraestruturais que requirían con anterioridade. “A nosa Facultade xa tiña solicitado en moitísimas ocasións facer unha reestruturación do cadro de iluminación, poñer contadores nos platós para saber canto se consumía...”, relata Ana Isabel Rodríguez, Decana de Ciencias da Comunicación, convencida de que un plan coma este “tiña que estar enriba da mesa dende hai moito máis tempo”.

As primeiras medidas consistiron na redución dos horarios de apertura e o apagado de luces, cuestións pequenas pero que produciron xa algunhas incompatibilidades. No caso da Facultade de Física, por exemplo, deseñouse un <<apagado enerxético escalonado>> das distintas zonas do centro para non interromper actividades investigadoras.

Tamén xurdiron problemas estruturais, especialmente en Ciencias da Comunicación. A arquitectura do edificio ideouse de forma case contraditoria cos principios de iniciativas coma esta, xa que preveu un acendido sen interrupcións de todas as luces interiores para evitar a instalación de farolas no exterior, e o seu cadro eléctrico impide apagar as luces por fases, por exemplo. A solución destas cuestións implica varias obras a conta da propia Universidade, polo que a Facultade deberá esperar ás mesmas para percibir un aforro enerxético significativo.

 Plan Estratexia Enerxética USC 1
Faixas do Persoal de Administración e Servizos da USC en rexeitamento ao Plan de Estratexia Enerxética, na Facultade de Ciencias da Comunicación. Elena García

O Decanato de Bioloxía relata tamén problemáticas propias, como inundacións e goteiras no edificio que requiren abrir o centro con máis antelación para solucionarse antes do inicio das actividades. “Tamén temos laboratorios de investigación e aparatos que teñen que estar acendidos sempre, co cal teremos que buscar medidas alternativas”, engade López Romalde.

Pese ao seu prometedor inicio, o Plan de Estratexia Enerxética rodeouse de polémica nas últimas semanas a raíz dun conxunto de concentracións convocadas polo Persoal de Administración e Servizos (PAS), organizado nunha Asemblea propia e en sindicatos como a CSIF ou a CIG.

Alén das consignas que protagonizaron estas protestas, o descontento deste colectivo co Plan é xeneralizado e ten máis que ver coa súa forma que co seu contido. “É imposible non estar de acordo con aforrar enerxía tal e como están os prezos”, relata Enrique López Veloso, traballador administrativo da USC e membro da CSIF, quen afirma que os gastos estimados estanse a empregar como pretexto para “modificar todas as condicións laborais sen límite e sen negocialo coa representación sindical”.

Unha estimación que, ademais, establécese sen máis datos que a porcentaxe de suba dos prezos prevista pola Rede de Enerxía da Xunta de Galicia para o vindeiro ano. “Non se deu ningún estudo previo, ningunha auditoría enerxética para valorar as posibilidades sabendo os gastos mensuais da Universidade”, insiste o membro da CSIF.

Pese ao seu prometedor inicio, o Plan de Estratexia Enerxética rodeouse de polémica nas últimas semanas a raíz dun conxunto de concentracións convocadas polo Persoal de Administración e Servizos (PAS), organizado nunha Asemblea propia e en sindicatos como a CSIF ou a CIG.

A cuestión máis seria ten que ver co peche anual das instalacións durante o Nadal, o Plan resolveu en ampliar este curso do 23 de decembro ao 9 de xaneiro. Durante estas datas, os edificios da USC pecharán e todo o seu persoal exercerá o teletraballo. É neste punto no que se dan as principais confrontacións, xa que o PAS argumenta que a Universidade pretende adoptar medidas que atentan gravemente contra os dereitos laborais dos seus empregados.

“Non vemos ningún inconveniente no teletraballo como medida”, explica López Veloso, “pero a letra pequena di que o persoal que non poida pasar ao teletraballo, coma un bedel ou un técnico, debe coller eses días obrigatoriamente como días de Asuntos Propios, co cal perde o dereito a dispoñer deles durante o resto do ano”. É dicir, denuncian que a Universidade está tratando de apropiarse dos días de conciliación que por lei están á libre disposición do traballador, algo que vai completamente contra os dereitos do PAS como traballadores.

Ademais, o sindicato denuncia que ese teletraballo tampouco se formulou de acordo coa lexislación, que establece que os gastos derivados do mesmo deben correr a conta da empresa. “Gastaremos a mesma calefacción, a mesma luz... pero nas nosas casas, polo que pretenden que as paguemos nós”, engade o administrativo.

A Asemblea de Investigadoras de Compostela, que concorda coas problemáticas que traslada o PAS, sinala que as medidas implican “precarizar aínda máis aos colectivos xa precarizados que estamos na Universidade”

Un sentir similar manifesta a Asemblea de Investigadoras de Compostela, que concorda coas problemáticas que traslada o PAS, que implican “precarizar aínda máis aos colectivos xa precarizados que estamos na Universidade”, conta David Mosquera, representante da AIC e investigador na Facultade de Matemáticas.

“Que algo supoña un aforro non quere dicir que sexa razoable”, engade Mosquera, que indica que algunhas compañeiras da AIC pasaron moito frío nos seus postos de traballo os días de máis baixas temperaturas pola ausencia de calefacción. “Entendemos que este Plan pode ser necesario, pero tamén hai unha lexislación que garante precisamente que o traballo se faga en certas condicións”, conclúe, compartindo tamén as preocupacións sobre as condicións nas que se desenvolverá o teletraballo durante o Nadal.

Estas cuestións afectan exclusivamente a este persoal de máis baixas instancias, pero a tónica xeral de incerteza esténdese a todos os colectivos universitarios. Todos eles coinciden na falta de información, especialmente o alumnado, que aínda non sabe como se vai ver afectado por estas medidas. “Ao final está sendo como todo o que se pon en marcha dende a Universidade: mandan un correo sucinto e aí remata a súa campaña de información”, opina Aroa Álvarez, estudante do Mestrado en Xornalismo e Comunicación Multimedia.

As traballadoras de base da USC son quen realmente vivirá o efecto destas novas medidas.

O mesmo transmiten as investigadoras, aínda á espera de recibir información concreta, “o mínimo cara ás traballadoras dunha institución pública”. “Estase vendo que non se fixo unha proposta madurada nin consensuada, por iso recibiu unha confrontación inmediata”, argumenta tamén Mosquera, para quen este proceder “é unha manifestación máis da falta de vontade diálogo entre os órganos da USC coa maioría dos colectivos da Universidade, que xa se vén manifestando hai tempo”.

En definitiva, se ben a USC está tratando de aportar todas as indicacións precisas aos seus centros institucionais pese ás dificultades, semella que polo camiño está descoidando aos seus traballadores de base, que son quen realmente vivirá o efecto destas novas medidas e terá que desempeñalas no funcionamento cotiá da Universidade. En palabras do propio López Veloso, “está ben seguir o típico ciclo político dos catro anos e que despois lles dea igual porque non van estar aquí, pero os traballadores si que imos seguir aquí e imos ter que pagar o pato do que non se está facendo ben hoxe”.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Transición ecosocial
Transición ecosocial Los movimientos sociales ante la transición energética: rebajar el tono, complejizar el debate
Las discusiones sobre cómo avanzar en la transición energética han encallado en la disputa ideológica entre los partidarios y detractores de los proyectos de energías renovables de cierta escala y volumen de inversión.
Energía
Juan Bordera “En la crisis energética, el tecnooptimismo es mesiánico y juega a favor de Trump"
El diputado en Les Corts se pronuncia sobre el apagón del pasado lunes y carga contra la forma en la que se están implantando las renovables. También señala el peligro de que el sentimiento antirrenovable cale entre la población.
Ecofeminismo
Aprendizajes de emergencia Aprendizajes de emergencia. Notas tras el apagón
El pasado lunes, nos enfrentamos de nuevo cara a cara a nuestras vulnerabilidades. Nos reconocimos, una vez más, como seres interdependientes y ecodependientes, e hicimos… lo que pudimos.
LGTBIAQ+
LGTBIAQ+ Unha casualidade, unha resposta masiva e un debate incómodo: a sentenza de Samuel Luiz en contexto
O 22 de maio, o TSXG ratificaba o veredicto do xurado popular e recoñecía que o asasinato de Samuel Luiz foi un crime motivado por LGTBIfobia. O caso supuxo unha mobilización sen precedentes.
Filosofía
Brais Arribas, filósofo “Non se trata de empoderar senón de disolver o poder”
Durante a conversa, o profesor reflexiona sobre a saúde da filosofía galega, o poshumanismo, as novas masculinidades ou a experiencia da pandemia.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.

Últimas

Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.
Madrid
Derecho a la vivienda Victoria contra la Sareb: 16 familias consiguen firmar contratos después de años de lucha
Un bloque en lucha de Casarrubuelos (Comunidad de Madrid) consigue formalizar contratos con el banco malo, al que acusan de actuar “como un fondo buitre”. En Catalunya, diez ayuntamientos apoyan los reclamos de 62 hogares en huelga contra La Caixa.

Recomendadas

Xunta de Galicia
Política A Xunta recibe ao embaixador de Israel en funcións mentres Gaza agoniza ao bordo da fame
O Goberno de Alfonso Rueda escenifica a súa boa sintonía coa Administración de Benjamín Netanyahu apenas unhas horas despois de que Israel bombardease unha escola que servía de refuxio e ordenase unha evacuación masiva en Gaza.
Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.