Acción Universitaria: “Propoñemos dotar de máis recursos ao estudantado e aumentar o número de bolsas”

“O que ven a facer é deixar de esixir ás institucións educativas que doten de recursos e de medios para saír da crise coa menor repercusión para o estudantado.”

acción universitaria
Imaxe: Facebook Acción Universitaria.
17 abr 2020 18:10

O sindicato estudantil Acción Universitaria non apoia a folga convocada por ANEGA nin o aprobado xeral, que din, agudizaría as diferencias de clase entre os estudantes. Tampouco concordan coas propostas das reitorías e rexeitan o anuncio do Ministerio de Universidades de acabar ao curso nos prazos establecidos. Martín Rey explica que canda a rede estatal Estudantes en Movemento levaron as súas propostas ao Ministerio, mais por agora “non nos están facendo moito caso”.

Por que non apoiades a folga estudantil?
Estamos en contra porque non estamos dacordo nin co fondo nin coa forma. Non somos esquirois nin chamamos á esquirolaxe, e entendemos que as reivindicacións son lexítimas. O estudantado ten dereito a defendelas, pero nós non compartimos a proposta de aprobado xeral. Pensamos que non é unha solución para as clases populares, que son as máis afectadas pola situación. Esta medida o que ven a facer é deixar de esixir ás institucións educativas que doten de recursos e de medios para saír da crise coa menor repercusión para o estudantado.

E despois pola forma da folga, porque é unha folga completamente oportunista, convocada de xeito unilateral e sen ter coñecemento das reivindicacións do estudantado. Está tendo moita repercusión en redes sociais, pero as redes sociais non son un reflexo do que está a esixir o estudantado nas aulas.

Credes entón que non é representativo de todo o estudantado?
Cremos que representa a unha parte do estudantado e son reivindicacións lexítimas, e entendémolas. Se existen represalias contra as estudantes que fan a folga, os profesores e reitorados vannos ter en fronte, pero non é unha folga que saia desde a base do estudantado nin das asambleas. É unha folga que ven desde arriba, dunha organización sindical.

Pedides máis recursos para que non empeore a calidade docente. A que vos referides en concreto?
As institucións educativas non están sendo capaces de dotar ao estudantado popular de medios e recursos. Non falamos da devaluación da formación desde un punto de vista liberal, senón de que realmente o aprobado xeral pode nun futuro, agudizar máis as diferencias de clase entre o estudantado. Quen máis van sufrir a devaluación da formación van ser os estudantes que por exemplo, non poden ir a Madrid a pagarse un máster de 10.000 euros ou non poden acceder a outra educación complementaria para reforzar a súa formación. Ademais, o aprobado xeral tal e como está formulado supón unha sobrecarga de traballo porque as institucións non o van permitir. Nós propoñemos unha solución máis práctica, que é dotar de máis recursos e medios e sobre todo aumentar o número de bolsas.

Tamén remataría o curso máis tarde.
Se hai que facer unha recalendarización do curso académico, habería que facela, tendo presente que a docencia telemática non está sendo efectiva porque por unha banda, o profesorado non está sabendo dala e por outra, unha parte do estudantado non está tendo medios para recibila. E no caso que sexa preciso, ter un exame presencial, obviamente só cos contidos aos que tivemos acceso.

Que pasaría co sobrecusto do aluguer de rematar máis tarde?
Temos que ter en conta que tamén afecta ás familias do estudantado, que non poderían pagar os gastos de transporte, aluguer, etc. Para que ese custo non caia nas familias, pensamos que se debería habilitar ou ben vivenda pública gratuíta ou residencias por parte das universidades, Xunta e quen teña competencia. Nese sentido, apoiamos a folga de alugueres formulada polo Plan de Choque Social.

O Ministerio de Universidades anunciou que o curso vai rematar nos prazos estipulados e con avaliación. Védelo factible?
Non. É practicamente tirar pola borda e deixar atrás a todo o estudantado popular que non vai poder cumprir cos prazos que están marcando o Ministerio. Hai moitos estudantes que están na casa coidando de familiares, con problemas de saúde mental, sen recursos telemáticos para estudar,  ou estudantes que teñen que traballar en supermercados e hoxe lles están metendo moitísimas horas, ademais da dificultade de traballar neste contexto.

Hai marxe para que as diferentes organizacións estudantís faledes e cheguedes a unha postura intermedia común?
Oxalá, pero é moi complicado. ANEGA está actuando de xeito unilateral, ademais nós non queremos participar con eles polos casos de agresión sexual que tiveron, e que non resolveran dun bo xeito. Ademais está formulando a súa loita cun fondo político que non nos convence e non nos parece bo para as clases máis baixas.

Educación
ANEGA convoca folga estudantil durante o estado de alarma
As organización convocante reivindica a suspensión do curso e a superación das materias que estaban impartíndose no momento do inicio do estado de alarma, sen que estas computen para a media.
Cargando valoraciones...
Ver comentarios 2
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Cargando relacionadas...

CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.
El Salto n.79
A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
O xoves 17 de xullo esperámosvos no CS 'A Nubeira' de Vigo para presentar o último número da revista El Salto xunto a algunhas das súas principais protagonistas: as que loitan contra o macroproxecto de celulosa liderado por Altri e avalado pola Xunta.
AGANTRO
O desprazamento forzoso en Chiapas: metáfora da vida núa
Conversamos coa investigadora América Navarro sobre o desprazamento forzoso en Chiapas.
Altri
Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.

Últimas

O Salto medra contigo
O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.
Orgullo
O Orgullo Crítico enche de diversidade e de humanismo Galiza: “Transfeministas con Palestina”
Crónica visual de como unha enorme multitude encheu de diversidade o centro da cidade de Vigo.
O Teleclube
'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria
O Teleclube
'O Teleclube' pecha a temporada cos supervivintes de '28 anos despois'
Danny Boyle e Alex Garland volven ao mundo dos infectados que inspirou o renacemento dos 'zombis'.

Recomendadas

Medio rural
A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Feminismos
Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Migración
A veciñanza mobilízase para acoller migrantes tras o peche de centros de Rescate Internacional en Galiza
Tras o progresivo desmantelamento de varios dispositivos de acollida, moitos refuxiados foron trasladados a outros puntos do Estado sen aviso previo. Outros son simplemente desaloxados trala denegación da súa solicitude de asilo.
Ourense
Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
Comentarios 2

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...