Educación
ANEGA convoca folga estudantil durante o estado de alarma

A Asamblea Nacional das Estudantes Galegas reivindica a suspensión do curso e a superación das materias que estaban a seren impartidas no momento do inicio do estado de alarma, sen que estas computen para o conxunto da media. Tamén, “que se modifique a resolución reitoral da UVigo que decreta a avaliación continua e os exames telemáticos, así como evitar que se saquen resolucións semellantes na USC e na UDC.”


Folga do estudantado galego en Santiago de Compostela
Manifestación estudantil en Compostela. Bruno Arias
16 abr 2020 07:00

Pasou máis dun mes dende a suspensión das aulas presenciais por mor da crise sanitaria. Trinta e cinco días despois, as estudantes continúan sen saber como rematará o curso, como será a avaliación ou que pasará coas que non teñen os medios ou as condicións axeitadas para seguir co traballo a distancia. A palabra ‘folga’ comezou a soar timidamente na última semana, para rematar estoupando tras o enfado xeralizado coas reitorías das tres universidades galegas.

O pasado martes, horas antes de que o sindicato estudantil ANEGA convocara unha folga indefinida a nivel nacional, a Asemblea Aberta da Facultade de Comunicación da USC foi a primeira en dar o paso. Chamou a unha folga dunha semana, comezando hoxe mesmo, e con posibilidade de prórroga. Pablo Calviño, membro da Asemblea e alumno titor da Facultade aclara que sempre reivindicaron que queren seguir coa súa formación, pero rexeitan a avaliación nestas condicións, polo que “se ven obrigados a renunciar a aprender para conseguir facerse valer.”

A folga durante a corentena consistirá en non asistir ás sesións de docencia telemática nin participar nos exames ou nas entregas de traballos que se esixan desde a universidade"

E cabe preguntarse, como é unha folga durante unha corentena? A responsable de Relacións Sociopolíticas de ANEGA, Ana Fidalgo, explica que a primeira folga telemática consistirá en “non asistir ás sesións de docencia online nin participar nos exames ou nas entregas de traballos que se esixan desde a universidade”. Ademais, dende pasado luns estanse a levar a cabo ocupacións virtuais da Reitoría da USC, que se expandiron ás universidades da Coruña e de Vigo. Realízase mediante o envío masivo de correos electrónicos aos reitores, nos que as estudantes expoñen as súas queixas, todos os días á unha do mediodía.

Un sector do estudantado participa dun xeito particular na folga: as estudantes que non teñen unha conexión a internet óptima ou o equipo material necesario. Josema Loureiro estuda xornalismo e está a pasar o confinamento na casa dos seus avós, ambos dependentes. Explica que a cuestión do internet no rural é “unha batalla perdida” e que, malia que a maioría dos seus profesores fan o posible por axudalo, “o desleixo do equipo decanal coa situación é total”. Di participar na folga “de xeito pasivo”.

Pablo Calviño remarca o carácter solidario da folga, xa que permite aos alumnos con máis dificultades “ter amparo para non entregar traballos nin participar noutras tarefas avaliables”. Ana Fidalgo tamén apunta esta acción coma medida de presión que “deixa de lado as lóxicas de produtividade e competitividade”.  Engade que “cómpre concienciar de que non se trata dunha cuestión de beneficio individual, senón de apoiar ás compañeiras que non se atopan nunha boa situación de cara ás avaliacións, ademais dunha medida de presión á hora de resolver o destino do curso”.

A convocatoria impide que se penalice ás estudantes que a secunden, e que estas sexan avaliadas durante a duración do paro académico

O dereito a folga está garantido tamén durante o estado de alarma, recollido no Regulamento de Estudantes e no Estatuto del Estudiante Universitario. A convocatoria da folga impide que se penalice ás estudantes que a secunden, e que estas sexan avaliadas durante a duración do paro académico. Ademais, Pablo Calviño lembra do Estatuto do Estudantado da USC, aprobado este curso no Claustro da universidade, cuxo Artigo 39 protexe ás participantes nas folgas convocadas dende unha asociación inscrita no Rexistro de asociacións da USC.

A ORIXE DA CONFRONTACIÓN: FALTA DE INFORMACIÓN E NEGOCIACIÓNS FRUSTRADAS

Representantes da Asemblea Aberta de Comunicación xuntáronse telematicamente, o pasado luns 13 de abril co decanato da Facultade. Pablo Calviño,  un deses representantes, resume as conversas desa xuntanza: “Logo de tres horas de xuntanza non houbo nin unha soa cesión”. Foi esta polarización entre as posturas do estudantado e do decanato o que fixo que a asemblea, que nun comezo tiña carácter informativo, rematase converténdose nun comité de folga. 

Tras isto, a mesma agrupación de estudantes reuniuse o pasado martes 14 co obxectivo de que as representantes transmitiran o acontecido durante a reunión que mantiveran co equipo decanal. 

Experiencias similares están a ter lugar en moitas outras facultades galegas, como é o caso da de Informática da UDC. Xaime Pardal, pertence a esta asemblea a explica que tras reunirse telematicamente elaboraron un documento que propuña a suspensión do curso ou, como segunda opción, a avaliación por traballos. “O documento foi enviado ao decanato sen resposta deste”, explica. “Por moitas propostas que facemos somos ignorados, polo tanto a folga é a única opción”.

Os reitorados galegos preferiron dirixirse á prensa antes que á comunidade universitaria a través das canles establecidas”

O malestar do estudantado galego non só provén das negociacións frustradas: a falta de información e a demora na toma de decisións por parte das autoridades universitarias son as queixas máis estendidas. Emilio Silveira é estudante de economía da Universidade de Vigo e amosa o seu descontento coa Reitoría, á que acusa de actuar maneira “unilateral”. Os reitores da UVigo, USC e da UDC comunicaron nova información a través de distintos xornáis locais. Ana Fidalgo critica o “total desleixo dos reitorados galegos co alumnado, preferindo dirixirse á prensa antes que á comunidade universitaria a través das canles establecidas”. 

Porén, a convocatoria de folga da Asemblea de Comunicación si tivo resposta oficial. Nun comunicado aos alumnos, o Decanato chamou á reflexión sobre a actitude a tomar e que o fagan con toda a valentía”. Tamén amosou o “convencemento de que alguén quere aproveitar esta dramática situación para outro tipo de fins que exceden o puramente académico”. Calviño, lamenta a postura da dirección universitaria e explica que se o decanato ten coñecemento de algún tipo de interese deshonesto por parte das estudantes “debería facelo público e denuncialo”. Por iso, reitera a que a dirección da Facultade se sume “á beira do sentido común, na que defendemos un ensino de calidade e para todas”.

A SUSPENSIÓN DO CURSO ENRIBA DA MESA

A solución que o estudantado reivindica para atallar a situación actual é a suspensión do curso e a superación das materias que estaban a seren impartidas no momento do inicio do estado de alarma, sen que estas computen para o conxunto da media académica. Mais, tamén estipulan obxectivos concretos que son, segundo explica Ana Fidalgo, “que se modifique a resolución reitoral da UVigo que decreta a avaliación continua e os exames telemáticos, así como evitar que se saquen resolucións semellantes na USC e na UDC”.

Infografía Anega
Enquisa feita ao estudantado galego sobre a finalización do curso. Fonte: Anega

A reivindicación vese apoiada por unha enquisa na que participaron máis de 5000 universitarias galegas. Das cales, o 56,5% apoiou a liquidación do curso nestes termos. A porcentaxe restante foi moi repartida entre outras opcións como a realización de exames en xullo, telemáticamente ou a repetición das materias o vindeiro curso. 

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Comunidad de Madrid
Comunidad de Madrid Un rayo de esperanza tras cinco años de los protocolos de la vergüenza
A punto de prescribir los posibles delitos, un avance judicial abre la puerta a conocer quién decidió no derivar a hospitales a ancianos en residencias en la Comunidad de Madrid.
Comunidad de Madrid
Sanidad Universal Sociedades sanitarias critican el SMS amenazante que el Gobierno de Ayuso está enviando a personas migrantes
Cuatro sociedades científicas denuncian un texto amenazante en el que se indica al destinatario que dispone de 30 días para seguir de alta en la Tarjeta Sanitaria, lo que está generando “incertidumbre” y “desprotección”.

Últimas

Salario mínimo
Salario mínimo PSOE y Sumar llegan a un acuerdo para que el SMI no tribute el IRPF
Pese a adelantar la ministra de Trabajo que se habían roto las negociaciones, finalmente las personas que cobren el salario mínimo no tendrán que declarar en 2025.
Opinión
Opinión Sobre la cancelación de Georgina Orellano en el Foro ESPAL 2025
La cancelación de Georgina redunda en esta incapacidad para escuchar a las trabajadoras sexuales y en el pánico que tienen de que se las escuche. Denota inmadurez política, cerrazón dialéctica y pacatería moral.
Madrid
Derecho a la vivienda Consumo abre expediente a Alquiler Seguro por prácticas abusivas contra los inquilinos
La decisión del Ministerio de Pablo Bustinduy, según el Sindicato de Inquilinas, “abre la puerta a la devolución de millones de euros a las inquilinas que reclamen sus derechos”.
Más noticias
Notas a pie de página
Notas a pie de página Mansiones encantadas y casas sin cocina
La casa encantada como símbolo de la opresión del espacio doméstico recorre la literatura de muchas escritoras. Pero hubo un tiempo en el que algunas feministas trataron de imaginar otro hogar posible, en el que se liberase el trabajo doméstico.
Economía
Análisis Europa, ¿última defensora del liberalismo o cómplice de un orden fracasado?
El peligro no proviene únicamente de líderes externos “autoritarios”, sino de la erosión interna de la democracia bajo un sistema que pone al mercado por encima de la gente.
Comunidad de Madrid
Comunidad de madrid El taxi advierte de que las nuevas licencias a Cabify van a “reventar el mercado”
El Tribunal Superior de Justicia de Madrid da la razón a las plataformas de VTC y obliga a la Comunidad de Madrid a concederles más de 2500 nuevas licencias en la comunidad.
Sevilla
Proyectos estratégicos Ilegalidades pasadas y peligros futuros de la mina que la Unión Europea quiere revivir en Sevilla
Las Cruces tiene un historial de más de 6,5 millones de euros en sanciones e indemnizaciones por extracciones ilegales de agua. El espaldarazo de la UE y del Gobierno al proyecto podría empeorar los vertidos que ya realiza la mina en el Guadalquivir.

Recomendadas

Contaminación
Contaminación Un municipio galego demanda á Xunta pola contaminación do encoro das Conchas
A veciñanza das Conchas, na comarca da Limia, leva á Xunta ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pola contaminación provocada debido á cría intensiva de gando porcino e avícola.
América del Sur
América del Sur La batalla por el litio: pueblos originarios resisten un “genocidio medioambiental y cultural”
Sudamérica se ha convertido en la proveedora mundial de materias primas para la transición energética. Las comunidades afectadas se rebelan ante una actividad que genera desposesión de tierras, contaminación, sequía y conflictos internos.
El Salvador
Ivania Cruz “El estado de excepción se está utilizando en El Salvador para gobernar en base al miedo”
A esta defensora de derechos humanos y comunitarios le allanaron su casa mientras se encontraba en un viaje internacional. Desde el exterior, denuncia la persecución del gobierno salvadoreño hacia su organización y hacia las comunidades que defiende.
Yemayá Revista
México Sobrevivir en la frontera: el cuerpo como moneda de cambio
En Tapachula, punto clave de la frontera sur de México, miles de mujeres migrantes permanecen atrapadas sin poder seguir su camino hacia Estados Unidos.