Vigo
Caballero enchufa a dúas sobriñas de Carmela Silva no seu gabinete cobrando 85.000 euros ao ano

As dúas son fillas do segundo tenente alcalde da cidade, Javier Pardo e a irmá da expresidenta da Deputación de Pontevedra que, logo das eleccións que perdeu, volveu ser a primeira tenente alcalde de Vigo.
regades caballero silva
O secretario xeral do PSdeG en Pontevedra, David Regades, o alcalde de Vigo, Abel Caballero e a expresidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, vén de formalizar a contratación a dedo de dúas sobriñas da expresidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, por algo máis de 85.000 euros ao ano para este curso político. Ámbolos dous, coñecidos colaboradores mutuos e pesos pesados do PSdeG na provincia de Pontevedra. Pagadas as súas nóminas cos recursos municipais, unha delas foi contratada para esta lexislatura como directora do gabinete en Alcaldía, cun salario anual de 50.768,90 euros e a outra como secretaria particular do alcalde por 34.968,92 euros anuais. Un total de 85.737,82 euros ao ano que, se esgotan os catro anos de exercicio como parece previsible, costarán ás arcas públicas, en conxunto, 342.951,28 euros.

Todo queda na casa. E é que as sobriñas de Silva teñen unha relación familiar completa con altos cargos do equipo de Caballero. Son fillas de Javier Pardo, cuñado da expresidenta da Deputación de Pontevedra e colocado tamén por Caballero no 2011 como xefe de gabinete, posto herdado agora por unha das súas fillas. Segundo o seu currículo público, Pardo é “responsable de acción sindical no sector de alimentación de CC.OO. en Vigo”, aínda que leva trinta anos en excedencia e quen coñece o sindicato por dentro explican ao Salto: “Pardo foi un máis na estratexia do PSOE de facerse co sindicato colocando os seus cadros, pero aquí ninguén lle recorda traballo relevante algún dentro da organización”.

Caballero, Silva e Pardo forman un triángulo de poder no que as familias das mans dereita e esquerda do alcalde de Vigo saen especialmente beneficiadas grazas aos postos a dedo

Pardo foi tamén concelleiro de obras e, logo das eleccións municipais do 28 de maio, Caballero converteuno no segundo tenente alcalde, encargado das áreas de Fomento, Obras, Auga, Transporte Público e Limpeza. Un triángulo isósceles de poder formado cos máis altos cargos do consistorio. Con Caballero no ángulo agudo do vértice e Silva e Pardo no lado base. Beneficiando de forma evidente á familia de ambos.

De feito, antes de que Carmela Silva perdera o seu posto de presidenta na Deputación de Pontevedra en favor do Partido Popular, empregou por primeira vez a unha das dúas sobriñas como a súa secretaria de gabinete durante a presidencia da Deputación de Pontevedra. Segundo o seu currículo, feito público pola propia institución, declara non ter traballado nunca en ningún outro lugar que non fora para a súa tía dende que rematou o seu bacharelato de ciencias sociais. 

Política
Exclusiva O candidato do PP en Mondariz construíu sen licenza e con fondos da UE catro pistas de pádel
No Concello de Mondariz, o candidato do PP opta á Alcaldía cunha obra construída ilegalmente en 2022 que recibiu 165.999,33 € en axudas públicas e ten un expediente aberto na APLU

Condenas por enchufar (tamén) á súa cuñada

Non pasaron apenas dous meses dende que o alto funcionario do Concello de Vigo condenado como responsable do enchufe dunha cuñada de Carmela Silva nunha concesionaria municipal, Francisco Javier Gutiérrez Orúe, entrara na prisión do Dueso (Santoña), pero as redes familiares da expresidenta da Deputación volven verse beneficiadas polo clientelismo do Partidos Socialista de Galicia. Desta volta, cun mecanismo menos sofisticado.

Gutiérrez cumpre agora condea polo chamado popularmente como 'caso cuñada'. A condena que lle foi imposta en primeira instancia en febreiro do 2019 colocábao como responsable dun delito continuado de prevaricación, malversación de caudais públicos e falsidade documental ao realizar un plan para que a cuñada de Carmela Silva, Vanesa Falque, realizase traballos ficticios contratados polo Concello de Vigo á empresa Imesapi. Un suposto traballo que a sentenza da sección 5 da Audiencia Provincial de Pontevedra e sostida polo Supremo deixou claro que nunca se realizou, porén a cuñada da expresidenta da Deputación de Pontevedra si percibiu eses 108.000 euros.

Non pasaron nin dous meses dende que un alto funcionario do Concello de Vigo entrou no cárcere, condenado como responsable do enchufe dunha cuñada de Carmela Silva nunha concesionaria municipal

O desenvolvemento daquel xuízo foi esperpéntico. A cuñada de Silva deu plantón ao tribunal e estivo ilocalizable durante semanas para que se lle puidera notificar por escrito a súa comparecencia como testemuña no xuízo ata que foi levada por dous axentes da Policía Nacional. Citada como testemuña, nin sequera como imputada. Mais para entón Falque adoecía dunha mala memoria e declarou ante o xuíza fiando evasivas: “No me acuerdo de nada”. Como explica a crónica xudicial daquela altura, a súa actitude obrigou ao presidente da sala a darlle varias chamadas de atención e advertirlle que podía incorrer nun delito de obstrución á xustiza. Todo iso ata que concluíu que conseguira o traballo que non fixo e polo que cobrou 108.000 euros enviando un currículo á empresa que a contratou.

Con todo, a xuíza alegou a prescrición do delito no contrato de Vanesa Falque pero antes afirmou que “as relacións de parentesco da investigada” coa entón tenente de alcalde do Concello de Vigo, Carmela Silva, influíran na súa contratación. O alto funcionario do Concello, gobernado xa entón por Abel Caballero, defendeu en todo momento que nunca tratara de impoñer a contratación da cuñada de Silva, mais o outro condeado, o xerente da empresa Imesapi, Ramón Comesaña, si que recoñeceu que recibira instrucións de contratala a ela, pero sen lembrar de que boca saíran as ordes.

Logo de coñecerse a sentenza do Tribunal Supremo na que se confirmaba a condena a cinco anos e tres meses de prisión e nove anos de inhabilitación ao alto funcionario do Concello de Vigo, por unha banda, cadros do PSOE galego en Vigo tentaron facer unha recollida de sinaturas coa axuda dalgunhas das asociacións de veciñas e veciños da cidade para pedir o indulto alegando a extensa militancia do condeado no Partido Socialista e en UXT. Pero o propio código ético do PSOE impide que sexa outorgada esta medida de graza e, seguindo o criterio da Fiscalía, foille denegada polo Ministerio de Xustiza.

Cadros do PSOE galego en Vigo tentaron facer unha recollida de sinaturas coa axuda dalgunhas das asociacións de veciñas e veciños da cidade para pedir o indulto alegando a extensa militancia do condeado no Partido Socialista e en UXT

Mentres, a oposición na Deputación, representada polo Partido Popular, tivo que acudir ao xulgado para que o Goberno provincial celebrase un pleno extraordinario que o PSOE bloqueara para pedir responsabilidade política. Nese pleno avalado pola xustixa e celebrado logo dun pleno ordinario, a retransmisión en directo cortouse casualmente para a cidadanía e os medios de comunicación que a seguían de xeito telemático, mais a acta do pleno dá conta de como Silva negouse a tomar partido algún e mantivo o silencio.

Nunha entrevista naquela altura publicada por Faro de Vigo e preguntada por este caso, Silva chegou a dicir: “Xa me gustaría que se pronunciasen sobre as súas sentenzas de corrupción [o PP], que son múltiples e variadas. Eu non me vou a enfangar na lama, que é onde sempre estiveron cómodos Rueda e Feijóo, os artífices desta persecución. As calumnias son calumnias, a única verdade é unha sentenza firme do Tribunal Supremo que di que a presidenta da Deputación de Pontevedra, primeira tenente de alcalde de Vigo, nin sequera estivo neste proceso. Son unha persoa intachable, sábeo todo o mundo”.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Pontevedra
Ecoloxismo Unha investigación revela alta contaminación por nitratos en augas superficiais da comarca do Deza
Os resultados da análise de Ecoloxistas en Acción, con máis de 80 puntos de mostraxe, reflicten concentracións xeneralizadas e moi altas de NO3. Só o 19% das augas superficiais analizadas están “fóra de toda sospeita”.
Galicia
Galicia Así ganó un pueblo a la expansión eólica: A Groba contra las multinacionales energéticas
Activistas del Instituto de Estudios Miñoráns y de la asociación SOS Serra de la Groba reflexionan sobre sus recientes victorias judiciales frente las empresas promotoras de parques eólicos en la zona del Val Miñor (Pontevedra)
Memoria histórica
Política El PP desmantela el departamento de Memoria Histórica de la Diputación de Pontevedra
Desde las elecciones municipales, el PP ha paralizado la práctica totalidad de las actividades relacionadas con la materia pese a tener al diputado Rafael Domínguez asignado para ello. Ha reducido el presupuesto dedicado a memoria en más de un 66%.
Palestina
Genocidio La ONG anti-UNRWA lanzada por exespías y marines de EEUU siembra el caos en el reparto de alimentos en Gaza
La Fundación Humanitaria de Gaza (GHF) creada a comienzos de este año y vinculada a agentes del ejército y la inteligencia estadounidense ha sido acusada de desaparecer a una persona y disparar a quienes estaban esperando ayuda.
Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.
Madrid
Derecho a la vivienda Victoria contra la Sareb: 16 familias consiguen firmar contratos después de años de lucha
Un bloque en lucha de Casarrubuelos (Comunidad de Madrid) consigue formalizar contratos con el banco malo, al que acusan de actuar “como un fondo buitre”. En Catalunya, diez ayuntamientos apoyan los reclamos de 62 hogares en huelga contra La Caixa.
Xunta de Galicia
Política A Xunta recibe ao embaixador de Israel en funcións mentres Gaza agoniza ao bordo da fame
O Goberno de Alfonso Rueda escenifica a súa boa sintonía coa Administración de Benjamín Netanyahu apenas unhas horas despois de que Israel bombardease unha escola que servía de refuxio e ordenase unha evacuación masiva en Gaza.

Últimas

Universidad
Genocidio Las universidades españolas han firmado 44 proyectos con Israel desde septiembre de 2024
Los acuerdos dentro del programa Horizon Europe se han sucedido a pesar de las declaraciones de decenas de universidades de suspensión de relaciones con Israel.

Recomendadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.