Galiza comeza unha semana histórica de mobilizacións e asembleas abertas pola vivenda

Os sindicatos de inquilinas de Vigo, Santiago de Compostela e A Coruña traballan arreo para “organizar a raiba” de todo o país pola situación crítica do acceso á vivenda.
Manifestación Vivienda - Vigo - 05/06/2026 - 4
A última manifestación pola vivenda o 5 de xuño de 2026 en Vigo. Juancho Everman
28 sep 2026 13:44

Os sindicatos de vivenda de todo o país traballan arreo arestora para canalizar e organizar a raiba logo do estoupido social que está a producir o desafiuzamento de Maricarmen Abascal, unha muller de 87 anos que foi desaloxada a pasada semana da súa vivenda de Madrid na que residía desde había sete décadas. O seu caso converteuse en símbolo estatal da crise da vivenda e os sindicatos galegos están a transformar a indignación nun calendario de protestas e asembleas de organización.

Vigo foi das primeiras cidades en reaccionar. O Sindicato de Inquilinas convocou de urxencia unha concentración nos peiraos de Beiramar, fronte ao Auditorio Mar de Vigo, coa idea de que ninguén debería perder a súa casa para que outros fagan negocio. Este luns, a Alianza pola Vivenda Vigo, na que participan, entre outras moitas organizacións, o Sindicato de Inquilinas e o Foro Socioeducativo As Ninguéns, convocou unha nova concentració co lema “Nin unha Maricarmen máis” ás 19.30h na Porta do Sol en Vigo. Ademais, chaman a participar no Obradoiro de autodefensa inquilina deste sábado 3, ás 11.30h na Revolta.

En Santiago, o Sindicato de Vivenda de Compostela citou a cidadanía ás 20h na Alameda nun formato de concentración e cea colectiva que rematará cunha foliada: cada quen levará a súa comida para compartila e protestar contra rendistas e multipropietarios. Mañá, martes 29, ás 19h, convocan no palco da propia Alameda, unha asemblea aberta.

Na Coruña, a protesta xa se celebrara o domingo mais este luns volven á rúa, organizadas polo Sindicato de Barrio da Falperra / Os Mallos, cunha concentración ás 20h diante do Obelisco. As concentracións, obradoiros e asembleas abertas a toda a veciñanza, buscan converter o malestar en organización sostida.

Cargando valoraciones...
Comentar
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.
Cargando...
Comentarios

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...