Xunta de Galicia
A Xunta de Alfonso Rueda pagou 36.000 euros a dedo á canle ultra de Javier Negre en apenas seis meses

O presidente de Galiza repartiu dous contratos de publicidade institucional sen concurso ao medio de comunicación de extrema dereita para “promocionar” o turismo galego. Un deles, a dous meses dos comicios dos que Rueda saíu vitorioso.
rueda negre
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o propagandista Javier Negre. Sancho Somalo

A Xunta de Galiza, gobernada por Alfonso Rueda, repartiu 36.027,75 euros a dedo ao medio dixital do propagandista de extrema dereita Javier Negre en apenas seis meses en 2023 para, supostamente, promocionar dúas campañas institucionais de turismo. Unha para promocionar o Camiño de Santiago e outra para chamar aos lectores de EDA TV —así se chama a web de noticias e a súa canle de Youtube— a pasar o Nadal en Galiza. Rueda seguiu os pasos do seu mentor e anterior presidente galego, Alberto Núñez Feijóo que, xusto antes de dar o salto á política estatal, pagou outros 50.000 euros á mesma empresa, tal e como revelamos desde esta redacción.

Política
Política A Xunta de Feijóo pagou 50.000 euros á canle de ultradereita de Javier Negrete
O goberno do agora líder do Partido Popular fíxoo a través de tres contratos de publicidade do Xacobeo para, supostamente, patrocinar o Camiño de Santiago.

Aínda que o nome da empresa poda levar a engano, o medio ultra de Negre non é unha televisión en absoluto. É, en todo caso, unha canle de YouTube e unha web de noticias onde, ademais, nin sequera ten unha sección dedicada a información sobre Galiza nin tampouco xornalistas traballando sobre o terreo. Ningún deses factores foi relevante para que a Axencia de Turismo de Galiza, controlada polo Partido Popular desde a Xunta, repartise dous contratos a dedo á sociedade de Negre, identificada no Rexistro Mercantil como EDA TV CONSULTING SL. Ambas as contratacións, axustadas ao límite legal para poder repartilas sen concurso público: 17.908 euros a primeira e 18.119,75 a segunda. Sen o IVE: 14.800 euros e 14.975 euros, respectivamente. É dicir, a menos de 200 euros do máximo de 15.000 euros que a lexislación establece para este tipo de contratos menores.

Máis aló das cifras e como é habitual en materia de transparencia na Xunta de Alfonso Rueda, o Goberno galego fai esforzos para manter a opacidade dos máis 1.034.964 contratos menores asinados desde 2018 e que, xuntos, suman un montante de 4.000 millóns de euros. Tanto é así que é imposible para calquera cidadán ou cidadá acceder ao detalle de por que se pagaron 36.027,75 euros exactamente a esta empresa. Os conceptos son xenéricos e concisos. Un reza “Campaña turismo Nadal en Galiza” e o outro “Promoción destino Galiza e Camiño nos medios de comunicación”.

Quen é Javier Negre? Bulos, condenas e provocacións

Javier Negre é un coñecido axitador e propagandista no contexto da ultradereita mediática española. Pasou dez anos traballando como xornalista para o diario El Mundo. Alí foi condenado por inventarse unha entrevista en 2016 a unha vítima de torturas do asasino machista Sergio Morante. Tamén foi condenado por difundir bulos sobre o secretario xeral de FACUA-Consumidores en Acción, Rubén Sánchez. De feito, xa perdeu até seis demandas contra Sánchez.

En Galiza, tamén protagonizou unha escena cun vendedor ambulante racializado situado no paseo marítimo de Panxón (Nigrán, Pontevedra) na que lle increpaba sobre a ilegalidade do seu negocio e que lle valeu unha investigación da Subdelegación do Goberno por un posible delito de odio. Tamén puxo en dúbida a súa regularidade. En Melilla volveu ser posto no foco por acosar a menores migrantes acollidos, segundo o Goberno local. “Chantaxeáronos con darlles os papeis se lles dicían o que querían ouvir e, tras ser requiridos polo coordinador e tensarse o ambiente, fuxiron arroiando a catro mozos”, explicou entón un traballador do Centro de Acollida Temporal de Menores do Forte de Rostrogordo. “Foron varios os menores que se achegaron e aos que comezaron a preguntarlles se lles daban ben para comer, se lles agredían, se tiñan colchóns para durmir, se tiñan zapatos, chaquetas”, denunciou o viceconsejero del Menor de Melilla, Abderrahim Mohamed Hammú, nun comunicado.

A última xesta do tabloide de Negre ocorreu a pasada semana cando utilizou o asasinato dun taxista en Alcalá de Henares para mentir sobre a nacionalidade do presunto autor. Unha estratexia replicada tamén polo exvicepresidente da Junta de Castela e León e líder de Vox, Juan García-Gallardo Frings.

EDA TV, a suposta televisión que saltou a Latinoamérica

Ademais de presidir a sociedade tras a canle de YouTube e a páxina web comentadas, Javier Negre acaba de desembarcar en Arxentina, onde a súa sintonía ideolóxica co presidente Javier Milei levoulle a facerse con parte doutro tabloide no continente americano, La Derecha Diario, de Fernando Cerimedo, coñecido como “o conselleiro da dereita trumpista suramericana” e un dos estrategos de Milei. Cerimedo, descoñecido totalmente no Estado español, é un dos investigados pola Corte Suprema do Brasil como parte da presunta organización golpista que tratou de tombar ao presidente electo Luiz Inácio Lula da Silva no agora coñecido como o asalto á Praza do Tres Poderes de Brasília.

Rueda segue o ronsel de Feijóo de subvencionar medios de extrema dereita

Xa había antecedentes. Nada menos que por valor de 50.000 euros. Esa foi a cantidade que a Xunta de Galiza pagou á canle de Negre coa suposta pretensión, tamén, de promocionar o Camiño de Santiago. O diñeiro concedeullo a dedo a Administración galega cando Alberto Núñez Feijóo aínda era presidente e fíxoo só uns días antes da súa marcha a Madrid para pasar a liderar o Partido Popular, tras pouco máis de 13 anos no cargo, un total de 4.759 días. Como revelou esta redacción entón, a estratexia para poder financiar ao tabloide ultraconservador foi fragmentar os servizos en tres licitacións de carácter menor e así poder sortear a obrigatoriedade de crear un concurso público.

A información está accesible na plataforma de contratos públicos de Galiza e nela corrobórase que a Xunta contratou á empresa de Negre en tres ocasiones case consecutivas entre o 8 e o 24 de abril de 2022. Núñez Feijóo dimitiu como presidente a Xunta o día 29, apenas cinco días despois da execución do último contrato. Os importes son 17.995 euros, 15.110 euros e 16.895 euros, que suman a redonda cifra de 50.000 euros.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Galicia
Galiza La Xunta y la Confederación del Miño, condenadas por la degradación ambiental del embalse de As Conchas
Las organizaciones impulsoras de la demanda consideran “histórica” la sentencia al vincular un caso de degradación ambiental al menoscabo de derechos fundamentales de residentes de la zona afectada. El fallo aún se puede recurrir.
Galicia
TSXG Peritos en el juicio contra la Xunta: la contaminación del embalse de As Conchas es “extremadamente peligrosa”
Siete vecinos, la Asociación de vecinos de As Conchas y la organización de consumidores CECU han demandado a varias administraciones gallegas por presunta mala gestión de una contaminación derivada del exceso de macrogranjas en la comarca de A Limia.
Galicia
Galicia Dimite el conselleiro do Mar de la Xunta tras ser denunciado por agresión sexual
Alfonso Villares deja su cargo tras ser notificado por el TSXG de su implicación en una investigación por presunta agresión sexual, iniciada a raíz de una denuncia presentada por la presentadora Paloma Lago.
CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
CRTVG A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
Altri A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.
El Salto n.79
Altri A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
O xoves 17 de xullo esperámosvos no CS 'A Nubeira' de Vigo para presentar o último número da revista El Salto xunto a algunhas das súas principais protagonistas: as que loitan contra o macroproxecto de celulosa liderado por Altri e avalado pola Xunta.
Altri
Altri Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.