Política
A Xunta de Feijóo pagou 50000 euros á canle de ultradereita de Javier Negre días antes da súa chegada a Madrid

O goberno do agora líder do Partido Popular fíxoo a través de tres contratos de publicidade do Xacobeo para, supostamente, patrocinar o Camiño de Santiago.

Nada menos que 50.000 euros. Esa é a cantidade que a Xunta de Galicia pagou á canle de ultradereita dirixida por Javier Negre, EDA TV, coa suposta pretensión de promocionar o Camiño de Santiago. O diñeiro concedeullo a dedo a Administración galega cando Alberto Núñez Feijóo aínda era presidente e fíxoo só uns días antes da súa marcha a Madrid para pasar a liderar o Partido Popular, tras pouco máis de 13 anos no cargo. Segundo puido confirmar este diario, a estratexia para poder financiar ao tabloide ultraconservador foi fragmentar os servizos en tres licitacións de carácter menor e así poder sortear a obrigatoriedade de crear un concurso público.

A información está accesible na plataforma de contratos públicos de Galicia e nela corrobórase que a Administración galega contratou á empresa de Negre en tres ocasiones case consecutivas entre o oito e o 24 de abril de 2022. Núñez Feijóo dimitiu como presidente a Xunta o día 29, apenas cinco días despois da execución do último contrato. Os importes son 17.995€, 15.110€ e 16.895€, que suman a redonda cifra de 50.000€. Pero, a cambio de que?

Aínda que a adxudicación destes contratos é pública, a información dos pormenores dos servizos contratados é opaca. Segue o ronsel doutras adxudicacións menores do Goberno galego. A creación dunha canle de noticias turísticas na súa televisión dixital, unha campaña de publicidade no mesmo canle e a promoción do Camiño de Santiago e o Xacobeo 21-22 son os conceptos que contrata a Xunta a través da Axencia de Turismo de Galicia. Os resultados que produciron son difíciles de atopar.

O único contido que parece estar vinculado e onde se fai referencia explícita á Xunta e ao Xacobeo 21-22 parece ser unha serie de vídeos publicados en YouTube onde o director da empresa narra o seu propio Camiño de Santiago. El camino de Negre, chámalle. O nivel do produto resultante e da linguaxe audiovisual que emprega fala por si só. Introducidos polos logos da Administración galega, os vídeos son gravados polo propio Negre co móbil e o micrófono dos seus auriculares, facendo inintelixibles algunhas das entrevistas pola rúa a cidadáns.

A irmá menor do líder conservador, Micaela Núñez Feijóo, é a directora de Eulen para o Noroeste de España. Nos anos nos que Feijóo presidiu a Xunta, Eulen conseguiu contratos do Goberno galego por máis de 37 millóns

Seguindo a senda do Camiño Portugués, o presentador fai unha escala máis grande do habitual en Vigo, bastión político do Partido Socialista en Galicia e feudo de Abel Caballero. As pugnas políticas entre Feijóo —tamén co seu sucesor á fronte da Xunta, Alfonso Rueda— e o alcalde de Vigo son un leitmotiv na política local e autonómica.  Iso podería explicar que o ton dos vídeos de EDA TV cambie por completo ao entrar na cidade, facendo seu o argumentario do Partido Popular e subíndoo de ton: falta de sinalización do Camiño, sucidade polas rúas do centro, consumo de droga nos barrios e até se pode escoitar unha analoxía entre o alcalde e Vladimir Putin.

Noutro vídeo emitido eses días, pero sen os logos da Xunta, o posicionamento político chega ao extremo de abordar a Abel Caballero e ao seu equipo pola rúa —un trazo característico do estilo do seu tabloide— para protestar por un suposto veto ao seu medio de comunicación nas roldas de prensa diarias do Concello.

O percorrido de Negre: condenas e provocacións

Javier Negre é un coñecido propagandista no contexto da ultradereita mediática española. Pasou dez anos traballando como xornalista para o diario El Mundo. Alí foi condenado por inventarse unha entrevista en 2016 a unha vítima de torturas do asasino machista Sergio Morante. Tamén foi condenado por difundir bulos sobre o secretario xeral de FACUA-Consumidores en Acción, Rubén Sánchez.

En Galicia, protagonizou unha escena cun vendedor ambulante racializado situado no paseo marítimo de Panxón (Nigrán, Pontevedra) na que lle increpaba sobre a ilegalidade do seu negocio e que lle valeu unha investigación da Subdelegación do Goberno por un posible delito de odio. Tamén puxo en dúbida a súa regularidade.

Os importes son 17.995 euros, 15.110 euros e 16.895 euros, que suman a redonda cifra de 50.000 euros

En Melilla volveu ser posto no foco por acosar menores migrantes acollidos, segundo o Goberno local. “Fixéronlles chantaxe con darlles os papeis se lles dicían o que querían ouvir e, tras ser requiridos polo coordinador e tensarse o ambiente, fuxiron arroiando a catro mozos”, explicou entón un traballador do Centro de Acollida Temporal de Menores do Forte de Rostrogordo. “Foron varios os menores que se achegaron e aos que comezaron a preguntarlles se lles daban ben para comer, se lles agredían, se tiñan colchóns para durmir, se tiñan zapatos, chaquetas...”, denunciou o viceconsejero del Menor de Melilla, Abderrahim Mohamed Hammú nun comunicado.

Pero Negre non está só no seu proxecto de amplificación do ideario ultradereitista. Nos últimos dous anos, fóronselle unindo outras persoas a través de ampliacións de capital á súa sociedade. Entre eles, o ex deputado de Ciudadanos e ex directivo de Coca Cola en España, Marcos de Quinto ou Maria José Álvarez, propietaria da multinacional de servizos auxiliares Eulen. Precisamente, a irmá menor do líder dos conservadores, Micaela Núñez Feijóo, é a directora de Eulen para o Noroeste de España. Nos anos nos que Alberto Núñez Feijóo presidiu a Xunta, Eulen conseguiu contratos do Goberno galego por máis de 37 millóns de euros. A información desvelouna en 2022 o diario Público: a súa irmá foi ascendida ao posto que ocupa na actualidade en 2016 e, durante o exercicio inmediatamente anterior, obtivera da Xunta a cifra récord de 6,2 millóns de euros en contratos.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Corrupción
Corrupción El juez decreta prisión provisional sin fianza para Santos Cerdán
El juez acepta la propuesta del fiscal y decreta cárcel contra el ex secretario de organización socialista por integración en organización criminal, cohecho y tráfico de influencias.
Opinión
Opinión ¿Y por qué no se llama el “Caso Acciona”?
En las sentencias cambian los nombres de los peones, los prescindibles, los politiquillos desgraciados que van y vienen mientras se repiten, invariablemente, hasta el hartazgo, los mismos nombres de las grandes empresas corruptoras.
Corrupción
Caso Koldo Ábalos y Koldo no entran en prisión
El ex ministro socialista se desvincula de las acusaciones y asegura que los audios grabados por Koldo García podrían estar manipulados. Por su parte, su exasesor, obligado por el juez a presentarse a la vista de este lunes, se ha negado a declarar.
chascarraschas
chascarraschas
21/2/2023 20:11

Agasallar con cartos alleos aos amiguetes é unha práctica normal no PP. Ágora tampouco queren dar explicacións dos 1600 millons de Euros perdoados ás eléctricas.

0
0
Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.
Medio ambiente
Medio ambiente Iberdrola proxecta un parque eólico que pon en risco un dos maiores xacementos fortificados de Galiza
A Xunta vén de declarar a utilidade pública para o parque eólico Castro Valente, a pesar de que a súa construción está suspendida cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.