A Xunta avanza no seu “plan de vivenda”: mercar baixos comerciais en Ourense e alugalos “a prezos asequibles”

O conselleiro de Presidencia, Diego Calvo, comunicou que o Goberno galego lanzará unha oferta de compra de locais na cidade por dous millóns para convertelos en “fogares”.
Rueda retiro
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, durante o último “retiro” cos seu conselleiros.

O Goberno galego porá en marcha entre xaneiro e maio de 2026 unha oferta pública de adquisición de locais comerciais e de entreplanta na cidade de Ourense, cunha dotación económica total de dous millóns de euros. O obxectivo da iniciativa é adquirir estes espazos para a súa posterior transformación en “vivendas protexidas” destinadas ao alugueiro.

O conselleiro de Presidencia, Diego Calvo, explicou que “a idea é mercar baixos comerciais ou de entreplanta baleiros e transformalos para uso residencial. Cada local deberá permitir a construción de polo menos unha vivenda e todos os fogares resultantes serán postos en alugueiro a prezos accesibles”.

Calvo presidiu este luns o Consello da Xunta debido á ausencia do titular do Executivo autonómico, Alfonso Rueda, que se atopaba en Madrid participando nunha reunión da xunta directiva do PP. Tras o encontro, o conselleiro compareceu ante os medios acompañado pola responsable de Vivenda, María Martínez Allegue, para detallar o alcance desta oferta pública de compra.

Segundo o avanzado, o prazo para presentar as propostas de venda de locais —que “terán que estar en bo estado e libres de cargas”— abrirase coa publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galiza (DOG), prevista para comezos de xaneiro, e prolongarase ata o 1 de maio de 2026.

Pola súa parte, Martínez Allegue sinalou que esta actuación permitirá tamén avanzar na eliminación do “feísmo” urbano. A conselleira xustificou a elección de Ourense como proxecto piloto ao tratarse dun municipio no que “non hai máis solo onde poder construír”.

Cargando valoraciones...
Comentar
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.
Cargando...
Cargando...
Comentarios

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...