Tecnología 5G
Que se agocha tras a 5G?

Nin pseudocientífica, nin conspiranoica; a crítica á 5G é necesaria. Os desafíos planetarios e sistémicos aos que nos somete a nova xeración de tecnoloxías móbiles precisa de divulgación científica para fomentar un debate público arredor da idoneidade da súa adopción.
Antenas 5G
Antenas 5G en Pittsburgh, EUA. Imaxe de Tony Webster na Wikimedia.

A hiperconectividade característica das nosas sociedades capitalistas demanda tecnoloxías cada vez mais rápidas e eficaces para saciar o apetito do mercado. Neste contexto, a 5G é presentada como unha evolución natural e inevitable da nosa maneira de intercambiar información. Non se deberían desprezar as súas potencialidades e aplicacións futuras, mais non semella responsable facer greenwashing ao analizar unicamente a parte que interesa. Como a enorme parte somerxida dun iceberg, baixo esta tecnoloxía agóchanse impactos sistémicos e desafíos globais que non están sendo o suficientemente valorados polos nosos gobernantes. A inexistencia dun debate público coa participación de todas as capas da cidadanía e baseado en informes científicos, transparentes e independentes da industria, é o combustible do barco no que estamos subidos a bordo, que acelera nunha perigosa dirección.

Telefonía
Electrosensibilidad, medioambiente y política
Enfermedades como la Sensibilidad Química Múltiple y la electrosensibilidad son atacadas por las maquinarias de manipulación de las industrias.

Que é

Comezando cunha breve definición, a 5G é a quinta xeración de tecnoloxía móbil e a punta de lanza da revolución dixital. A primeira xeración naceu nos anos oitenta e caracterizouse pola aparición dos primeiros teléfonos portátiles. A comezos dos noventa estreouse a segunda xeración, que incluíu os SMS e as mensaxes encriptadas, e co novo milenio fixo a súa aparición a 3G, permitindo a conexión móbil a internet e a realización de videoconferencias. A 4G, empregada actualmente, inaugurou a banda ancha e a realidade aumentada. Malia a intuitiva tendencia de identificar a 5G como unha evolución linear dentro do campo das tecnoloxías móbiles, o certo é que representa un salto cualitativo dentro da marea dixital debido a unha serie de características técnicas e aplicacións futuras.

“O Paradoxo de Jevons explica que cando un perfeccionamento tecnolóxico aumenta a eficacia coa que se emprega un recurso é máis probable un maior consumo do mesmo”

Como predican os seus defensores, esta nova tecnoloxía é urxente debido ao imparable aumento da demanda dixital, un mercado se cadra aínda máis estimulado a causa da pandemia global. E é que, na teoría, a 5G asegura maior eficacia enerxética grazas á redución do tempo de espera da transmisión da información e ao tráfico de paquetes de datos máis voluminosos en menos tempo. O abano de posibilidades que pode ofrecer esta tecnoloxía é enorme; dende o “Internet das Cousas” ata a intelixencia artificial, pasando pola ciruxía remota e os coches autónomos.

Impactos ecosociais

Porén, o argumento que reza pola maior eficacia enerxética non se sostén se facemos caso a inercia histórica do sector das telecomunicacións e ao modo no que se quere despregar esta tecnoloxía. Segundo o centro de investigación The Shift Project, o consumo enerxético do sector das Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TICs) está a medrar unha media de 9 puntos porcentuais a cada ano, avisando de que tal e como está fundamentada a revolución dixital prexudicaría máis do que axudaría na loita contra a redución das emisións de carbono. Actualmente o sector das TICs é responsable do 4% dos Gases de Efecto Invernadoiro (GEI), mais está previsto que esta porcentaxe suba ata o 14% en 2040. Para poñelo en perspectiva, o sector automobilístico é responsable do 8% das emisións mundiais de GEI actuais. Esta organización recorda a necesidade dunha sobriedade dixital para limitar o aumento dos impactos ambientais destas tecnoloxías que, con todo, non sería suficiente para cumprir os obxectivos climáticos do cumio de París. Empresas tecnolóxicas como Vertiv, pouco sospeitosas de pertencer ao “Modelo Amish” co que acuñou Emmanuel Macron aos escépticos da 5G, prevén un aumento do consumo enerxético de entre 150% e 170% para 2026 Asemade, existe un desequilibrio abusivo entre países desenvolvidos e en vías de desenvolvemento en canto ao consumo destas tecnoloxías. Segundo os autores resulta necesaria a divulgación dos impactos ambientais, sociais e sanitarios destas tecnoloxías para cuestionar e cambiar o noso modelo actual, excesivo no consumo dixital.

“A renovación obrigada dos terminais, a construción de milleiros de satélites e a instalación masiva de de antenas base prometen un aumento faraónico no extractivismo mineiro”

Se se teñen en conta os impactos do ciclo de vida dos aparellos electrónicos non é complicado entender a preocupación pola adopción da 5G. A infraestrutura necesaria para construír a nova tecnoloxía implicaría a renovación obrigada dos terminais (móbiles, tabletas), a construción de milleiros de satélites e a instalación masiva de antenas base nos centros urbanos, o que promete un aumento faraónico no extractivismo mineiro de metais raros con consecuencias nefastas nos lugares de orixe. Ademais, os proxectos mineiros requiren cada vez dun maior gasto enerxético para obter a mesma cantidade de materia prima debido ao esgotamento dos recursos, que para moitos metais raros poderían rematarse nos próximos anos. Á contaminación ambiental da contorna, a voltas irreversible, únense a explotación laboral e as tensións xeopolíticas derivadas da busca destes recursos (concentrados na súa gran maioría en países pobres), completando un panorama moi pouco alentador.

Minera Exar Litio 2
Mina en el salar de Cauchari_olaroz, en Jujuy, Argentina.

Analizar as fases de fabricación, transporte e fin de vida dos bens e servizos asociados a este sector merecería outro artigo por separado. No que respecta á fase de utilización das TICs, o seu consumo de enerxía está exclusivamente ligado á electricidade, producida aínda en gran medida mediante centrais térmicas alimentadas por combustibles fósiles ou a partir doutras fontes non renovables como a nuclear. Cando utilizamos os nosos dispositivos a nosa información ten que ser procesada nos centros de datos, que teñen consumos enerxéticos colosais destinados ao seu arrefriamento. A 5G só aumentará este problema ao medrar exponencialmente o tráfico de datos, permitindo a conexión a internet de electrodomésticos e obxectos cotiás a gran escala. Isto debería provocar unha reflexión persoal sobre a imperiosa necesidade de conectar a internet un electrodoméstico e, por extensión, un debate social sobre o despregue intelixente desta tecnoloxía concentrándose en determinados sectores económicos estratéxicos no lugar dunha 5G para todo o mundo.

Os impactos indirectos son se cadra máis importantes, xa que reflicten a psicoloxía da nosa escalada enerxética. O “Paradoxo de Jevons” explica un dos efectos de rebote de maior importancia asociados ao desenvolvemento da técnica e da hiperconectividade, a saber; cando o perfeccionamento tecnolóxico aumenta a eficiencia coa que se emprega un recurso, é mais probable un maior consumo do mesmo. Unha das razóns subxacentes deste fenómeno no caso das TICs é a adicción que producen. Nunha enquisa a nivel estatal do ano 2019, o 28’5% de poboación de entre 18 e 65 anos recoñeceu presentar hábitos aditivos co móbil e moitos estudos sinalan a relación causal entre o tempo pasado fronte as pantallas e diversos problemas psicolóxicos.

Asemade, non se debe perder de vista o compoñente de vixilancia e control social que leva aparellada revolución dixital sobre a información privada. O “Internet das Cousas” facilitará a recollida de información persoal, favorecendo así a monitorización dos individuos. Estes argumentos son a ter en conta dende un punto de vista político; as empresas poderían reforzar aínda máis a súa posición de forza fronte as institucións públicas e, paralelamente, nun contexto de deriva autocrática global o control da poboación sería reforzado.

Impactos na saúde

Todas as tecnoloxías de telecomunicacións funcionan grazas a transmisión de enerxía en forma de ondas electromagnéticas. Estas ondas poden clasificarse segundo á súa frecuencia (número de ciclos de onda por unidade de tempo) ou segundo a súa lonxitude de onda (distancia entre dúas cristas de ondas consecutivas), formando o espectro electromagnético. A maior frecuencia e menor lonxitude de onda, máis enerxía levará asociada a onda. A modo de ilustración, as lonxitudes de onda que emprega a comunicación de radio e televisión mídense en metros e as actuais redes móbiles sen fíos en centímetros. A parte do espectro radioeléctrico que ocupará a tecnoloxía 5G utilizará lonxitudes de onda milimétricas e frecuencias entre 10 e 30 veces máis elevadas que a 4G.

“O Internet das Cousas facilitará a recollida de información persoal, favorecendo así a monitorización dos individuos”

A crecente tendencia a exposición aos campos electromagnéticos asociados ás radiofrecuencias provocou suspicacias no seo da comunidade científica entorno aos seus impactos sobre a saúde humana. Xa no ano 2011, o Centro Internacional de Investigacións sobre o Cancro (CIIC), dependente da OMS (Organización Mundial da Saúde), clasificou os campos electromagnéticos provocados polas radiofrecuencias como “posiblemente carcinoxénicos”. Sen embargo, ningún estudo en humanos puido ser levado a cabo e obter conclusións validas no que se refire a 5G, xa que se precisa dun amplo espazo de tempo para analizar as súas consecuencias. Con todo, si que existen estudos científicos sobre os efectos da exposición ás ondas radioeléctricas actuais. Os campos electromagnéticos provocados polas radiofrecuencias inducen estrés oxidativo e danan o ADN, unha condición que favorece a aparición de tumores e enfermidades metabólicas, reprodutivas e neurodexenerativas, ademais de alterar a homeostase vascular. Non obstante, moitos estudos non toman en conta os efectos sinérxicos con outros factores químicos e biolóxicos, o que aumentaría a probabilidade de sufrir efectos sistémicos adversos.

Apoiados por máis de 2000 artigos científicos revisados por pares, o 22 de xullo de 2019, 248 científicos de 42 países diferentes apelaron por segunda vez ao Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente (PNUMA) para reavaliar os potenciais impactos biolóxicos que as radiofrecuencias asociadas á 4G e a 5G teñen en plantas, animais e humanos. E é que a contaminación electromagnética vai alén da especie humana. Están documentados efectos adversos nos sistemas nervioso, cardiovascular, inmune e reprodutivo de animais incluso a baixas frecuencias e anomalías morfolóxicas e de crecemento nas plantas. A teor da nosa dependencia extrema a servizos ecolóxicos brindados polos seres vivos como a polinización ou a regulación de pragas e enfermidades, estes argumentos teñen que ser ponderados na súa xusta medida.

Principio de precaución, moratoria e debate público

Especialmente relevante resulta a autodefinición do grupo de científicos como “independente e non asociado a intereses industriais”. E é que non é nada revolucionario destacar unha efectiva e pouco ética práctica levada a cabo polas grandes industrias: investir capital na produción de artigos científicos cuxos resultados amosen a parte da verdade que lles interesa co fin de desviar a atención. Pasou moito tempo antes de que non houbese ningunha dúbida sobre os nocivos efectos ambientais e sanitarios do tabaco, dos pesticidas ou do amianto, malia as advertencias dos científicos para tomar restricións ao respecto dende o comezo.

“A implantación da tecnoloxía 5G está facéndose a marxe do Estado de Dereito e dun xeito impositivo”

O principio de precaución é un instrumento xurídico validado polos tratados europeos que permite elaborar medidas preventivas de protección en materia ambiental e sanitaria cando aínda non existe evidencia científica definitiva ao respecto, garantindo a investigación a longo prazo e asegurando así a protección necesaria a hora de adoptar un determinado ben ou servizo. O Defensor do Pobo elaborou un informe o ano pasado denunciando que o Plan Nacional 5G non pasou o Informe Ambiental Estratéxico, ademais de non ser publicado no BOE e non completarse a súa información pública, polo que recomenda a adopción do principio de precaución. Porén, a poxa da banda de 700 MHz necesaria para a implantación primaria da 5G está prevista para xuño deste mesmo ano. Ecoloxistas en Acción alega que a implantación da tecnoloxía 5G está facéndose á marxe do Estado de Dereito e dun xeito impositivo. Isto é debido a que os plans de estímulo europeos destinados a recuperación económica post-covid, principalmente o fondo “Next Generation EU” de 750.000 millóns de euros, levan asociados a adopción desta tecnoloxía e son na práctica irrexeitables por calquera país. A organización ecoloxista reclama ao mesmo tempo unha moratoria da súa implantación ata que a sociedade civil se dote dos medios necesarios para avaliar os impactos asociados a esta tecnoloxía e decidir democraticamente a idoneidade da súa adopción.

O dereito a información da sociedade civil é fundamental para determinar o noso futuro en común. Malia estarmos rodeados de intereses económicos e xeopolíticos nos que a protección ambiental e sanitaria están nun terceiro plano, é irresponsable por parte dos nosos gobernantes despregar a 5G sen ter en consideración a globalidade das súas repercusións. En definitiva, acougar e reducir o noso consumo enerxético é máis necesario que nunca, pero o barco non frea só. Para iso hai que convencer a tripulación de abordo e aos capitáns.


Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Medio ambiente
Opinión De los necios, los mastines y los lobos en los tiempos sombríos
Paseando con mastines, frente a la barbarie, una reivindicación del lobo y, con él, de la comunidad, de la fraternidad, de la esperanza y de la voluntad superviviente de la belleza.
Huelva
Medio ambiente Los vertidos al río Tinto tras la borrasca Laurence reabren el debate sobre los fosfoyesos en Huelva
El movimiento vecinal y ecologista denuncia que el Plan Restore 20/30 para el tapado de los fosfoyesos impulsado por la empresa Fertiberia no es la solución a esta problemática medioambiental
Granada
Medio ambiente El movimiento vecinal y ecologista consigue paralizar la planta fotovoltaica en Víznar
Ecologistas en Acción celebran la decisión con una “sensación agridulce”, ya que “los daños han sido muy graves y creen que irreparables. Actualmente en la provincia de Granada hay en marcha más de cien proyectos de energía renovable
#91092
27/5/2021 11:01

Muy interesante!!

0
0
#89300
7/5/2021 23:45

bravo!!!!!

1
0
Comunidad de Madrid
Sanidad Universal Sociedades sanitarias critican el SMS amenazante que el Gobierno de Ayuso está enviando a personas migrantes
Cuatro sociedades científicas denuncian un texto amenazante en el que se indica al destinatario que dispone de 30 días para seguir de alta en la Tarjeta Sanitaria, lo que está generando “incertidumbre” y “desprotección”.

Últimas

Salario mínimo
Salario mínimo PSOE y Sumar llegan a un acuerdo para que el SMI no tribute el IRPF
Pese a adelantar la ministra de Trabajo que se habían roto las negociaciones, finalmente las personas que cobren el salario mínimo no tendrán que declarar en 2025.
Opinión
Opinión Sobre la cancelación de Georgina Orellano en el Foro ESPAL 2025
La cancelación de Georgina redunda en esta incapacidad para escuchar a las trabajadoras sexuales y en el pánico que tienen de que se las escuche. Denota inmadurez política, cerrazón dialéctica y pacatería moral.
Madrid
Derecho a la vivienda Consumo abre expediente a Alquiler Seguro por prácticas abusivas contra los inquilinos
La decisión del Ministerio de Pablo Bustinduy, según el Sindicato de Inquilinas, “abre la puerta a la devolución de millones de euros a las inquilinas que reclamen sus derechos”.
Más noticias
Notas a pie de página
Notas a pie de página Mansiones encantadas y casas sin cocina
La casa encantada como símbolo de la opresión del espacio doméstico recorre la literatura de muchas escritoras. Pero hubo un tiempo en el que algunas feministas trataron de imaginar otro hogar posible, en el que se liberase el trabajo doméstico.
Economía
Análisis Europa, ¿última defensora del liberalismo o cómplice de un orden fracasado?
El peligro no proviene únicamente de líderes externos “autoritarios”, sino de la erosión interna de la democracia bajo un sistema que pone al mercado por encima de la gente.
Comunidad de Madrid
Comunidad de madrid El taxi advierte de que las nuevas licencias a Cabify van a “reventar el mercado”
El Tribunal Superior de Justicia de Madrid da la razón a las plataformas de VTC y obliga a la Comunidad de Madrid a concederles más de 2500 nuevas licencias en la comunidad.
Sevilla
Proyectos estratégicos Ilegalidades pasadas y peligros futuros de la mina que la Unión Europea quiere revivir en Sevilla
Las Cruces tiene un historial de más de 6,5 millones de euros en sanciones e indemnizaciones por extracciones ilegales de agua. El espaldarazo de la UE y del Gobierno al proyecto podría empeorar los vertidos que ya realiza la mina en el Guadalquivir.

Recomendadas

Contaminación
Contaminación Un municipio galego demanda á Xunta pola contaminación do encoro das Conchas
A veciñanza das Conchas, na comarca da Limia, leva á Xunta ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pola contaminación provocada debido á cría intensiva de gando porcino e avícola.
América del Sur
América del Sur La batalla por el litio: pueblos originarios resisten un “genocidio medioambiental y cultural”
Sudamérica se ha convertido en la proveedora mundial de materias primas para la transición energética. Las comunidades afectadas se rebelan ante una actividad que genera desposesión de tierras, contaminación, sequía y conflictos internos.
El Salvador
Ivania Cruz “El estado de excepción se está utilizando en El Salvador para gobernar en base al miedo”
A esta defensora de derechos humanos y comunitarios le allanaron su casa mientras se encontraba en un viaje internacional. Desde el exterior, denuncia la persecución del gobierno salvadoreño hacia su organización y hacia las comunidades que defiende.
Yemayá Revista
México Sobrevivir en la frontera: el cuerpo como moneda de cambio
En Tapachula, punto clave de la frontera sur de México, miles de mujeres migrantes permanecen atrapadas sin poder seguir su camino hacia Estados Unidos.